Unha pedra no zapato

Unha pedra no zapato

Religion GL ↓ 70 episodes

Unha pedra no zapato é algo incómodo que te obriga a parar e observar o interior do calzado para baleiralo. Pois do mesmo xeito, vou tratar temas que son as miñas “pedras no zapato” e expoñelos convidándovos á reflexión, á pausa e a viaxar cara o interior. Son Rosalía, artista e auto-indagadora, e este será un punto de encontro no que abrazarnos xenuinamente humanas e imperfectas. Conectemos aquí e agora en galego!

Author

Unha pedra no zapato

Category

Religion

Podcast website

podcasters.spotify.com

Latest episode

Dec 20, 2023

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Obra de Musas 20.12.2023

Cambiar é algo común aos seres vivos: a serpe muda de pel, os cans mudan de pelo, a larva muda o casulo polas ás de bolboreta, as árbores mudan as follas, ... En realidade o ser humano é o único que se resiste á continua metamorfose que require a Vida. As mudanzas alíñannos con novas etapas que son necesarias para a nosa evolución. Podemos cambiar de nome, lugar, destino, oficio, vestimenta, opini...

Chorona 14.11.2023

Algunha vez vos dixeron iso de: « Non chores que te pos fea. » ? Supoño que é unha estratexia moi recorrente entre proxenitoras para conseguir que as súas pequerrechas deixen o tan molesto choro, pero en realidade ese comentario está sentando as bases para xulgarnos e avergoñarnos do noso propio pranto. Chorona: que chora moito e facilmente. Dende que era cativa fustrigáronme innumerables veces ch...

De-presión 11.10.2023

Hai unha frondosa foresta de presión ao noso redor que fai que o espazo dispoñible para ser libremente se reduza a unha minúscula leira interna cercada por un valado de ditames sociais. Construímos en base a eses mandatos externos pensando que será por e para o noso ben, pero cando os ladrillos se desfán nas nosas mans e vemos que todo é unha invención perpetuada e asentada no medo á incerteza e a...

Nüshu, a escritura de mulleres 06.09.2023

No século XIX nace en China, no distrito de Jiangyong pertencente á provincia de Hunan, un tipo de escritura creada e usada exclusivamente por e para mulleres. A escritura nüshu deriva dos caracteres chineses, pero adopta unha forma romboide en vez de cadrada sendo os seus elementos principais o punto, as liñas verticais, as liñas inclinadas e as liñas arqueadas. A pesar de ser esencialmente unha...

Ferida mestra 09.08.2023

Unha ferida pode ser física ou do espírito, externa ou interna; pero en calquera caso trae consigo unha ensinanza para quen a padece. Mentres doe non somos capaces de ver a aprendizaxe que nos aporta e aínda menos de ver o don para axudar a outras a través dela. Máis ben pretendemos escondela por medo e vergoña. En cambio, só cando a destapamos pode deixar de ser unha carga para nós e converterse...

Un cóctel de intelixencias 04.07.2023

O que cadaquén entende por intelixencia é subxectivo por iso: que definición imos impoñer como única se todas son válidas? Grazas ás investigacións no eido da Psicoloxía, descubriuse que o conxunto das capacidades mentais e habilidades socioemocionais dunha persoa son variadas e, polo tanto, permiten poder falar de intelixencias múltiples.

Custas afundidas 07.06.2023

Que pasa con todo ese tempo, dedicación, diñeiro, investigación, entrega, atención e ilusión que orientamos a un destino ao que finalmente non chegamos? Acaso é un barco naufragado no fondo do mar? En Economía manéxase o termo “custas afundidas” para referirse á suma pagada no pasado e que, en teoría, xa non é relevante na toma de decisións presente con respecto ao futuro. Así pois, moi a pesar do...

