Café Derby 21

Café Derby 21

Unha sobremesa cultural e lixeira onde todo cabe. Con Nicolás Carreira, Carme Domínguez, Adrián Lede e un invitado ou invitada cada semana.·Podes atoparnos en Vinte na Praza e no noso perfil de Twitter e Instagram: @cafederby21 ✌️

No dejes de visitar la web del podcast y apoyar a su creador: podcasters.spotify.com

Autor

Café Derby 21

Categoría

Society

Web del podcast

podcasters.spotify.com

Último episodio

26 de jun. de 2024

¿Dónde escuchar?

Podcasts en la app Replaio Radio Muy pronto

Los podcasts llegarán muy pronto a la app. Instálala ahora y sé el primero en descubrir una forma totalmente nueva de vivir los podcasts

Descárgala en Google Play Instálala gratis Android casi 10 M de descargas · valoración de 4,8 iOS muy pronto

Episodios

🍴A SOBREMESA🍴 con Jorge Guitián 22.03.2023

Este programa é especial, único na súa especie! Collemos o coche a arrincamos en ruta pola provincia da Coruña para facer o que máis nos gusta: comer e falar. Para esta reportaxe sonora e dialogada, sentamos no Coffee Mori co crítico gastrónomico, escritor e historiador da arte, Jorge Guitián, para parolar arredor do concepto da 🍴SOBREMESA🍴 e gastronomía. Para acompañar a conversa, eliximos 3 do...

💝A AMIZADE💝 con Aldaolado 08.03.2023

Recuperamos a presencialidade logo de dous programas nos que volvemos ás nosas orixes e para celebrar a nosa xuntanza de novo, aproveitamos para falar dese tema que nos une a todxs e que foi semente deste podcast: 💝A AMIZADE💝. E para tratar este tema tivemos que tirar de axenda e rescatar a unha convidada e amiga do programa que repetiu, aínda que pouca xente o sabe. A poeta e cantante Lucía Ald...

💅AS DIVAS💅 con Hydn 22.02.2023

Rematamos o noso retorno ao telemático traendo boas novas e prometendo grandes anuncios proximamente (moi proximamente), pero ademais coa resaca dun Entroido moi necesario para todos que nos inspirou fondamente para este programa. Porque o Entroido ten os mesmos elementos que unha boa diva: espectáculo, estética e música de calidade. Para falar, precisamente, das 💅DIVAS💅 falamos con Hydn, un dos...

🎵A MÚSICA🎵 con Rodri Míguez 10.02.2023

Esta semana chegamos cun lixeiro retraso, pero todo queda xustificado polas moitas noticias que están por vir nas vindeiras semanas. Como a nosa mesa de son aínda está no taller, tivemos que volver momentáneamente (e para o noso pesar) ao telematico. Para aliviar este feito, contamos cunha persoa que rachou a cuarta parede experto niso de comunicar en redes sociais, o xornalista musical e tiktoker...

👹AS BESTAS👹 con Diego Anido 25.01.2023

Esta semana achegámonos ata Santiago de Compostela para falar co actor Diego Anido , candidato ao premio Goya por As Bestas e rostro fundamental da interpretación en Galicia, no Coffee Mori . O tema da conversa xira arredor, precisamente, das 👹BESTAS👹, da “bestalidade“, da brutalidade, da ira e o enfado, de todo aquilo que nos convirte en bestas. Por suposto, con este tema, non todo ía saír ben...

✨A FANTASÍA✨ con Alberto Vázquez 11.01.2023

Xa que cada persoa ten a capacidade de imaxinar e crear novos espazos, criaturas e relatos, podemos dicir que a Fantasía é un elemento común do ser humano. A Fantasía pode ser una mentira preciosa, ben vestida, ou unha historieta para entreterte, pode ser unha narración coidada e longa sobre un reino máxico afastado ou un relato actual sobre os soños dunha moza artista. Na Fantasía, como xa se ve,...

⚡O ROMPEDOR⚡ con Lúa Mosquetera e Anxela Baltar de BALA 28.12.2022

Esta semana puxémonos en modo fogar e non marchamos a ningún directo, senón que recibimos na casa a dúas convidadas coas que tiñamos moitas ganas de parolar. Foi complexo decidir cal concepto foi no que afondamos ao longo da conversa deste programa porque, de certo, abríronse varias frontes de distinto tipo. Para poñer remedio a isto, cremos que do que máis falamos foi do rompedor, iso que racha c...

