MJ Perez
Canto Conto - Podcast
Que é "Canto Conto"? Nesta pequena presentación cóntovos de que vai este podcast e o porqué da súa creación. Queremos compartir co público dun xeito cercano e entretido a realidade dos nosos camiños e do noso traballo. Converso con persoas que para min son de grande interese por diversos motivos e só agardo que atopetes nestas conversas entretimento, reflexión e puntos de encontro. Síguenos, podes esecoitarnos en iVoox e Spotify. Podes seguir tamén as RRSS de MJ Pérez para estar ao tanto da saída de cada novo capítulo.
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Á conversa con CRISTINA PATO | Canto Conto 03.08.2025 1:27:48
Esta é, sen dúbida, unha das conversas máis especiais do podcast ata a data. Se ben é certo que coñezo a Cristina dende cativa, como tantos de nós, de vela actuar na TV ou escoitala na radio, podo dicir que tiven a sorte de coñecela hai algo máis de 10 anos atrás, nunha etapa na que eu era todo ilusión, nunha etapa na que foi moi importante para min dar cun referente coma ela. E si, falo dela coma...
24. Á conversa con LUCÍA PÉREZ | Canto Conto 19.06.2025 1:17:04
Este episodio é o "crossover definitivo", as "Pérez" xuntas á conversa! Hai tempo que me apetecía sentar un día con Lucía Pérez para coñecela mellor e saber máis do seu camiño e carreira, e que mellor ocasión de facelo que aquí, no Canto Conto e compartilo con vós! Neste episodio falamos de música, do importante que é facer camiño, de xeitos diferentes, de atopar cada quen o seu camiño para avanza...
23. Á conversa con JOSHUA KENNETH | Canto Conto 10.05.2025 1:03:34
Coñecino na Facultade, non pasaba desapercibido (na conversa descrubriredes por qué), mais se algo me une a Joshua son as peripecias. Na miña memoria gardo con moito cariño momentos e anécdotas algunhas surrealistas, outras emotivas, porque ter un "mago" na Facultade, non era cousa menor! O caso é que foi o Audiovisual o que nos uniu e a vida a que fixo que compartisemos momentos coma un videoclip...
22. Á conversa con LIDYA QUEIRUGA | Canto Conto 06.04.2025 1:40:42
Lidya Queiruga é unha gran fotógrafa que tiven a sorte de cruzar no camiño e que rematou por converterse nunha gran amiga. E é que, como podedes ver na conversa, alén de ser unha persoa coa que se pode falar de todo, filosofar un chisco e desafogar outro, é alguén que sempre ten cento e unha cousas que contar e da que sempre aprendo, nunca deixo de aprender cousas con ela. Ela fai mil cousas, anda...
21. Á Conversa con BAIA FERNÁNDEZ | Canto Conto 04.03.2025 1:43:02
Eu sabía que Baia era unha muller creativa, con sentido do humor e moi interesante, mais nunca tiven oportunidade de coñecela coa calma dunha conversa. Seguramente vos pase coma a min, tropecei con ela en internet, a través dos seus vídeos, do seu xeito de falar e de expresarse, onde o humor se une á crítica por veces, cunha boa dose de retranca e con reflexións interesantes que quedan no aire par...
20. Especial Natal coa FAMÍLIA (QUASE) PERFEITA | Canto Conto 05.01.2025 53:07
Este é un especial gravado na propia mesa do Natal, en Portugal onde, como cada ano, paso o Natal coa miña familia. Crin que era un bo momento para dar voz e protagonismo a esta "Família (quase) perfeita" e achegarvos un pouco o que é o Natal na miña zona, como o celebramos, as tradicións e costumes, así coma a comparativa entre xeracións como era antes e como evolucionou, etc. Hai tempo tamén par...
19. Á conversa con LUISA ABAD | Canto Conto 04.12.2024 1:11:23
Conversar con Luisa sempre é un pracer e unha aprendizaxe, tiña moi claro que algún día quería facelo cun micro diante para compartilo con vós. E é que Luisa e mais eu cruzámonos no camiño do xeito menos esperado, eu a media carreira universitaria, ela tras a xubilación, e foi a poesía a que nos uniu. En Luisa descubrín unha amiga, mais tamén unha persoa boa e cunha experiencia vital tremenda, con...
