Unha pedra no zapato
Unha pedra no zapato
Unha pedra no zapato é algo incómodo que te obriga a parar e observar o interior do calzado para baleiralo. Pois do mesmo xeito, vou tratar temas que son as miñas “pedras no zapato” e expoñelos convidándovos á reflexión, á pausa e a viaxar cara o interior. Son Rosalía, artista e auto-indagadora, e este será un punto de encontro no que abrazarnos xenuinamente humanas e imperfectas. Conectemos aquí e agora en galego!
Author
Unha pedra no zapato
Category
Podcast website
Latest episode
Dec 20, 2023
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Non son mandona, son a xefa 01.04.2022 4:04
Cal prefires: mandona, autoritaria, mangoneadora ou mal fodida? Só polo feito de ser a que opina, a que disente, a que toma as decisións, a que dirixe, a xefa. Son ambiciosa e aprópiome das miñas paixóns, desexos, sabedoría, conviccións, liderado e compromiso coa vida. Abro camiño ao emprender, ao asumir retos e responsabilidades, ao expoñerme dende a miña vulnerabilidade, ao dirixir desde a escoi...
Un lugar para contemplar 25.03.2022 4:12
O 27 de marzo é o Día internacional do Teatro e, sendo actriz, pois non podo deixar de mencionalo nin de celebralo con moito agarimo cada día do ano. Na fala coloquial, cando dicimos que alguén é “teatreira” ou que está “facendo teatro” nunha situación, referímonos a que fai algo falso, que engana e trata de manipular ás demais. E isto évos ben curioso porque en cambio, ás actrices o que nos esixe...
O momento dos inicios 18.03.2022 4:11
O día 20 de marzo estaremos iniciando o ano novo. Algunhas diredes: “Un momento... Se o ano comeza o 1 de xaneiro, de que fala esta?”. Que aquí vivamos baixo os mandatos do calendario gregoriano, non impide que haxa outras verdades que teñen as súas raíces nunha sabedoría máis antiga e ancestral. Un ano solar dura exactamente 365 días, 5 horas, 48 minutos e 45.10 segundos. Cada vez que o Sol pasa...
A muller Esfinxe 11.03.2022 4:33
A Esfinxe foi designada como “monstro feminino”. A mitoloxía grega representouna como unha leoa alada con cabeza e peito de muller que propoñía enigmas irresolubles. Discípula das Musas na formulación de adiviñas, esta “cruel cantora”, dicían, mataba abrazando e asfixiando aos que non conseguían resolvelas. A mirada masculina converteuna en emblema da perversidade, a maquinación e a sexualidade de...
A guerra dentro de nós 04.03.2022 4:55
A democracia actual ten as súas fallas a nivel de transparencia, de sistemas de representación, de sistemas de partidos, de financiamento, ... Non hai nada perfecto, mais o que está claro é que cando votamos, estamos outorgando o poder de representarnos a esas persoas da lista. Quizais alguén pense que a política é unha estafa ou o reino da corrupción. Pero aínda que pensemos iso, o que vemos fór...
A vida é un carnaval 25.02.2022 4:46
As máscaras e disfraces crean un espazo entre a persoa que os leva postos e os actos que leva a cabo. Póñovos tres exemplos: o filme de Kubrick titulado “Eyes wild shut”; o Ku Klux Klan; e os Masóns. O perigo ou vantaxe, segundo como se mire, do enmascaramento, é que agocha a identidade da persoa responsable de ditos actos. Porén, dende o 2020, un presente pandémico creou un contexto no que, para...
Conversando con mamá 18.02.2022 15:32
Este é un episodio diferente porque estarei acompañada. A nosa cómplice de hoxe chámase María, alias Marita. É unha muller marabillosa, todo un referente que, ademais, casualmente é a mai que me pariu. Convideina a conversar no espazo de Unha pedra no zapato porque a súa sabedoría é moi especial, misteriosa, profunda, ... e encantaríame que a comparta convosco. Así que aquí estamos difundindo pola...
Amor descafeinado 11.02.2022 5:10
Falemos do 14-F, un día tan comercial que converteu o amor en algo descafeinado, bonito para a foto e rápido para consumir. O caso é que aquí estamos buscando agasallos para demostrar o moito que amamos á nosa parella. Porque anque se diga que é o “Día do amor e a amizade”, o 14 de febreiro zumega parella-centrismo. A mensaxe detrás de todos eses anuncios e ofertas de San Valentín é que se non tes...
Buscando gurú 04.02.2022 4:37
Fai unhas semanas estaba vendo un documental sobre Anthony Robbins: un orador motivacional moi famoso de Estados Unidos. Pois no documental pódese ver a milleiros de asistentes dos seus congresos dando chimpos, berrando, cantando e repetindo consignas con este home no que buscan euforicamente unha solución para as súas vidas. Cando vin esa estampa pensei: “Que grupo de ovellas desesperadas porque...
