Radio Valladares

ESPERTA VALLADARES

Society GL ↓ 1549 episodes

ESPERTA VALLADARES, magazine matinal diario. Analizamos a actualidade de Vigo, Valladares e arredores. Sempre en vivo e en directo.

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com

Author

Radio Valladares

Category

Society

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Nov 13, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.7+ rating iOS soon

Episodes

Venres 26/06/2026 26.06.2026

Na Noite Branca os museos pódense visitar ata a medianoite. Imos ver que actividades extra teñen! Ademáis, plans musicais na parroquia para esta finde: entroido de verán, audición de piano e concerto inaugural do Vigosaxforum Tamén ‘pillamos’ de celebración ós alumnos do Sobreira, que se gradúan.

Xoves 25/06/2026 25.06.2026

A volta é pola biblioteca-centro de documentación do MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo. Que bo rato pasamos a fuchicar nos libros de arte! Ademáis, como vimos do San Xoán... inda hai quen fai o ritual das herbas e as augas de 7 fontes.

Martes 23/06/2026 23.06.2026

San Xoán! Imos falar das herbas nos ramos con algunhas veciñas, das fogueiras... Ademáis, nos festivais das escolas algúns papás anímanse a facer unha obriña de teatro para os fillos. Voltamos ó Monte Alba! E mais fábulas… a da escola teatro Escoitade. E xa para rematar conversa de cafetería (nun furancho tamén vale!) con algúns latinos que están a aprender o galego e ucranianos que melloran o cas...

Venres 19/06/2026 19.06.2026

Vai un Esperta musical total! Falamos coa revista Mondo Sonoro e descubrimos algún grupiño emerxente do noroeste peninsular. E, para 'novos talentos', os Robots do Monte Alba e o trío da banda Martín, Lidia e Valeria co seu bombardino, oboe e clarinete. Viñeron contarnos do ben que o pasaron no mini concerto!

Xoves 18/06/2026 18.06.2026

Paseiño aquí ó ladiño pola horta de Aférrate, o programa de Alborada do coidado da saúde mental na natureza. Pasamos parte do Esperta no invernadoiro, que tamén visitaron os robots de 5 anos, os cativos do Monte Alba.

Mércores 17/06/2026 17.06.2026

Deportes a tutiplén!! Conversamos coa selección galega de fútbol gaélico, que xa foron a algúns mundiais e buscan financiación para o vindeiro este verán en Irlanda. Ademáis, no club de surf Quenlla de Patos hai un encontro de profesionais de toda Europa que traballa con xente nova con discapacidade. Exploran o surf e as posibilidades do mar como terapia.

Martes 16/06/2026 16.06.2026

Falaremos de ‘Rojo a Babor’, un anaquiño de memorias e anécdotas de como se ilumina na noite o mar. Ademáis, visitaremos a sala da luz no Museo Liste. E coñeceremos o traballo de Beyond Suncare coas persoas albinas en África.

Venres 12/06/2026 12.06.2026

A parroquia ten moita actividade cultural. O mes de maio vai de cheo arredor das Letras Galegas. Conversamos con Enrique Viéitez, que leva esta progamación. Ademáis, visitiña dos Esquíos da escola infantil Monte Alba. E ideas para o tempo libre: audición da banda domingo á tarde no auditorio.

Xoves 11/06/2026 11.06.2026

A paradiña é no alto da Garrida, imos visitar ó centro de día D’Alba. A ver que nos contan, que os vellos teñen moitas historias vividas. Curiosamente, antes alí había un aserradeiro e agora acude o cento de día unha das irmás dos donos, a que lle levaba a comida. Ademáis, hoxe agradecemos infinitamente a Gregorio, o presidente de Montes de Valladares, o seu paso pola radio e mais a inmensa activi...

Mércores 10/06/2026 10.06.2026

En Valladares hai un grupiño de xente xogando ó cachibol. Falamos con Pedro, o armadanzas. A escola de cerámica mais antiga de Galicia está en Nigrán e, para remate do curso, celebran a semana da técnica xaponexa rakú. Conversa coa profesora Emilia Guimeráns. Ademáis, coñecemos un roteiro pola cidade que nos comproba a aportación da muller na historia de Vigo ‘Sons de Mulleres’.

Martes 9/06/2026 09.06.2026

Voltamos ás ondas!!! Case coa chegada do verán… e un chisco mais breves. O #EspertaValladares desta tempada dura coma unha peli, 90 minutos. Os nosos primeiros invitados viñeron ata o auditorio hai unha semana. Face2Face fan teatro en inglés para escolares. Ademáis, rutas nocturnas pola contorna, que este sábado houbo camiñantes polos montes de Valladares.

