3LOY

Cine Beta

Tv GL ↓ 55 episodes

Actualidade cinematográfica, estreas e a relevancia destas na sociedade así como o contexto dos éxitos e fracasos no mundo da cultura contemporánea.

Author

3LOY

Category

Tv

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Sep 23, 2024

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Cine Beta -Interlude- 23.09.2024

Tempo de novos comezos, esta é solo unha declaración de intencións pero tamén unha presentación e unha forma de lembrarme que esto aínda non rematou. Grazas por estar ahí coma sempre.

Perdendo de Vista o Diesel 02.09.2022

Benvidos, xa vai de resto o verán e aferrámonos as pelis desta tempada de estío para construir lembranzas, unha tarde calquera de cine con amigos, un chiste que te fai máis graza do habitual, un anhelo de estar viaxando por Xapón ti tamén. Diso que tenta ensinarnos o bo de Brad Pitt nun deses cantos de cisne e diso vai a nova adaptación dunha novela oriental ao cine, Bullet Train.

O Corazón por Bandeira 15.07.2022

Neses grandes navíos pirata, a bandeira representaba unha advertencia, a imaxe visíbel da túa embarcación, unha carta de presentación. Pero hai moito máis neste xogo de mitos e lendas, e o que precisamente fai esta serie "Our Flag Means Death" e deconstruilos, xogar coa masculinidade destes bravos lobos de mar, apelar a súa fraxilidade e tamén dúbidas de onde dirixir súas vidas nunha das obras mái...

Unha Liña Temporal onde Sexa Puntual 16.06.2022

Benvidos! Imos trazar un percorrido pola traxectoria dunha das parellas máis divertidas e interesantes do cinema actual, os Daniels coa recente "Todo a la Vez en Todas Partes" da que comentaremos os seus temas principais e dando pé a falar do nihilismo e máis da representación das minorías na pantalla. E vós? Pensades que de percorrer o mesmo camiño noutra liña temporal tomaríades as mesmas decisi...

The Batman con Gabriel 03.04.2022

Benvidos a este novo Cine Beta adicado ao gardián da noite, o cabaleiro escuro, o home morcego, o mellor detective do mundo, un superheróe sen poderes, o Batman. Por mor do seu novo filme teño unha conversa con alguén con gusto polo detalle e polas esceas de acción coma é Gabriel. Flaremos da elección do cásting, a ambientación, o xénero noir e máis dos antagonistas nela. Así mesmo afondando na ch...

"Help" 09.03.2022

Sarah, como moitos, está na procura dun traballo. Mesmo na residencia puntualizan a sua falta de experiencia para optar un posto que a diferencia dos seus compañeiros dos centros de saúde non está valorado dabondo. O seu bo facer e empatía imponse pero semanas máis tarde os primeiros gromos obrígana a enfrontar unha situación límite mentres o mundo se derruba. Esta producción da BBC "Help" lévanos...

"Drive My Car" 01.03.2022

Con calma deixámonos levar por este traxecto que recolle dramas vitais, o perdón e o mirar cara adiante. Hamaguchi adapta a antoloxía de relatos de Murakami "Hombres Sin Mujeres" para facer un retrato de moitos personaxes na procura de facer a paz co seu pasado. Benvidos ao programa, tentaremos desgranar un pouco os temas e a sua composición.

O de Belfast 14.02.2022

Tomamos un viaxe temporal cara un dos períodos máis convulsos nas illas, anos de envexas e odio entre católicos e protestantes, uns a favor da unificación de Irlanda mentres que os outros a prol do Reino Unido. Mentres se producían as liortas, moita xente emigrou dende a capital de Irlanda do Norte, moitos outros fixeron vida alí, foron a escola ou namoráronse, como o propio Kenneth Branagh. Esta...

Atrápame Se Podes, os anos pasan voando 20.01.2022

Con todo, eiquí está noso especial navideño, somos deses que aínda estamos a felicitar o ano, pois sí. E par isto ímonos a unha das nosas pelis de cabeceira, esta obra mestra de Spielberg coa que sentímonos tan reflexados. En fin, felicidades o director e para os fans, botadelle unha ollada a #IniciativaSpielberg para máis contido sobre a súa filmografía. Vémonos nas salas este 2022!

O Mundo Vense Abaixo e a Xente Baila 18.12.2021

Permitidime suxerir un paso pola Varsovia do 42 para amosar que tanto nos rincóns menos amabeis resiste un movemento cultural e pensamento de cambio e empatía. Unha empatía que nace de contar unha historia, nosa historia, a de tantos xudeos recluídos nun gueto e que aínda perdura intacta neste musical transformado nunha película que homenaxea ao amor, o cine e os actores. Sede benvidos e darlle un...

¿Quen dixo que non debamos? 11.12.2021

O programa de hoxe vai de sente que non é consciente que ten moito por gañar e pensa que ten moito que perder, falamos de Chile que en media dun clima estrano de eleccións nos da pé para mirar cara os 80s onde no país íase a por fin a o réxime militar, do plebiscito e da campaña polo No fala Pablo Larraín nesta cinta. Benvidos!

¿Cómo Rodar unha Curta en 48 Horas? 22.11.2021

Vamos a seguir uns pasos para ser quen de ter unha curta a fume de carozo, xusto coma os rapaces cos que contamos no programa de hoxe. Yuri e Álvaro contan a sua experiencia no festival de cine de Vedra, as duas visións artísticas e cómo tomar parte nestas iniciativas. Sede benvidos!

