Café Derby 21
Café Derby 21
Unha sobremesa cultural e lixeira onde todo cabe. Con Nicolás Carreira, Carme Domínguez, Adrián Lede e un invitado ou invitada cada semana.·Podes atoparnos en Vinte na Praza e no noso perfil de Twitter e Instagram: @cafederby21 ✌️
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: podcasters.spotify.com
Author
Café Derby 21
Category
Podcast website
Latest episode
Jun 26, 2024
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Raíña Vermella, saúde mental e a filosofía Mr. Wonderful 02.12.2020 1:01:18
Advertencia: deste programa podes saír cunha sensación de comprensión e mellor estado de ánimo. Moitas son as palabras que empregamos a diario para referinos aos estados mentais. Estamos tolos, malucos, dementes e un longo etcétera que históricamente todos repetimos sen pararnos a pensar na realidade tras estas verbas. Pero quizais dun tempo para acó a conciencia medrou, a preocupación polo benest...
Verto, música sen pretensións e medo ás chamadas 25.11.2020 1:03:12
Diversión. Esa é a palabra. Neste mundo en constante movemento e a velocidades que meten medo acostumamos esquecernos daquela filosofía do 2004: rir alomenos 10 minutos ao día. Tan importante é facer cousas como ser felices no proceso e, en ocasións, conformarse con iso como resultado final. Non todo pode ser a arte pola arte ou vivir co interese de trascender, ás veces trátase de facer maxia desd...
Marta Veiga, mitoloxía pop e praceres culpables 18.11.2020 59:22
Fillos de lameiro foi o nome que lle deron en galego ás persoas de sangue mesta do universo Harry Potter. Nos tempos nos que aínda se traducían fenómenos pop do alén tamén se facía unha divulgación da cultura e tradición oral coa que medramos. Estos mitos, que agora forman parte de moitos dramas fantásticos e sagas de películas que enchen a billeteira, foron denostados polas academias hispanas pes...
Baiuca, folclore renovado e a Señora de Palmírez 11.11.2020 51:44
Dicen que cando levas moito tempo lonxe da terra de Galicia, escoitar unha gaita pode emocionarte tanto como a voz da túa nai. O seu son forma parte, dalgún xeito descoñecido, parte do noso ADN. O folclore é un símbolo, unha expresión do pobo e a súa identidade, por iso é importante que a vangarda e a innovación tamén chegue ao tradicional. Da renovación e mistura que vive a arte falamos nesta pro...
Lúa Mosquetera, moda sostible e anuncios de fabada 04.11.2020 51:20
Existe a expresión «persoa do Renacemento» para aquela xente que se adica exitosamente a moreas de cousas. Continuar co espírito de Da Vinci, vaia. Na serie Paquita Salas a isto chámanlle ser unha actriz 360, tanto cantas como interpretas como bailas. O grupo Ojete Calor, facendo mofa da versión máis popular e mundana destas persoas, falaba de «Mocatriz», modelo-cantante-actriz. Para este programa...
María Yáñez, outro xornalismo e o cabelo de Ana Kiro 28.10.2020 53:58
Sempre é gracioso ver un meniño lendo o xornal, ou polo menos choca frontalmente co que se supón que é un xoguete. Probablemente só esté imitando o que ve que fan os adultos. Pero agora atopánomos nun momento no que nin os maiores len a tinta en papel e a duras penas en pantallas. Que ocorre para que os medios xa non ocupen un espacio central na vida da mocidade? Onde se cometen os erros? Quizais...
El Barroquista, artistas invisibles e as feces de Mozart 21.10.2020 52:17
Anónimo, nin tan sequera Anónima, é a autoría que figura en moitas obras realizadas por mulleres, segundo Virginia Woolf. Hoxe en día nesa categoría de personaxes invisibles entran outras minorías afastadas da fama e o ouro pero que, con traballo de memoria, poden recuperarse ata acadar postos que sempre deberon ostentar. Pola contra e como sempre, unha forza conservadora négase a acepar est...
Xacobe Pato, manías na lectura e series do momento 14.10.2020 48:09
Xacobe Pato non ten problema para recurrir a Julian Barnes ou Faulkner como guía de consello, pero ás veces esas respostas atópanse nunha canción do grupo de moda. Ese fragmento do seu primeiro libro, Seré feliz mañana, é un bo exemplo da personalidade deste escritor e libreiro que, como nós, bebe tanto da alta cultura como do máis cotiá. Esta semana, pasa polo Café Derby 21 e falaremos das...
Berta Dávila, a autoficción e o peixe de Peppa Pig 07.10.2020 49:15
Para a estrea do Café Derby 21 queremos contar coa persoa que está tendo as mellores semanas en Galicia, Berta Dávila. Grazas ao éxito da súa novela Carrusel, a autora galega conquista cada premio encertame ao que se presenta, sendo o máis destacado últimamente o Premio Nacional da Crítica. Cos ollos postos na súa seguinte obra, Berta Dávila achégase al Café Derby 21 para falar de autoficción, o o...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.