ghurrucho
Gurrucho de Vozcast
Programa no que charlamos sobre os nosos gustos e inquedanzas: literatura, cinema, banda deseñada, series ou o que se nos pase pola cachola, e en galego.
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Gurrucho ZAZ e Parodia. Podcast en galego 31.03.2026 2:09:41
Neste programa falamos dos tres amigos que revolucionaron a comedia nos anos 80, os chamados ZAZ, os irmáns Zucker e Jim Abrahams. As súas películas foron un sopro de aire fresco para a comedia con ese ton de parodia e a repetición case sen respiro de gags de todo tipo. Tamén falaremos da parodia, que é, e que obras usaron este motor creativo ao longo da historia.
Gurrucho Schwarzenegger e Acción. Podcast en galego 30.09.2025 2:07:05
Falamos do xénero de acción, ese xénero tan cinematográfico, e dun dos seus máximos expoñentes e impulsores, o actor/culturista/político austriaco/estadounidense Arnold Aloise Schwarzenegger. Adentrámonos aquí na súa obra máis cinética (unha forma de dicir que falamos das poucas pelis das que non o fixemos xa noutros podcast)
Gurrucho 2001 Unha Odisea no Espazo e a IA. Podcast en galego 26.08.2025 2:04:30
Neste episodio falamos un chisco de Kubrik, da súa vida e obra, antes de mergullarnos no seu filme máis importante para moitos, 2001 unha odisea no espazo. Tamén falamos das intelixencias artificiais, como se abordaron en distintas ficcións, cando xorden, e cara onde nos pode levar este novo uso da tecnoloxía
Gurrucho Shyamalan e Thriller. Podcast en galego 31.12.2024 2:30:00
Falamos do xénero de suspense ou thriller, as súas orixes e a súa sublimación por parte do gran Alfred Hitchcock. Despois comentamos a filmografia do controvertido director M. Night Shyamalan, as súas luces e sombras, para rematar opinando sobre os imprescindibles do xénero como Seven ou O silencio dos años.
Gurrucho Oscars e Premios. Podcast en galego 01.04.2024 2:27:24
Falamos dos premios máis importantes do cinema mundial, os glamourosos Oscars da Academia de Hollywood. Repasamos a súa historia e os seus momentos máis importantes. Tamén falamos doutros premios e de por que ou para que existen estes certames, se son xustos ou non, e no caso de non selos de como poderían mellorar.
Gurrucho Robin Hood e Medievo. Podcast en galego 31.12.2023 2:11:25
Falamos dun dos personaxes máis míticos do folclore anglosaxón, o arqueiro e ladrón Robin Hood, que roubaba a ricos para repartir entre pobres. Afondamos na cantidade de versións de ficción que se fixeron sobre el, nas súas orixes e no seu mito do ladrón ético. Por último tamén falamos doutros heroes da ficción ambientada no medievo e dunha posible serie galega sobre o tema.
Gurrucho Maus e nazis. Podcast en galego 30.11.2023 2:20:58
Falamos da banda deseñada de Art Spiegelman, Maus, o único cómic que acadou o prestixioso premio Pulitzer. A obra aborda o tema da ocupación nazi de Polonia e a vida dos habitantes do gueto xudeu de Varsovia e posterior encerro en Auswitch a través dos ollos do pai do autor, sobrevivinte do Holocausto.
Gurrucho Cidadán Kane e Poder. Podcast en galego 31.08.2023 2:19:29
Falamos do filme de Orson Welles 'Cidadán Kane', considerado por moitos como un dos filmes máis influíntes do cinema universal. Aproveitamos para afondar un chisco na figura do gran creador que foi Welles, e tamén `para abordar e desenvolver un dos temas da película: O poder.
Gurrucho XL Mostra de Teatro de Cangas. Podcast en galego 24.06.2023 2:03:53
Facemos un repaso pola nosa experiencia como traballadores todoterreo da Mostra de Teatro de Cangas agora que fai corenta anos. Tamén contamos con Casilda García, unha das persoas que botou a andar este proxecto e que nos conta como foi a experiencia de levalo adiante. A música neste podcast foi utilizada en diversas obras de teatro nas que traballamos.
Gurrucho As Bestas e True Crime. Podcast en galego 01.05.2023 1:57:05
Gustounos a peli. A partir desta frase pasamos a opinar e debatir sobre a mesma, e visto o resultado podería parecer que a odiásemos. Nada máis lonxe da realidade, disfrutamos o filme de Sorogoyen que analizamos neste podcast tanto, que nos deu para verlle as costuras. Música: Bloco 1: BSO El Reino de Olivier Arson Bloco 2: BSO As Bestas de Olivier Arson Bloco 3: Asesinos Rurales de El Futuro Peat...
Gurrucho Rocky e Deportes. Podcast en galego 20.01.2023 2:19:01
Neste episodio falamos dos deportes e de como se abordan dende o punto de vista das industrias culturais e do entretemento. Centrámonos nun primeiro momento no coñecido boxeador creado por Silvester Stallone Rocky Balboa, para despois navegar polo mundo da ficción e de como esta se achega aos múltiples deportes que existen.
Gurrucho Jack o Destripador e Asasinos. Podcast en galego 03.11.2022 2:13:19
Contamos coa xente do maravilloso podcast Mal de Olho, espazo no que falan de filmes sobre todo de terror, para adentrármonos na figura dun dos asasinos máis emblemáticos da historia: Jack o Destripador. Tamén falamos dos tipos de asasinos que adoitan aparecer nas obras de ficción, e de xéneros e subxéneros onde o asasino sexa parte indispensable da trama, como por exemplo o Slasher.
