Radio Valladares

ESPERTA VALLADARES

Society GL ↓ 1482 episodes

ESPERTA VALLADARES, magazine matinal diario. Analizamos a actualidade de Vigo, Valladares e arredores. Sempre en vivo e en directo.

Author

Radio Valladares

Category

Society

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 7, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Venres 28/10/2022 28.10.2022

Chegou o 'Samagostín'. Dámoslle unha volta ós plans terroríficos pola contorna. Para maquillarnos imos á ‘maleta de unicornio’ da caracterizadora Iria de Parras e pedímoslle uns trucos. Ah! E Teatro Escoitade trae a gran montaxe, 8 anacos das máis de 50 que leva feitas dende 1972.

Xoves 27/10/2022 27.10.2022

Animamos a semana con música? Versións dos 80 con El hechizo de Nora. Afortunados fomos que os tivemos no tenderete da radio e gozamos dun miniconcerto! Vós a disfrutalo na sesión vermú. E logo imos de viaxe polo planeta cos instrumentos milenarios de Abraham Cupeiro, que domingo volta tocar coa banda de Valladares. Ademáis, descubrimos 'rutas verdes' pola cidade con Galisacra.

Mércores 26/10/2022 26.10.2022

Benvidos ó deporte da pluma. Un corcho de champán e unhas plumas. Iso son as orixes do badminton. E de como chegou a Vigo e de como está a canteira, conversamos co adestrador do clube Rosalia. Ademáis, traemos algo de cultura urbana. Grafitis e skate made in Donas con Samu Piñeiro.

Martes 25/10/2022 25.10.2022

A pastar! Paramos en Casa Grande de Xanceda. Tamén coñecemos as plantas e flores que inspiraron gran parte da obra de Rosalía de Castro, recollidas agora no 'Herbario de Rosalía'. Conversamos con María López Sández, unha das autores. E rematamos falando de ceminterios bonitos en España con Jesús Pozo, director da revista Adiós Cultural, e con Sole, guía no dos Eidos en Redondela.

Luns 24/10/2022 24.10.2022

Este #lunsoutubro ven chulo chulo. Da Ribeira Sacra ao Courel. Palique con ‘oriundos’ sobre o barallete, as colmeas e o mel, o cinema palleiriso. Rematamos nun bar, o Lembranza.

Venres 21/10/2022 21.10.2022

Chega o venres... e imos ata Viena conversar con este saxo da banda de Valladares, Juan Alonso Moreda, a ver a que anda por eses lares. Ademáis, teatro. Xa sabedes que este outubro as butacas do auditorio están para iso. Toca farsa con Achádego teatro. E ata a radio achegouse unha sorpresiña. Sara, unha clown peruana que estes días remata tour formativo por Europa. Con ela conversamos sobre o clow...

Xoves 20/10/2022 20.10.2022

Unha de festa, a verbena da Paloma na Garrida. E outra de historia. Zamora contou de 1968 a 1976 coa única prisión do mundo destinada a sacerdotes subversivos. Falamos do documental ‘La cárcel de los curas’ de Zinea.

Mércores 19/10/2022 19.10.2022

Hai deportes que son lentos… ou iso parece. Falamos do tai chi con Víctor, o monitor no ximnasio de Valladares. E despois, o ritual continúa no bar. Conversa coas mulleres de pilates. Divertidos divertidos, os concertos de A banda da Balbina. E rematamos falando do Festival de Cine Inclusivo de Vigo.

Martes 18/10/2022 18.10.2022

A Batalla de Rande. Así, a golpe de martes imos ir anotando xa plans na axenda da finde. Tamén conversamos co Instituto Jane Goodall en España de como reciclando os nosos móbiles axudamos á selva do Congo. E damos un paseo de outono por Oia para coñecer o seu patrimonio con Amodo Turismo.

Luns 17/10/2022 18.10.2022

Aí o vai, outro #lunsoutubro mais. Ás veces danos pola música. Especial cos libros ‘Son da cidade’ & ‘Festivales de España’ e pócima rockera con Astarot.

Venres 14/10/2022 14.10.2022

Plans para non sair da parroquia. Visita á expo da veciña Rebeca, que aprendeu a pintar coa súa abuela de pequena en Zamáns. Axóuxere Teatro trae sábado ó auditorio ‘Facendo as partixas’. Ademáis en Freixo, sábado toodo o día, Festa tiralandras no V aniversario dos lumes. Aproveitamos tamén para falar da cultura do lume coa Pau Costa Foundation.

Xoves 13/10/2022 13.10.2022

‘Houston Houston, temos un problema’, quen non lembra esta frase? Quen nos ía dicir a nós que chegaríamos a falar coa NASA. Conversa coa astrofísica Begoña Vila, que é daquí. E vai proposta de descanso, Glamping do Mar en Baredo. Ademáis, tempo para falar sobre o dano cerebral coa Federación Galega de Dano Cerebral.

