COMER E FALAR
COMER E FALAR TODO É COMEZAR-SI RADIO GALICIA
Programa sobre Gastronomía galega emitido durante 8 anos na Radio Galega, que se manterá vivo como mínimo nas redes. Despois dun ano, voltamos a estar no aire, agora en SI RADIO GALICIA. Un percorrido por todo o que ten que ver co mundo da gastronomía, do viño, productores, chefs, sen perder nunca de vista algo que nos fai o que somos, a tradición. Pero por riba de todo, as persoas que estan detras deses proxectos, que son os que fan posible as historias que contamos.
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
COMER E FALAR SI RADIO 07_02_21 09.02.2021 52:00
Juan Bouchet é o cociñeiro e propietario do Petiscos Gastrobar de Bertamiráns. Para nos un verdadeiro exemplo de como neste negocio non quixeron rendirse nin un só momento nestes tempos que nos tocou vivir. Completa o programa unha nova historia de Suso Martinez
COMER E FALAR SI RADIO 31_01_21 09.02.2021 52:00
Entrevista con Eloy Gesto da Escuela Inventa. Charlamos sobre o seu proxecto e cuestións tan interesantes como a de falar ben en público. Falamos tamén do sector dos Food Trucks e a recoversión como no caso de Hugo Castro e Comecamiños que ten novo local en Ourense.
COMER E FALAR SI RADIO 24_01_21 09.02.2021 52:00
Charlamos con Maica Couto, mestra de FP Hosteleria e xerente da Nave 5 da Praza de abastos de Compostela, pola situación na que queda o profesorado técnico coa nova Lei Celaá. Completamos o noso programa cunha nova persoaxe e a sua historia da man de Suso Martínez.
COMER E FALAR SI RADIO 17_01_21 09.02.2021 52:00
Escoitamos a interesante charla do escritor Francisco Narla sobre o mel o o seu libro "Fierro" nun evento organizado por Slow Food Compostela con Agacal e Mel de Galicia. Charlamos con Gerson Iglesias sobre a sua incorporación ó Oca Allariz. E Rematamos cunha nova historia de Suso Martinez.
COMER E FALAR SI RADIO 10_01_21 09.02.2021 52:00
Interesante entrevista con Leti Lagarda con quen falamos sobre viaxar en tempos de Covid. Esta viaxeira incansable conecta con nos dende Turquia, pero previo paso por Polonia e Grecia. Tamén completamos o menu deste programa cunha nova aventura de Suso Martinez na sección "Comemos Historia"
COMER E FALAR SI RADIO 03_01_21 09.02.2021 52:00
Charlamos con Jose Luis Oliveira e Mariano González, que xuntos puxeron en marcha un bonito proxecto de receitas cheas de sentido do humor, chamado "A Cuatro manos". Tamén neste programa toca tempo de historia da man do gran Suso Martinez na sección "Comemos Historia"
Comer e falar si radio 27_12_20 03.01.2021 52:00
No último programa de 2020 charlamos con Kike Piñeiro de A Horta do Obradoiro. Tamén tempo de charla con Miguel González Quintela do Restaurante Miguel González que acaba de recibir a sua primeira estrela Michelin. E na sección Galicia Calidade falamos con Ana Maria Vidal de Casa de Cacheiro
COMER E FALAR SI RADIO 20_12_20 03.01.2021 52:00
Neste programa na sección Galicia Calidade falamos con Iñaki Betal do Restaurante O Eirado, un dos que acaba de recibir unha estrela MIchelín. Ademáis volve a sección A Marola con Xoanqui Ameixeiras e comemos un pouco de historia da man do noso colaborador Suso Martinez
COMER E FALAR SI RADIO 13_12_20 15.12.2020 52:00
Abrimos o programa falando con Dani Lorenzo de HOEMPO, os hosteleiros de Pontevedra camiñan ata Madrid para reivindicar un rescate para a Hostelería. Na sección Galicia Calidade falamos con Ines Suarez, responsable de marketing de Torre de Nuñez polo lanzamento do seu cocido preparado. Sección de micoloxia con Conchi Zúñiga e Historia con Suso Martinez para completar o menu
COMER E FALAR SI RADIO 06_12_20 15.12.2020 52:00
Na nosa sección Galicia Calidade aproveitamos para charlar co chef Juan Crujeiras do Restaurante Bido. Viaxamos o Caurel máis gastronomico da man de Guillermo Diaz. E un día máis "Comemos historia" con Suso Martinez que nos achega unha nova e interesante lenda.
Comer e falar si radio 29_11_20 01.12.2020 54:34
Charlamos con Pablo Pizarro, presidente de Coruña Cociña, que incia novo proxecto con Leviandier. Tamén na nosa sección de Galicia Calidade, coñecemos mellor o establecemento "O Xardín de Xulia" da man de Maria Moas. E Na nosa sección de micoloxía, Conchi Zúñiga levanos o Caurel e tamén nos da importantes consellos sobre intexicacións.
COMER E FALAR SI RADIO 22_11_20 01.12.2020 52:00
Nesta ocasión seguimos viaxando polo Caurel, neste caso con Dani Arza de Caurelor. Tamén viaxamos á Ribeira Sacra para falar con Antonio de Bodegas Petrón, polos acios de ouro recibidos polos seus viños Promine e Singular. Na sección Galicia Calidade coñecemos o proxecto Galifresh, e por último a nosa sección de historia con Suso Martinez.
