Radio Ateneo
Axenda cultural
Axenda cultural semanal que inclúe todos os actos culturais previstos para a xornada, indicando lugar e hora de celebración.
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Semana cultural da biblioteca ao escenario 15.12.2025 6:08
Unha semana na que Compostela se enche de palabras, música e escena: poesía, teatro, contos e grandes concertos...
Semana de voces, contos e música 08.12.2025 6:08
Comezamos unha semana con día festivo, pero con moita programación cultural na cidade.
Compostela énchese de luz 01.12.2025 8:17
Esta semana teremos obradoiros, música, conferencias... Pero tamén moita luz, porque a cidade comeza a encherse da maxia do Nadal e de todas as súas actividades.
Rematamos novembro 24.11.2025 14:57
Esta semana na Axenda Cultural de Radio Ateneo traemos unha chea de plans para non quedar na casa: conferencia de Nicolás Sartorius no Ateneo de Santiago, últimas oportunidades para visitar exposicións como A Emoción creadora ou (In)visibles y (o)cultas, obradoiros de bordado e astronomía na Ánxel Casal, poesía con Tsvetanka Elénkova, faladoiro no Museo do Pobo, circo, teatro, monólogos e música e...
Poesía, música e novos mundos na cultura da cidade 17.11.2025 10:13
Esta semana Compostela enchese de cultura: no Ateneo traemos a Henrique Monteagudo e Luísa Abad, mentres o Museo do Pobo Galego e a Galería Luisa Pita estrean novas exposicións. Haberá obradoiros e espectáculos familiares na Ánxel Casal, o concerto de Cineuropa coa Real Filharmonía, directos de Manolo García, Zahara e Acouga, humor con Miguel Lago e Miki Dkai, e o festival Dálle Xogo en Área Centr...
O outono máis cultural en Compostela 10.11.2025 9:32
Compostela vive unha semana chea de cultura: o Ateneo reflexiona sobre a cidade e sobre Europa, mentres Cineuropa trae o mellor cine do ano. A Feira de Francos, a Filharmonía, o coloquio de museos, talleres, concertos e teatro completan un novembro vibrante na capital.
Debates, música e memoria 03.11.2025 8:32
Do pensamento crítico ás notas de Brahms, pasando polos Bolechas e os 80 de Jorge Santini, Compostela vive unha semana de cultura diversa e vibrante.
Chega novembro a Santiago 27.10.2025 7:54
Hoxe percorremos toda a programación que nos dá por rematado outubro, dende conferencias e faladoiros ata teatro, cinema, concertos e exposicións.
Semana da música ao cinema 20.10.2025 8:13
Esta será unha semana con charlas, música, ciclos de cinema, propostas para conmemorar o día das Bibliotecas e moitos espectáculos...
Barroco, clave e ska 13.10.2025 7:53
Do Barroco á vangarda: abrimos cos Luns do Ateneo e o ciclo Ateneo Barroco (conferencia, concertos e sesión de improvisación). En paralelo, música na Capitol e na SGAE, a Real Filharmonía con “A clásica historia” e contos e tradición oral na Biblioteca Ánxel Casal.
Volvemos con forza no Ateneo 06.10.2025 8:32
Outubro chega a Compostela cheo de música, teatro, literatura e maxia. Esta semana convídanos a percorrer a cidade a través das artes: dende a conferencia inaugural dos Luns do Ateneo con Carmen Calvo, até os concertos do Ateneo Barroco no Teatro Principal. A lectura ten tamén o seu espazo coa SELIC, mentres que a música resoa en escenarios como o Auditorio de Galicia, a Sala Capitol ou o Riquela...
Chega o outono con cultura 29.09.2025 5:43
Esta semana en Compostela pechan as portas as exposicións Tesoureiras do noso na Cidade da Cultura e Mulleres sen regras na Biblioteca Ánxel Casal, pero a programación segue máis viva ca nunca. Dende teatro contemporáneo no Salón Teatro ata o humor de David Cepo, a presentación de libros, contacontos infantís, a chegada da SELIC, grandes concertos como Hamlet, Depedro ou Clara Cantore, a maxia int...
