COMER E FALAR

COMER E FALAR TODO É COMEZAR-SI RADIO GALICIA

Arts GL ↓ 270 episodes

Programa sobre Gastronomía galega emitido durante 8 anos na Radio Galega, que se manterá vivo como mínimo nas redes. Despois dun ano, voltamos a estar no aire, agora en SI RADIO GALICIA. Un percorrido por todo o que ten que ver co mundo da gastronomía, do viño, productores, chefs, sen perder nunca de vista algo que nos fai o que somos, a tradición. Pero por riba de todo, as persoas que estan detras deses proxectos, que son os que fan posible as historias que contamos.

Author

COMER E FALAR

Category

Arts

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jun 25, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

COMER E FALAR SI RADIO 29_08_21 31.08.2021

Voltan as Ceas Clandestinas ó Oca Playa de Foz e falamos sobre elas con Bruno Pena. Descubrimos un novo espazo gastronómico en Ribadumia da man do gran Teo Iannotta que pon en marcha O Muiño de Rudiño. E pechamos comendo historia con Suso Martinez e as suas historias

COMER E FALAR SI RADIO 22_08_21 31.08.2021

Nesta ocasión charlamos con Pablo de Bodega EDV, sobre o San Cosme, a vendima nocturna ou sobre a posibilidade de que o Caurel cultivase viño. Tamén Falamos con Dani Guzmán presidente do Grupo Nove e pechamos falando de historia co gran Suso Martinez sobre Urbano Lugrís.

COMER E FALAR ESPECIAL ARTESANIA DE GALICIA NO COUREL II 03.08.2021

Esta vez, Xa dende o Courel, programa especial coa Fundación Artesania de Galicia. Charlamos coa sua xerente Elena Fabeiro e co Director Xeral de Comercio, Manuel Heredia. Aproveitamos para coñecer mellor a algúns artesáns como a ceramista Susana coa que falamos sobre o torno. Tamén coa ilustradora Iria Prol e sobre distintas disciplinas cos amigos de Peixesapop Maria José e Jose. Pechamos charlan...

COMER E FALAR ESPECIAL ARTESANIA DE GALICIA NO COUREL 26.07.2021

Neste programa falamos sobre a fantástica iniciativa de "Artesanía de Galicia no Courel" organizado polo Concello de Folgoso do Courel e a Fundación Artesania de Galicia, e coa Fundación Uxio Novoneira. Charlamos coa alcaldesa de Folgoso Lola Castro, tamén coa artesá do Caurel Lucia Seoane, damos informacion de onde comer e onde dormir para todos aqueles e aquelas que vaian a inscribirso ós obrado...

COMER E FALAR SI RADIO 04_07_21 16.07.2021

Neste programa especial viaxamos ata as terras de Ponte de Lima do noso querido Portugal. Asistimos a presentación do proxecto das Aldeias da mesa dos 4 Abades. Charlamos co presidente da camara municipal de Ponte de Lima, co presidente da Entidade de Turismo de Porto e Norte, o tecnico municipal de turismo Nuno Brandao e coñecemos o Restaurante o Confrade.

COMER E FALAR SI RADIO 27_06_21 29.06.2021

Na sección Galicia Calidade charlamos con María Caldelas de La Central Heladera. Tempo tamén para falar de micoloxia coa nosa colaboradora Conchi Zúñiga. E rematamos coa nosa sección Comemos Historia co compañeiro Suso Martinez que nos leva ata o Camiño Inglés

COMER E FALAR SI RADIO 20_06_21 22.06.2021

Nesta ocasión charlamos con Dani Gúzman do Restaurante Nova e novo presidente do Grupo Nove. Viaxamos ata Vigo para coñecer o proxecto Choubisnesfood de Diego Novas. E na sección Galicia Calidade charlamos con Salomé Beiroa, catadora de queixos que vai realizar tres accións cos queixos que poseen este selo.

COMER E FALAR SI RADIO 13_06_21 15.06.2021

Na sección Galicia Calidade falamos co Estrela Michelín Yayo Dapota. Charlamos con Manolo Prieto, o mitico Xeadeiro e Castañeiro da Porta Faxeira en Compostela. E Con Suso Martinez viaxamos ata o Mosteiro de Sobrado dos Monxes na nosa sección Comemos Historia

COMER E FALAR SI RADIO 06_06_21 07.06.2021

Neste programa coñecemos o proxecto de cociña colaborativa no Concello de Brión "Daquí Darredor" con Manuel Rey de restaurante Kratos, un dos asociados. Na sección Galicia Calidade falamos con Maria Moas de O Xardín de Julia. E coñecemos o novo proxecto de Guillermo Diaz e Ivan Merayo Coureleando.

COMER E FALAR SI RADIO 30_05_21 01.06.2021

Neste programa, na sección Galicia Calidade falamos con Adrian Felipez do Restaurante Hunico e Miga. Tamén viaxamos ata Chantada para falar con Xesús Mazaira de Airas Moniz e da creación do grupo de productores Saborea Galicia. Pechamos un día máis cunha nova historia do noso querido Suso Martinez

COMER E FALAR SI RADIO 23_05_21 23.05.2021

Charlamos con Bruno Pena do Oca Playa de Foz que inician a sua actividade e as Ceas Clandestinas. Na sección Galicia Calidade falamos con Héctor López do Restaurante España. Temos unha lembranza para Pepe de Cimadevila, Gandeiro de Montederramo que nos deixaba estes dias. E Comemos Histori con Suso Mártinez.

