Radio Valladares
ESPERTA VALLADARES
ESPERTA VALLADARES, magazine matinal diario. Analizamos a actualidade de Vigo, Valladares e arredores. Sempre en vivo e en directo.
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Música e imaxe con Denis Carballás 22.07.2019 59:53
Varias son as súas pasións: debuxo, música e cine. Coma nun encaixe de bolillos, vanse mesturando en todo o que o fai Denis Carballás. Este rapaz vigués compón bandas sonoras, deseña persoaxes para produccións audiovisuais… e vai formando parte de varios grupos de música: The riggos, Beethoven Rollers... Un fedello, que dirían as nosas avóas. Aproveitando que viu ata o estudio, a cháchara distendi...
Clarinet Fest en Valladares 19.07.2019 58:53
Hoxe que traemos? Clarinetes. Gústavos o son? conversamos con algúns dos profes do curso de clarinetes que esta semana tivo lugar na parroquia organizado pola Unión Musical de Valladares: Robert Spring, Massimo Mazzone e Andrés Valero. Tamén co pianista Pablo Rodríguez, cos directores artísticos e académicos e con algún dos alumnos. Unha xoia escoitar como viven a música. A axenda festiva tamén va...
Canción do verán? Georgie Dann vs. Daddy Yankee 18.07.2019 59:02
Canción do verán. Conversamos con xente de distintas xeracións… e como van cambiando os gustos! Adolescentes: reggaeton. Os mais vellos: conjuntos musicales (Los Tamara, Los Mismos...) Os do medio: Georgie Dann Imos coñecer a Miguel, ó baixista do grupo vigués You Dog!!, da man do seu sobriño Dani. "Díxolle o sobriño ó tío..." E damos unha volta polo Cambón. Cine verde, estas tardes ata o sábado....
Plans veraniegos 17.07.2019 58:00
Sandía vs. melón. Que froita refresca mais no verán? Hai mundo mais alá da sandía en cachos. En zumo, en ensaladas... Patricia, a profesora de cociña do Centro Veciñal trae ideas. E plans para o verán? Bucear na piscina, xogar cos primos e amigos e durmir de camping. Así é o verán ideal para os mais cativos. Escoitamos á rapazaciñas da ludoteca. E para os maiores... botarse ó monte. Nos da Ramallo...
Exploramos o timbre dunha guitarra eléctrica 16.07.2019 58:05
Con Germán Son e mais a súa "Federica" imos descubrindo sons tímbricos da súa Stratocaster. E así pasamos unha horiña... entre glisandos, arpegios, bendings, guaguas... cancións improvisadas, conversando sobre guitarristas que nos inspiran ou gustan, anécdotas de concertos... Let's Rock!!
VigoSaxForum & Concertos de Castrelos: as reventas 15.07.2019 58:48
-VigoSaxForum: concertos, conferencias, masterclass, obradoiros de improvisación... unha semaniña chea da música do saxofón organizado pola Unión Musical de Valladares, aquí na parroquia. Como foi? Conversamos coa profesora Beatriz Tirado e co alumno Juan Alonso Moreda. E mais música, a dos concertos de Castrelos. Comezan este mércores e as entradas do foso voaron. Moitas van para a reventa. Que o...
28 xuño: Día do Orgullo LGTBIQ+ 28.06.2019 59:15
A diversidade sexual e afectiva, amosala? Sí ou non. Xa levamos toda a semana falando da diversidade sexual... pero hoxe 28 de xuño é o día propio: Día do Orgullo Acompáñanos Álex para guiarnos por algunhas das celebracións en Vigo e ir ata as orixes: os disturbios de StoneWall hai 50 anos e que marcan o inicio das reivindicacións do colectivo LGTB. Ademáis, unha volta pola axenda cultural das vin...
The wild fest en San Miguel de Oia & Club de xadrez en Valladares & Mostra Teatro Cangas 27.06.2019 59:01
En 3, 2, 1 comeza: -A Mostra de Teatro Cómico de Cangas… dámoslle unha voltiña ó programa. -The wild fest. Unha proposta moi conectada coa naturaleza no merendero de San Miguel de Oia. Música, deporte, cine, ecosostenibilidade... E para rematar, con nós vai estar a escola de xadrez de Valladares. Non paran de ir a torneos.
