Unha pedra no zapato

Unha pedra no zapato

Religion GL ↓ 70 episodes

Unha pedra no zapato é algo incómodo que te obriga a parar e observar o interior do calzado para baleiralo. Pois do mesmo xeito, vou tratar temas que son as miñas “pedras no zapato” e expoñelos convidándovos á reflexión, á pausa e a viaxar cara o interior. Son Rosalía, artista e auto-indagadora, e este será un punto de encontro no que abrazarnos xenuinamente humanas e imperfectas. Conectemos aquí e agora en galego!

Author

Unha pedra no zapato

Category

Religion

Podcast website

podcasters.spotify.com

Latest episode

Dec 20, 2023

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Esforzo e disciplina 23.09.2022

“Se te esforzas e es disciplinada, conseguirás todo o que te propoñas!”. Xa nos gustaría que este lema funcionase sempre!  Buscamos desesperadamente técnicas, métodos ou instrucións que nos garantan que se facemos A, o resultado vai ser B; pero na Vida aparecen variables que non dependen para nada de nós e que modifican os acontecementos dunha maneira inesperada.  Está claro que para nadar hai que...

Soltar e deixar ir 16.09.2022

Dilapidamos enerxía e atención moitas veces onde xa non é necesario o investimento emocional, mental, físico ou espiritual. Quedamos enganchadas a seguir mantendo certas situacións, cousas e relacións por medo á incerteza que supón soltalas, por medo ao baleiro e á soidade, por medo a perder a sensación de seguridade que nos fai sentir aquilo coñecido. En xeral, cústanos moito descartar, é dicir,...

As ensinanzas do colibrí 09.09.2022

Para a civilización maia, o colibrí tiña a especial misión de transportar os desexos e pensamentos así como as bendicións das deusas ou das familiares falecidas que seguen téndonos presentes no outro mundo. Existen 343 especies desta familia de aves. É o paxaro máis pequeno do Planeta: dependendo da especie, pode pesar dende os 2,2 gramos até un máximo de 20 gramos. Bate as ás debuxando círculos e...

Perfecta limitación 02.09.2022

A perfección entendida como o requisito previo para facer ou executar algo ou para amosarnos e presentarnos ao mundo, fai un tándem coa nosa sensación de falta de valor propio. Así, usamos o argumento da perfección para xustificar que non iniciamos ou non continuamos o que empezamos. No fondo, temos medo a "facelo mal" ou "non abondo ben" e por iso acabamos vivindo co freo de man posto por causa d...

Que hai detrás da presión? 26.08.2022

Ás veces a presión empúrranos a dar ese paso que, sendo necesario, non nos atreviamos a dar;  outras veces, a presión paralízanos ou abócanos a tomar decisións impulsivas sen ter tempo de reflexionar e de verificar se queremos realmente escoller esas opcións. Podemos ter a sensación de que é unha presión externa encarnada nunha persoa do noso entorno ou unha situación que se manifesta na nosa vida...

In-sub-misión 19.08.2022

Tanto dá que agora sexa química, a submisión sempre foi imposta ás mulleres emocional, sexual, social, cultural, intelectual, familiar e laboralmente. Submisas, así nos quixeron. Todos estes sucesos de picadas de submisión química en festas, concertos e locais de ocio nocturno arrepíanme. Arrepíanme, pero desgraciadamente non me sorprenden. O xerme desta conduta orixínase en pequenas accións viole...

Xogamos? 12.08.2022

Xogar como sinónimo de brincar semella que é algo falto deimportancia e que fai perder o tempo sen aportar nada. Pois gustaríame recordar que as nosas primeiras formas de aprendizaxe e socialización desenrólanse mediante aimitación e o xogo. É curioso que se perciba como algo pouco serioporque todo xogo organízase segundounhas regras determinadas requirindo o compromiso das xogadorase, ás veces, t...