Gurrucho Depredador e Caza. Podcast en galego 24.10.2022 2:04:40
Falamos do alieníxena máis cinexético, coñecido por estes lares coma Depredador ou Predator. Os seus filmes e os cómics serán o noso tema principal neste programa. Porén, tamén abordamos o tema da caza na historia e na mitoloxía, así como otras obras de ficción nas que a caza teña un papel protagonista.
Gurrucho Literatura Galega. Podcast en Galego 14.06.2022 2:04:32
Falamos sobre a nosa experiencia coa literatura galega, pero que é a literatura galega? Preguntámonos isto e outras cuestións neste podcast con tintes nostálxicos dun período de leituras obrigatorias. Tamén ten cabida o teatro galego e afondamos na nosa experiencia neste mundo tan peculiar. En fin, que fixemos un programa dende o noso punto de vista, esperamos que vos guste.
Gurrucho Xesucristo. Podcast en galego 24.04.2022 1:50:30
Falamos de Xesús de Nazaret, o eixo da igrexa cristiá. Existiu realmente? Até que punto son certos os Evanxeos? Tamén falamos das representacións de Cristo no cinema, destacando a versión de Pasolini co seu "Evanxeo segundo San Mateo" e a grandiosa "Xesucristo Superstar", o musical dos anos 70. Sen esquecernos de Mel Gibson, Scorsese e outros directores que se achegaron á figura do fillo de Deus.
Gurrucho BSO: John Williams 03.03.2022 1:33:20
Falamos dun dos compositores de bandas sonoras máis recoñecidos e recoñecibles da industria, o señor John Williams. A súa vida, e sobre todo a súa obra, son protagonistas deste podcast, así como a amiade co director Steven Spielberg, que deu como froito unha cantidade enorme de melodías memorables.
Gurrucho 5º Aniversario. Nós, a cultura pop e outras movidas 01.01.2022 2:14:40
Aquí tendes o directo de Twitch. Parolamos do metagurrucho, descarado eufemismo para non dicir que pasamos case que todo o programa falando de nós mesmos, os nosos 50 podcast e as nosas movidas. Aínda que tamén imos coando refenrencias á cultura pop e algún chiste que outro de calidade cuestionable.
Gurrucho Verne e Steampunk. Podcast en galego 03.10.2021 1:56:40
Neste programa visitamos o mundo do escritor francés Jules Verne, un dos pais da ciencia ficción e tamén unha gran inspiración para o posterior subxénero de steampunk, do que tamén comentaremos algunha cousa: Por exemplo: Por que non hai unha gran obra steampunk?
Gurrucho Watchmen e Ucronías. Podcast en galego 31.07.2021 2:04:32
Falamos da banda deseñada maquinada polo guionista Alan Moore e o debuxante Dave Gibbons, Watchmen. Un mundo no que os xusticieiros disfrázanse para loitar contra o crime é o punto de partida desta obra mestra no seu eido. Tamén falamos de ucronías, esas visións dun presente que puido ter sido se un acontecemento histórico resultase ser distinto.
Gurrucho Vikings e Viquingos. Podcast en galego 30.06.2021 1:56:29
Falamos da serie de History Channel Vikings e aproveitamos para botar unha ollada a estes habitantes do norte de Europa nesa lonxana Alta Idade Media. Un chisco de historia, outro chisco de mitoloxía, outro máis de ficcións nas que son protagonistas, e rematamos cunha entrevista a un viaxeiro do tempo moi especial, Ulf o Galego.
Gurrucho Verhoeven e Distopías. Podcast en galego 30.05.2021 2:02:10
Primeiro de todo temos que agradecer á nosa amiga holandesa Wenneke a súa colaboración no episodio. Neste episodio falamos de distopías na ficción. Que é unha distopía?, cales son as súas características? E co gallo do tema en cuestión, falamos do director holandés Paul Verhoeven e das súas tres obras máis distópicas: Robocop, Desafío Total e Starship Troopers.
Gurrucho Nolan e Mente. Podcast en Galego 01.05.2021 2:01:59
Falamos neste episodio dun dos directores máis cerebrais do cinema actual, Christopher Nolan. Repasamos a súa filmografía, temos a ousadía de puntuala, e detémonos a analizar máis polo miúdo dúas das súas obras: Memento e Inception. Tamen falamos un chisco de outros filmes sobre memoria e soños.
Gurrucho The Witcher e Maxia. Podcast en galego 31.03.2021 1:54:34
Desta vez estamos só dous gurrucheiros falando da maxia e os magos na ficción. De Merlín a Harry Potter pasando por Gandalf ou os Jedi, entre outros. Tamén falamos, menos do que deberiamos, dos libros e das series de The Witcher, o bruxo Geralt de Rivia creado polo polaco Sapkowski. Bloco 1: Maxia e historia Bloco 2: The Witcher Bloco 3: Maxia na ficción Bloco 4: ???
Gurrucho O Golpe e Roubos. Podcast en galego 28.02.2021 2:02:00
Conversamos acerca do filme de 1973 "O Golpe", protagonizado por monstros da interpretación como Paul Newman, Robert Redford e Robert Shaw. Iso no bloco 2, porque no 1 falamos de grandes roubos e ladróns na historia, no 3 facemos un repaso polo cinema e a literatura de roubos, e o 4 adicámosllo a roubos en Galicia.
Gurrucho Bruce Lee e Artes Marciais. Podcast en galego 31.01.2021 2:15:59
Falamos do artista marcial e actor Bruce Lee, para tamén adentrarnos no mundo da ficción adicada ás artes marciais. Igualmente adicámoslle uns minutos á historia da loita. Bloco 1: Historia da loita e as artes marciais. Bloco 2: Bruce Lee Bloco 3: O cinema de artes marciais a través das súas características principais e os seus temas recorrentes Bloco 4: Galicia, jogo do pau, entrevista e serie.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.