Martes 11/10/2022 11.10.2022

A primeira vez que saimos ó estranxeiro é unha aventura. Escoitamos as peripecias de dous rapaces, que veñen de pasar tres semanas de intercambio en Inglaterra. Ademáis, que sabemos dos pazos galegos? Por aí vai a visitiña ó noso patrimonio coa historiadora Beatriz Liz de Cea.

Luns 10/10/2022 10.10.2022

Vai outro especial #lunsoutubro. Andaremos polo campo coñecendo as herbas silvestres con César Lema, debuxando bichiños coa Senda do Moucho e movéndonos co proxecto CUCO.

Venres 07/10/2022 07.10.2022

Ás veces, hai persoaxes tan grandes que precisan un mural tan especial coma éste. A Maria del Carmen Kruckenberg a coñeceu ben a súa biógrafa, Mercedes Queixas. Con ela conversamos un ratiño. Ademáis, outubro parece ser o mes do teatro. Escollemos sala, Ártika, e compañía, Andaravía Teatro, que chega a Valladares con ‘Xacobedra’.

Xoves 06/10/2022 06.10.2022

Sóavos o metaverso? Mundo virtual coa xente de Asociacion Galega de Blockchain e IoT. Sobre isto, ven poderían facer unha canción as chicas de A Tajea, que van collendo a vida cotidiana e a cantan con moita retranca. Algo mais terrenal, a Festa da Recolleita en Matamá. Falamos con Malaherba Colectivo para saber se xa o millo está listo para a esfolla e o muiño ten auga abondo. Tamén paramos na cas...

Mércores 05/10/2022 05.10.2022

Nos deportes quedamos na casa, que falamos de fútbol sala no CVC Valladares. Tamén hai tempo para a ‘Historia de un gato’ da ilustradora Laura Agustí. E como é a festa do cine, unha de palomitas no campionato mundial de lanzamento delas do Centro Comercial Travesía.

Martes 04/10/2022 04.10.2022

Tertulia divertida coa xente de Engra, punk rock made in Vigo. Ademais, unha voltiña polo Museo de Pontevedra para coñecer as fotografías de Ruth Matilda Anderson na súas viaxes a Galicia entre os anos 1924 e 1926 e os traxes reproducidos para a ocasión pola Asociación Etnográfica Sete Espadelas.

Luns 03/10/2022 03.10.2022

Comezamos os luns de outubro tirando de arquivo. Imos escoitar un especial sobre as traídas de augas en Valladares e mais da construcción da rede de saneamento nas parroquias.

Venres 30/09/2022 30.09.2022

Hoxe é a G-Night, Noite Europea das Persoas Investigadoras, e para celebralo hai unha chea de actividades, entre elas obradoiros organizados polo IEO Vigo - Investigación Marina y Divulgación en colaboración coa UVigo. Un deles vai sobre o arco da vella que podemos atopar baixo o mar! Ademáis, imos dar unha volta pola Festa da Sidra de Bembrive e axenda, que este fin de semana hai moitos plans! Na...

Xoves 29/09/2022 29.09.2022

A figura de Concepción Arenal sigue estando vixente, dela falamos con Anna Caballé. Ademáis, coñecemos as propostas de Rara Avis Tocados. E voltamos ao Courel que temos pendente unha conversa con Guillermo Pardavila, un dos músicos habituais do Lembranza.

Mércores 28/09/2022 28.09.2022

Rematou o verán e con el a tempada de traineras. Imos ata Moaña, falar coa xente da S.D. Tiran Pereira, que acadou o ascenso á Liga Euskotren. Ademáis, a Eurocidade Tui-Valença acolle estes días o MUMi - encontro profesional de música de Galiza e Portugal, a ver que nos contan. E visita a radio Cé orquestra pantasma, para presentar o proxecto CUCO, ideado por Anxo Moure.

Martes 27/09/2022 27.09.2022

Conversa con Victoria Besada para falar do proxecto Oceánicas, paseo por Salceda, onde a xente da ACDEs Treze Catorze levou a cabo a súa acción no Móllate polos ríos, e unha visita ao castelo de Moeche, que é martes e temos que seguir coñecendo o noso patrimonio!

Luns 26/09/2022 26.09.2022

Os lavadoiros foron durante moitos anos o lugar de encontro. Deles, da historia das mulleres que iban por alí, da súa renovación… diso falamos hoxe. Conversa con Ana Amado, que se achegou a eles dende o eido audiovisual, e con A banda da Loba sobre o seu disco 'Xabón Lagarta'. E tamén unha voltiña polos de Vigo, José fotografiou no seu blog os case 200 que hai.

Venres 23/09/2022 23.09.2022

“No día do seu enterro” é o título do primeiro libro de Cristina Pato… sobre a historia que hai detrás, sobre a súa traxectoria falamos un ratiño. Ademáis, paseamos por Covelo nos camiños que atravesan a ruta Mariana e imos ao Courel, ata o bar Lembranza CB coñecer a súa proposta musical.

Listen to the ESPERTA VALLADARES podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.