cnegranostromo

A Caixa Negra Da Nostromo

Tv GL ↓ 44 episodes

Un podcast de cine realizado por 3 doutores en ciencias fílmicas pola universidade do Emule.

Author

cnegranostromo

Category

Tv

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

May 9, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

ACNDN 2x07 - Os videoxogos no cine (Con Recuncho Gamer ) 13.04.2024

Nós eramos destes rapaces aos que os seus pais lles rifaban por botar tempo de máis coa "maquinita", así que hoxe rendimos homenaxe aos videoxogos falando des películas nas que, ou ben xogan un papel principal (Free Guy, Rompe Ralph...) ou ben, directamente, adaptan títulos (Tomb Rider, Sonic, Resident Evil) Para isto, contamos hoxe coa axuda de Iago Gordillo, Youtubeiro do ano (premiado en #youtu...

ACNDN 2x06 - Cine con máscaras 21.03.2024

Hai unha pila de razóns para poñer unha boa máscara: Disfraces, identidades segredas, dificultar a identificación ao cometer crimes ou simplemente agochar o feo que se é. Disto todo hai pelis. Si, do último tamén, e máis das que poderías pensar. Avisamos de que non imos de falar de Superheroes ao uso, por evidente e porque abranguirían o programa todo. Pero si de slasher (Viernes 13, San Valentín...

ACNDN EXTRA - Dune: Parte 2 09.03.2024

Xa vimos a parte 2 de Dune de Denis Villeneuve e facemos unha reseña. Sen spoilers ata o primeiro descanso. Tamén comparamos coa novela de Frank Herbert. Continúan as aventuras de Paul Atreides (Timothée Chalamet), Chani (Zendaya) e compañía no planeta Arrakis. *As nosas redes:* Youtube: https://www.youtube.com/@cnegranostromo Ivoox: https://www.ivoox.com/podcast-a-caixa-negra-da-nostromo_sq_f1183...

ACNDN 2x05 - Películas de Amor ❤️ ESPECIAL SAN VALENTÍN 13.02.2024

Ai hoxe! Hoxe chegou á tenrura, os bicos e mais os corazonciños á nave Nostromo. Hoxe celebramos San Valentín, o día dos namorados, repasando as nosas películas de amor favoritas, menos favoritas e máis "WTF?" Desde pelis de amor bonito coma Antes del Amanecer ou Brokeback Mountain, ata pelis de amor chungo coma 500 primeras citas, pasando por inclasificables coma Her ou Algo Pasa Con Mary. Ademái...

ACNDN 2x04 - Defendendo o indefendible: Películas menosprezadas que a nós SI nos gustan. 13.01.2024

O de este episodio vai de "Unpopular opinions": Salvamos da queima películas xeralmente consideradas malas cando non directamente ridículas. Defenderemos películas tan indefendibles coma: Street Fighter (1994), Rebel Moon (Xa lle deu tempo a ser un clasico trash), Waterworld e ate unha peli de Ana Obregón. E ollo, que cando dicimos que nos molan, imos en serio. Isto non e un rollo "Guilty pleasure...

ACNDN 2x03 - Os Xogos de Rol no Cine (Con RoleiradasbyPenta) 21.12.2023

Hoxe recibimos na nosa canle a Xosé M. Marcote Gil A.K.A. "Penta", da canle https://www.youtube.com/@RoleiradasbyPenta para falarmos daquelas películas que dun xeito ou outro referencien os Xogos de Rol. Xa sexa daquelas que adapten o argumento dos xogos (Crónicas Mutantes, Dungeons & Dragons...) coma aquelas que traten sobre xogadores dos mesmos (Los juegos del desmadre, Mal ejemplo, El corazón d...

ACNDN EXTRA - Maratón de pelis de terror no #Cineuropa37 29.11.2023

Neste episodio imos de expedición en plan reporteiros. O venres 24 de novembro do 2023 celebrouse no Teatro Principal de Santiago de Compostela a Maratón de pelis de terror do festival #Cineuropa37 . Aló enviamos a Fuco e máis a Fer (A Corte do Director non puido asistir por mor do choio, tristemente) a ver canto lles aguantaba o corpo. Así, entre 21:00 e 7:30 do día posterior papamos pelis sobre:...

ACNDN 2x02 - Pelis de tebeos 13.11.2023

Entendemos que os "tebeos" son eses cómics europeos de corte infantil cun estilo de liña clara. Non esperedes neste capítulo que falemos das pelis de Marvel, aínda que sexan de cómics, senón de cousas como: Mortadelo, Astérix, Zipy y Zape, Tintín... Non volo imos negar, alí onde eses tebeos nos facían soñar con aventuras, a meirande parte das súas adaptacións ao cine fannos ter auténticos PESADELO...

ACNDN 2x01 - Frikadas Asiáticas | Galician Freaky Film Fest 2023 13.10.2023

O temido día chegou: Presentamos segunda tempada! Cun programa moi especial en directo desde o Galician Freaky Film Fest de Vigo (https://galicianfreakyfestival.com) Ainda que soamente de xeito parcial, que quedou a gravación algo reguler. E xa que o GFFF este ano se centraba no cinema do lonxano oriente, traemos unha escolma de auténticas frikadas asiáticas: Nenos asasinos en viaxes de fin de cur...