O mestre toxo 10.05.2023

A pesar das súas recias e punzantes espiñas, xa amamos o toxo como parte do noso acervo paisaxístico e cultural. En Galicia existen tres tipos de toxo: toxo brañego ( Ulex minor ); toxo gateño tamén chamado toxo femia ou toxo molar ( Ulex galli ); e o toxo arnal asemade denominado toxo macho, toxo albar, toxo bravo ou toxo branco ( Ulex europeaus ) que é o que acada a maior altura e a maior presen...

A illa das lembranzas 12.04.2023

En moitos casos estas acordanzas son angustiosas e ferintes e por iso escapamos a fume de carozo, mais a cada paso ditos recordos seguen espreitándonos con sixilo para aparecer no momento que menos o esperamos. Renegar de certos eventos do pasado para suprimilos da nosa memoria ou distorcer o ocorrido para poder convivir con iso, son estratexias que adoitamos aplicar inconscientemente. Ao fin e ao...

O pastel do privilexio 08.03.2023

Privilexio é a vantaxe pola que alguén está libre dunha obriga ou pola que pode ter ou facer algo que o resto non pode sexa por concesión dun superior ou por determinada circunstancia propia. Privilexio odioso é aquel que prexudica a unha terceira persoa. Privilexio gracioso é aquel que se concede sen atención aos méritos do privilexiado senón por graza ou parcialidade do superior. A miña definici...

A alquimia do barbeito 06.01.2023

Para min o traballo persoal é alquimia. O fermoso, creo eu, é que imos destilando e atravesando etapas até poder abrazar todas as nosas cores. É un traballo da vida enteira xa que sempre aparecen situacións que nos amosan o que nos queda por integrar en certos ámbitos.

Como fala o amor? 30.12.2022

Se vivides en terras galaicas estou segura de que vos preguntaron máis dunha vez: “E queres kiwis?” ou “Has levar patacas?”. E que me dicides das famosas moreas de friameiras con comida feita da casa para levar? En Galicia, sen dúbida os produtos da horta e das árbores froiteiras así como a comida son mostras idiosincráticas de amor que transcenden xeracións. As preferencias ou gustos específicos...

Vaca 23.12.2022

Non hai paisaxe galega na que non estean presentes as vacas. Na miña opinión, é o noso animal emblemático como pobo. É a imaxe do noso contexto histórico, político e social como ben a representaba Castelao nos seus debuxos. Lémbrome especialmente dun deles no que se vía en segundo plano a unha familia da aldea chorando porque lles morrera unha vaca e, en primeiro plano observando a estampa, un púb...

Necesidades creadas 16.12.2022

Estamos nunha época do ano na que consumimos desaforadamente con escusas como o xogo da amiga invisible, a aparición dun ancián de barba branca que vén do Norte montado en zorra tirada por renos, a chegada duns reis magos que veñen de Oriente en camelo, ... Temos unha grande inventiva para xustificar e enfeitar o noso consumismo nestas datas. Moitas veces asociamos comprar con suplir unha necesida...

No medio da montaña 09.12.2022

Ser mediocre vese como algo negativo por unha falta de talento ou de coñecemento. En realidade, o feito de ser chamada mediocre, nace do choque entre as expectativas daquelas que nos rodean e a nosa realidade sexa nun contexto persoal ou laboral. O problema é cando nós mesmas asimilamos a visión desa persoa externa á que lle asignamos autoridade por diversas razóns (pode ser a nosa tía, a nosa avo...

O estímulo da ignorancia 02.12.2022

As adultas non temos por que sabelo todo. Simplemente facemos o que podemos co que sabemos en cada momento. Non saber é válido e non debemos avergonzarnos nin pretender aparentar que somos seres omniscientes, pois o máis humano é precisamente non ter as respostas. A ignorancia non é un estado perpetuo, senón unha fase pola que pasamos diariamente; pero iso non impide que poidamos estar receptivas...