COMER E FALAR SI RADIO 16_05_21 18.05.2021

Falamos con Miguel Liboreiro, chef e propietario de O Tobo do Lobo en Melide. Na sección Galicia Calidade, falamos con Carlos Carrión, presidente da cooperativa de Bodegas Paco&Lola. Contamos con paula Fuentes e Malena Montiel o seu proxecto de curtametraxe no Caurel "A Muller Morta". E pechamos con historia co noso querido Suso Mártinez.

COMER E FALAR SI RADIO 09_05_21 11.05.2021

Falamos nesta ocación con Rochi Nóvoa pola celebración da 8ª edición do Tangaraño Cultural en Sobradelo. Na sección Galicia Calidade charlamos con Javier Míguez das Bodeguillas de Compostela. E pecha o menú un dia máis Suso Martinez cunha nova historia, neste caso sobre os vikingos.

COMER E FALAR SI RADIO 02_05_21 04.05.2021

Neste programa coñecemos de primeira man a Ana da Cernada e o seu proxecto. Na sección Galicia Calidade falamos co divulgador do mundo do viño Luis Paadín. E charlamos tamén con Guti Soliño de Pandemillo Taberna, sobre a recente creación de Hosfega, que aglutina a unha parte importante do sector da Hostelería.

Comer e falar si radio 25_04_21 26.04.2021

Entrevistamos a Pepe Solla, polo acto celebrado estes dias para poñerlle o nome do seu pai a unha rua no seu concello natal coicidindo co 60 aniversario de Casa Solla. Na sección Galicia Calidade falamos con Iñaki Bretal de Eirado da Leñ. E pechamos coa sección Comemos Historia con Suso Martinez

Comer e falar si radio 18_04_21 19.04.2021

Na sección Galicia calidade falamos con Maria Porto de Parada das bestas tras realizar a aula formativa no Carlos Oroza. Charlamos con Alex Falcón que puxo en marcha La Entreplanta del 13 en Vigo. E pechamos unha vez máis coas historias de Castelao que nos trae Suso Martinez

Comer e falar si radio 11_04_21 13.04.2021

Na sección Galicia Calidade charlamos con Lucia Freitas do Restaurante A Tafona e Lume de Santiago. Viaxamos ata Oia para falar con Rosana Canda, directora do Talaso Atlantico tra-la sua reapertura. E rematamos un día máis comendo historia co noso querido Suso Martínez.

Comer e falar si radio 04_04_21 13.04.2021

Na sección Galicia Calidade aproveitamos para charlar con Juan Luis Méndez de Via Romana pola apertura de portas da sua adega para as visitas. Recuperamos unha charla coa responsable da DO Pimentón de La Vera e pechamos cunha nova historia de Suso Martínez.

COMER E FALAR SI RADIO 28_03_21 13.04.2021

Neste programa viaxamos ata a costa da Morte para descubrir na nosa sección Galicia Calidade O Semaforo de Fisterra, un dos lugares máis privilexiados de Galicia. Con Sonia Seijas descubrimos o proxecto Deliveggie en Ourense. E na sección "Que se coce en...Pontevedra" falamos co noso compañeiro Alberto Ribas.

COMER E FALAR SI RADIO 21_03_21 13.04.2021

Neste programa viaxamos ata Trives para charlar coa nosa queria Angeles de Shiitake Trives. Na sección Galicia Calidade charlamos co responsable do Restaurante El coto. E pechamos o programa cunha nova historia de Suso Martinez na sección Comemos Historia.

COMER E FALAR SI RADIO 14_03_21 13.04.2021

Nesta ocasión mantemos unha interesante charla dentro da sección Galicia Calidade con Juan Crujeiras do Restaurante Bido e membro do Grupo Nove. Temos tempo para disfrutar da nosa sección de micoloxía con Conchi Zúñiga e comemos historia con Suso Martinez

COMER E FALAR SI RADIO 07_03_21 13.04.2021

Nesta ocasión coñecemos mellor un fantástico proxecto afincado en Silleda e chamado Mamasunción. Tamén dentro da sección de Galicia Calidade charlamos con Javier do Restaurante A Taberna de Ourense. E rematamos coa sección A Marola con Xoanqui Ameixeiras co que falamos da nova tempada de Estache Bó na TVG

COMER E FALAR SI RADIO 28_02_21 13.04.2021

Entrevistamos ó chef André Arzua e afondamos no seu proxecto do "Espazo Abella". Na sección Galicia Calidade charlamos con Alvaro Villasante do Restaurante Paprica. E un día máis Suso Martinez traenos unha nova persoaxe historica e con relacion coa gastronomía.

COMER E FALAR SI RADIO 21_02_21 23.02.2021

Dentro da sección Galicia Calidade falamos con Inma e Blanca de Cantina Rio Coves e a creación da marca A Montañesa. Tamén con Javier de Mesón A Cepa de O Burgo sobre o seu servizo para levar. E coñecemos a historia de Javier Suarez da Taberna D'Alfonso de Anxeriz.

Comer e falar si radio 14_02_21 23.02.2021

Recuperamos a nosa sección Galicia Calidade, na que charlamos con Javier Miguez das Bodeguillas de Compostela e tamén con Héctor López do restaurante España de LUgo. Tamén tempo de falar cos nosos colaboradores Emilio Vila e Adriana Lomba de Cocina&Go sobre o servicio de Take away na cidade de Vigo

Listen to the COMER E FALAR TODO É COMEZAR-SI RADIO GALICIA podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.