Actitude creativa 05.08.2022

O ser humano é fundamentalmente un ser creativo. O caso é que estamos insertadas nun sistema de produción capitalista que nos fai pensar na obrigatoriedade de que haxa un produto final e na súa comercialización. Aquilo que creamos e aquilo co que desenvolvemos a nosa creatividade non ten que ser útil nin tampouco ten que servir para obter diñeiro. A utilidade e a rendibilidade quedan á marxe da cr...

Día da Matria galega 29.07.2022

O 25 de xullo celebramos o Día da Matria Galega. Grazas ao labor das Irmandades da Fala, conseguiuse designar un día no que homenaxear a Galicia. Non foi até mediados dos anos 1980 cando se permitiu a manifestación deste día de maneira pública. En resumo, fai dous días que somos libres de poder conmemorar sen restricións o Día de Galicia. O himno galego estreouse o 20 de decembro de 1907 no Centro...

Revisando compromisos 22.07.2022

Compromiso é ante todo un acordo do que se desprenden responsabilidades, pero tamén beneficios, non debemos esquecelo. Cando algunha das condicións de dito compromiso non está en sintonía connosco, desatendemos ou amosámonos indiferentes provocando unha sensación de deslealdade para a outra parte implicada. Será que podemos facer as cousas de xeito diferente antes de chegar a ese punto tóxico de d...

O abano de intimidades 15.07.2022

No século XXI vivimos un verdadeiro pavor á intimidade á vez que unha ansia ancestral desesperada por ser capaces de habitala.  A intimidade é o esterco que fai florecer os nosos vencellos emocionais importantes, mais, á parte de fertilizar, tamén fede e moitas non estamos dispostas nin preparadas para soster tal fedor. Parece que a intimidade outorga compromiso e seriedade ao que toca e iso abáfa...

Por que escoller a vulnerabilidade? 08.07.2022

Vivimos nunha época na que temos medo a amosarnos, a ser vistas, a conectar, ao compromiso e, por outro lado, desexamos chegar a iso mesmo do que fuximos nunha xincana bipolar que atenta contra a nosa propia saúde. Dicimos que queremos ver verdadeiramente á outra persoa, pero non queremos que nos vexan a nós. Ademais, cando nos cruzamos con algunha valente no camiño que se atreve a expoñerse vulne...

A-B-O-R-T-O 01.07.2022

Séculos atrás, o corpo do home destinábase á guerra e o da muller á reprodución. Realmente cambiaron as bases despois de tantos anos ou os tentáculos medievais aínda moven os fíos? O corpo da muller é cuestión pública, en cambio, o corpo do home non ten debate moral ao seu redor a excepción de se é “demasiado” feminino ou se aspira a ser feminino por vontade propia. Hai palabras relacionadas co co...

Prendendo a fogueira 24.06.2022

O 21 de xuño, o solsticio deu inicio ao verán para unha metade do planeta e ao inverno para a outra metade. Estamos ante o día máis longo e a noite máis curta para as moradoras do hemisferio norte. Unha noite tal coma esa, os nosos antepasados pagáns acendían fogueiras para honrar e coidar do Sol e axudarlle a renovar a súa enerxía e poder. En Galicia conservamos milleiros de costumes e cultos pag...

Camiño de luces e sombras 17.06.2022

A vida é un camiño cuxo destino descoñecemos e esa incerteza déixanos expostas e vulnerables. Forxamos as nosas armaduras e coirazas por medo, para sentirnos protexidas e seguras así como construímos unha imaxe do que cremos que debemos ser para sentirnos aceptadas e amadas. É cos nosos pasos que o sendeiro se manifesta. A tan ansiada felicidade non está na pousada, tal e como xa nos dicía o fidal...

Quen decide o meu éxito? 10.06.2022

Estamos socializadas nunha cultura centrada na aparencia externa: ten que ser unha voz dende fóra a que nos valide para despois, nós, sentir que valemos así que, ter éxito, depende da valoración que nos dean as demais.  Imos perseguindo estándares de éxito construídos dende o marketing, a acción dos logaritmos e as dinámicas do Mercado co cal somos escravas desa imaxe do que é exitoso e consumimos...