París Despois de París 08.11.2021

Benvidos a Ennui, este París imaxinario onde se publica unha revista semanal imaxinaria que homenaxea a grandes firmas do periodismo así como a revista New Yorker. Xunto con Francia, dúas grandes obsesións para Wes Anderson que na Crónica Francesa fai un retrato da Francia contemporánea a través do arte, os movementos sociais, a gastronomía e mesmo o cómic. Unha cinta estrana e peculiar como proxe...

SOS Benedetta 11.10.2021

¿Somos quen de xulgar qué esta ben e qué está mal ou ben estamos so meténdonos na vida das demais? As veces falabaratos, as veces incrédulos, creemos que a nosa opinión e a que conta, construimos en todo en base o que nos teñen dito pero e se as veces parámonos a reformular as cousas. Hoxe falamos de Benedetta a historia dunha monxa de fai uns séculos que soa do máis actual. Benvidos!

Locke e o de pasar o día na estrada 25.08.2021

Asomamos a cabeziña pola fiestra, seguides ahí? O estío non sempre é bo amigo dos prazos e sempre se perde de vista o reloxo mais se confiades Cine Beta sempre voltará. E aquí estamos falando de quedarnos retidos en medio da estrada e privándonos dun xeado no chiringuito e mesmo de adentrarse nunha sala de cine fresquiña. E se alguén sabe de isto de pasar o día na estrada e o protagonista de hoxe...

Unha peli para San Xoán 24.06.2021

¿Qué terá este filme para que os espectadores o atopen tan agradable e blandiño? Estamos convidados para deixarnos levar nesta historia romántica de época que fala do arte, o qué se necesita para crealo, as conexións humanas e de atopar o teu lugar no mundo. "El Retrato de una Mujer en Llamas" de Céline Sciamma non precisa nin de música para deixarte levar polos paisaxes da Bretaña francesa, un cu...

Un Episodio Tranquilo 16.06.2021

Vamos a falar de "Un Lugar Tranquilo" ou "A Quiet Place" o filme de xénero de John Krasinski que atópase nestes momentos en cines coa sua segunda entrega. Para este programa falaremos da película inicial do 2018. De qué trata, os seus temas e interpretacións. E de que como a ficción nos serve para mirarnos a nós. Benvidos!

O dos Oscars 03.06.2021

Neste episodio comentaremos brevemente sobre as nominadas e premiadas na última gala dos premios Oscars, que xa leva 93 edicións. Dende onde ver os filmes ata os temas que tratan, paralelismos e tendencias. Deixando un oco para as tradicionais opinións sobre a gala. Benvidos!

O de Eurovisión 27.05.2021

Comezamos falando de Fire Saga e das historias de tantas bandas que persiguen seus soños no festival de Eurovisión como podemos ver neste homenaxe en forma de película ao festival da canción. Continuaremos comentando este certame e a sua relevancia para nós ata chegar a facer case que un tratado a favor das nosas particularidades, linguas e folklore. Algo do que sentirnos orgullosos, musicais saúd...

Pasaxeiros ao Tren 13.05.2021

Hoxe contamos coa presenza de Óscar para tentar manter alexados aos demos do estudo, unha tregua nesta desputa sen parangón onde nos de para falar do fenómeno de Demon Slayer ou Kimetsu No Yaiba tanto no Xapón coma no mundo. A simboloxía e os valores que transmite e máis comentaremos a recente estrea da sua película. Xa para o final do traxecto nos referimos as nosas esceas prefiridas e a movida d...

Pertencémoslle as illas 26.04.2021

Hoxe comentamos unha das novas xoias do Novo Cinema Galego, a recente galardoada polos Mestre Mateo, "Ons" de Alfonso Zarauza. A súa relación coa natureza e o tolos que nos volve as illas, tan independentes e abafantes ao mesmo tempo. Noutra illa, en Sálvora acontece a noso segundo filme "A Illa das Mentiras" unha extraordinaria historia sobre unhas valentes xóvenes e o afundimente do Titanic gale...

Que non estamos tan mal 19.04.2021

¿Qué tal estades? Volta Cine Beta para reflexionar sobre a nosa saúde mental que no estase a chuchar esta situación. Grazas ao Brain Film Fest lembramos que non somos os únicos e debemos de ver ao noso carón e a importancia dos coidados. Facemos un paneo polos meus destacados do seu programa e quedámonos co documental do escritor e neurólogo Oliver Sacks que podedelo consultar en Filmin. Benvidos!

Descubrindo España 22.03.2021

Hoxe falamos dunha película documental que traza un retrato de nós, a nosa sociedade, o noso pasado do que podemos aprender e dos nosos dereitos. El Año del Descubrimiento promete vir para quedarse, dende unha rexión as veces esquecida pero sempre guerrilleira, Cartaxena, vemos como se vive a incertidumbre polo futuro, a desatención das institucións fronte unha crise que desmantela a industria e c...

Girls Just Want To Have Fun 15.03.2021

Neste episodio falamos de "Las Niñas", ópera prima da directora Pilar Palomero, e que ten moitos ingredientes para facernos lembrar. Dende esas películas que nos puñan na escola amosando a ensinanza nas escolas da España da transición, o contraste coa ensinanza relixiosa, os coros e as inquedanzas xuvenís. Que divertidos eran os rodaxes ata non fai tanto... Benvidos a Cine Beta!

Mary and Max, esperando fronte ao buzón 04.03.2021

Voltamos as ondas cunha xoia da animación, a película Mary and Max (2009), obra dun mestre da animación stopmotion como Adam Elliot e presente na retrospectiva que lle fan nunha nova edición do festival Animac. Con voces coma as de Philip Seymour Hoffman, Toni Collete ou Eric Bana, esta cinta amósanos unha emotiva historia de amizade por correspondencia durante décadas. Fálanos de nosos defectos e...

Listen to the Cine Beta podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.