Cristais de Meraki

Cristais de Meraki

Society GL ↓ 35 episodes

Somos Marta e Ana e temos un podcast para falar con mulleres novas que fan cousas e das cousas que nós facemos. Entre risas e choros intentamos aprender algo máis sobre saúde mental e o mundo caótico no que nos tocou vivir. A todo isto, como estades?

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: podcasters.spotify.com

Author

Cristais de Meraki

Category

Society

Podcast website

podcasters.spotify.com

Latest episode

May 4, 2025

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

O Cristal de Eva: A raíz que nos impulsa 04.05.2025

Este ano as cantareiras soarán con forza no día das letras galegas. Unha forma de homenaxear no días das nosas letras a memoria popular e a cultura oral. Para celebralo, no programa de hoxe acompáñanos Eva, creadora de Rebelico Revista e pandeireteira en Ferriñas Bravas. Raíz e divulgación feita persoa. A reconexión da xente nova coa cultura popular, a presión de recoñecer o propio éxito, a import...

O meraki da ansiedade dixital 06.04.2025

O penso, logo existo quedou un pouco obsoleto porque… Existo de verdade se non o ensino nas redes? No capítulo de hoxe mordemos a man que nos dá de comer (máis ou menos) para falar da ansiedade de ter que estar sempre dispoñibles, das vidas perfectas que non o son, do postureo que cansa, do medo a quedar fóra de todo e de como ás veces só sabemos das amigas por un storie. Peroooooo tampouco nos po...

O cristal de Alba Verea: Lingua sen fronteiras 16.03.2025

안녕 (Annyeong) (ou sexa, oliiiiii!!!!!) No capítulo de hoxe cruzamos fronteiras para falar con Alba Verea sobre a cultura coreana, marchar da casa, a tradución literaria, os libros da infancia e moitas outras cousas. Pero tampouco imos facer spoiler, que paga a pena escoitalo ;) Como é traducir un Premio Nobel? Cal é a mellor forma de aprender unha lingua? Que semellanzas existen entre a cultura...

O meraki das comparacións 23.02.2025

Oliiii!!!! Último domingo de febreiro e toca (redobre de tambores) DOMINGO MERAKI!!! Para o capítulo de hoxe non hai mellor forma de comezar que coas sabias palabras de Olivia Rodrigo, porque está claro que “co-comparison, is killing me slowly”. É o mesmo a competitividade que a envexa? Comparámonos coas nosas amigas? Como nos afectan as redes? Pódese sentir orgullo e ciumes á vez? Como se relacio...

O Cristal de Paula: Facer de todo e facelo ben 02.02.2025

Oliwis!!! Primeiro domingo de febreiro, primeiro cristal da tempada. Volvemos unha semana máis e, hoxe, moi ben acompañadas por Paula Jorge (@paublackmakeuplover no TikTok): mestra, opositora, creadora de contido, camareira... Todas as Barbies nunha e, sobre todo, Barbie de Burela. Entre vídeos de maquillaxe e lingüística, Paula é a túa amiga favorita das redes: un batiburrillo de todo o que lle g...

O meraki de vivir para traballar ou traballar para vivir 12.01.2025

Ola!!!! Unha vez máis, volveeeemoooos!!! (Máis repetitivas que unha tapa de callos). Retomamos as nosas charletas no espazo dixital porque, claramente, non sabemos vivir sen traballar e, xa de paso, autoexplotarnos. Precisamente, con isto arrancamos o primeiro capítulo da tempada. As vosas minitas podcasters favoritas xa son OFICIALMENTE xornalistas, e o mundo laboral é unha movida. Precarias, enf...

O Cristal de Ruliña 15.06.2024

Non estabamos mortas nin de parranda, só que a vida nos pasou un pouco por enriba. Hoxe traemos un novo capítulo especial como promesa de que volveremos, malia que aínda non sabemos moi ben as condicións. Para celebrar o regreso haberá que sacar as nosas mellores galas e diso algo deben de saber desde Ruliña Fashion Show, un novo proxecto impulsado por xente tan nova que nos fai sentir vellas a nó...