🎉A FESTA🎉 con Fran P. Lorenzo 14.12.2022

Hai poucas cousas que todas as persoas teñan en común, pero as ganas de pasalo ben e gozar dunha boa troula é unha delas. Unha troula hipotética, diferente a cada gusto, pero que signifique divertirse e liberarse a un mesmo tempo. Neste programa parolamos co xornalista e escritor Fran P. Lorenzo , que presenta o seu novo libro A Festa Equivocada , unha compilación dos seus artigos nos primeiros an...

🔮O SOBRENATURAL🔮 con Tamar Novas 30.11.2022

Pantasmas, zombies, regresados, vampiros , meigas, demos, dragóns... Vivimos rodeados de narrativas sobrenaturais e moitas veces non nos damos nin de conta. Moitas festas, como o Entroido, teñen a súa base nesas experiencias místicas relacionadas co paranormal ou con criaturas que nada se lle achegan á evolución científica. Pese a iso, a xente posúe en xeral un grao de crenza no sobrenatural, ben...

🐣A FAMILIA🐣 con Alicia Pena 02.11.2022

Os tempos son chegados e, como eles, nós tamén chegamos ata Lugo , finalmente! Viaxanos ata a cidade amurallada para conversar coa artista e autora gráfica Alicia Pena , lucense afincada en Suecia que vén de publicar o seu debut « Gallina Clueca », na Libraría Trama. Con motivo da estrea literaria desta historia sobre a maternidade, os procesos reproductivos asistidos e as frustracións e sentiment...

🕊️A LIBERDADE🕊️ con Clara Roquet e Carla Andrade 19.10.2022

Neste programa achegámonos ata o festival Curtocircuíto en Santiago de Compostela para palorar e reflexionar sobre a liberdade coas cineastas Clara Roquet e Carla Andrade, xurado e participante na sección Planeta GZ respectivamente. Experimentamos un pouco co formato debido a unha cuestión técnica, pero a esencia prevalece. Para falar de liberdade trouxemos os exemplos de Marina Abramović, o caso...

😈A INIMIZADE😈, con Lucía Estévez e Miguel Canalejo 05.10.2022

😈Estamos de volta😈 Logo dun fin de temporada inesperado, queremos retomar o fío que alí tendemos. As persoas privilexiadas puideron escoitar o noso programa adicado á amizade, por iso agora queremos facer o oposto. Abrimos a terceira tanda de Café Derby 21 parolando en directo no Café Universal da Coruña sobre: 🔥A INIMIZADE🔥 Para iso contamos con parte da nosa familia, Lucía Estévez e Miguel C...

Patri e Veva, mulleres creativas e os colares de neta e avoa 22.06.2022

Nesta nova onda de atender á tradición pódese caer no risco de esquecer a historia máis aló do estético e do artístico. Sen o trasfondo humano de quen crea non hai renovación posible. Por iso esta semana achegámonos ao oficio tradicional das colareiras dun xeito especial. En riguroso directo desde o auditorio do Grove e como parte do festival Mulleres Creativas 2022 do colectivo Grovemakers , Café...

Alba Doval, os non lugares e ir de "resort" 15.06.2022

En cantas casas fixeche vida? Digamos, cantas habitache? Transformáronse en fogares? Foron espazos de dor e trauma ou de felicidade? As casas, como concepto, son un conxunto de valores e significados no que conviven as familias, os medos, os caseiros e os demos no corredor a escuras. Sobre a importancia dos fogares e lugares vitais parolamos coa poeta e tradutora Alba Doval , que vén de publicar o...

Meiga-i, transformismo e cosmopaletas 08.06.2022

As fantasías son sinónimos dos soños, do que resulta difícil ou imposible de cumplir por diferentes motivos. Pertencen, por tanto, ao universo da imaxinación e do mitolóxico. Dan resposta a preguntas e necesidades internas e inherentes ao ser humano. Aínda que hai outro tipo de fantasía, unha máis de cotío, que se representa sobre escenarios e que abre mundos de brillo nas pesadas rutinas: o trans...

Gabri Fuentes, FOMO e a necroporra de Isabel II 03.06.2022

Din que a vida poder mudar nun só segundo, que toma iso e menos para que todo vaia a mellor ou peor. Nos tempos actuais de atención limitada os segundos costan como o ouro e canto máis se acumulan, máis valor collen. Son moitos os formatos no que o tempo toma parte: da eternidade dun cadro aos 15 segundos dun TikTok. Pero na adaptación está o secreto, por iso moitos medios de comunicación están co...

