Radio Ateneo

Axenda cultural

Society GL ↓ 223 Folgen

Axenda cultural semanal que inclúe todos os actos culturais previstos para a xornada, indicando lugar e hora de celebración.

Besuch unbedingt die Website des Podcasts und unterstütze die Macher: www.spreaker.com

Autor

Radio Ateneo

Kategorie

Society

Podcast-Website

www.spreaker.com

Neueste Folge

2. Nov 2026

Wo hören?

Podcasts in der App Replaio Radio Bald verfügbar

Podcasts kommen bald in die App. Installiere sie jetzt und erlebe als Erster einen ganz neuen Blick auf Podcasts

Bei Google Play herunterladen Kostenlos installieren Android fast 10 Mio. Downloads · Bewertung 4,8 iOS bald

Folgen

Citas coa música e o cinema 02.11.2026

Damos a benvida ao mes de novembro coa 40ª edición de Cineuropa, o inicio do Outono Códax e unha ampla programación de concertos, teatro, humor e actividades culturais para todos os públicos.

Poesía, música e Samaín 26.10.2026

A última semana de outubro chega a Compostela cunha programación chea de literatura, música e fantasía. As conferencias e presentacións do Ateneo, os concertos da Real Filharmonía e Paula Mattheus e as actividades especiais do Samaín protagonizan a semana cultural.

Semana do Barroco ao rock 19.10.2026

Compostela ofrece esta semana unha intensa semana cultural marcada polo peche do Festival Ateneo Barroco, grandes concertos, teatro, humor e actividades para toda a familia.

Música, teatro e fantasía 12.10.2026

Compostela énchese esta semana de novo de cultura con propostas como coa oitava edición do Festival Ateneo Barroco, Galicreques ou o Festival Imperdible

Semana de música en Compostela 05.10.2026

A axenda cultural desta semana vén cargada de música e espectáculos, como o Ateneo Barroco, a Real Filharmonía ou o concerto Amal x Gaza, ademais de outros moitos eventos culturais.

Compostela entra en outubro 28.09.2026

Compostela vai despedindo a época estival e entra en outubro entre libros, música, concertos e teatro.

Compostela entre músicas, historia e maxia 21.09.2026

Esta semana percorremos unha Compostela chea de música, historia, maxia, propostas familiares e iniciativas solidarias, con citas como o festival MARÉ, Compostela Histórica, SENSOXENOMA ou a experiencia inmersiva Compostella Expeditio.

Volve a cultura a Radio Ateneo 14.09.2026

Abrimos nova temporada en Radio Ateneo Podcast cun repaso ás principais propostas culturais de Santiago esta semana.

Axenda de verán 29.06.2026

Hoxe despedimos o curso en Radio Ateneo Podcast lembrando todo o que poderemos facer este verán na nosa comarca: música, exposicións, teatro, cine...

Concertos, contos e danza 22.06.2026

A cultura toma Compostela cunha semana chea de concertos, contos, danza, literatura e diversidade, con propostas para todos os públicos en diferentes espazos da cidade.

Semana diversa 15.06.2026

Esta semana, ademais de moita música, concertos, entre eles O Son do Camiño e a Real Filharmonía, temos tamén o arranque de Compostela Diversa. Descúbreo connosco!

Noites de xuño 08.06.2026

Compostela encara o mes cunha axenda cultural na que as propostas se combinan entre concertos, festivais, teatro, danza, patrimonio e actividades para todos os públicos.

Cultura para ir abrindo xuño 01.06.2026

Hoxe comezamos o mes de xuño e, a piques de comezar o verán, temos Compostela chea de propostas culturais de todo tipo.

Circo, danza, teatro 25.05.2026

A cidade énchese esta semana de moitas actividades: concertos, música, humor, teatro... Moitas delas arredor de Galicia Escena PRO e outras moitas cousas.

Cultura para maio 18.05.2026

Nova semana de cultura en Compostela con conferencias, cinema, concertos, teatro e  exposicións en toda a comarca.

Ascensión e Letras 11.05.2026

Esta semana temos dobre programación: moi centrada no espectáculo, na festa e na música, coas nosas festas máis picheleiras da Ascensión, e tamén arredor da poesía e dos libros, coa figura de Begoña Caamaño.

Semana de libros e música 04.05.2026

Esta semana arrinca en Compostela a feira do libro, pero a cidade tamén será testemuña de moitos concertos e espectáculos.

Debate, música e circo 20.04.2026

Esta semana combina reflexión educativa no Ateneo, grandes concertos, teatro, danza e propostas para todos os públicos, cun peche festivo arredor do circo e a música en directo.

Citas culturais de abril 13.04.2026

A cidade énchese de propostas para todos os públicos cunha semana marcada polo comezo de CINEDUCA no Ateneo, grandes concertos, teatro, danza e espectáculos familiares que converten Santiago nun auténtico escenario cultural.

Compostela soa: semana de música e danza 06.04.2026

Hoxe facemos un perocrrido por propostas que van dende a música, o teatro e o pensamento durante esta semana cultural.

Semana Santa compostelá 30.03.2026

Música, teatro, cine... E moitas procesións. Isto nos agarda nesta Semana Santa na nosa cidade.

Poesía e escena 23.03.2026

Esta semana está marcada pola poesía e o teatro, pero complétase con concertos, espectáculos e propostas para todos os públicos.

Semana da poesía 16.03.2026

Este sábado será o día da Poesía e teremos varias actividades na cidade para celebrala, ademais de moitos concertos, exposicións, charlas, teatro...

Cultura da auga ás estrelas 09.03.2026

Repasamos algúns dos eventos máis destacados da semana en Compostela e na súa contorna. Concertos, teatro, contacontos, propostas familiares e encontros

Memoria, teatro e música para arrincar marzo 02.03.2026

A programación cultural desta semana arrinca no Ateneo de Santiago co Ano Oteriano e o ciclo de cinema, e continúa con propostas de música clásica, teatro e contacontos en Santiago e Bertamiráns, nunha axenda diversa que combina memoria, igualdade e creación contemporánea.

Höre den Podcast Axenda cultural in Replaio

Radio und Podcasts in einer App - kostenlos und ohne Anmeldung. Installiere sie noch heute und verpasse den Start nicht

Bei Google Play herunterladen

Replaio ist kein Herausgeber von Podcasts; die Namen der Sendungen, Cover und Audioinhalte gehören ihren Autoren und werden über öffentliche RSS-Feeds verbreitet