Café Derby 21
Café Derby 21
Unha sobremesa cultural e lixeira onde todo cabe. Con Nicolás Carreira, Carme Domínguez, Adrián Lede e un invitado ou invitada cada semana.·Podes atoparnos en Vinte na Praza e no noso perfil de Twitter e Instagram: @cafederby21 ✌️
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: podcasters.spotify.com
Author
Café Derby 21
Category
Podcast website
Latest episode
Jun 26, 2024
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Guadi Galego, música pop e facer boas lentellas 16.03.2022 1:01:22
Os actos preceden ás persoas, aínda que non sempre falan na totalidade delas. Se o teu traballo é consistente, prolongado no tempo e unha peza fundamental para comprender o todo xeral, podemos dicir que eres un tótem. Que levas no asunto o tempo suficiente para ver xurdir e caer a moita xente, moitos estilos, e ademais para deixar pegada. Así arrincamos o programa de hoxe xunto á cantautora Guadi...
Chechu Salgado, ser quinqui e risas maléficas 09.03.2022 55:28
Todas as persoas cando son pequenas xogan ao mesmo, norma arriba e norma abaixo. A pillar, ás agochadas, á comba… e a polis e cacos. Alí establecemos xa esas categorías de bo e malo, de orde e desorde. Contrastes absolutos, sen facer preguntas. Despois medramos, vemos a variedade de grises e atopamos que eses malvados das películas quizais tiñan un pouco de razón. Para falar de antiheroes, de quin...
Araceli Gonda, ser guionista e a crítica enmarcada 02.03.2022 1:01:06
A quen non lle vai agradar unha loanza? Unha palabra cariñosa? Un recoñecemento? Pero o certo é que hai xente que se adica a isto, non que cobre por opinar senón que vive de facer crítica. E a estas persoas é moito máis difícil, polo tanto significativo, arrincarlles palabras boas. As malas non, esas téñenas sempre a man e en pista de despegue. Por iso cando os astros se conxuran e un deles fai o...
Tamara Andrés, sentimentalismo e os adolescentes poetas 16.02.2022 55:45
Ser ou non ser? Esa é… unha cuestión. Como tamén o é arrancarlle ás margaridas cada pétalo agardando que se resolva o gran misterio: quéreme? non me quere? Todas estas frases que remiten a sentimentos son exercicios dramáticos case de teatro, ou de feito son de teatro, pero que axudan a entender as nosas emocións. Para rachar co establecido como sentimentalismo esta semana falamos coa poeta Tamara...
Paula Cons, true crime e as nais detectives 09.02.2022 59:54
Hai algo no misterio que nos invita á obsesión, a pensar e repensar e percorrer os camiños que outra xente xa percorreu na procura dunha resposta. Resolver un misterio é, desde o comezo dos tempos, unha constante no ser humano. O misterio da vida, o misterio do pensamento, o misterio da alma, o misterio de onde está aquel pantalón que mercache vai un tempo e xa non ves. Misterios. Hai telefilmes m...
Carlos Pereiro, videoxogos e as señoras do Candy Crush 02.02.2022 1:03:37
Obter moedas, matar bechos, pasar de fase, gañar carreiras, rescatar á princesa ( e moi moi rara vez ao príncipe), salvar o planeta, capturar monstros, roubar e matar, cociñar, facer mobles… Cada videoxogo marca os seus obxectivos e o xeito de acadalos, pero case todxs nós temos un especial interese por algún. É dicir, desde aquelas primeiras palas de xogar ao ping pong ou o Tetris, as persoas cae...
Sonia Méndez, Luz Fandiño e hackers de punto de cruz 26.01.2022 1:01:07
Hai persoas que habitan este planeta, camiñan entre nós e fan todo un pouco mellor, ou polo menos un pouco menos normal e aburrido. Ás veces temos a sorte de atoparnos no seu espazo e ser testemuñas do seu poder. Quedamos prendados pola súa maxia, por esas vidas tan únicas que son capaces de unir xeracións de admiradores. A directora, actriz, produtora… bueno, a cineasta 360 Sonia Méndez coñeceu á...
Lucía Freitas, alta cociña e os guisos que fan chup-chup 19.01.2022 1:00:45
Deixando de lado o sentido común, o ser humano posúe cinco sentidos. A vista, o tacto, o olfacto, o oído e o gusto. Este último, en concreto, é no que nos quixemos centrar para este programa. As nosas papilas gustativas actúan diferente, a uns gústanlles cousas que a outros non, e son capaces de facernos chorar de picante ou encoller a cara por amargura. O gusto é un arma de dobre filo, un camiño...