Cousas de mulleres 25.11.2022

A menstruación, o embarazo, o aborto, as violacións, os acosos e as agresións sexuais enténdense como “cousas de mulleres”. Por que? Pois porque o que é definido como “universal” é o concernente ao home cis-xénero heterosexual sendo considerado o oposto “particular” todo o que non lle afecte a este suxeito. O paradoxal é que sendo supostamente “cousas de mulleres”, quen lexisla sobre ditos temas a...

Aprendendo das dunas 18.11.2022

Destrución implica limpar e eliminar para liberar espazo e tempo e que poidan nacer un baleiro e un silencio que nos leven cara dentro para poder crear. Cada certo tempo vén o momento de destruír, de pechar, de poñer fin para que outros inicios poidan darse. A morte de algo e logo, o renacer. Candoa duna termina de construírse pola acción do vento e acada un tamaño de entre catro e seis metros, a...

Coidado ou control? 11.11.2022

Probablemente, identificar cando as demais tratan de controlarnos sexa máis fácil que detectar o control que nós tratamos de exercer sobre as outras, máis que nada porque culpar ás demais é psicoloxicamente máis soportable que asumir as propias sombras que gardamos entre bastidores. Podemos facernos conscientes das dinámicas de poder que subxacen a calquera relación entre persoas e, dese xeito, da...

Apego ou amor? 04.11.2022

Acabadas de nacer, detectamos que podemos morrer e, polo tanto, para sobrevivir apegámonos ás nosas criadoras. Son a nosa primeira fonte de amor e os nosos primeiros vínculos relacionais. O apego emerxe sendo necesario para a nosa supervivencia cando somos cativas así que non é algo nocivo per se . É unha vinculación emocional moi intensa que sentimos cando somos pequenas con respecto ás persoas d...

O conxuro da efervescencia 28.10.2022

Hai instantes nos que me embarga a iracunda, a perversa, a celosa, a manipuladora, a vingativa, a envexosa, a soberbia, a fachendosa, a condescendente, a caprichosa, a violenta, … Algunhas veces sentíame culpable porque a miña programación mental facíame xulgar que non debía sentir iso.  Porén, identificar o que sinto é o primeiro paso para poder aceptalo e darme de conta de que todas as emoc...

O verme do reencontro 21.10.2022

Fai pouco estiven en dous eventos - un profesional e outro familiar - e neles atopeime con persoas que facía moitos anos que non vía. Cada persoa fainos amosar unha parte de nós específica: ás veces unha máscara para a ocasión e, outras, unha faceta auténtica. Reencontrarnos con persoas que fai tempo que non vemos é como ese momento no que Alicia entra na tobeira do coello branco e cae por un fura...

S.O.S. 14.10.2022

O 10 de outubro celebrouse o Día Internacional da Saúde Mental e este é un claro exemplo dun dos ámbitos nos que máis nos custa pedir axuda. Da mente nacen os pensamentos, interpretacións, sentimentos, reaccións psicosomáticas, estados de ánimo, comportamentos, ... É dicir, practicamente todo! Polo tanto, a mente condiciona a nosa capacidade para relacionarnos coas demais e para desenvolvernos no...

A roda da Vida 07.10.2022

Miña avoa, como todo un oráculo que é, sempre di mentres debuxa co seu dedo índice un círculo no aire: “A Vida é unha roda”.  Se nos paramos a imaxinar unha roda, o natural para ela é xirar. Se a Vida é unha roda como afirma miña avoa toda chea de razón, unhas veces estaremos na parte de arriba lixeiras e dispostas; e outras veces na parte de abaixo cargadas e sostendo o peso.  A roda recórdanos a...

Cando ousamos dicir “non” 30.09.2022

Estamos aprendendo a tomar consciencia como sociedade de que “Non é non”, sobre todo no contexto sexual. Estamos aprendendo a que non hai que dicir que si a todo por sistema ou porque é o que se espera de nós nin tampouco debemos interpretar que un “non” é unha invitación a seguir insistindo. Paréceme esencial aprender a respectar o “non” das demais así como identificar o propio “non”. Con todo, t...

Listen to the Unha pedra no zapato podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.