Teatro afeccionado, Maré e Cantareiras: unha semana de cultura en Compostela 22.09.2025 5:06
Nesta entrega da Axenda Cultural de Radio Ateneo percorremos unha semana chea de propostas: dende as últimas funcións do Festival de Teatro Afeccionado Agustín Magán ata a clausura do Festival Maré 2025, con concertos, obradoiros e pasarrúas. A Biblioteca Ánxel Casal celebra o Día Internacional das Linguas de Signos cun contacontos integrador, mentres que a Banda Municipal e a Real Filharmonía lev...
Benvida de novo 15.09.2025 5:39
Nesta primeira entrega da tempada da Axenda Cultural de Radio Ateneo Podcast, repasamos as citas máis destacadas destes días en Compostela: desde actos literarios ata propostas musicais, escénicas e de cultura urbana. Un percorrido pola diversidade cultural da cidade, pensado para non perder detalle e volver gozar xuntos da programación cultural tras o parón do verán.
Escoitámonos en setembro 30.06.2025 5:43
Pechamos o curso 2024-2025 cunha axenda chea de cultura: concertos, teatro, maxia, contacontos e a despedida da exposición de Xaquín Chaves. Volveremos con máis cultura en setembro!
Semana de San Xoán e San Pedro 23.06.2025 5:12
Esta semana celebramos o San Xoán con festas, cacharelas e moita música na rúa. Ademais, propoñémosche maxia en Teo, concertos de Andrés Calamaro e Nikki Hill, teatro no Salón Teatro, contacontos na Ánxel Casal e unha exposición que se despide na Galería Dupla.
Semana de Orgullo, crítica literaria e música sen fronteiras 16.06.2025 5:47
Esta semana será intensa na axenda cultural compostelá con conferencias, cine e entrega dos Premios da Crítica no Ateneo. Celebramos tamén o Orgullo con obradoiros, contacontos e concertos, e pechamos con música, tradición e exposicións para todos os gustos.
Música, historia, patrimonio e festivais 09.06.2025 3:45
Semana de cine, arquitectura, roteiros e espectáculos en Compostela. Do Mali á muralla medieval, pasando polos concertos de O Son do Camiño e os tributos Candlelight. Unha axenda diversa para gozarmos con todos os sentidos.
Do teatro á festa de San Martiño Pinario 02.06.2025 6:30
Conferencias, cinema, teatro galego, música en directo e festas populares agárdannos en Compostela esta semana.
Ascensión con arte e memoria 26.05.2025 5:36
Na semana grande da Ascensión, Compostela énchese de música, teatro, exposicións e cinema. Queda connosco para descubrir todo o que nos trae a cidade estes días!
Primavera de encontros e escena 19.05.2025 6:13
Esta semana percorremos Compostela entre cinema, teatro, poesía, danza e reflexións sobre vivenda, océanos e saúde.
Semana de Letras 12.05.2025 5:05
Esta semana celebramos as Letras Galegas 2025. Haberá música, charlas, espectáculos e bailes na cidade! Non quededes na casa!
Arte e espectáculos para comezar maio 05.05.2025 4:54
Xa temos os motores quentes para o mes de maio. Pasada a ponte, agárdannos en Compostela multitude de eventos culturais. Queda connosco para descubrilos!
Rematamos abril cargados de cultura 28.04.2025 4:23
E chegou a fin do mes de abril. Dende aquí facémolo presentándovos unha serie de propostas culturais para esta semana: historia, danza, música, teatro e arte.
Regresamos con música, historia e teatro 21.04.2025 6:28
Volvemos desta Semana Santa coas nosas baterías cargadas para presentarvos todos os eventos culturais desta semana en Compostela!
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.