Sorpresas da Vida 28.01.2022 5:01
A Vida sempre me sorprende. Envorca as miñas certezas como se fosen un barquiño de papel á deriva e non podo máis que quedarme bocaaberta. Sei que moitas persoas asocian sorpresa con algo agradable, pero en realidade unha sorpresa é algo que nos conmove, que nos suspende e marabilla pola súa rareza ou incomprensibilidade. Unha sorpresa é algo que estaba oculto e de súpeto emerxe con toda a súa for...
Espellos e filtros 21.01.2022 4:16
Fai varios séculos só a mirada das outras persoas podía devolvernos unha "imaxe" sobre quen somos. Agora calquera ten acceso a espellos, fotografías, vídeos, ... e neles podemos mirarnos, descubrirnos e recoñecernos. Porén, a mirada das demais parte da súa propia interpretación e subxectividade polo tanto a devolución que nos ofrecen resulta ter todo que ver coas observadoras e nada que ver connos...
Misión de vida 14.01.2022 4:08
A misión de vida xorde na intersección entre o que se nos dá ben e o que a outra persoa necesita. É dicir, é aquilo que nos resulta doado facer, que nos encanta e que pode facilitarlles a vida a outros seres humanos dalgunha maneira. Trátase de algo concreto e tanxible e non de grandes proezas das que se deriva un recoñecemento público. Porque se pensamos que a misión de vida ten que ser algo hero...
Alta sensibilidade 07.01.2022 8:16
Como ninguén lle dixo ao abellón que - segundo os expertos en aeronáutica do ano 1934 – o seu peso, forma e tamaño das súas ás facíano inadecuado para voar, simplemente seguiu voando. Tras setenta anos de investigación, a física de fluídos por fin achou como o facía: as súas ás trazan un óvalo e dóbranse cara diante e atrás xerando turbulencias microscópicas. O abellón desafiou os límites aparente...
Conversando coa avoa 31.12.2021 13:35
Este é un episodio moi especial porque estarei acompañada. A nosa cómplice de hoxe chámase Amelia. É un ser humano incrible, un gran referente de muller que, ademais, é a miña avoa. Convideina a conversar no espazo de Unha pedra no zapato porque ela abeira unha gran sabedoría vital que me encantaría poder compartir convosco. Así que aquí estamos difundindo polas ondas un pouco de Amelia para o mun...
O que nos come por dentro 24.12.2021 3:26
Nestas datas de celebración nas que a comida ocupa un lugar central, gustaríame levar a nosa atención cara a maneira que temos de comer no día a día alén de eventos e de festas puntuais. Non pretendo amargarvos as lupandas e banquetes destes días, xentiña senón convidarvos a unha reflexión profunda sobre os ágapes que inxerimos. Hoxe gustaríame falar do trastorno alimenticio por enchedela. A pesar...
O aguinaldo da presenza 17.12.2021 3:27
Non sei vós, pero eu dende que comezou o mes de decembro non deixo de recibir mensaxes de texto e correos electrónicos de diferentes tendas e marcas “convidándome” a comprar produtos varios e recordándome o meu deber moral de ter mostras materiais de benquerenza. Regalos para lavar conciencias, para comprar afectos, para encher baleiros, para compensar ausencias ... Nestas semanas de bombardeo in...
Que vivan as repugnantiñas! 10.12.2021 2:38
Sabedes a típica persoa que cando a camareira pregunta que tal estaba a comida só por cumprir, ela vai e dá súa opinión sincera? Aquela que ve o fío que che colga da manga e avísate como se fose unha cuestión de vida ou morte? Esa que emprende batallas por un tícket de supermercado mal cobrado ou a típica que provoca que se alonguen as reunións porque fai as preguntas e comentarios incómodos que t...
Resignificando a quietude e a espera 03.12.2021 3:03
A rapidez e a acción son calidades que se premian e que se valoran moito socialmente. Eu sempre me tiven por unha persoa moi rápida e activa. Calquera que me coñeza probablemente poida confirmalo. Entón comecei a reflexionar sobre a posibilidade de que a rapidez e a acción non me definisen e pregunteime se eu podería ser tamén unha persoa que existe na quietude e na espera. Decidinme a experimenta...
A cadea da violencia 26.11.2021 5:41
Cada vez que algunha persoa é violenta con alguén hai algo non atendido no seu interior. Cando somos violentas, hai algo que non estamos querendo ver de nós mesmas, algo do que non queremos facernos responsables e explotamos cara fora derramando toda a lava do noso volcán sobre a outra persoa. Temos esta especie de estratexia inconsciente de buscar aquel que consideramos o elo máis débil da cadea...
Unha pedra no zapato (trailer) 19.11.2021 0:59
Unha pedra no zapato é algo incómodo que te obriga a parar e observar o interior do calzado para baleiralo. Pois do mesmo xeito, vou tratar temas que son as miñas “pedras no zapato” e expoñelos convidándovos á reflexión, á pausa e a viaxar cara o interior. Son Rosalía, artista e auto-indagadora, e este será un punto de encontro no que abrazarnos xenuinamente humanas e imperfectas. Conectemos aquí...
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.