David Gesteira, falsos mitos e xubilados estudando Historia 12.01.2022 1:00:18
Pode ser que a Historia sexa escrita por quen gaña, pero que grazas á investigación e divulgación pode ser mudada e aberta a outros ollares tamén é unha certeza. Isto de feito pasa na actualidade, con mellores ou peores consecuencias e xerando numerosos debates, xustos ou non. Porque a Historia é así, un relato que se adapta a formatos e discursos procurando servir como argumento, aínda que se tra...
Triángulo de Amor Bizarro, bandas de rock e o Gran Hermano galego 05.01.2022 58:22
O rock está morto ou iso din os máis seguidores do xénero, comunmente os que romantizan anos dourados e grupos extintos desatendendo ao panorama actual e rexeitando calquera idea sobre que algo presente, do agora, sexa tan bo como o pasado. Son os clásicos. Tanto é así que a mesma xente repítese en radios, emisoras menos mainstream, playlist de plataformas e un longo etcétera conformando ese corpu...
Tanxugueiras, Eurovisión e as tesoiras do polbo 29.12.2021 59:19
E chegamos ao último programa do 2021! Dous días atrás era xaneiro e non asomaban nin de lonxe as horas e horas de conversas que nos quedaban por diante. Quizais xa non somos tan novatas. Este ano foi o dos estouridos e fenómenos, de éxitos en moitos ámbitos, por iso queremos pechar o ano acompañadas pola Palabra do Ano segundo unha enquisa da RAG. Bueno, non coa palabra en si mesma. Con Olaia, Ai...
Nee Barros, linguaxe e vomitar na selectividade 22.12.2021 1:01:25
A xestión dos nervios é unha desas cousas persoais que debemos respectar uns dos outros e, en certo modo, entrenar e dominar. É útil para cando toca, que sempre toca, iso é inevitable. Non saber xestionar ese estrés ou angustia ou bule-bule no corpo pode dar en consecuencias físicas. A persoa convidada esta semana disto sabe un pedazo. Primeiro, porque viu alguén vomitar dos nervios. Segundo, porq...
Aroa Outón, arte galega e o desgraciado Van Gogh 15.12.2021 1:03:16
Poñamos que este programa é un cadro, e non no sentido cómico. Tería que ser de cores fortes, verdes e azuis e vermellos, con moita acción, case unha estampa de guerra, pero con espazo para a bondade, como a dunha nai ou avoa. Este sería un cadro frenético, cheo de referencias, e incluso cun punto festivo. E só se me ocorre que este programa fose, en versión pictórica, ’El Jardín de las Delicias’....
Lucía Aldao, facer un dúo e levar o neno a judo 11.12.2021 1:03:37
Esta semana achegámonos ata a cidade da Coruña, ao Café Universal, para celebrar o terceiro aniversario de Vinte e, de paso, facer un pouco do noso, do espectáculo. Para manter o listón alto, acorde á ocasións cun selecto público, contamos coa poeta e cantautora Lucía Aldao, que vén de publicar o seu debut en soitario pero que continúa co seu dúo AldaoLado. Con ela falamos precisamente de parellas...
Berto, contar a depresión e varitas de merluza 01.12.2021 47:54
EN DIRECTO DESDE O CULTURGAL! Esta semana collemos o directo feito no pasado Culturgal para compartir coas persoas que non estiveron presentes o que foi aquilo. Pese aos erros técnicos, o ambiente caldeouse e a o público que se achegou ata nós asegurou levar unhas risas e un par de cousas. Lamentamos os erros técnicos que poida haber (alleos ao noso poder) e agradecemos á equipa técnica que estivo...
O Aquele, deixar YouTube e o feliz mércores de Piolín 24.11.2021 58:49
Internet aínda non é o suficientemente vella como para que se xubile a xente que vive grazas a ela. Non falamos de informáticos ou enxeñeiras, senón diso que agora chaman creadores de contido. Así como as estrelas do fútbol ou o cine se retiran, tamén nalgún momento esa xente que sale en YouTube debe facelo. Para falar sobre pegadas dixitais e xubilarse da Internet contamos con Miguel Silva Conde,...