O cristal de Carmen: Voces políticas 15.04.2024

Desde o histrionismo até a calma, os memes sobre a presidenta cuqui, os discursos sobre xestión ou os spots electorais que te removen por dentro. Todo é política e en todo hai comunicación. Para afondar sobre todo isto, e o papel que xoga a muller no medio deste caos, Carmen del Río achégase a falar con nós para demostrar que á mocidade tamén lle interesa. Cofundadora da axencia de comunicación po...

O meraki das despedidas 18.03.2024

Para comezar diremos que é o final, o primeiro capítulo da moi probablemente última tempada. Non nos gusta despedirnos, e por iso nos adiantamos aos acontecementos para falar sobre o adeus, o peche de etapas, a fin das relacións ou a morte. Mentres, aprendemos a procesar todas as cousas que pasan polo medio, a despedirnos de nós mesmas e a buscar novos horizontes aos que saudar

O Cristal de Bea: Sobre investigar e ACOUSA (christmas edition) 25.12.2023

No último capítulo do ano Bea Caneda, unhas das creadoras da revista dixital ACOUSA, acompáñanos nun capítulo especial (e extra longo) para falar sobre o mundo da investigación, o emprendemento, a importancia dos proxectos persoais, o camiño docente e outras moitas cousas todas arrodeadas do ambiente máis navideño, onde as anécdotas son o prato principal e nós vimos a servir.

O Cristal de Caamaño e Ameixeiras: Música para recordar 04.12.2023

Soan os primeiros acordes e iso significa que comeza a despedida desta tempada. Curtiña, pero intensa. Para celebralo, Antía Ameixeiras e Sabela Caamaño achéganse até a Facom para falar con nós sobre erotismo, ritos, tradición e música popular. Coa súa voz, violín e acordeón, manteñen viva a historia e recuperan a identidade. No capítulo de hoxe, compartimos entre nós e para vós un anaco de todo e...

O meraki da amizade 20.11.2023

Desde a dependencia emocional das amizades até a dureza das despedidas. Ninguén nos ensina a ser bos amigos, marcar os nosos límites ou que, ás veces, esa familia escollida tamén nos pode facer dano. No capítulo de hoxe tiramos de vulnerabilidade para falar sobre como facelo mellor e querernos primeiro. De que vai a teoría da amizade? Como se superan as envexas? Que pasa cando te sentes soa no teu...

O Cristal de Lucía: Sobre as pantasmas do cine 06.11.2023

Neste novo Cristal Lucía Estévez fainos un oquiño na súa apertada axenda como cineasta de éxito para vir falar sobre os egos no audiovisual, a posibilidade de conxugar a intensidade coa risa, os bloqueos creativos e a importancia de rodearse dun bo equipo de traballo. Directora de videoclips, curtas e webseries agora atópase no proceso de creación da súa primeira longametraxe. Gañadora dun Mestre...

O Cristal de Sara: O Tik Tok galego 23.10.2023

Nesta nova tempada as Cristais de Meraki intentamos abirnos paso no devastador mundo do tiktoks, mais como estamos seguras de que hai moita xente da que aínda temos moito que aprender, acudimos aos reforzos e achegamos até o estudo da Facom a Sara Seco. Graduada en políticas, xestora de proxectos na mesa pola normalización lingüística, creadora de contido e a túa tiktoker favorita d confianza; non...

O meraki das impostoras 09.10.2023

Volvemos coa terceira tempada de Cristais de Meraki e a síndrome da impostora ataca de novo. Despois de dous meses xogando a ser xornalistas vertemos neste Meraki todos os nosos medos e inseguridades. Semella que se hai un factor común entre todas as mulleres novas que facemos cousas é non sentirnos suficientes. A autoesixencia como forma de vida porque, no fondo, non nos sentimos esas tías chulas...

O Meraki de Peche 25.06.2023

E colorín colorado... esta tempada está rematando. Resulta que esta semana foi o último día lectivo nas escolas e institutos de Galicia. E, tendo en conta que hoxe estamos ante o último capítulo do podcast antes das vacacións de verán, había que facer algo especial; como esas festas de fin de curso que lembras de maior ou as caixas de bombóns que traen xs profesorxs ao acabar o ano. Por todo isto,...