18. Á conversa con AIDA SACO | Canto Conto 31.10.2024 1:16:18
Hoxe conectamos directamente con Nova Iork, e é que seguirlle a pista a Aida non é para nada doado. Dende que saiu do seu Rianxo natal, pasou xa por Barcelona, París, Rotterdam... ata rematar en Manhattan co propósito de dedicar a súa vida e formación ao piano e á música. E é que Aida é, sen dúbida, un talento xigante da nosa Terra, que alén do seu crecemento profisional e persoal, nunca esquece d...
17. Á conversa con LAURA ROMERO | Canto Conto 29.09.2024 1:48:24
Hoxe a conversa é con Laura Romero, para quen non a coñeza, Ilustradora, creadora de proxectos como Músicas Galegas Ilustradas, Ferreñas e Rock and Roll, poñendo forma e cor a moitos libros e proxectos, ademáis de todo isto tamén é música. Ilustradora e baixista, pasando por diveros proxectos, entre eles o meu propio, e pertencendo á mítica banda Zënzar e tamén a Cuarta Xusta. Falamos de moitas co...
16. Á conversa con RICHI CASÁS| Canto Conto 01.09.2024 2:06:56
Neste episodio sento a conversar cunha das miñas persoas favoritas: Richi Casás. E por que é unha das miñas persoas favoritas? Ídelo descubrir na conversa. Músico, profesor, e moitas cousas máis... envolto en moitos proxectos, forma parte actualmente da Banda Xangai mais xa estivo noutros outros proxectos entre os que se atopa tamén Os Papaqueixos ou MJ Pérez (aquí servidora). Comigo non hai nada...
15. Á conversa con A PEDREIRA (UGIA) | Canto Conto 31.07.2024 1:09:40
Neste episodio teño a sorte de sentarme a conversar con Ugia, máis coñecida dun tempo para aquí como "A Pedreira", unha muller valente desas que ensinan os dentes, exemplo e referente dentro e fora do escenario e, sen dúbida, un espello no que mirarse e do que aprender. Para quen a coñeza, non hai moito máis que engadir. Que non... estades tardando. A traxectoria artísitica e vital de Ugia é digna...
14. Á conversa coa T3 | Canto Conto 30.06.2024 1:34:22
AVISO IMPORTANTE: Este capítulo é un pouco friki, aviso previamente. Hoxe traemos o episodio máis multitudinario, somos 5 á conversa. Séntome para falar con Sara Souto, Sara García, Sara Gallego e Alba Mosquera (Srta Lexus), algunhas das compoñentes da T3 para falar de que é isto e como xurdiu, asi coma tamén múltiples aventuras e viviencias destes últimos meses. A definición curta é que a T3 é un...
13. Á conversa con SOFÍA ESPIÑEIRA | Canto Conto 29.05.2024 1:31:09
Neste novo episodio converso cunha artista multidisciplinar e chea de talento: Sofía Espiñeira. Con ela teño moitas en común a pesar de ser moi distintas en mil aspectos, tiven a sorte de compartir escenario con ela e de aprender moito dela. Facemos balance do camiño, pois fomonos atopando en diferentes momentos importantes, reflexionamos sobre varias cuestións e de como nos sentimos como artistas...
12. Á conversa con TANEA | Canto Conto 28.04.2024 1:23:46
Tanea, tamén coñecida como Tanea Caamaño, é para min unha das voces máis destacadas do panorama musical galego actual. Formou parte de proxectos coma Samarúas e actualmente está presente en proxectos coma Pan Sen Fron, Xurxo Fernándes, Fillas de Cassandra ou Budiño. Falamos da cara doce e amarga da música, mais, principalmente, falamos do camiño. Falamos do pasado, do presente e das esperanzas de...
11. Á conversa con IVÁN TOURIS | Canto Conto 31.03.2024 1:27:22
Hoxe falo con Iván Touris, melómano e unha desas persoas que traballa para a difusión e promoción da música galega por amor ao arte, creando proxectos, entrevistando a todos os grupos e proxectos que pode... como digo na conversa "o entrevistador entrevistado". Para moitos músicos, unha cara coñecida nos concertos, pois é desas persoas que asiste a todo canto pode e sabe dar valor a todos os proxe...
10. Á conversa con LAURA MARÍN | Canto Conto 11.02.2024 2:11:11
Laura Marín é, por así dicilo, unha especie de "Hannah Montana", alguén que vive entre dous mundos completamente diferentes: por unha parte o seu día a día coma unha estudante máis da UDC, unha persoa máis paseando polas rúas da Coruña... e por outro, case unha estrela musical alá polos balcáns, onde é tremendamente coñecida. Por que? Cómo? Que me estás contando? Escoita o pódcast para coñecer est...