Especial. Certame 'As imaxes do patrimonio' de Ponte... Nas Ondas! 14.11.2025

Ponte...Nas Ondas! Entrega os premios da VIII Edición do Certame "As imaxes do patrimonio". Retransmisión do acto dende o Centro Veciñal e Cultural de Valladares coa actuación d'As Armadanzas.

Venres 31/10/2025 31.10.2025

O bar Pereiró, que ten de todo para facer o directo na terraza... e foi a previa á visitiña ó ceminterio de Pereiró que fixemos no verán. Como estamos no tempo de Defuntos, imos voltar a escoitala hoxe. Ademáis… marchamos, que temos que marchar. Rematamos tempada do #EspertaValladares. Os directos han voltar ás ondas da 106.1FM na primavera. Chao

Xoves 30/10/2025 30.10.2025

Ás veces, visítannos na radio e outras, continuamos na terraza Denigrantes Comediantes viñeron contarnos dos ensaios e mais da obra que estrearán na primavera 'Lo que callamos'. Unha boomba!

Mércores 29/10/2025 29.10.2025

Escoitaremos a veciños andaríns que por saúde, ocio… fan a súa propia ruta polos camiños da parroquia. De sustos e túneles do terror tamén falaremos, que chega o Samaín.

Martes 28/10/2025 28.10.2025

Música tranquila para amanhã. Os ritmos brasileiros de Vatapá-quinteto. Ademáis, os libros que lee Álex, que desta volta trae un feixe dos que inda ten por ler. E un chisquín de toponimia da parroquia, ‘Cepudo’.

Luns 27/10/2025 27.10.2025

Un luns de cine. Rescatamos algunhas das pelis que fomos fisgando e comentando deste ‘Las pelis que me puto flipan’, o libro de Carlos Durán. 25 obras do cine moderno, dende Kubrick, ‘Odisea en el espacio’ ata hoxe en día.

Venres 24/10/2025 24.10.2025

Imos voltar escoitar a historia dos pontevedreses na División Azul, recollida nun libro de Xoán Carlos Abad. E ademáis, propostas de ocio... na casa: a expo cos debuxos de músicos a boli, teatro da casa sábado e domingo homenaxe ó cura Ángel co concerto da banda.

Xoves 23/10/2025 23.10.2025

Falaremos da última obra de Teatro Escoitade, 'A cova das mil mulleres', escrita e dirixida por Doro Piñeiro. Vaise estrear sábado no auditorio de Valladares. Ademáis, as idas e vidas polo Atlántico adiante do músico Nando Vilariño seguindo a estela da 'galeguidade'... e das súas abuelas, tamén.

Mércores 22/10/2025 22.10.2025

Como lle foi ó campionato de surf adaptado en Patos? E que conclusións sacaron na xornada sobre os grandes incendios e os seus retos nos montes de Pontevedra? As especies incluidas no Catálogo Galego de Especies Ameazadas, como andan? Diso falamos esta mañá con xente que sabe no Esperta.

Martes 21/10/2025 21.10.2025

Ata a radio chegaron os esquíos do Monte Alba, os piquirichiños de 3 anos coa profe Elena. E mandan saúdos!!! Na Fundación Sales viven unhas árbores dinosaurio e nas visitas escolares os nenos pensan que o dinoseto anda por alí… Falamos dalgunhas das especies deste xardín botánico e tamén da actividade para este sábado arredor das ‘plantas máxicas’. Ademáis, recomendacións de libros para entender...

Luns 20/10/2025 17.10.2025

Este luns no #EspertaValladares imos dar voltas pola Finca da Marquesa. Lembraremos o concerto de Pelica de Can mentres paseabamos polos xardíns do pazo un verán de 2025... cunha guía botánica do 1982 .

Venres 17/10/2025 17.10.2025

Algúns dos plans para o tempo libre esta fin de semana. Ademáis, rescatamos conversas interesantes da tempada, a do mago Marcos Waldemar. E conversamos con Laiño, que expón algúns cuadros feitos con pilot no centro veciñal ata finais de mes. Unha serie adicada ós músicos.

Xoves 16/10/2025 16.10.2025

Conversa de vagar con Bilal Traoré sobre o amplo mundo do contar contos. Tamén recomenda libros escritos por mulleres africanas. E outras historias mais, que a conversa foi longa e deu para descubrir outras aristas de Castelao!

Mércores 15/10/2025 15.10.2025

Moitos eventos deportivos teñen detrás tantos voluntarios. Conversaremos disto coa Asociación Vodea. Ademáis, coñeceremos un proxecto que une literatura, música e cinema para coñecer escritoras italianas en España (dende o século XIX ata hoxe). Comeza esta semana e anda detrás Ladante Vigo.

Listen to the ESPERTA VALLADARES podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.