cnegranostromo

A Caixa Negra Da Nostromo

Tv GL ↓ 44 episodes

Un podcast de cine realizado por 3 doutores en ciencias fílmicas pola universidade do Emule.

Author

cnegranostromo

Category

Tv

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

May 9, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

ACNDN 35 - Caciques no cine 09.05.2026

"Celebramos" a obtención da Alcaldía de Lugo por Elena Candia a través dun movemento "transfuguista" con este episodio sobre caciques no cine. Falaremos de películas coma Yojimbo, La escopeta nacional e ese gran mito de este podcast que é "Prisoners of the Ghostland". Tamén falaramos da serie de "El Pionero" Porque non se pode sacar este tema e non mencionar a THE GOAT Jesús Gil. *As nosas redes:*...

ACNDN 34 - A Radio no cine (Con Dani Maverick) 08.04.2026

Neste episodio homenaxeamos ao medio que podemos considerar pai do podcast: A Radio. Para iso convidamos a Dani Maverick, ex locutor de Cuac FM, a radio comunitaria da Coruña, e podcaster en diversos proxectos coma os que vos deixamos aquí: En Clave de Soundtrack: https://www.ivoox.com/podcast-en-clave-soundtrack_sq_f1641084_1.html Podcaster al desnudo: https://open.spotify.com/show/1PvG3XWYtzTReC...

ACNDN 33 - A maxia no cine (Desde o Museo da Maxia de Galicia) 12.03.2026

Neste episodio desprazámonos ao Museo da Maxia de Galicia, en Santiago de Compostela (https://museodamaxia.gal) onde Eloy Fernández nos da unha auténtica clase maxistral sobre a maxia escénica. Non esperedes que falemos aquí de Merlín, Gandalf ou Harry Potter, senón Houdini, David Copperfield ou o Mago Antón. Falaremos da Triloxía de "Ahora me ves", de "El Truco Final" de Christopher Nolan, das in...

ACNDN 32 - Sirāt e outras Road Movies 03.02.2026

Volve A Caixa Negra en 2026 falando de Road Movies. E isto que é? Ben, pois esas películas nas que os protagonistas fan unha viaxe por terra na que historia se atopa no camiño e nos lugares polos que paran. Películas de viaxes en coche pola autoestrada, a pé en peregrinación, collendo diversos medios de transporte... Isto débese ao multiple nomeamento de Sirāt aos Oscars, que consideramos que pert...

ACNDN 31 - O Fin de Ano no cine (Feliz 2026!) 31.12.2025

Remata un novo ano na travesía da nosa nave Nostromo e celebrámolo ao grande, vestíndonos como idiotas e bebendo Champín. E xa que estamos, pois falamos de películas nas que o cambio de ano é relevante como por exemplo Mi gran noche, Cuando Harry encontró a Sally ou El Apartamento. E ademáis diso, pois botamos unha necroporra. Animádevos a "xogar" a ver se algún acerta. Feliz 2026 a todos! *As nos...

ACNDN 30 - Cine sobre o descubrimento de América 13.12.2025

Hoxe contamos coa axuda de Adrancinho, o noso historiador de cabeceira, para falarmos de cine sobre o descubrimento de América, sobre os pobos precolombinos e, finalmente, do imperio español en xeral. Que non é que haxa tanto, pero si hai pelis interesantes, algunhas para ben coma "Batman Azteca", "Apocalypto" ou "1942, la conquista do paraíso" e outras non tan para ben, coma "La Araucana, "Cristó...

ACNDN EXTRA - ESPECIAL CINEUROPA 2025 + FESTIVAL DO PODCAST 02.12.2025

Este ano a nosa edición do maratón de Cineeuropa viuse interrumpida por acudirmos ao Primeiro festival de Podcast que se realizou en Neda da man de EMUGA (Asociación de Emisoras Municipais Galegas). Así que aqui vos queda un especial con mistura de guión ao máis estilo Nolan. #emuga #podcast #galiza #cineeuropa #santiago #neda *As nosas redes:* Youtube: https://www.youtube.com/@cnegranostromo Ivoo...

ACNDN EXTRA - Vampiros 24.11.2025

Por mor da estrea de "Drácula", de Luc Besson, decidimos facer un pequeno extra sobre pelis de Vampiros. Que vale, que o mellor era ter visto a peli e falarmos dela, pero non fixemos os deberes. Que se lle vai facer? Falamos dos vampiros máis clásicos coma "Nosferatu" ou "El Vampiro", de cazadores de Vampiros coma "Vampiros de John Carpenter", "Blade" ou "Xesucristo cazador de Vampiros" e ata de V...

