Radio Valladares
ESPERTA VALLADARES
ESPERTA VALLADARES, magazine matinal diario. Analizamos a actualidade de Vigo, Valladares e arredores. Sempre en vivo e en directo.
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Luns 05/12/2022 04.12.2022 2:00:22
Nestes ‘días raros’ entre tanto festivo, traemos especiais #tirandodearquivo. Conversa de luns co payador Wilson Salywonczyk, improvisación doutro lado do Atlántico. O ‘Son galego son cubano’ de Roi Casal. E Purple Rei, o mellor de Prince traido ó galego.
Venres 02/12/2022 02.12.2022 1:59:52
A figura de Fraga da para moito… Falamos con ButacaZero sobre a obra de teatro que andan argallando, #Iribarne. E logo quedamos na casa, que hai moitos plans... os concertos da banda, comezan sair as rondallas e tamén volve a comida dos maiores.
Xoves 01/12/2022 01.12.2022 2:00:14
Visitar Toralla ou Carabela da Pinta cunhas gafas de realidade virtual xa é posible gracias á Xoia. Tamén falamos sobre os recetarios de Pereira, que ven de sacar un sobre a cociña de Emilia Pardo Bazán. Ademais, damos unha volta polo percorrido do trail do Eifonso e coñecemos o novo parque de aventuras que vai abrir no monte de Beade, Marikiná Park.
Mércores 30/11/2022 30.11.2022 2:00:27
Deportes… un ben completiño, falamos de triatlón coa xente do clube Mar de Vigo. Ademais coñeremos un pouco máis da historia de Teatro Escoitade, desta vez daremos unha volta con Remixio pola escenografía destes 50 anos. E non nos esquecemos de que é San Andrés e hai festa no torreiro! E rematamos indo ata o dolmen de Dombate, en Cabana de Bergantiños.
Martes 29/11/2022 29.11.2022 2:00:23
Falamos con Mari Carmen Duarte, que publicou unha reportaxe sobre Vigo na revista de viaxes de National Geographic. Ademáis conversa, con calma, co investigador Carlos Spuch.
Luns 28/11/2022 28.11.2022 1:59:26
Arrincamos semana con conversas interesantes. Imos coñecer a Pablo Puga, o novo director da Xove Orquestra Sinfónica de Pontevedra. Falamos coa xente de Polo correo do vento sobre o libro de María Casares e imos ata Zamáns a Radiación Paintball.
Venres 25/11/2022 25.11.2022 1:59:02
Xa de volta no estudio falamos coa xente de Soltec sobre enerxías renovables e eficiencia enerxética e como e o Día internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres coñecemos que están a facer no IES Valadares, no seu clube de Diversidade. Ademáis axenda, que hai moitos actos para conmemorar esta data.
Xoves 24/11/2022 24.11.2022 1:59:22
P-A-Q-U-E-T-A… con estas letras había que buscar un novo nome… e naceu o Bar Ataque. Fumos almorzar e coñecer un pouco máis da súa historia e da xente que por alí para. Luis do Freixo retratounos nun libro 'El Ataque. Social Club', o sanatorio das Carneiras.
Mércores 23/11/2022 23.11.2022 1:59:38
Toca deportes… e parece que están a xogar un Mundial de Fútbol… así que tertulia, que non hai galegos pero o estamos a seguir. Ademáis, damos unha volta polos corredores do CVC de Valladares, que hai unha nova exposición coas obras de Basilio Calzado. E ás portas do Nadal, coñecemos o traballo no viveiro López Novoa.
Martes 22/11/2022 22.11.2022 2:01:37
Co tempo que fai o plan para hoxe non pode ser mellor que un bo café mestres escoitamos música. Así que aí van: conversa con Sés, que presenta disco, ‘Diante un eco’, e visita ás instalacións de Roots Café.
Luns 21/11/2022 21.11.2022 2:00:32
Conversas de luns… imos ata Tomiño onde está o taller de artesanía de Vikensen para coñecer o seu traballo. Ademáis damos unha volta pola historia das ‘Pioneiras’ galegas e falamos da ‘Gran Recollida’ do Banco de Alimentos.
Venres 18/11/2022 18.11.2022 2:02:22
Chega Santa Cecilia e os músicos andan de celebración. A banda de Valladares, inda mais, que este ano cumpre os 120 anos de vida. Ademais, última tanda dos nenos do cole monte Alba, ‘os koalas’. E, como é venres, ideas para usar ben o tempo da finde.
Xoves 17/11/2022 17.11.2022 1:59:48
Outra gala mais. Desta volta para recoller fondos e axudar a astrónomos de Afganistán. A conversa desta mañá é coa Fundacion Ceo Ciencia e Cultura. Sodes fans dos calcetíns discretos? Falamos coa xente de SomosOcéano que presenta nova colección inspirada no universo de Pedro Almodóvar. E rematamos o Esperta escoitando ós 'elefantes’, outra das clases do cole Monte Alba que viu de excursión ata a r...
