Unha pedra no zapato
Unha pedra no zapato
Unha pedra no zapato é algo incómodo que te obriga a parar e observar o interior do calzado para baleiralo. Pois do mesmo xeito, vou tratar temas que son as miñas “pedras no zapato” e expoñelos convidándovos á reflexión, á pausa e a viaxar cara o interior. Son Rosalía, artista e auto-indagadora, e este será un punto de encontro no que abrazarnos xenuinamente humanas e imperfectas. Conectemos aquí e agora en galego!
Koniecznie odwiedź stronę podcastu i wesprzyj twórcę: podcasters.spotify.com
Autor
Unha pedra no zapato
Kategoria
Strona podcastu
Ostatni odcinek
20 gru 2023
Gdzie słuchać?
Podcasty w aplikacji Replaio Radio Już wkrótcePodcasty trafią do aplikacji już wkrótce. Zainstaluj teraz i jako pierwszy zobacz nowe podejście do podcastów
Odcinki
Obra de Musas 20.12.2023 5:18
Cambiar é algo común aos seres vivos: a serpe muda de pel, os cans mudan de pelo, a larva muda o casulo polas ás de bolboreta, as árbores mudan as follas, ... En realidade o ser humano é o único que se resiste á continua metamorfose que require a Vida. As mudanzas alíñannos con novas etapas que son necesarias para a nosa evolución. Podemos cambiar de nome, lugar, destino, oficio, vestimenta, opini...
Chorona 14.11.2023 4:56
Algunha vez vos dixeron iso de: « Non chores que te pos fea. » ? Supoño que é unha estratexia moi recorrente entre proxenitoras para conseguir que as súas pequerrechas deixen o tan molesto choro, pero en realidade ese comentario está sentando as bases para xulgarnos e avergoñarnos do noso propio pranto. Chorona: que chora moito e facilmente. Dende que era cativa fustrigáronme innumerables veces ch...
De-presión 11.10.2023 7:43
Hai unha frondosa foresta de presión ao noso redor que fai que o espazo dispoñible para ser libremente se reduza a unha minúscula leira interna cercada por un valado de ditames sociais. Construímos en base a eses mandatos externos pensando que será por e para o noso ben, pero cando os ladrillos se desfán nas nosas mans e vemos que todo é unha invención perpetuada e asentada no medo á incerteza e a...
Nüshu, a escritura de mulleres 06.09.2023 4:32
No século XIX nace en China, no distrito de Jiangyong pertencente á provincia de Hunan, un tipo de escritura creada e usada exclusivamente por e para mulleres. A escritura nüshu deriva dos caracteres chineses, pero adopta unha forma romboide en vez de cadrada sendo os seus elementos principais o punto, as liñas verticais, as liñas inclinadas e as liñas arqueadas. A pesar de ser esencialmente unha...
Ferida mestra 09.08.2023 5:56
Unha ferida pode ser física ou do espírito, externa ou interna; pero en calquera caso trae consigo unha ensinanza para quen a padece. Mentres doe non somos capaces de ver a aprendizaxe que nos aporta e aínda menos de ver o don para axudar a outras a través dela. Máis ben pretendemos escondela por medo e vergoña. En cambio, só cando a destapamos pode deixar de ser unha carga para nós e converterse...
Un cóctel de intelixencias 04.07.2023 6:49
O que cadaquén entende por intelixencia é subxectivo por iso: que definición imos impoñer como única se todas son válidas? Grazas ás investigacións no eido da Psicoloxía, descubriuse que o conxunto das capacidades mentais e habilidades socioemocionais dunha persoa son variadas e, polo tanto, permiten poder falar de intelixencias múltiples.
Custas afundidas 07.06.2023 5:48
Que pasa con todo ese tempo, dedicación, diñeiro, investigación, entrega, atención e ilusión que orientamos a un destino ao que finalmente non chegamos? Acaso é un barco naufragado no fondo do mar? En Economía manéxase o termo “custas afundidas” para referirse á suma pagada no pasado e que, en teoría, xa non é relevante na toma de decisións presente con respecto ao futuro. Así pois, moi a pesar do...