ACNDN 29 - Casas ruinosas 04.11.2025

Anda a cousa fodid... eh... fastidiada para isto da vivenda. Como "mal de moitos, consolo de parvos" e nos formamos parte deste colectivo, traemos unha escolma de películas nas que podemos ver xente que vive en condicións ainda peores cas nosas. Así, neste episodio atoparedes referencias a "Esta casa es una ruina", "El cuchitril de Joe", "Asedio" ou "Parásitos" entre outras moitas. En xeral, pelis...

ACNDN 3x11 - Películas sobre as vacacións 13.08.2025

Pois xa está ben entrado o verán, pero nunca é tarde para celebrar o período vacacional. Pero ollo, que as vacacións ao final non deixa de ser sair da zona de confort (digo eu, ho) e poden pasar moitos accidentes e aventuras. E asi nolo di o cine. Vacación terroríficas coma as de Tiburón ou Us, accidentadas coma as de Somos Los Miller ou torridas coma as de Habitación en Roma. E tamén falamos de P...

ACNDN 3x10 - Sagas que foron a pique 13.07.2025

Hai pelis que parecía que prometían unha saga... e ao final deixaron as cousas inacabadas. Ou mal acabadas, como mínimo. Ou o que sexa que fixeron en Alatriste, que mimadriña. Hoxe falaremos delas, sagas mal, cousas coma "Las Crónicas de Narnia", "El corredor del Laberinto" ou "Eragón". Poucas cousas hai mellores que ver como lle vai mal aos demais, non vos facer os santiños. *As nosas redes:* You...

ACNDN 3x09 - A comida e o corpo no cine (coa Dietista Realista) 05.06.2025

Gustanos o que ven ser a papatoria. Como non nos saquen o prato de diante danos a noite. Por iso hoxe contamos coa axuda de Sandra (‪@dietistarealist‬ ) , a nosa dietista de cabeceira. Con ela falaremos de películas onde a comida teña un papel destacado, que son varias: Como el Agua Para Chocolate, El Chef, Ratatouille... e incluso algunhas nas que a comida son os propios personaxes, coma La fiest...

ACNDN 3x08 - ESPECIAL O Papa no cine (E outras pelis de cregos e monxas) 21.04.2025

Con motivo do recente pasamento do Papa Francisco I, decidimos darlle un repaso aos exemplos nos que esta figura apareceu no cine: Las Sandalias del Pescador, 2 Papas, Amén... e tamén Euro Trip ou Sister Act (Una monja de cuidado) que a súa santidade da para comedias. Amén diso (haha) tamén falamos doutras películas de cregos, coma Silencio, O exorcista ou Ángeles e demonios. Non queda claro se es...

ACNDN 3X07 - Cinema de Arte e Ensaio 01.04.2025

Hoxe na Caixa Negra da Nostromo toca pórse intelectual. Limpamos as nosas gafas de pasta e quitámoslle o po ás nosas vellas revistas físicas de cine. Consultamos a escrita correcta dos nomes dos directores franceses e finximos que temos abono en Cineuropa. As nosas redes: Youtube: https://www.youtube.com/channel/UCB3fnHJHVzf6PLMAn2a_C9w Ivoox: https://www.ivoox.com/podcast-a-caixa-negra-da-nostrom...

ACNDN 3x06 - A Mafia no cine (Con KinocubeCinema) 13.03.2025

Hoxe na Caixa Negra da Nostromo tocan sombreiros, traxes de raia diplomática, ametralladoras Thomson e negocios moi turbios. Falamos de cine sobre a Mafia. Por suposto, falamos dos dramas criminais clásicos coma "El Padrino" ou "Uno de los Nuestros" pero tamén de películas máis de acción coma "Los intocables de Eliott Ness" sen esquecernos das comedias coma "Falsas apariencias" ou a sempre inclasi...

ACNDN 3x05 - Bandas Sonoras (Con Belénfagot) 13.02.2025

As bandas sonoras son unha parte tan intrínseca das películas coma a fotografía ou as interpretacións. Hoxe na Caixa Negra sa Nostromo, rendimos homenaxe aos compositores da música que acompañou ás nosas obras favoritas. Desde os clásicos coma John Williams (Indiana Jones, Star Wars...) ou Ennio Morricone (O bo, o feo e o malo, A Misión...) ata os máis modernos coma Hans Zimmer (Interstellar) ou A...

ACNDN EXTRA - Maratón Cineuropa 2024 29.01.2025

Non, o ano non está mal. Este video teria que ter saido en novembro do ano pasado, que foi cando se celebrou a Maratón de cine fantástico e de terror de Cineuropa, o festival de cine de Santiago de Compostela. O problema foi tratar de recuperar o audio dalguns dos vídeos que gravamos, e sinceiramente, pensamos que non quedou tan mal. Un ano máis alo fomos papar trangallada de 22:00 a 10:00 do dia...