Le Petit Patito, o poder do odio e o negocio do autocoidado 17.11.2021 58:27
Ai, o odio! Esa forza da natureza que experimentamos todxs nós de vez en cando conducindo, na cola do supermercado ou cando alguén evita unha discusións. Pequenos instantes na vida nos que comprendemos a todos os malvados das series de debuxos, acabarei co mundo porque é máis sinxelo que acabar con isto que sinto. Para falar de odio, frustración e sentimentos falsamente negativos contamos con Laur...
Ismael Ramos, amizade e o Chanel de Marge Simpson 10.11.2021 1:04:46
Ah, a amizade! Que bonito concepto tan difícil de explicar pero que a maioría da xente, por non decir todo o mundo, ten experimentando algunha vez na vida. Segue sendo un dos grandes misterios do ser humano explicar o por que dese gregarismo, desa necesidade do outro, da compañía. A amizade leva inspirada moita arte, desde cadros a cancións, pero todos temos próximas as series de televisión. De fe...
Lucía Estévez, traballo e o fracaso do Mestre Mateo 03.11.2021 58:09
Fai xa unha semana ou máis que se vén falando de de tumbar a antiga (e presente) reforma laboral para mellorar as condicións vitais, así en xeral. Non, non nos poñernos profundas nin imos afondar en datos e informes, nin tan sequera falamos diso neste programa. Pero simultaneamente, o Festival Internacional de Cine de Xixón anunciou que estreará na súa sección oficial a curta « O niño dos pa...
Carolina Iglesias, válidas e chistes de mariquitas 27.10.2021 1:02:51
Ás veces o bo tarda en chegar e o programa desta semana é a proba diso. Logo de varios intentos, logramos reunirnos no programa cunha estrela do presente e do futuro: Carolina Iglesias ‼️ A semana pasada recibiu xunto a Victoria Martín o premio Ondas a mellor podcast nacional por «Estirando el chicle», xusto no día que íamos gravar. De feito Carles Francino roubounos a exclusiva pero non lle garda...
Xosé Ramón Gayoso e Ana Gayoso: consellos de vida e lanzar martelos 20.10.2021 49:26
Volvemos para unha segunda tempada! E para iniciarnos, ou case, quixemos pedir consello a unha eminencia do entretemento e a comunicación: Xose Ramón Gayoso. Nesta posta de cara a estrea definitiva a punto recibimos case unha masterclass e xunto a el aprendemos sobre bondade, humildade e todo o necesario para sobrevivir tantos anos no número #1. Tamén comentamos os seus pinitos no atletismo, os se...
Café Derby Fest: Grande Amore, dani, Verto 12.07.2021 1:29:46
Todo o bo chega sempre ao seu fin e nós non podemos ser menos. Logo de máis de 9 meses case ininterrompidos, o que vén sendo un embarazo practicamente, estreando programa cada mércores, este o noso querido podcast comeza as súas vacacións de verán. Para facelo por todo o alto e non fallarlle ao espírito que tanto pregonamos, contamos con vellos e novos coñecidos, adiantos e promesas para a seguint...
Alba Mancebo, dialectos e Chavela McCartney-Cortés 23.06.2021 1:18:21
Desde non moitas xeracións ata as presentes a tecnoloxía foi adquirindo un rol protagonista, sendo parte incluso da familia, en moitos aspectos ademais do informativo ou do entretemento. Non só os actuais teléfonos intelixentes ou dispositivos similares, tamén os ordenadores dos que tiñan cu cara atrás e a televisión cando aínda non tiña máis de dúas cores. De feito, as televisións chegaron ao mun...
Rodrigo Cuevas, Orgullo e o cachopo colonizado 16.06.2021 1:10:42
É dificil saber onde remata o amor propio e comeza o egocentrismo. A querencia polo eu pode chegar a ser perigosa pero é algo que debemos facer, máis aínda cando fuximos do establecido ou rachamos con aquelo que chamaron canon e cada día pesa menos. Deste autodescubrimento e proclamación nace o coñecido como orgullo, sentirte e recoñecerte como algo e que levas por bandeira a defender. O bo do org...
Prado Rúa e Cousas Rarísimas, Tik Tok e negacionistas do zodíaco 09.06.2021 1:07:44
Durante séculos as historias para asustar aos meniños incluían a persoas descoñecidas que os raptarían ou pequenos diaños que se lles meterían nos miolos para saber o que pensan. Cousas polo estilo que metían medo para evitar futuros problemas, así era e segue sendo a tradición oral. Curiosamente hoxe en día firmamos e cedemos permisos sobre os nosos datos como quen come pan, sen xeito e sen miral...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.