O mestre toxo 10.05.2023 7:39
A pesar das súas recias e punzantes espiñas, xa amamos o toxo como parte do noso acervo paisaxístico e cultural. En Galicia existen tres tipos de toxo: toxo brañego ( Ulex minor ); toxo gateño tamén chamado toxo femia ou toxo molar ( Ulex galli ); e o toxo arnal asemade denominado toxo macho, toxo albar, toxo bravo ou toxo branco ( Ulex europeaus ) que é o que acada a maior altura e a maior presen...
A illa das lembranzas 12.04.2023 6:00
En moitos casos estas acordanzas son angustiosas e ferintes e por iso escapamos a fume de carozo, mais a cada paso ditos recordos seguen espreitándonos con sixilo para aparecer no momento que menos o esperamos. Renegar de certos eventos do pasado para suprimilos da nosa memoria ou distorcer o ocorrido para poder convivir con iso, son estratexias que adoitamos aplicar inconscientemente. Ao fin e ao...
O pastel do privilexio 08.03.2023 3:25
Privilexio é a vantaxe pola que alguén está libre dunha obriga ou pola que pode ter ou facer algo que o resto non pode sexa por concesión dun superior ou por determinada circunstancia propia. Privilexio odioso é aquel que prexudica a unha terceira persoa. Privilexio gracioso é aquel que se concede sen atención aos méritos do privilexiado senón por graza ou parcialidade do superior. A miña definici...
A alquimia do barbeito 06.01.2023 3:52
Para min o traballo persoal é alquimia. O fermoso, creo eu, é que imos destilando e atravesando etapas até poder abrazar todas as nosas cores. É un traballo da vida enteira xa que sempre aparecen situacións que nos amosan o que nos queda por integrar en certos ámbitos.
Como fala o amor? 30.12.2022 5:13
Se vivides en terras galaicas estou segura de que vos preguntaron máis dunha vez: “E queres kiwis?” ou “Has levar patacas?”. E que me dicides das famosas moreas de friameiras con comida feita da casa para levar? En Galicia, sen dúbida os produtos da horta e das árbores froiteiras así como a comida son mostras idiosincráticas de amor que transcenden xeracións. As preferencias ou gustos específicos...
Vaca 23.12.2022 7:09
Non hai paisaxe galega na que non estean presentes as vacas. Na miña opinión, é o noso animal emblemático como pobo. É a imaxe do noso contexto histórico, político e social como ben a representaba Castelao nos seus debuxos. Lémbrome especialmente dun deles no que se vía en segundo plano a unha familia da aldea chorando porque lles morrera unha vaca e, en primeiro plano observando a estampa, un púb...
Necesidades creadas 16.12.2022 5:25
Estamos nunha época do ano na que consumimos desaforadamente con escusas como o xogo da amiga invisible, a aparición dun ancián de barba branca que vén do Norte montado en zorra tirada por renos, a chegada duns reis magos que veñen de Oriente en camelo, ... Temos unha grande inventiva para xustificar e enfeitar o noso consumismo nestas datas. Moitas veces asociamos comprar con suplir unha necesida...
No medio da montaña 09.12.2022 4:50
Ser mediocre vese como algo negativo por unha falta de talento ou de coñecemento. En realidade, o feito de ser chamada mediocre, nace do choque entre as expectativas daquelas que nos rodean e a nosa realidade sexa nun contexto persoal ou laboral. O problema é cando nós mesmas asimilamos a visión desa persoa externa á que lle asignamos autoridade por diversas razóns (pode ser a nosa tía, a nosa avo...
O estímulo da ignorancia 02.12.2022 5:20
As adultas non temos por que sabelo todo. Simplemente facemos o que podemos co que sabemos en cada momento. Non saber é válido e non debemos avergonzarnos nin pretender aparentar que somos seres omniscientes, pois o máis humano é precisamente non ter as respostas. A ignorancia non é un estado perpetuo, senón unha fase pola que pasamos diariamente; pero iso non impide que poidamos estar receptivas...
