Radio Valladares

ESPERTA VALLADARES

Society GL ↓ 1482 episodes

ESPERTA VALLADARES, magazine matinal diario. Analizamos a actualidade de Vigo, Valladares e arredores. Sempre en vivo e en directo.

Author

Radio Valladares

Category

Society

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 7, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

A cereixa picuda de Beade 31.05.2019

De cereixas vai o conto. Álvaro Cunqueiro as comía con pan, vós? A moita xente lle prestan mais collidas directamente da cerdeira. Probástedes algunha vez a picuda de Beade? É moi sabrosa e por iso lle fan a festa este finde. Houbo un tempo en que había moitas cerdeiras por esta zona, hoxe escasean. No verán do 91 naceu APROCEGA, Asociación de productores de cereixa galega, con sede en Beade. Imos...

EscoitANTES e a Orquestra Vigo 430 & Refuxiados e os procesos de acollida 30.05.2019

EscoitANTES, un xeito didáctico de achegarse á música clásica. A Orquestra Vigo 430 impulsa dende hai uns anos este proxecto, no que agora colabora a Universidade de Vigo facilitando o acceso a ensaios abertos no Teatro da Cidade Universitaria. Conversamos con Cándido Cabaleiro, mestre de educación musical. O domingo hai teatro en Valladares. "Eu, refugiado" do grupo de Moçao Tuka Tuka. Imos coñec...

Clara do Roxo e a escrita creativa 29.05.2019

Disque os galegos cando falamos contamos contos. Identificádesvos? Conversamos con Clara do Roxo da súa paixón por ensinar escrita creativa e da súa novela "Actrices secundarias", Finalista do Premio Torrente Ballester 2018.

A cultura galega: Antonio Fraguas & Malores Villanueva 28.05.2019

Día internacional da nutrición e o da hamburguesa, tamén. Vos, que? Hamburguesa ou bisté con patatas? Imos tamén darlle nutrición ó cerebro e conversar con Malores Villanueva sobre a nosa cultura galega, o legado de Antonio Fraguas, a lingua, a relación cos políticos... Tremendamente interesante!

Corais: Voces Graves de Vigo & Notas Livres de Portugal 27.05.2019

Quen canta o seu mal espanta. Cantades baixo a chuvia? A da ducha... claro! Este Esperta vai de cantar en corais. Conversamos co Coro Voces Graves de Vigo, que andan nun proxecto de recuperación de cantigas galegas con nomes de lugares. E coa Coral Notas Livres de Vendas Novas, no Alentejo (Portugal). Aproveitaron para esbozarnos a situación da cultura no país veciño. As dúas corais estiveron por...

Eleccións municipais e á U.E. & Axuda Paramos 24.05.2019

Fin de semana de eleccións: municipais e europeas. De cal tendes mais información? Ou tendes xa empacho? Imos ver onde podemos saber dos plans para a cidade e para Europa e como nos afectan. Hai un ano quedamos sobrecollidos coa explosión da pirotecnia en Tui. Deixou Paramos como se por alí pasara a guerra. Os veciños movéronse e tiveronse que asociar para apurar ós políticos a reconstruir a parro...

Eduard Punset & Fundación Pasqual Maragall 23.05.2019

Onte adicabamos parte do programa á divulgación científica… e cruzóusenos por medio a morte de #EduardPunset, un pioneiro co programa de tv #Redes. Curioso, divertido. Desas persoas que cando aparecen so poden ser escoitadas pola cantidade de cousas interesantes que teñen para contar... e que as contan tan ben! Pasqual Maragall, outro home político atacado polo alzheimer, creou unha fundación para...

Pint of sciencie. Divulgación científica. 22.05.2019

A ciencia, vos interesa? nanotecnoloxía, exoplanetas, impresión 3D... Eduard Punset, morreu hoxe. Un dos pioneiros na divulgación científica en España. Quen non recorda a súa voz no programa de tv REDES? Dende entón xurdiron moitas outras iniciativas, como a que ten lugar estas tardes en Vigo no Mercado Berbés. Pint of Science, investigación punteira explicada entre cervexas nos bares... celebran...