COMER E FALAR SI RADIO 15_11_20 17.11.2020 52:00
Nesta ocasión continuamos a nosa viaxe por terras do Caurel. Primeiro cunha interesante charla con Manuel Yera da Taberna da Píntega en Froxán, e despois con Lucia Seoane, que cumple un ano do seu proxecto persoal Artesanía do Caurel. E na nosa sección Galicia Calidade, charlamos con Adelo Freire da Cofradia de Noia e sobre a marca Berberecho de Noia.
COMER E FALAR SI RADIO 08_11_20 17.11.2020 52:00
Neste programa charlamos con Lola Castro, Alcaldesa de Folgoso do Caurel. Este ano non poidemos ter Festa da Castaña, pero falamos desta maravillosa terra. Tamén charlamos na nosa sección de Galicia Calidade con Javier Outomuro do Restaurante A Taberna de Ourense. E comemos historia con Suso Martinez
COMER E FALAR SI RADIO 01_11_20 06.11.2020 52:00
Na nosa sección de Galicia Calidade falamos con Antonio Méndez de Adega Señorío de Rubión e Nande Hotel. Charlamos un bó rato con Pepe Solla e analizamos a situación actual da hostelería. E coñecemos unha de esas empresas afectadas precisamente pola situación da hosteleria, como e o proxecto Infolitic de Adrian e Rocio.
COMER E FALAR SI RADIO 25_10_20 27.10.2020 51:59
Estreamos sección Galicia Calidade con Jose Manuel de Pementos Carmucha para coñecer todos os productos que elaboran. Tamén inauguramos a nosa sección adicada ó mundo do café con Diego Campos. E unha vez máis comemos historia co gran Suso Mártinez falando do Timming do Lacón con Grelos de Picadillo
Comer e falar si radio 18_10_20 27.10.2020 52:00
Entrevistamos a dous valientes, Xosé Magalhaes e Lydia del Olmo, que puxeron en marcha o prexecto Ceibe en Ourense. aproveitamos para coñecer un pouco máis da sua historia. Voltan tamén Emilio Vila e Adriana Lomba de Cocina&Go para contarnos que se coce en Vigo. e tamén a nosa sección de micoloxía con Conchi Zúñiga de Cociñando Setas
COMER E FALAR SI RADIO 11_10_20 17.10.2020 52:00
Nesta ocasión falamos con Román Sarceda, sobe o novo proxecto posto en marcha en Santiago de Compostela, Cocina Suculenta. Tamén na nosa sección "Que se coce en..." imos ata Ourense co noso querido José Luís Oliveira. E pechamos coa sección "Comemos historia" co gran Suso Martinez falando das filloas de Picadillo.
COMER E FALAR SI RADIO 04_10_20 09.10.2020 52:00
Voltamos nunha nova tempada. Coa sección de Xoanqui Ameixeras " A Marola", Charlamos con Bruno pena do Oca Playa de Foz e membro da Asociación de Cociñeiros de Lugo, e inauguramos a sección "Comemos historia" con Suso Martinez coñecendo melor a figura do gran Picadillo.
COMER E FALAR SI RADIO 15_03_20 CONFINAMENTO 1 16.03.2020 52:00
Neste primer fin de semana de confinamento e pola situación que vivimos polo Coronavirus, falamos con Cesáreo Pardal presidente do Cluster de turismo, con Guille de Moscoso Moure e Pan da moa, e con Eva Abal de Una idea, Un Viaje, para coñecer distintas perspectivas desta crise na que nos atopamos.
COMER E FALAR SI RADIO 08_03_20 11.03.2020 51:59
Neste programa contamos unha nova iniciativa do Hotel Oca Playa de Foz, que pon en marcha o seu espazo gastronómico "Llas". Falamos con Ana Lago, a sua directora e co xefe de cociña Bruno Pena. Aproveitando o noso paso pola Mariña Lucense, coñecemos a nova incorporación da Asociación de cociñeiros da Mariña. Silvia que dende a Pastelería Cabaleiros de Vilanova de Lorenzá manten vivo o traballo art...
COMER E FALAR SI RADIO 09_02_20 11.02.2020 53:56
Coñeces o Entroido de Vilariño de Conso? Pois neste programa facemos un especial adicado a el. Falamos cos distintos protagonistas que nos dan a coñecer mellor este entroido tan especial e tradicional. Falamos ademáis da Festa do cabrito que se celebra tamén durante o Entroido.
COMER E FALAR SI RADIO 12_01_20 14.01.2020 52:00
Aqui tedes o programa especial adicado a Festa do Botelo de O Barco de Valdeorras. Falamos coa Concelleira Margarida Pizcueta, con Soledad Figueroa de Valdeorras es Vino sobre Bodegas Roandi e Godeval, con Otilia encargada de preparar os 400 botelos que se farán na festa e tamén con Paqui de Embutidos García Marcos.
COMER E FALAR SI RADIO 22_12_19 26.12.2019 52:00
Charlamos con Pepe Solla, sobre o seu novo local en Santiago de Compostela "La Radio de Pepe Solla". Coñecemos un pouco máis sobre o Pimentón de la Vera a traves da presidenta da D.O.P. que estaban a pasada semana por Galicia. E coñecemos un interesante que se esta a realizar en Trives. Con Geli falamos de Shiitake Trives.
COMER E FALAR SI RADIO 08_12_19 10.12.2019 52:00
Nesta ocasión viaxamos ata Foz para coñecer mellor a proposta do Oca Hotel Praia de Foz a traves da sua directora Ana Lago. Tamén a sua proposta gastronómica a traves do seu novo xefe de cociña, o chef e amigo Bruno Pena Arnau. E seguindo polo norte de Galicia facemos unha para en Cariño para charlar con Cristian Santiago sobre o seu proxecto do Restaurante Marea.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.