O fracaso como oportunidade 03.06.2022

Fracasar é non acadar o resultado previsto ou desexado, que o escenario ideal que definimos cos nosos pensamentos non se materializa tal cal na nosa realidade. É dicir, deixamos que unha creación da nosa mente, unha idea pensada sobre como deberían acontecer as cousas, domine como nos sentimos e como interpretamos a nosa vida e a nós mesmas. O fracaso é visto como algo negativo  porque non aceptam...

Impostora 27.05.2022

O síndrome da impostora é un estado de dúbida crónica sobre o teu potencial e capacidades, unha sensación de insuficiencia e de que o que conseguiches até agora foi produto da sorte e non das propias habilidades e a isto súmase unha ansiedade polo medo a que as demais persoas descubran que es unha impostora.  É unha forma de pensar moi paralizante que fai que nos percibamos como incompetentes e in...

As nosas Letras 20.05.2022

O 17 de maio celebramos o Día das Letras Galegas. É importante conmemorar a nosa lingua e as persoas que a desenvolveron no ámbito literario. Escribir implica un estudo e unha investigación das que non somos conscientes como lectoras. Pensamos que cando unha persoa escribe poesía, unha novela ou un texto teatral é por certo don innato, mais calquera arte require dedicación para desenvolverse así q...

Maternar 13.05.2022

Maternar é coidar dende o amor e dende a capacidade de vencellarnos afectiva, emocional e enerxeticamente con aquilo que maternamos. Maternar non se relaciona unicamente con un bebé. Podemos maternar proxectos persoais e profesionais; relacións familiares, de amizade, de parella e de traballo; e incluso a nós mesmas. Todas temos clara a teoría sobre como se debería ser nai, sobre o que nos faltou...

Himno ao corpo 06.05.2022

O corpo: recipiente de vísceras e fluídos, carne que nos expón vulnerables, instrumento de identidade, moeda de cambio, transporte que nos leva e nos trae, atadura ao mundano, fonte de pracer, encarnación da política, manifestación da vida, abeiro da morte, ... Como explicar a relación co propio corpo? Podemos pensar que é todo un descoñecido nos primeiros anos de vida, un obstáculo hormonal na ad...

Bailamos? 29.04.2022

Bailarina, danzante, bailadora, bailadeira, danzarina. Todas estas palabras refírense a aquela persoa que é amiga de practicar danza. Visualizo ese cadro titulado A danza no que o pintor Henri Matisse preséntanos unha rítmica sucesión de corpos danzantes espidos sobre un fondo de intenso ceo azule de veludento verde chan que transmite a conexión coa natureza, coa sensación de liberación emocional...

Pracer localizado 22.04.2022

Pracer: sensación que unha cousa agradable ou que gusta moito produce no espírito ou nos sentidos. A definición parece clara, pero moitas veces o que nos custa é atopalo. Sería máis doado poder dicir: “Siri, busca pracer” e que nos dea a resposta, pero de momento non funciona así. Cada persoa experimenta o pracer de diferente maneira e ante diferentes estímulos. Ademais, dependendo do momento, da...

O valor de existir 15.04.2022

A frecha sostense disposta e presente en contacto coa corda do arco e nese intre, incluso para sorpresa da tiradora, prodúcese a acción e a frecha dispárase. Será posible ese estado de non intencionalidade e de desprendemento no que simplemente existir xa outorga todo o valor? A trindade “ resultado = éxito = valor ” xeroume cantidades inxentes de sufrimento. O éxito é un xerundio, un “estar facen...

Repetimos? 08.04.2022

Alá polo ano 2008, o xornalista, escritor e sociólogo Malcolm Gladwell formulou unha teoría de gran impacto: para ser moi boa en algo, debemos dedicarlle polo menos 10 000 horas. Entón, para ser experta hai que practicar repetidamente até que adquiramos a pericia que require. A repetición da práctica como clave para a destreza máis alá do talento ou don innatos. Até aquí poderiamos pensar que a re...

Listen to the Unha pedra no zapato podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.