ensaia.

As follas novas

Society GL ↓ 14 episodes

Entrevistas a algunhas das persoas que máis positivamente están a impactar en Galicia. Traxectorias admirables de campos moi diversos nas que afondaremos para aprender do seus procesos creativos e formas de entender o mundo. Unha iniciativa de ensaia en liña co propósito de impactar positivamente na seguinte xeración a través de crear unha cultura de xenerosidade. Presentado por Cintia Salido e con reportaxes fotográficas de Ricardo Lede, invitámosche a ser parte da comunidade e aprender dalgunhas das persoas máis fascinantes que coñecemos grazas á «Bolsa ensaia».Seica vai chover.

Author

ensaia.

Category

Society

Podcast website

www.ensaia.com

Latest episode

Jun 23, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Pablo López | Artista e xestor cultural · A arte como mediadora na sociedade | #13 23.06.2026

Entrevistamos a Pablo López , artista e xestor cultural que entende o seu traballo como un espazo de mediación social e colectiva. A través do seu proxecto, convídanos a explorar a arte como unha práctica accesible e fóra das dinámicas elitistas. Finalista da «Bolsa ensaia» en 2023, falamos de creatividade, do esmero de rehabilitar esa antiga vivenda en Camelle para crear na contorna un espazo de...

Yas Deluaces | Música e artista sonora · Investigando os códigos populares | #12 26.05.2026

Entrevistamos a Yas Deluaces , música e artista sonora que entende o mundo dende a súa áncora en Mazaricos. A través do seu proxecto, convídanos a explorar os códigos da música tradicional para transformalos en propostas contemporáneas, chegando incluso a debuxar a xeografía e cantar as montañas. Finalista da «Bolsa ensaia» en 2025 polo seu talento. Falamos de creatividade, do esmero de reabilitar...

Monse Piñeiro | Creadora escénica · A maxia de crear historias a través da luz | #11 28.04.2026

Entrevistamos a Monse Piñeiro , artista plástica e creadora escénica que investiga a fascinante relación entre a luz e os corpos en movemento. A través da súa obra, convídanos a explorar o precine e os xoguetes ópticos para descubrir a ilusión do movemento desde unha mirada analóxica e artesá. Finalista da «Bolsa ensaia» en 2024 polo seu talento e capacidade investigadora, fálanos sobre a importan...

Nerea Pallares | Escritora · A arte de tecer historias | #10 24.03.2026

Entrevistamos a Nerea Pallares , unha das voces máis xenuínas e potentes da narrativa galega actual. A través da súa obra, convídanos a desacostumar a mirada para descubrir o misterio e a fascinación que se agochan no que damos por feito. Finalista da «Bolsa ensaia» en 2023 polo seu talento investigador e literario, fálanos sobre a épica do invisible. Premio García Barros en 2025 coa obra «Punto d...

María Candamo | Deseñadora e artesá · Creacións que preservan a historia e a cultura mariñeiras | #9 24.02.2026

Entrevistamos a María Candamo , unha das deseñadoras e artesás máis xenuinas de Galicia. Desde a súa terra, Louro, María recolle residuos mariños e redes de pesca abandonadas para transformalos, a través da resina, en pezas de xoiería únicas e con historia. Finalista da «Bolsa ensaia» en 2022, fálanos sobre o deseño sostible, un activismo que sume e o orgullo de crear desde a costa galega, demostr...

Iván García | Taekwondista · Disciplina e alto rendemento rumbo aos Xogos Olímpicos | #8 27.01.2026

Entrevistamos a Iván García , taekwondista de alto rendemento e unha figura relevantes deste deporte internacionalmente. Cunha traxectoria marcada pola disciplina e a xestión mental, foi subcampión do mundo e triplo medallista europeo. No camiño olímpico cara a «Os Ánxeles 2028», ofrécenos unha lección maxistral sobre como manter o compromiso coa excelencia nos momentos difíciles. Finalista da «Bo...

