ghurrucho

Gurrucho de Vozcast

Tv GL ↓ 73 episodes

Programa no que charlamos sobre os nosos gustos e inquedanzas: literatura, cinema, banda deseñada, series ou o que se nos pase pola cachola, e en galego.

Author

ghurrucho

Category

Tv

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Mar 31, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Gurrucho Jurassic Park e Prehistoria. Podcast en galego 30.12.2020

Falamos de cavernícolas e dinosauros neste derradeiro programa de 2020. Centrámonos na película de Spielberg Parque Xurásico. Bloco 1: Os dinosauros e os cavernícolas. Bloco 2: Jurassic Park. Bloco 3: Ficción prehistórica. Bloco 4: Os dinosauros e os cavernícolas en Galicia.

Gurrucho Drácula e Vampiros. Podcast en galego 30.11.2020

Bloco 1: 4'00" Falamos dos vampiros no folclore. As lendas e supersticións que, sobre todo no leste de Europa, deron orixe ao mito de Drácula. Bloco 2: 27'50" Falamos sobre o libro de Bram Stoker e a película de Coppola. Bloco 3: 1h3'20" Facemos un percorrido pola figura do vampiro a través das obras de ficción que o retratan Bloco 4: 1h43'30" Adicámolle uns minutos aos vampiros en Galicia.

Gurrucho Dragon Ball e Dobraxe. Podcast en galego 30.10.2020

Desta vez temos un convidado de luxo, Antón Pazos, o director de dobraxe de Dragon Ball e Dragon Ball Z até a saga de Boo cóntanos as súas experiencias dobrando a serie e co traballo da dobraxe en xeral. Tamén falamos da obra xa mítica do grande Akira Toriyama

Gurrucho Terminator e Robots. Podcast en galego 30.09.2020

Falamos da saga de Terminator, creada polo director James Cameron, e aproveitamos para asomar a cabeza timidamente ao mundo da robótica. BLOCO 1: Os robots BLOCO 2: A saga de Terminator BLOCO 3: O xénero de robots BLOCO 4: Galicia, torneo de robots e trailer

Gurrucho Alien e Extraterrestres. Podcast en galego 31.08.2020

Neste episodio falamos da saga de Alien, a mítica película de 1979 dirixida por Ridley Scott e imaxinada polo guionista Dan O'Bannon. Pero antes repasamos a figura dos aliens ou extraterrestres no imaxinario global, para rematarmos por falar da posible "alienexploitation", a pegada que puido deixar esta obra noutras. Rematamos cun concurso moi peculiar...

Gurrucho Galaicos e Celtas. Podcast en galego 04.07.2020

Este é un programa atípico, onde nos afastamos do noso habitual formato "tertulia". Falamos dese pobo misterioso que habitou a meirande parte de Europa durante a Idade de Ferro, os celtas. A súa historia, a súa cultura e a súa mitoloxía son protagonistas do bloco 1, a ficción na que son representados ocupa o noso bloco 2, e os castrexos, galaicos ou como queirades chamalos, e a súa relación co mun...

Gurrucho Coronavirus Pandemias. Podcast en galego 30.04.2020

Este é un programa especial, xa que o formato é o dunha charla coloquio debate, ou algo similar. Falamos do coronavirus dende o noso punto de vista, contando desta vez cun invitado que vive en Polonia, para ter outras olladas. Isto non quita que cara o final falemos de pandmias na ficción, con exemplos na literatura, cinema e outros medios. Pedimos perdón pola calidade do audio, pero o confinament...

Gurrucho Sherlock Detectives. Podcast en galego 18.03.2020

Falamos do detective máis famoso da ficción, o británico Sherlock Holmes, creado polo escritor Sir Arthur Conan Doyle. E tamén nos achegamos a ese xénero que bebe deste enigmático detective, un xénero que tería como pedra angular as pesquisas e o método deductivo usado para resulver un caso.

Gurrucho O Padriño Mafia. Podcast en galego 13.02.2020

Neste programa falamos da triloxía do Padriño, a obra mestra de Francis Ford Coppola. Tamén afondamos no tema da mafia, as súas orixes e expansión por todo o globo, así coma a ficción que este tema xenerou, creando un xénero ou subxénero con identidade e trazos propios.

Gurrucho Star Wars Triloxía Disney. Podcast en galego 11.01.2020

Falamos da terceira triloxía de Star Wars, producida por Disney, que mercou Lucasfilm fai uns anos. Nun debate que chega case que a discusión de bar, tentamos dilucidar se é boa, mala, ou regular. Dividimos o programa en tres blocos, e cada un está adicado a unha das tres películas.

Gurrucho Tarantino. Podcast en galego 07.12.2019

Falamos do director estadounidense Quentin Tarantino, un chisco da súa vida, e sobre todo da súa obra. Atrevémonos a facer un ranking dos seus filmes e a imitar o seu estilo en varias escenas que iremos poñendo no transcorrer do podcast. A ver se llas coamos a Netflix, Amazon ou á TVG3.

Gurrucho Xogos de Rol. Podcast en galego 27.10.2019

Desta vez falamos dunha das afeccións nas que máis hai que utilizar a imaxinación: o rol. Falamos de xogos, sistemas, ambientacións, e atrevémonos, cara o final, a xogar unha pequena partida a modo de exemplo cunhas regras inventadas para a ocasión (así ninguén nos pode dicir que xogamos mal, muahahaha). A partida publicámola nas nosas contas de Youtube e Spotify, e tamén a súa continuación, que a...

