Café Derby 21

Café Derby 21

Unha sobremesa cultural e lixeira onde todo cabe. Con Nicolás Carreira, Carme Domínguez, Adrián Lede e un invitado ou invitada cada semana.·Podes atoparnos en Vinte na Praza e no noso perfil de Twitter e Instagram: @cafederby21 ✌️

No dejes de visitar la web del podcast y apoyar a su creador: podcasters.spotify.com

Autor

Café Derby 21

Categoría

Society

Web del podcast

podcasters.spotify.com

Último episodio

26 de jun. de 2024

¿Dónde escuchar?

Podcasts en la app Replaio Radio Muy pronto

Los podcasts llegarán muy pronto a la app. Instálala ahora y sé el primero en descubrir una forma totalmente nueva de vivir los podcasts

Descárgala en Google Play Instálala gratis Android casi 10 M de descargas · valoración de 4,8 iOS muy pronto

Episodios

👋A DESPEDIDA👋 con Nico, Carme e Adrián 26.06.2024

Chegou o momento. Presentamos o derradeiro programa do Café Derby 21 e nesta ocasión somos os nosos propios convidados. Contamos con algunhas das vosas preguntas e tamén nos sinceramos sobre algúns aspectos dos que quizais quedaba algunha dúbida. Pero todo se resume nesta última hora de conversa con Adrián, Carme e Nico parolando sobre 👋A DESPEDIDA 👋 con anécdotas , recordos e consellos. Grazas...

👀O FUTURO👀 con Xacobe Pato 12.06.2024

Chegamos ao noso último programa con convidado, xa que esta temporada remataremos dun xeito distinto. E, como xa sabedes, tamén ao final do podcast. Lembrade que celebraremos un derradeiro Café Derby 21 o xoves 27 de xuño, ás 19:30 horas no Riquela Club, en Santiago de Compostela . Como somos moi de pechar ciclos con significado, quixemos contar co padriño do noso podcast para darlle final. O escr...

🎭O TEATRO🎭 con Lidia Veiga 29.05.2024

No noso novo programa subímonos ao escenario e poñémonos dramáticos para tratar os grandes temas da vida e... falar de Manuel Fraga . En concreto, de Iribarne , a obra de teatro que está dando a volta a Galicia , esgotando entradas alí onde vai e converténdose en todo un fenómeno popular. Para parolar sobre 🎭 O TEATRO 🎭 contamos coa actriz Lidia Veiga , tamén coñecida como integrante do podcast...

🔙O PASADO🔙 con Fillas de Cassandra 15.05.2024

Son moitas as persoas que pedían este momento e por fin podemos confirmar que se fixo real: Fillas de Cassandra no Café Derby 21! Atopámonos co dúo galego logo do seu masivo concerto en Santiago de Compostela ante miles de persoas. Aínda con folgos, tiveron todo o ánimo para falar sobre 🔙 O PASADO 🔙. Con Fillas de Cassandra parolamos das herdanzas e o que queremos legar, de tataravoas , de vivir...

❤️O AMOR❤️ con Grande Amore 01.05.2024

Chegou o momento de falar dun dos temas máis agardados: ❤️ O AMOR ❤️. Grazas á publicación de certa carta de certo mandatario na que recoñecía estar fondamente namorado da súa muller, decidimos actuar e montar un comité de urxencia para abordar o tema de namorarse e demais. Por iso quixemos conversar con Grande Amore , amigo histórico do Café Derby 21, nun programa gravado en directo no Parador de...

💥IMPROVISAR💥 con Lucía Veiga 17.04.2024

Pode parecer que traballamos sen escaleta e sen texto preparado, pero iso non é de todo certo. Levamos anos deixando oco ao incerto e a que todo aconteza, polo que desenvolvimos unhas certas habilidades. Por iso, neste programa xuntámonos coa actriz, presentadora e cómica Lucía Veiga para 💥 IMPROVISAR 💥 e falar de humor , da vida e de ligar . Logo de gañar dous Mestre Mateo , Lucía Veiga chega a...

🔎O MISTERIO🔎 con Arantza Portabales 27.03.2024

Logo de varias semanas de incógnitas, nos últimos días moitos misterio s foron desveleados, algúns positivos e outros non tanto. Para achegarnos á máxima actualidade no campo da investigación e resolución de incógnitas, neste programa contamos coa escritora e dama da novela negra, Arantza Portabales . Xunto a ela repasamos cuestións tan variadas como a paixón polo misterio, os nosos asasinos e det...

💭A MEMORIA💭 con Bruno Arias 13.03.2024

Que ninguén se deixe enganar polo título deste programa! Xa se tratou abondo a nostalxia e os recordos, por iso quixemos darlle un ollar diferente á materia. Para facelo con motivo e con consello experto, neste episodio contamos co cineasta Bruno Arias , finalista aos premios Mestre Mateo co seu debut ' Os espazos en branco '. Neste documental, Bruno achégase á figura da súa tía, Xela Aria...