O Cristal de Esther: Detrás do Dígocho eu! 04.06.2023

Benvidos, benvidas e benvides ao último cristal da tempada. Coma sempre, mestúranse unha serie de emocións importantes porque a ninguén lle gusta despedirse. Pero claro, tendo en conta quen nos acompaña, todos os males se pasan. Efectivamente, hoxe vén ata a facom para rememorar os seus anos universitarios e os inicios da súa carreira laboral Esther Estévez, xornalista e unha das caras máis visibl...

O Meraki do Amor Propio 14.05.2023

Ás veces falamos de cousas das que semella que non temos moita idea, pero parte do amor propio é aprender tamén a aceptar os nosos faios e aprender a querernos con eles. Por iso, intentando afondar nos picos e nos baixos que implica o proceso de descubrir como querernos a nós mesmas, pasamos este novo Meraki falando das cousas que nos custa aceptar neste proceso, de todas as que aínda nos quedan p...

O Cristal de Ángela: Festa no turreiro 30.04.2023

Dixeron unha vez unhas sabias que todas as festas rematan con música. A esta festa aínda lle queda, pero xa comeza a cheirarse o final. Por iso, hoxe acompáñanos Ángela Carou, que de festas (foliadas) e tradición algo sabe. Así, a cantante e pandeireteira do grupo Aila.gz entra con nós ao turreiro para falar sobre a cultura galega, o ambiente en Compostela, a música tradicional, o traxe e a divers...

O Meraki dos Soños 16.04.2023

Un domingo máis volvemos cun novo Meraki para falar sobre os soños, os de durmir e os outros. Dende que somos cativas aprendemos a soprar os dentes de león, tocarnos o nariz cando dan as 11.11, recoller trebos de boa sorte e apagar candeas pensando naquilo que máis queremos. Hoxe vimos a compartir con vós todo o que ronda pola nosa cabeza cada vez que vemos unha estrela fugaz. Sempre coa esperanza...

O Cristal de Lau: Sobre furbo e ser muller 02.04.2023

Oli! Comeza a Semana Santa e agardamos que estas vacacións vos permitan poñervos ao día con todos os capítulos das vosas podcasters favoritas (aka, nós). Por iso, hoxe traémosvos contidos fresco, saíndo un domingo máis á palestra para falar con Laura Rodríguez, a nosa xornalista-deportista favorita. Un pouco fartas de que ao falar de fútbol e mulleres só pensemos nas "mulleres de...", ho...

O Meraki do Amor 19.03.2023

Que é o amor? Semella que pasamos unha vida enteira falando dalgo que nin sequera sabemos definir. Hoxe nós facemos un pouco o mesmo. Porque ao final, afondando nas veces que nos romperon o corazón, nos tipos de relacións, no desamor, nos mitos do amor romántico, nas aplicacións para ligar ou nas relacións tóxicas podemos tentar aproximarnos a esa descrición perfecta. Total, que hoxe abrimos Merak...

O Cristal de Laura: Sobre a divulgación e menstruar 05.03.2023

Ola, ola! Benvidos, benvidas e benvides un domingo máis. Hoxe, malia que arrancamos un pouco nerviosas, vimos a falar dos tabús, de especializarte no xornalismo, da menstruación, da pílula e, en xeral, de ser muller.  Laura Veiga, máis coñecida como Pingando.gal, ábrenos a fiestra a un novo xeito de facer xornalismo, sempre co foco na educación. Ao final a sogra de Marta non ten nada do que preocu...

O Meraki da adolescencia 19.02.2023

Este domingo facemos unha viaxe no tempo para volver á nosa adolescencia. Unha época complexa, intensa, difícil, apaixonante, de aprendizaxe, de crecemento, de soidade, de ser malas persoas, de ser boas persoas... de existir. Compartimos unha das nosas charlas filosóficas para recoñecernos mutuamente e ser máis honestas, con nós e cos demais. O Meraki da adolescencia dá o punto de saída a unha nov...

O Cristal de Belén: Sobre ser unha pringada 05.02.2023

Estas pringadas abren nova tempada moi emocionadas e sendo tan pringadas que volven aos seus inicios con interferencias de por medio. Malia todo, nada nos impide comezar por todo o alto coa única e inigualable (redobre de tambores) Belén Puime!  Hai un ano Uxía Vázquez (falar sen saber, querémosvos) recomendábanos a esta talentosa muller nova que fai cousas e nós somos rapazas de palabra. Por...

Listen to the Cristais de Meraki podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.