Monogurrucho Xogo de Tronos T8. Podcast en galego 09.09.2019

Facía tempo que non gravabamos un monogurrucho, e desta vez fixémolo falando da derradeira tempada de Xogo de Tronos. Tentamos analizar as chaves do éxito ou fracaso desta controvertida entrega. Pedimos desculpas pola baixa calidade do audio, que case nos impide a publicación. Porén, ao final démoslle para adiante...

Gurrucho Chernobyl Catástrofes. Podcast en galego 12.08.2019

Neste programa falamos do accidente de Chernobyl co gallo da serie recentemente emitida pola canle estadounidense HBO, e tamén debatemos sobre a propia serie e o tratamento que fai da catástrofe de Chernobyl. Falamos tamén un chisco sobre un suposto xénero cinematográfico de catástrofes, e sobre as que nos tocaron en Galicia, sobre todo petroleiros. Rematamos cunha suposta serie galega sobre a cat...

Gurrucho Dune Ciencia Ficción. Podcast en galego 20.07.2019

Falamos da obra do escritor estadounidense Frank Herbert, destacando o seu mellor traballo Dune, o relato de ficción científica que foi levado á gran pantalla polo cineasta David Lynch. Tamén mencionamos outros medios nos que se explorou a opción de desenvolver Dune con linguaxes diferentes, como poden ser os videoxogos ou os xogos de mesa. Por último, rematamos coma semre co trailer de ARCOLITE,...

Gurrucho Xogo de Tronos. Podcast en galego 21.05.2019

É Daenerys unha metáfora dos EUA? Son os Dothraki veganos? Como se pronuncia R'hllor? Ningunha destas preguntas terá resposta neste podcast, pero contamos coa presencia do actor Salvador del Río, co que repasaremos a traxectoria da exitosa narración de Martin, tanto na serie de TV como nos libros.

Gurrucho Firefly Space Western. Podcast en galego 12.04.2019

Falamos sobre a serie de culto creada polo polifacético Joss Whedon Firefly, nome da nave de contrabandistas galácticos guiados polo capitán Malcolm Reynolds, un dos mellores papeles do actor Nathan Fillion. Tamén comentamos outras obras dun suposto xénero que misturaría o western coa aventura espacial, e como non, facemos unha proposta de serie traendo Firefly cara a idiosincrasia galega.

Gurrucho Hellblazer Demos. Podcast en galego 25.02.2019

Seguimos os pasos de Dante e de Orfeo para adentrarnos nos infernos e analizar dende alí o cómic da liña Vértigo Hellblazer, protagonizado polo mago máis turbio da ficción, o señor John Constantine. Tamén nos achegamos a outras obras do xénero coma O Exorcista, A Profecía, Prophet, etc

Gurrucho R. L. Stevenson Piratas. Podcast en galego 30.01.2019

Neste episodio falamos do mundo da pirataría, centrándonos na coñecida obra de Stevenson "A Illa do Tesouro". Pero non queda aí a cousa, falamos de historia, os piratas a través do tempo, e de ficción, os piratas no mundo do entretemento. Por último adicamos un espazo, xoma sempre, a Galicia, e á súa relación con este mundo.

Gurrucho Singin' in the Rain Musical. Podcast en galego 31.12.2018

Coas uvas case que no plato, e para rematar este 2018, aquí tendes o programa sobre cinema e teatro musical. Coma sempre quedáronnos moitísimas cousas por dicir, pero algo do importante por aí anda. Falamos das manifestacións culturais con música até o século XIX, onde se comeza a xestar o xénero musical, e fixámonos nun musical en particular: Singin' in the rain. Para rematar, no clásico tráiler...

Gurrucho Videoxogos Retro. Podcast en galego 11.12.2018

Desta vez falamos de videoxogos. O programa está dividido en tres bloques. No primeiro centrámonos no hardware, dende as primeiras computadoras até os anos 80. No segundo lembramos os xogos máis destacados de cada xénero videolúdico. E no terceiro debatemos sobre a actualidade do videoxogo. Coma sempre, para finalizar, fixemos un trailer dunha suposta serie sobre videoxogos en galego...

Gurrucho TVG. Podcast en galego 21.10.2018

Neste programa poñémonos nostálxicos e falamos dos inicios da TVG, dos programas, series e debuxos animados cos que medramos. Tamén lle damos un repaso á programación da década dos 90 e á do século XXI, época na que pouco a pouco deixamos de ver a galega dun xeito tan frecuente. Por último, creamos o tráiler da serie TVG definitiva, misturando os personaxes arquetípicos do audiovisual galaico todo...

Gurrucho Buster Keaton. Podcast en galego 05.08.2018

Neste programa falamos da figura do cinema silente Buster Keaton, da súa vida e da súa obra. Pero tamén abordamos os comezos do séptimo arte, os Lumiere, Edison, Porter, etc. Por último tentamos atopar no cinema posterior, posibles influenzas que o señor "Cara de pau" poidese inspirar.

Gurrucho Bond Espías. Podcast en galego 09.07.2018

Nesta ocasión charlamos sobre a espionaxe, mencionando algúns espías e redes de espionaxe destacables da historia, para continuar falando dos espías na ficción. Chegaremos así ao espía máis famoso, o británico James Bond, creado pola pruma do escritor Ian Flemming. Finalmente mencionaremos alguna "Bond exploitation" e casos de espionaxe en Galicia.

Gurrucho Edgar A. Poe Terror. Podcast en galego 02.06.2018

Achegámonos á vida e á obra do autor norteamericano Edgar Allan Poe, un dos grandes da literatura universal, e sobre todo analizamos a súa aportación ao xénero do terror. Tamén abordamos un chisco o terror gótico anterior, así como a pegada de Poe nos autores posteriores.

Listen to the Gurrucho de Vozcast podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.