Amores entre iguais. Fotografía atopada 1880 -1947 26.06.2019 58:15
60 retratos de parellas de homes, mulleres ou persoas travestidas que Xosé Manuel Buxán, profesor de Belas Artes, foi recollendo polo mundo e as expón na Coruña ata setembro. Con el conversamos tamén sobre a comunidade "queer" (extrano, pouco usual). Acompáñanos Álex, co que tamén damos unha volta polos referentes actuais LGTBIQ. E aproveitamos para preguntarvos... as fotos como vos emocionan mais...
Literatura sobre a transexualidade infantil 25.06.2019 59:02
Contos que axudan a comprender: “Mamá, quero ser Ziggy Stardust”, "Piratas no recreo", "22 segundos"... Conversamos coa escritora Iria Misa e a ilustradora Luz Beloso, da súa labor como profesoras sobre a necesidade de divulgar entre os cativos e adolescentes temas que importan de verdade. Ademáis, Cristina Palacios asesorounas dende Arelas, asociación de familias de menores trans. Falamos con ela...
Exercicios hipopresivos & Diversidade sexual en Brasil 24.06.2019 58:50
Comezamos facendo exercicio. Hipopresivos, unha ximnasia tranquila que activa o suelo pélvico a través da respiración. Axuda á ir mellor ó baño, corrixe a postura (un anda mais dereito), mellóranse as relacións sexuais... Inés, a monitora no centro veciñal e algunhas alumnas veñen contarnos a experiencias e os cambios que elas van notando no corpo. E tamén imos ir abríndonos á diversidade sexual....
Noite de San Xoán 21.06.2019 58:36
Fogueiras, sardiñas, herbas... solsticio de verán! A que fogueira ides? Que non pode faltar nesta noite? Das tradicións do San Xoán que esmorecen, cal vai desaparecer mais rápido: a de ir buscar as herbas ou a da clara do huevo? Aquí no barrio, imos ata a tienda de Inés, para saber canto peixe está chegando á ribeira e se a xente prefire para a noite a sardiña ou o xurelo sardiñeiro. Das herbas e...
"Ó sair prá romería". Música folk con Gonzalo Caride 20.06.2019 59:31
Damos un paseo pola música folk con Gonzalo Caride, que ven presentar o seu novo disco "Ó sair prá romería". Da música tradicional, que vos chista mais (para tocar ou escoitar)? gaitas, requintas, ocarinas... bombo, tamboril, pandeireta, sartén, cunchas, latas de pementón... zanfona, acordeón... hai para escoller ata aburrir! Podemos escoitar e coñecelos, case todos, neste proxecto de Suso Vaamond...
Historias dos 50 anos do cole Igrexa Valladares. 13.06.2019 54:29
Hai 50 anos os colexios solían estar nos baixos das casas. Os nenos iban a unha escuela e as rapazas a outra. Había un profe para todos os alumnnos, que estaban todos mesturados (grandes e cativos). O mesmo que os as materias, que as explicaba todas o mesmo mestre ou mestra. Imos coñecer eses inicios e as transformacións dende o ano 63… descubrir cantas escolas unitarias había por Valladares, as d...
Coñecendo: os montes de Valladares & o deporte jugger 13.06.2019 57:51
Imos coñecer un pouco mais os montes da nosa contorna. Tócalle ós de Valladares. Conversamos con Gregorio, o actual presidente. E non marchamos da parroquia porque imos coñecer un deporte extrano para quen non o practica… o jugger. Entrenan nas Barrocas e temos con nós a Antón, que nolo ven explicar. Coma todos os venres, damos unha voltiña pola axenda cultural.
As zamanexas. As escolas en Valladares e Zamáns hai 50 anos 13.06.2019 57:17
Hai 50 anos atrás comezou unha transformación na educación grande. Foise pasando das escolas rurais ós coles case como os coñecemos hoxe en día. 50 anos ten o Igrexa Valladares. Imos trasladarnos ata eses inicios coas vivencias e recordos das primeiras alumnas: as zamanexas.