🍺OS BARES🍺 con Leti da Taberna 29.02.2024

Saúde para todxs! Esta semana propoñemos un brinde para nós por sacar a diante unhas semanas raras e continuar como se nada. Por iso, quixemos contar coa opinión dunha experta na comedia , na arte de vivir e dos lugares onde se brindan. Dámoslle a benvida a Leti da Taberna para parolar sobre 🍺 OS BARES 🍺. Xunto a ela repasamos a nosa traxectoria vital de bares, tabernas e recunchos, historias ar...

🗳️ AS ELECCIÓNS 🗳️ con Iván Iglesias 14.02.2024

ÚLTIMA HORA: Galicia vai a eleccións o #18F. Aínda non sabías nada disto? Quizais eras a última persoa do país. En calquera caso, un evento tan relevante para o futuro e a cultura tiña que ter o seu oco no Café Derby 21, pero desde o noso propio terreo. Por iso, contamos co xornalista, comunicador político e director de Ou Ké!, Iván Iglesias para parolar sobre 🗳️ AS ELECCIÓNS 🗳️, pero as de todos...

🤙 BO ROLLO🤙 con The Rapants 31.01.2024

Aínda que somos persoas que apostan por dialogar e falar de calquera tema con calquera convidado, ás veces é preciso contar con expertos na materia que senten cátedra e falen con coñecemento pleno. Por iso, para animar o comezo do ano, dedicamos o programa ao 🤙 BO ROLLO 🤙 e parolamos con Samuel e Matías, de The Rapants , que presentan o seu próximo disco 'La máquina del buen rollo' . Xun...

⚽O FÚTBOL⚽ con Vero Boquete 17.01.2024

Aínda que parecía non chegar, aquí está: EPISODIO NÚMERO 100 DE CAFÉ DERBY 21. Celebramos o noso centenario (esta foi a grabación número 100) dun xeito simbólico e que nos leva de novo á nosa orixe. Efectivamente, volvemos ao online pero por un bo motivo, a nosa convidada vive en Italia . E con ela tamén logramos un fito: a primeira persoa do Deporte como convidada. Dedicamos o episodio 100 ao ⚽...

🏠O FOGAR🏠 con Brais Lamela 05.01.2024

No primeiro episodio de 2024 queremos recoller as emocións e vivencias das últimas semanas de tolemia festiva. Achegámonos ata un dos nosos lugares de calma, o Café Universal, na Coruña, para parolar sobre algo esencial e moi presente nestes días: 🏠 O FOGAR 🏠 . Para abordar semexante tema, contamos cun dos escritores galegos máis celebrados en 2023 e de futuro prometedor: Brais Lamela , autor de...

📍 PIONEIROS 📍 con Dios Ke Te Crew 20.12.2023

Pechamos este ano 2023 cun episodio moi especial para nós porque é a celebración dun aniversario único na cultura galega. Achegámonos ata Santiago de Compostela para parolar con Dios Ke Te Crew , en concreto con Sokram porque se nos xuntamos todos poderíamos xogar ao fútbol sala, banda fundamental na escena do rap en Galicia e en galego. Logo dunha carreira de 20 anos celebrada nun doble concerto-...

🚫O PROHIBIDO🚫 con Jaione Camborda 06.12.2023

Neste aínda 2023 non podía faltar un programa* cunha das revelacións da temporada e un talento único, froito do encontro entre Galicia e Euskal Herria. Atopámonos coa cineasta Jaione Camborda en Santiago de Compostela, no clásico Pub Momo da capital galega, e, antes que nada, brindamos pola súa Concha de Oro no Festival de San Sebastián grazas a O Corno , un dos filmes da temporada e dentro do nos...

😭A TRISTEZA😭 con David Fidalgo 23.11.2023

Sección Intersección (02:19) Café Derby 21 con David Fidaldo (14:45) Para este programa tivemos o pracer de formar parte do festival Intersección , o festival de cine internacional da Coruña. Nesta ocasión, o noso convidado é o cineasta, animador e artista visual David Fidalgo , que está tendo unha feliz temporada de festivais e premios con ' Sandwich Cat '. Fidalgo é un dos iconos actuais...

👏O RITMO👏 con Mondra 23.11.2023

Achegámonos de novo ata Santiago de Compostela, aínda que só dúas partes das tres que compoñen o Café Derby 21 chegaron ata a estación de tren. Quen falta e por que? No programa resólvese o misterio. Quen non faltou foi o noso convidado, alguén a quen tiñamos moita gana de escoitar e que parolase con nós: MONDRA . Un dos fenómenos musicais deste ano, sen dúbida. Por iso, aproveitamos para falar so...