Cousas de mulleres 25.11.2022 14:49
A menstruación, o embarazo, o aborto, as violacións, os acosos e as agresións sexuais enténdense como “cousas de mulleres”. Por que? Pois porque o que é definido como “universal” é o concernente ao home cis-xénero heterosexual sendo considerado o oposto “particular” todo o que non lle afecte a este suxeito. O paradoxal é que sendo supostamente “cousas de mulleres”, quen lexisla sobre ditos temas a...
Aprendendo das dunas 18.11.2022 5:02
Destrución implica limpar e eliminar para liberar espazo e tempo e que poidan nacer un baleiro e un silencio que nos leven cara dentro para poder crear. Cada certo tempo vén o momento de destruír, de pechar, de poñer fin para que outros inicios poidan darse. A morte de algo e logo, o renacer. Candoa duna termina de construírse pola acción do vento e acada un tamaño de entre catro e seis metros, a...
Coidado ou control? 11.11.2022 7:38
Probablemente, identificar cando as demais tratan de controlarnos sexa máis fácil que detectar o control que nós tratamos de exercer sobre as outras, máis que nada porque culpar ás demais é psicoloxicamente máis soportable que asumir as propias sombras que gardamos entre bastidores. Podemos facernos conscientes das dinámicas de poder que subxacen a calquera relación entre persoas e, dese xeito, da...
Apego ou amor? 04.11.2022 8:00
Acabadas de nacer, detectamos que podemos morrer e, polo tanto, para sobrevivir apegámonos ás nosas criadoras. Son a nosa primeira fonte de amor e os nosos primeiros vínculos relacionais. O apego emerxe sendo necesario para a nosa supervivencia cando somos cativas así que non é algo nocivo per se . É unha vinculación emocional moi intensa que sentimos cando somos pequenas con respecto ás persoas d...
O conxuro da efervescencia 28.10.2022 4:43
Hai instantes nos que me embarga a iracunda, a perversa, a celosa, a manipuladora, a vingativa, a envexosa, a soberbia, a fachendosa, a condescendente, a caprichosa, a violenta, … Algunhas veces sentíame culpable porque a miña programación mental facíame xulgar que non debía sentir iso. Porén, identificar o que sinto é o primeiro paso para poder aceptalo e darme de conta de que todas as emoc...
O verme do reencontro 21.10.2022 4:58
Fai pouco estiven en dous eventos - un profesional e outro familiar - e neles atopeime con persoas que facía moitos anos que non vía. Cada persoa fainos amosar unha parte de nós específica: ás veces unha máscara para a ocasión e, outras, unha faceta auténtica. Reencontrarnos con persoas que fai tempo que non vemos é como ese momento no que Alicia entra na tobeira do coello branco e cae por un fura...
S.O.S. 14.10.2022 9:43
O 10 de outubro celebrouse o Día Internacional da Saúde Mental e este é un claro exemplo dun dos ámbitos nos que máis nos custa pedir axuda. Da mente nacen os pensamentos, interpretacións, sentimentos, reaccións psicosomáticas, estados de ánimo, comportamentos, ... É dicir, practicamente todo! Polo tanto, a mente condiciona a nosa capacidade para relacionarnos coas demais e para desenvolvernos no...
A roda da Vida 07.10.2022 4:45
Miña avoa, como todo un oráculo que é, sempre di mentres debuxa co seu dedo índice un círculo no aire: “A Vida é unha roda”. Se nos paramos a imaxinar unha roda, o natural para ela é xirar. Se a Vida é unha roda como afirma miña avoa toda chea de razón, unhas veces estaremos na parte de arriba lixeiras e dispostas; e outras veces na parte de abaixo cargadas e sostendo o peso. A roda recórdanos a...
Cando ousamos dicir “non” 30.09.2022 5:18
Estamos aprendendo a tomar consciencia como sociedade de que “Non é non”, sobre todo no contexto sexual. Estamos aprendendo a que non hai que dicir que si a todo por sistema ou porque é o que se espera de nós nin tampouco debemos interpretar que un “non” é unha invitación a seguir insistindo. Paréceme esencial aprender a respectar o “non” das demais así como identificar o propio “non”. Con todo, t...
Replaio nie jest wydawcą podcastów; nazwy audycji, okładki i audio należą do ich autorów i są rozpowszechniane przez publiczne kanały RSS