Presos políticos. PCE (r) Partido Comunista de España (reconstituido) 13.06.2019 58:00
A historia que contamos é a dos presos políticos do PCE(r). Partido Comunista de España (reconstituido). -A de Manuel Pérez Martínez, coñecido como Camarada Arenas, que estando dentro do cárcere pinta retratos. Algúns podemos miralos estos días no Café de Catro a Catro. -E a de Paco e Fernando, dúas persoas que, polas súas ideas, inda pasaron uns anos no caldeiro. As ideas son un arma moito mais f...
De jabalíes e tranvías 12.06.2019 58:38
O xabarín vive xa nas periferias das cidades. Imos saber por onde se move na cidade olívica, que come, canto cría.... como son os seus hábitos co arquero Jaime Villaverde. Os tranvías... tan cinematográficos. Hai unhas semanas andaba en exposición un vagón na zona de Coia. Os mais vellos veñen contar batallas dos tranvías en Vigo. Tendes algunha vós?
Porcoril (cruce de porco vietnamita con xabarín) & ENCE na Ría de Pontevedra 11.06.2019 59:02
Cerdolí, porcoril... cruce entre xabarín e porco vietnamita. Unha invasión pola península ibérica adiante. Imos conversar disto coa Asociación Vacaloura Santuario Animal. E da Ría de Pontevedra e ENCE coa Asociación Ecoloxista Adega, que apoia a marcha deste domingo dende Pontevedra e mais Marín.
Nanas, cantigas, arrolos... Vigoarrólate & Pablo Díaz músico 10.06.2019 59:29
Un paseo polas músicas que se fan en galego para os bebés e os nenos pequeniños. Tendes cativos ó redor? Escoitade, que imos comentar o programa Vigoarrólate e conversar co músico Pablo Díaz dos seus 5 discos para nenos. Ata o estudio tamén se achega o avó Suso, que viu coa súa netiña Leila contar contos á radio hai uns veráns.
Bicicletas: vellas ou deportivas? & Unión musical de Valladares & Tanxedoras & 07.06.2019 58:50
Non é o día mundial da bicicleta pero queremos saber... tendes unha? como é? un ferro vello ou unha ultralixeira, ultramoderna... ultra todo. Ademáis de bicis, imos falar de música. A da banda de Valladares, que comeza o tour de concertos veraniegos e mais abre a inscripción para os cursos de clarinetes e saxos con moitos profes do Conservatorio de Mallorca. As músicas de Alan Lomax en concerto no...
De saxos, clarinetes e romerías 06.06.2019 59:11
Un variado de programa... -Os novos contedores marróns que van inundar as rúas de Vigo.... para que "vigueses e viguesas" depositen só os restos de comida. -Na música. Clarinete versus saxo. Que son preferides? E o Festival Millo Verde. -De romerías. A Franqueira, as rutas polo Douro...e outras saídas da xente de avellentamento activo da parroquia.
Coñecendo os montes de Beade 05.06.2019 58:25
5 de xuño. Día Mundial do Medio Ambiente ”Se soubera que mañá remata o mundo, eu hoxe plantaría un árbol” Martin Luther King. Plantástedes algún xa? Imos ata os Montes de Vigo. Os de Beade veñen falarnos da xestión e dun cambio de antena de telefonía da parroquia cara o monte. E na parte festeira... as festas do Cristo esta fin de semana en Valladares.
Dobraxe ou versión orixinal? & Axenda teatral da comarca 04.06.2019 1:00:37
Axenda teatral pola comarca neste xuño con Fabi Bastos. Con el tamén falamos de dobraxe, das voces de actores galegos icónicos, da de Constantino Romero... eterno Clint Easwood e Schwarzenegger. Pregunta de rigor. Versión orixinal ou peli dobrada? Os que ides ó Multicines Norte xa sabemos... a que sí? Estes días tamén é a festa do cine a prezos moi populares 3€. Repasamos algunhas das pelis que es...
Unidades do sono e outras curiosidades mundanas 03.06.2019 1:00:25
De sono como andades? Imos fisgar polas costumes da xente á hora de durmir. Se durmen dun tirón, se dan voltas, se escoitan a radio para durmirse... Que beneficios ten o sono para o corpo humano? Imos ata as as unidades do sono dos hospitais en Vigo. A ver que fan. E fisgamos tamén noutras curiosidades mundanas.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.