⌛PASAR O TEMPO⌛ con Berta Dávila 23.11.2023

OLA!!!!! Boas, como andamos? Café Derby 21 volve para unha 4ª temporada, era inevitable. Logo dunhas vacacións merecidas e semanas invisibles de traballo, rachamos o noso silencio para facer o mellor comeback posible: REVISITARNOS A NÓS MESMXS . Por iso, no primeiro programa desta nova temporada falamos de ⌛ PASAR O TEMPO ⌛ coa nosa madriña, a nosa benquerida Berta Dávila . Ademais de parolar so...

🧍O HUMANO🧍 con Lucía Estévez e Miguel Canalejo - PROGRAMA ESPECIAL FICBUEU 17.09.2023

Para acurtar a espera ata que volvamos de vacacións de verán, lanzamos este programa especial feito en directo desde o FICBUEU cos cineastas Lucía Estévez e Miguel Canalejo , participantes na sección GZ_00 coas súas curtas O Neno Sardiña e O Coidado . En compañía, falamos sobre unha cuestión que atravesaba todos os traballos seleccionados como representantes do talento galego: 🧍 O HUMANO 🧍 Volve...

✅OS FINAIS✅ con Ana Pontón 28.06.2023

Os tempos son chegados e como avisamos semanas atrás, a terceira temporada do Café Derby 21 chega ao seu fin. Como non podía ser doutro xeito epara estar á altura dun ano tan tolo como 2023, deixamos un programa histórico para a memoria e como peche perfecto a tantas semanas mantendo o nivel. Por iso, desprazámonos ata o Parlamento de Galicia para falar dos ✅FINAIS✅ con... Ana Pontón ! Aproveita...

🗓️A RUTINA🗓️ con Sara Seco 03.06.2023

Esta semana estreamos o penúltimo programa da tempada e achegámonos ata Santiago de Compostela, con vistas á Cidade da Cultura desde a terraza do Balcón das Brañas. Rompemos o noso día a día para falar, precisamente, sobre 🗓️A RUTINA🗓️ coa amiga do programa e creadora de contido: Sara Seco. Repescamos o acontecido no Petiscos no Derby, dispoñible en YouTube, para volver a falar sobre os vídeos de...

🚌A DISTANCIA🚌 con Yolanda Castaño 17.05.2023

Neste programa celebramos o Día das Letras Galegas dun xeito especial ou, mellor dito, en compañía dalguén especial, unha icona pop e poeta das que figuran nos temarios de bacharelato e oposicións: Yolanda Castaño . Tomando como inspiración os anos de silencio editorial e distancia entre poemarios na súa obra, e grazas ao feito de que é veciña de Nico, aproveitamos para falar dun tema que atravesa...

1️⃣PRIMEIRAS VECES1️⃣ con Carlangas 03.05.2023

Esta semana achegámonos ata Vilalba, capital da chairega por excelencia, para gravar o Café Derby 21 como parte da programación do Festival Independente de Vilalba, o FIV, que para nós xa é un espazo querido. Alí, xunto ao afortunado público que gañou as entradas por sorteo, conversamos con Carlangas (alias Carlos Pereiro, ou viceversa), que vén de facer o seu debut musical tras a separación de No...

😊OS SENTIMENTOS😊 con Ismael Ramos 19.04.2023

Esta semana sentamos arredor dunha mesa no Café Universal , na Coruña , para abrirnos en canle e compartir algunas das nosas historias persoais ao tempo que unimos as experiencias con referentes que adoramos. Por suposto, este programa tiña que chegar. Falamos sobre os SENTIMENTOS co laureado poeta e amigo do programa, Ismael Ramos , poñendo o corpo por diante e a nosa vida á altura das doutros lo...

💪A MATRIA💪 con María Vázquez, Álvaro Gago e Susana Sampedro 05.04.2023

Para o programa desta semana fixemos unha viaxe dobre: ata a costa, pola zona de Arousa, e ao noso interior, preto do corazón e a alma. Así é como nos sentimos logo de ver o filme Matria , que está arrasando en cinemas e non podía faltar nesta temporada do Café Derby 21. Un dos fitos culturais deste 2023. Para achegarnos ao que significa 💪A MATRIA💪 consultamos e parolamos cos artistas detrás do...

Escucha el podcast Café Derby 21 en Replaio

Radio y podcasts en una sola app - gratis y sin registro. Instálala hoy y no te pierdas el estreno

Descárgala en Google Play

Replaio no es editor de podcasts; los nombres de los programas, las portadas y el audio pertenecen a sus autores y se distribuyen a través de canales RSS públicos