Mércores 16/11/2022 15.11.2022 1:29:58
Versión reducida do Esperta, que hai gala de Ponte nas Ondas. Coñeceremos a historia dunha pioneira, Sofía Casanova, a primeira corresponsal de guerra no estranxeiro. Daremos unha volta por Pontevedra para atopar nos escaparates das tendas de tecidos traxes tradicionais da Asociación Sete Espadelas. E escoitamos aos nenos da Escola Infantil Monte Alba, que viñeron de visita o venres.
Martes 15/11/2022 15.11.2022 1:59:29
Quen dixo pedras!?! Se non queres unha taza, tres. Falamos sobre os Templarios na comarca de Vigo, que deixaron pegadas. Outros mamotretos incrustados nas pedras, os órganos das igrexas. A Orquesta Clásica de Vigo ten un ciclo de concertos co da Colexiata de Vigo. E para rematar, a Catedral de Mondoñedo para coñecer... os zapatos dos obispos!!
Luns 14/11/2022 13.11.2022 2:00:49
Arrincamos a semana con conversas das que prestan. Falamos co arquitecto César Portela, autor do proxecto de rehabilitación do Teatro Principal de Tui, e tertulia cun grupo de mulleres de Valladares que a finais dos anos 70, sendo unhas nenas, comezaron a traballar no mundo da conserva.
Venres 11/11/2022 11.11.2022 2:00:22
Día das mulleres escritoras… para celebralo imos falar con Isabel Blanco-Rivas, a nosa pequena homenaxe agora que ven de publicar “Galegas nas artes”. Ademais, conversamos con Carlos Leiro, sobre a campaña “Cada neno un xoguete”. E proposta, ir mirar El Médico "El Musical". Falamos coa actriz protagonista, Cristina Picos.
Xoves 10/11/2022 10.11.2022 1:59:20
Un xoves como outro calqueira. E nós traemos tres historias para animar a mañá. A do batiscafo deseñado por Héctor Salvador, que podedes mirar na Semana do Cine Submarino. Vancubic, transformando furgonetas en ‘minivivendas de fin de semana’. E para rematar, asamblea do cvcv e plan para o finde, que hai magosto!
Mércores 09/11/2022 09.11.2022 2:01:42
Mércores de deportes, e de animais. Falamos de doma clásica coa xente de Llamas de Cea e coñecemos o traballo do veterinario David Quiñones. Ademais, conversamos con Jesús Pozo sobre o curso que se vai impartir na UNED co suicidio como eixo central.
Martes 08/11/2022 08.11.2022 1:59:22
O queixo curado de cabra de A MeixoEira S. Coop. Galega está tan bo que volveu gañar premio no campionato do mundo. Ademáis, olleamos o ‘Atlas da Galicia Pequeniña’ co seu editor, César Lorenzo, de AiraEditorial. E como nos da tempo, damos unha voltiña polo noso patrimonio. Toca Allariz.
Luns 07/11/2022 07.11.2022 1:59:45
Chegar a lugares inesperados e descubrir música por sorpresa, moola. Comenzamos o luns con Carla Lourdes, que estivo nun Sofarsounds por Vigo, e con Guido Guía, que nos leva polos rincóns menos coñecidos das cidades galegas.
Venres 04/11/2022 04.11.2022 2:01:02
Algúns plans culturais, que chega a finde! Estes son para sábado. Na casa chega ata o auditorio a comedia de Atrezzo Teatro, 'Que familia!'. Non moito mais lonxe, no Baile Vello, castañas e viño que chega o San Martiño. Serán e chouripán. E por se queredes quedar na cidade, plan solidario con Bicos de Papel.
Xoves 03/11/2022 03.11.2022 1:59:44
Marchamos coñecer a Rede Aldear, arte no rural entre Lugo e Ourense. Ademáis, comida internacional cun toque de tempada. Probaremos os raviolis con grelos de Murolo Foods! E quen non coñece Os Bolechas? Conversamos co seu autor, Pepe Carreiro.
Mércores 02/11/2022 02.11.2022 1:59:21
Voltamos, cunha super nadora. Tita Lloréns foi de Cíes a San Simón e, como era pouco, volveu a praia de Rodas… nadando! Ademáis, para os amantes do músico Prince, agora 'prince á galega' con Purple Rei. E algo mais, que hoxe é Día de Mortos e visitamos o altar que teñen no centro veciñal de Saians a Asociación de Mexicanos en Galicia.
Luns 31/10/2022 30.10.2022 1:53:18
Algúns medos foron cambiando no tempo (home do saco, santa compaña...) e outros, mais universais, perviven no tempo (ós fenómenos da natureza, a certos animais...). Coa excusa do Samaín, os coles fan un traballo en coñecer os medos e procurar recursos para afrontalos. Neste especial #lunsoutubro recupereramos unha vella conexión coa escola infantil Monte Alba e con xente que viviu a súa infancia n...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.