Estreamos a 2ª tempada no Galician Freaky Film Fest! 28.09.2023

Esta sábado 30 de setembro estreamos a nosa segunda tempada no Galician Freaky Film Fest (#GFFF) , as 12:30 do mediodía no Centro Comercial Plaza Elíptica, en Vigo (Sala Apo´strophe Arte) Alí falaremos das nosas pelis frikis asiáticas favoritas en vivo e en directo! Estades todos convidados. Máis info na web do festival https://galicianfreakyfestival.com *As nosas redes:* Youtube: https://www.yout...

ACNDN 1x06 - A Urna Negra da Nostromo | Especial cinema electoral 21.07.2023

Neste derradeiro episodio da tempada, chegan os comicios á nave Nostromo, polo que hoxe cambiamos a caixa pola urna para elexir quen é o novo capitán, novo navegante, novo ordenador de abordo, novo alien e novo "último en morrer". E si, isto é unha referencia a unha das pelis das que falamos hoxe. Este é un especial "Cinema electoral" con motivo das eleccións xeráis 2023. Falamos de películas de t...

ACNDN EXTRA - Indiana Jones e o Dial do Destino 07.07.2023

Como non ía un trío de "vellenials" coma nós adicarlle un episodio EXTRA a Indiana Jones? Reunímonos unha vez máis na sala de cine con motivo da estrea da quinta e (supostamente) derradeira película do noso arqueólogo favorito. Desta vez, Indy vai na procura do "Dial do destino": Un aparello ideado por Arquímedes, na antiga Siracusa, ao que se lle atribúen capacidades extraordinarias. Se aínda non...

ACNDN 1x05 - Gloria e Noxo na Sala | Experiencias estrañas no cine 13.06.2023

Xa avisamos que a pesar da referencia evidente a "Medo e Noxo en Las Vegas", non imos falar dela neste episodio de A Caixa Negra da Nostromo. Con Gloria e Noxo na Sala de cine, referímonos a aquelas experiencias extraordinarias que nos aconteceron vendo pelis. Cines con instalacións en mal estado, espontáneos que quixeron ser os protagonistas desde o público, maratóns de pelis que sairon mal, pelí...

ACNDN 1x04 - Gordos do cine 13.05.2023

Hoxe na Caixa Negra da Nostromo combinamos as nosas dúas paixóns: A papatoria e mais o cine. Falamos dos Gordos e Gordas máis ilustres da gran pantalla, xa sexan actores que o sexan de seu ou personaxes que presenten esta característica. Falaremos do "Gordo Cab**n" de Austin Powers, do informático de Jurassic Park, das pelis de Bud Spencer... Dramas con gordos, comedias con gordos, pelis que conde...

ACNDN 1x03 - Malos que tiñan razón 28.04.2023

Non vos pasa que hai veces que vedes unha peli e ides co malo? Que vos parece que ten razón ou, polo menos, que fai as cousas por un motivo tan bo que xustifica os seus medios? Pois disto vai o episodio de hoxe de A Caixa Negra da Nostromo. Pelis coma Matrix, Black Panther, Whatchmen... estades dacordo coa nosa lista? Ocórresevos algunha máis? Se é así, deixádeo nos comentarios. A Caixa Negra da N...

ACNDN EXTRA - Dungeons & Dragons: Honor entre ladróns (Sen Spoilers!) 13.04.2023

Estreamos este novo formato de programa especial por mor da nosa quedada para ver "Dungeons & Dragons: Honor entre ladróns", porque a actualidade manda. Importante, esta reseña é SEN SPOILERS, así que tranquilos todos. Non imos mentir, iamos ao cine un pouco acojonados, pois ainda temos espisodios de estrés post-traumático de ver os anteriores intentos de adaptar o célebre xogo de rol que tanta di...

ACNDN 1x02 - BLOCKBOSTAS: Bos actores, malas pelis. 13.03.2023

Un "blockbosta" é unha peli de merda que se fai pasar (ou intenta) por un blockbuster. Para isto utilizará varios métodos: Adaptar unha franquicia coñecida de anteman, contratar un grupo cool para facer a banda sonora... mais o noso favorito é o de contratar actores de renome para que figuren no cartel e pouco máis. Neste capitulo repasamos pelis cutres feitas por actores que, poren, teñen grandes...

ACNDN 1x01 - O trece, mal número se non crece 13.02.2023

Nós non somos supersticiosos porque é ben sabido que selo DÁ MALA SORTE. Boa mostra disto é o noso primeiro episodio, de películas nas que o número 13 ten un papel primordial: 13 Badaladas, 13 Pantasmas, O Guerreiro número 13, 13 Monos... ou eran 12? Mira, non sei, mellor vede o vídeo e a ver se o aclaran. Sintonías: Away, by Patrick Patrikios. Sunset Rider, by FASSounds. Lady of the 80's, by Gran...

ACNDN - Sintonía tempada 1 12.02.2023

Sintonía da primeira tempada do podcast. Música: Sunset Rider, by FASSounds.

Listen to the A Caixa Negra Da Nostromo podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.