Festival de Cans 21.05.2019

3,2,1... se rueda Festival de Cans Chimpíns, concertos en galiñeiros, cortos en galpóns... que vos chama mais deste agroglamour? "A que andas?" é un dos encontros mais agardados do festival. As películas dende o guión: primeiras ideas, bocetos... con cineastas destacados no noso audiovisual. Conversamos con Chelo Loureiro.

Venezuela. Exiliados políticos 20.05.2019

20 de maio. Hai un ano os titulares de actualidade internacional eran: “Maduro gaña as presidenciais de Venezuela con mais de seis millóns de votos". A partir de ahí, as discrepancias. Que sabemos de Venezuela? Hai moita información confusa. Imos tratar de entender e comprender. Hoxe parte I: escoitamos o punto de vista de exiliados políticos.

Correlingua & Pauliña, country folk & As asociacións de viciños 16.05.2019

17 de maio. Día grande para Galicia Unha voltiña polo Correlingua, o country folk de Pauliña e repasiño pola axenda cultural destas Letras Galegas. A estas alturas, xa sabedes quen é Antón Fraguas? Ou inda non? Nota para os de casa: Hai elección da nova xunta directiva do cultural de Valladares. Imos ver que supón xestionar este centro veciñal.

Letras Galegas en Valladares & The Turre's Band & Títeres Redondela 15.05.2019

As Letras Galegas están de festa. Imos ver que eventos se argallan no Centro Cultural de Valladares esta semana: serán o xoves, Pauliña o venres... E ben festeiros son The Turre's Band. Dende Torroso, Mos, a banda dos torreiros! Mais festa nesta semana: Festival Internacional de Títeres de Redondela. 20 anos xa!

Santuario de animais Vacaloura & Rock vigués D'Esmorga 14.05.2019

Musical e animal este Esperta: -Vacaloura Santuario Animal. Moito cariño e amor polos animais neste lugar tan especial en Compostela. Organizan festival solidario este sábado na Fábrica de Chocolate. -D'Esmorga. Vigueses, moito rock e moi bo rollo. Presentan "Entre Whisky e Cervexas"

Semana das Letras Galegas. Como está a nosa lingua? 13.05.2019

Entramos de cheo na semana das Letras Galegas. Antonio Fraguas (1905-1999). Mestre na memoria. Na guerra civil, tivo que deixar a súa cátedra no Instituto da Estrada e montar a súa academia privada en Compostela para poder seguir na ensinanza. Curiosidades: foi presidente do Museo do Pobo Galego. Con isto, repasamos como está o galego hoxe. Conversamos con rapaces do IES Valadares en galego, escoi...

Pediatras para todxs & Romería San Isidro Labrador 10.05.2019

No Esperta de hoxe: A plataforma "Pediatras para Todxs" súmase ás reclamacións dos médicos de Atención Primaria de Vigo. Conversamos con Teta e Coliño. Á manifestación desta tarde ven xente mais alá da área metropolitana. Como todos os venres, repasamos a axenda cultural. Para Valladares ven San Isidro Labrador. Saiu de aquí no 2006 cara outras parroquias rurais de Vigo e xa está de volta. Domingo...

Mos: cidade deportiva do Celta & Festival Canto Conto 09.05.2019

Pelotazo urbanístico, atentado ecolóxico... quen pensa isto da cidade deportiva e centro comercial do Celta en Mos? A AUGA E VIDA organiza un concerto solidario o sábado na Sala Rebullón para os gastos extraordinarios que están tendo as comunidades de montes con este lío. Quedamos en Mos. As Maimiñas organizan o festival "Canto Conto" este domingo cerca do Pazo de Mos. Contos, cancións, maxia, rut...

Sesións Destelo & Premios Martín Códax da Música 08.05.2019

#MúsicaEnGalego Entréganse os Premios Martín Códax da Música e descubrimos as Sesións Destelo. Escoitades música en galego? Dos distintos estilos e dos moitos grupos falamos hoxe.