9. Á conversa con ANDRÉS SEIJO | Canto Conto 30.12.2023 1:45:08
Hoxe falamos de audiovisual e produción! Conversamos con Andrés Seijo, unha das persoas que está detrás da produción de moitos títulos que seguramente coñezades ou teñades visto en Netflix ou no cinema. Andrés mais eu coñecímonos cando estudiabamos Comunicación Audiovisual na Universidade da Coruña, xa daquela temos compartido aventuras, mais a vida, o traballo e as circunstancias fixeron que esti...
8. Á conversa con LETI DA TABERNA | Canto Conto 03.12.2023 1:45:56
Neste episodio a conversa é con Leti da Taberna, se ben xa nos coñeciamos de moitos anos atrás, foi unha boa ocasión para atoparnos de novo neste punto de encontro no que compartimos unha morea de cousas interesantes. Leti á que algúns apodan como "tiktoker" é, sen dúbida, unha persoa con moito enseño e que emprega o humor como ferramenta de expresión dun xeito moi natural e cercano. Se isto xa é...
7. Á conversa con FRAN PAZ (Piña) | Canto Conto 29.10.2023 1:21:58
Hoxe a conversa é con Fran Paz, que probablemente coñezades por Fran Piña, Ancho, Fran Tarramplán... ou o forense de "Rapa", non sei! Dende logo unha persoa que reune múltiples cualidades, moito talento e unha gran sensibilidade. Diría de Fran que é actor, pero moito mais ca iso, pois ten un enxeño e unha capacidade de improvisación capaz de meter ao público no peto nunca abrir e pechar de ollos....
6. Á conversa con A PANADARÍA | Canto Conto 01.10.2023 1:07:00
Neste episodio converso con Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman, elas son A Panadaría, unha das compañías de teatro máis destacadas do panorama galego que, independentemente dos recoñecementos obtidos ao longo dos seus 10 anos de existencia, se por algo destacan é polo seu talento. E así é como o público enche os teatros alá por onde van. Conversamos da cara A e a cara B do traballo, do...
5. Á Conversa con VICENTE VÁZQUEZ | Canto Conto 27.08.2023 1:07:59
Nunha tranquila tarde de domingo de agosto... pero do ano pasado (2022) sintámonos Vicente Vázquez mais eu a conversar. Cando este podcast aínda era unha idea borrosa gravamos esta conversa que a min tamén me axudou para ver se isto de facer un podcast tiña ou non xeito. Hoxe comparto esta tarde de conto cunha das persoas máis talentosas que coñezo. Filólogo, poeta e faranduleiro, alén de ter moit...
4. Á conversa con CRISTINA GARCÍA (Mapache) | Canto Conto 20.07.2023 1:08:21
Neste episodio falamos con Cristina García (alias Mapache), unha muller con gran talento que foi creando con moito esforzo o seu camiño dentro do mundo da animación e os videoxogos. Actualmente traballa como desarrolladora de videoxogos. Falamos deste mundo dende un prisma profisional e artístico, de como é traballar dende Galicia para unha empresa de Reino Unido, o "Videoxogo do Luar" e moitas co...
3. Á conversa con FRAN CAÑOTAS | Canto Conto 11.06.2023 1:05:05
Neste novo episodio conversamos con Fran Cañotas, xornalista e personaxe da vida, alén de amigo. Falamos de cousas que nos unen pero analizamos tamén a súa carreira, como descubriu aquilo que lle gustaba e o camiño que fixo para traballar actualmente da súa paixón. Alén de ser unha cara coñecida da TVG, Fran amosa e comparte outras facetas neste podcast. Por primeira vez contamos cun patrocinador...
2. Á conversa con PATRI LÓPEZ | Canto Conto 30.04.2023 54:33
Neste capítulo conversamos con Patri López, xogadora profisional de fútbol orixinal de Melide que conta cunha importante traxectoria no mundo do deporte en disciplinas coma kick boxing, loita olímpica ou esgrima. Dende o 2016 forma parte da plantilla do Deportivo da Coruña, sendo unha das persoas que viviu dende a creación do clube ata momentos clave (doces e amargos) nestes últimos anos.
1. Á conversa con PABLO MEIXE | Canto Conto 02.04.2023 1:06:37
Neste episodio conversamos con Pablo Meixe, cómico Ordense que está logrando algo que levaba moito tempo loitando: vivir da comedia. Mais todo isto ten un camiño, un esforzo e unha toma de decisións sobre as que reflexionaremos ao longo desta conversa.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.