ACNDN 3x04 - ESPECIAL NADAL: Xoguetes no cine 23.12.2024

Chega o Nadal e con él chegan os 3 Reis Magos da Nostromo, cargadiños de xoguetes e de cine. Neste especial falaremos de películas nas que os xoguetes son os protagonistas: Pequeños Guerreros, Toy Story, Childs play... e tamén de películas que se fixeron a partir de franquías xogueteiras, coma La Lego Película, GI-Joe ou Angels of Blood. Ademáis diso, tamén botamos un ratiño sumerxidos na nostalxi...

ACNDN 3x03 - Cine carcelario: Directo desde O Vello Cárcere de Lugo 24.11.2024

Era cuestión de tempo que acabásemos na cadea. Este especial desde O Vello Cárcere de Lugo trata dese mesmo tema: Películas que transcorren na prisión. As veces de xeito dramático coma La Milla Verde ou O Lapis do Carpinteiro, outras máis lixeiro como "El clan de los Rompehuesos" ou "La Roca" e noutras incluso en cárceres fantásticas coma "1997 Rescate en Nueva York" ou "Las crónicas de Riddick"....

ACNDN 3x02 - Películas sobre a morte (Con Luz de Tea ) 13.11.2024

Morrer évos o máis democrático e igualitario que hai, sacando honrosos casos coma o da neveira de Walt Disney. Hoxe tiramos da nosa tanatopractora de confianza @LuzdeTea (Non é carallada, é tanatopractora en serio) para que nos ilustre un pouco sobre o tema. Películas onde a morte é un personaxe coma "¿Conoces a Joe Black?" ou "El alucinante viaje de Bill y Ted", películas que tratan das ánimas e...

ACNDN 3x01 - Películas que lle gustarían a Íñigo Errejón 03.11.2024

Este ano a actualidade deunos o pulo final para iniciar tempada. Falando entre nós a cerca das infames novas sobor de Iñigo Errejón, comezamos a referenciar pelis nas que toca o tema dos abusos sexuais e decidimos transformar a conversa no primeiro episodio do podcast. Películas onde o tema se toca de xeito explícito e de xeito crú coma "Lila Dice", outras na que o abuso está tras a cámara, coma "...

ACNDN 2x11 - ESPECIAL OLIMPIADAS: Cine deportivo 26.07.2024

Antes de escoitar este podcast seria boa cousa que quentásedes e estirásedes, porque os Xogos Olímpicos París 2024 empezan e chegan tamén á nave Nostromo. Falaremos de cine sobre as olimpiadas, con películas coma Carros de Fuego ou a tan clásica coma polémica Olympia. E tamén de cine deportivo en xeral: O fútbol de "El peor equipo del mundo (Next goal wins)", o baloncesto de "Los blancos no la sab...

ACNDN 2x10 - Botamos un Trivial de terror 13.07.2024

O Paco mercou un Trivial de cine e series de terror e non parou ata que o estreamos. Neste episodio botamos unha partidiña e aproveitamos as preguntas para facer o noso: Falar de películas. Neste caso, pois da temática: Saw, Train to Busan, La Cosa. Pero tamén cousas máis caralleiras coma Gremlins ou Lo que hacemos en las sombras. Descubrimos unha manchea de pelis es series novas que nos dan para...

ACNDN 2x09 - Espadas no cine (Con Aldán "Cabaleiro Errante") 19.06.2024

Para o programa de hoxe necesitabamos dun cabaleiro versado na nobre arte da esgrima. É por iso que o Cabaleiro Errante Aldán se suma á tripulación da Nostromo para botar luz sobre as nosas películas favoritas nas que se pelexa con espadas. Faremos un percorrido histórico desde as espadas do período clásico: Troya, Espartaco, 300... pasando pola idade media, con: Los señores del Acero, Excalibur,...

ACNDN 2x08 - Películas de submarinos (Con "A Lobeira Today") 13.05.2024

Hoxe recibimos a Fran de "A Lobeira Today" , técnico de sónar da Armada (en serio) para falar de películas de submarinos. Esta é unha das poucas veces neste programa que alguén sabe do que fala, así que ademáis das propias pelis, poderemos saber canto realismo e fantasía hai nelas. Aprendemos a reo, non é broma. Agardamos que vós tamén! E aínda que pareza moi "nicho", en realidade hai unha manchea...

Listen to the A Caixa Negra Da Nostromo podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.