Casa da Xuventude Vigo & Axenda teatral de maio 07.05.2019

Os findes de maio na Casa da Xuventude son para ESTAR DE OCIO. Concertos de grupos locais, obradoiros de capoeira, break dance, hip hop, sesións de contos de medo, scape rooms... un espacio de lecer para os adolescentes. Conversamos con Daniela Alvite, coordinadora do proxecto. E unha voltiña pola axenda teatral polos arredores de Vigo con Fabi Bastos, que tamén ven falar dos monólogos. Gústanvos?...

En defensa do sistema público de pensións 03.05.2019

"Goberne quen goberne, as pensións deféndense!" Este é o lema da concentración que ten lugar os primeiros luns de mes diante do MARCO, en Vigo, ás 20h. Conversamos co Movemento galego pola defensa das pensións públicas.

Outdoor: Territorio comanche & Valladares: 25 aniversario cementerio particular 03.05.2019

Hoxe no Esperta: - A historia dun cementerio contada por dous veciños de Valladares, Julio e Abel. O particular de Valladares, 25 anos xa. - Territorio Comanche, ocio na natureza con aventuras de orientación. Este domingo, nas Cíes. Orientación, rastrexos... participástedes nalgunha destas aventuras? Dámoslle unha voltiña no tema do día. -Axenda cultural da fin de semana.

2 de maio & Brincadeira & Festa da Sementeira & San Isidro labrador 02.05.2019

Levantamento do 2 de maio. 200 anos atrás Madrid desafía á Napoleón e no norte do país levántase o pueblo contra as tropas. Bouzas o recorda celebrando este domingo a Brincadeira. As guerras traen fame… Outro plan dominical que ten que ver co alimento: a Festa da Sementeira en Matamá. Labrar, sementar millo, moer, cocer o pan… e celebralo cun concerto. O Colectivo Malaherba adiántanos o concerto s...

Maio: día dos traballadores e dos maios & Andaina polos montes de Vigo & Visitas teatralizadas. 30.04.2019

Maio florido e fermoso: -Celebración dos maios en Redondela e as súas coplas satíricas. -1 de maio. Día do traballador. Manifestacións pola mañá e cine ó aire libre no Calvario á noitiña con peli " No intenso agora", sobre as revolucións dos traballadores (Mayo 68, Primavera de Praga e China). Maio é o mes para desfrutar da natureza. Os montes de Vigo vanse convertir noso Central Park coa creación...

Fútbol feminino Valladares & Roteiro literario con Xurxo Souto por Vigo 29.04.2019

Resaca da noite electoral. Repasamos os marcadores. A algún partido meteronlle mais dun gol. De fútbol feminino vaia a cousa hoxe. CDValladaresFemenino. Queres unirte o mellor club vigués do ano 2018? Conversamos cos entrenadores: Gabi, Borja e Óscar do ben que vai o primeiro equipo! Se sodes rapazas adolescentes, 12, 13 e 14 anos e queredes entrenar e xogar ó fútbol, estes meses antes do veran po...

Os medos profundos cos que se vivía durante o franquismo 26.04.2019

Chega o finde! Ideas na axenda cultural e... interesa saber, en que grupo estades cando hai que arranxar algo? Agora que anda a sombra do aguilucho revoloteando, falamos dos medos profundos cos que se vivía durante o franquismo con Isidro Caseiro, veciño de Valladares. Cando o domingo vaiamos votar, están por alí interventores e mais apoderados. Imos saber que fan e se ten sentido esta figura.

Javier Gurruchaga e a Orquesta Mondragón 25.04.2019

Ladies and gentlemen! Javier Gurruchaga e a Orquesta Mondragón, este domingo nas festas de San Telmo en Tui. Mooito rock&roll, baby. As lecturas de "Madame Bovary", "El gran dictador" e "Noticia Bomba!" acompáñannos nesta viaxe con Gurruchaga, ademáis da súa música, of course. Cales dos seus hits bailades mais? "Corazón de melón" ou "Viaje con nosotros"?

Listen to the ESPERTA VALLADARES podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.