Xosé A. Touriñán, viaxar para comer e as marionetas perdidas 25.05.2022

Case poderíase afirmar que hai algo común a todas as persoas: o gusto polo bo comer. E do mesmo xeito afirmaríase que nalgún momento todo ser humano se cruzou cun documental ou programa de viaxes que amosaba outra cara dun lugar, outros monumentos para visitar. E no punto medio de ambas cuestións atópanse eses formatos que combinan ambas realidades: o viaxar para comer. Sobre isto falamos esta sem...

Helena Girón e Samuel Delgado, Eles transportan a morte e a cabeza de Colón 18.05.2022

Hai episodios da Historia que deliberadamente permanecen agochados baixo as grandes narrativas que vertebran o pasado de persoas, países e sociedades. Unha data fundamenta nos libros desa materia na escola é 1492, fin de ciclo e apertura a un Novo Mundo para o Vello Continente. Pero tanto antes como despois de chegar a América, houbo probas, ensaios e réplicas de como facer conquistas en lugares c...

Bernardo Pajares, Arte Compacto e o retrato de Chayanne 11.05.2022

Que agocha o sorriso de Mona Lisa? Non temos nin idea, aínda que si sabemos o moito que a arte pode intrigar e espertar no seu público. Todo isto pese a que en ocasións carecemos de ferramentas ou coñecementos para comprender a simboloxía ou trascendencia dunha obra. Se temos sorte e tempo, pode ser que na sala do museo no que nos atopemos alguén se apiade e nos explique aquilo que descoñecemos. D...

Lucía Regueiro, telerrealidade e os xemelgos das reformas 04.05.2022

Hai cousas que sintes ou pensas pero que non comentas en alto para non quedar como ególatra, pero unha das máis raras e que todas as persoas (aínda que o neguen) matinaron é se nos están gravando, se ese oco na parede é unha cámara. Se esta vida, este momento, é entretemento para outra xente, quizais marcianos, que nos observan como un espectácul, unha serie. De feito, moitxs de nós bromeamos coas...

Tamara Pazos, Neurociencia e criar células como fillas 27.04.2022

Vvivimos toda vida acompañadxs por un gran descoñecido. Vai con nós a todas partes, pasando desapercibido, sen que salten as nosas alarmas. Está, de feito, dentro de nós e non no sentido espiritual. Falamos do cerebro, esa máquina perfecta que segur sendo un misterio. Esta semana a divulgadora científica Tamara Pazos (coñecida como Putament_) achegános algún dato curioso sobre o órgano máis import...

Belén Puime, Pringadas e namorar no autobús 15 20.04.2022

O amor aparece, como din aquelas que o teñen, nos lugares máis inesperados. Nos filmes así o amosan, dá igual que agardes por el ou non. O amor chegará onde e cando menos penses que está. Pode que apareza, inclusive, no autobús urbano liña 15 de Santiago de Compostela, o bus das universidades. Con iso fantaseaba Belén Puime , creadora da serie Pringadas e Carballo Interplay baby, cando ía polas ma...

Carlos Meixide, literatura erótica e o touro de Joselito 06.04.2022

Que ler é un pracer (a quen lle guste), xa o sabíamos. É un pracer que enriquece, do que te levas algo. Xeralmente en todos os días placeres te levas algo: o gozo. Hai que reivindicar tamén esa literatura que non quere ser intelectual, que quere divertirse e facer de ti alguén máis entretido. Parolamos xunto ao xornalista e escritor Carlos Meixide deste tipo de lecturas, e en especial da literatur...

Balea Vermella, Ciencia e negacionistas dos mares 30.03.2022

Vivimos no tempo da información e do acceso a ela, de ter o coñecemento na man practicamente. Pero esta hiperconexión tamén influé no espallamento de teorías que lles din «alternativas». O que os de fóra chamamos: negacionismo. Nas últimas semanas houbo incluso quen negou que os mares e océanos sexan reais. Son, según eles, bloques para manter á xente separada. Desta tontería falamos cos divulgado...

Alfonso Zarauza, Malencolía e os premios decapitados 23.03.2022

Pensamos moitas veces cando vemos entregas de premios ou medallas canto pesará iso que dan. Canto pesa iso? É fráxil? De que está feito? Bueno, hai galardóns de quilos, outros que valen moito pero son case invisibles, polo tanto moi lixeiros. Así arrincamos a conversa co cineasta Alfonso Zarauza esta semana, cun dos seus premios decapitado porque escachou. Era, polo tanto, pesado e fráxil. Zarauza...

Escucha el podcast Café Derby 21 en Replaio

Radio y podcasts en una sola app - gratis y sin registro. Instálala hoy y no te pierdas el estreno

Descárgala en Google Play

Replaio no es editor de podcasts; los nombres de los programas, las portadas y el audio pertenecen a sus autores y se distribuyen a través de canales RSS públicos