Adra Pallón | Fotógrafo documental · A imaxe como espazo de reflexión | #7 16.12.2025

Entrevistamos a Adra Pallón , fotógrafo documental e narrador visual cunha obra centrada na identidade e cultura galega coa que busca a preservación da memoria. Autor do marabilloso proxecto «Lumes» , co que levou a mensaxe de Galicia por todo o mundo, foi receptor da «Bolsa ensaia» en 2024 e xa é unha das voces máis destacadas do documentalismo contemporáneo galego. | Sobre As follas novas. Entre...

Antía Ameixeiras | Violinista e cantante · O violín que dignifica a tradición e potencia a cultura | #6 25.11.2025

Entrevistamos a Antía Ameixeiras , violinista e cantante cunha fonda conexión á música tradicional galega dende a súa infancia. Cunha búsqueda constante pola dignificación do violín tradicional galego, é a metade do marabilloso dúo Caamaño&Ameixeiras, onde xunto a Sabela Caamaño (acordeón) , conectan coa música de raíz, o folclore e a ritoloxía popular galega levándoa por todo o mundo. Finalis...

Chano Ripio | Debuxante · A paixón que impulsa o cómic galego emerxente | #5 28.10.2025

Entrevistamos a Chano Ripio , ilustrador e debuxante galego cofundador de Boa Onda Cómix , unha revista autoeditada, feita en Galicia, que aposta polo talento galego emerxente. Finalista da «Bolsa ensaia» en 2022, foi a primeira persoa en desfrutar da «Residencia ensaia» en Anceu Coliving. | Sobre As follas novas. Entrevistas a algunhas das persoas máis fascinantes que coñecemos grazas á «Bolsa en...

Kiko González | Emprendedor medioambiental · O coidado do patrimonio natural como camiño a un rural próspero, vivo e sostible | #4 23.09.2025

Entrevistamos a Kiko González , emprendedor medioambiental e experto en xestión do rural, cuxo traballo se centra en devolverlle a vida á terra e aos montes galegos. Finalista da «Bolsa ensaia» en 2023, a súa iniciativa de recuperación de soutos de castiñeiros abandonados mostra un camiño cara a unha economía digna e sostible. Unha conversa que afonda no seu propósito de vida e na importancia de c...

Ana Díez | Xestora cultural · Impulsando a cultura dende a cooperación | #3 23.07.2025

Entrevistamos a Ana Díez , xestora cultural e cofundadora de A Seara, unha iniciativa que traballa por achegar a cultura á sociedade cunha proposta de coidado e cooperación. Unha conversa profunda sobre temas que van dende a xestión cultural á creación galega. Receptora da «Bolsa ensaia» en 2024, a súa actividade está a ter un impacto significativo na escea cultural contemporánea. | Sobre As folla...

Adrián M. Pereiro | Luthier · Unha forma de luthería que mellora a contorna | #2 25.06.2025

Entrevistamos a Adrián Martínez Pereiro , luthier e artesán galego que centra o seu traballo na creación e dignificación dun oficio que honra e sinte como necesario. Especializado en instrumentos de corda frotada e receptor da «Bolsa ensaia» en 2023, cóntanos detalles do seu último proxecto: «un chelo, catro historias», así como da súa forma de ver a luthería. | Sobre As follas novas. Entrevistas...

Nuria Vilán Prado | Poeta · A poesía como ferramenta de transformación social | #1 28.05.2025

Entrevistamos a Nuria Vilán Prado , unha das grandes pensadoras desta xeración. Poeta e recitadora, centra o seu traballo artístico na oralidade. Autora do poemario Simún (2021) cunha grande acollida por parte da crítica, recentemente estreou a curtometraxe «Delincuente» coa que obtivo dous «Premio Intersección». Gañadora recente do «Premio de Narración Corta», foi receptora da «Bolsa ensaia» no 2...

ensaiando. 16.05.2025

Nace «As follas novas», o podcast de ensaia. Por suposto, antes de comezar as entrevistas coas incribles persoas que virán por este espazo, queriamos darche a benvida e compartir contigo como se cociñou esta idea que dende hoxe xa é unha realidade. | Sobre As follas novas. Entrevistas a algunhas das persoas máis fascinantes que coñecemos grazas á «Bolsa ensaia» con traxectorias admirables en campo...

Listen to the As follas novas podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.