AGalegaAudio

Todos os podcast | Convivir

Sociedade, inclusión e igualdade.

Koniecznie odwiedź stronę podcastu i wesprzyj twórcę: agalegaaudio.gal

Autor

AGalegaAudio

Kategoria

Society

Strona podcastu

agalegaaudio.gal

Ostatni odcinek

30 sie 2024

Gdzie słuchać?

Podcasty w aplikacji Replaio Radio Już wkrótce

Podcasty trafią do aplikacji już wkrótce. Zainstaluj teraz i jako pierwszy zobacz nowe podejście do podcastów

Pobierz z Google Play Zainstaluj za darmo Android prawie 10 mln pobrań · ocena 4,8 iOS niedługo

Odcinki

Convivir 28-02-2024 28.02.2024

O programa asómase á feira Biocultura que se desenvolverá na Coruña; cóntanos como futuros médicos reciben formación para tratar doenzas crónicas e trastornos depresivos con balneoterapia; e informa sobre as actividades da ONG "Camiña Nepal"

Convivir 27-02-2024 27.02.2024

Damos conta do que acontece nas escolas unitarias dalgunhas zonas rurais, que pese a ter metodoloxías diferentes a outros coles vénse abocadas ao peche. Afondamos tamén nas novidades tecnolóxicas con Laura Castro e na relación entre o alongamento dos días e a mellora do noso estado de ánimo. Ademais, coñecemos o programa de atención alimentaria no domicilio "Xantar na casa" e as protesta...

Convivir 26-02-2024 26.02.2024
Convivir 22-02-2024 22.02.2024

Damos conta do labor de Masa Pablenko, unha muller ucraína afincada na Coruña e que dende hai dous anos adica todos os seus esforzos na axuda á poboación afectada polo conflito bélico. Tamén coñecemos as preguntas que nos seguen dando apuro realizar na consulta médica e o noso doutor Prieto contaranos varias cousas arredor dos soños eróticos. Ademais, adiantarémonos á gala solidadaria que prepara...

Convivir 21-02-2024 21.02.2024

Coñecemos a historia persoal e profesional de Diego González Rivas, un cirurxián coruñés que realiza operacións torácicas por todo o mundo. Falamos da obra de teatro 'Vía Morta', que reflexa a realidade das persoas que viven en campos de refuxiados. Tamén abordamos os cursos de formación a 200 persoas desempregadas afectadas polos peches das centrais térmicas de Meirama e As Pontes. Adem...

Convivir 20-02-2024 20.02.2024

Ímonos ata Ferrol, pois nesta área sanitaria precisan de doazóns de leite materno. Cada ano diminúen os litros doados pese a ser cruciais para os bebés prematuros. Falamos tamén dun libro sobre chamado 'As múltiples cores da vida', que aborda a diversidade sexual LGTBI. Ademais, a nosa colaboradora Laura Castro cóntanos o último sobre a intelixencia artificial.

Convivir 19-02-2024 19.02.2024

Coñecemos un simposio que vai ter lugar na cidade de Vigo e que supón unha referencia nacional para os oncólogos. Tamén falamos doutro encontro, neste caso en Santiago, que busca incidi, dende a psicoloxía, na prevención e na atención á conduta suicida. Ademais, afondaremos no estudo de Aldeas Infantiles sobre o tratamento que os medios de comunicación dan á infancia e á adolescencia. A nosa colab...

Convivir 15-02-2024 16.02.2024

Imos comprobar como se coida a xente da Costa da Morte, concretamente en Vimianzo, a través dun programa piloto sobre nutrición e alimentación saudable centrado sobre todo nos maiores. Tamén falaremos da Olimpíada Solidaria organizada pola Universidade de Santiago de Compostela coa que se pretende trocar estudo por cartos en prol da saúde mental na República Democrática do Congo. Coñeceremos o tra...

Convivir 14-02-2024 14.02.2024

Coa psicóloga Mari Carmen González Hermo falamos sobre unha nova "moda" que está a implantarse cada vez máis nas parellas sentimentais: non convivir para non desgastar a relación. Tamén coñecemos un proxecto entre dez centros educativos de toda Galicia para loitar contra o vandalismo. Ademais, polo Día Internacional do Cancro Infantil conversamos coa Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxic...

Convivir 13-02-2024 13.02.2024

A asociación "Diversidades acolle" abrénos as súas portas en Vigo para coñecer o seu labor na defensa da igualdade de oportunidades das persoas migrantes. Falamos de banca ética a través dunha iniciativa europea que recalou en Galicia. Tamén analizaremos os malos datos na contratación de persoas con discapacidade a través do Servizo de Emprego COGAMI. Ademais, a nosa colaboradora Laura C...

Convivir 12-02-2024 12.02.2024

Falamos coa Federación Galega de Persoas Xordas porque o Goberno vén de anunciar que a cultura xorda e a lingua de signos española entrarán proximamente na lista de patrimonio cultural inmaterial. Tamén estaremos coa ONG Educo con motivo das medidas urxentes que reclaman para mellorar a vida da infancia máis vulnerable. Afondaremos tamén na educación, un eido que ao vai adicar o 2024 a Federación...

Convivir 08-02-2024 08.02.2024

Coñecemos o labor da Fundación LAR Pro Salud Mental en Vilagarcía, que leva máis de 30 anos traballando na rehabilitación e na inserción das persoas con trastornos mentais graves. Facémonos eco dun estudo que conclúe que case o 70% da mocidade sentiu soidade nalgún momento da súa vida. Imos tamén ata Moraña, que acolle durante esta semana a estudantes e mestres croatas. Ademais, co sexólogo Luis P...

Convivir 07-02-2024 07.02.2024

Achegamos dúas novas iniciativas en Galicia. Por unha banda, o primeiro programa galego de acollida temporal a mulleres defensoras dos dereitos humanos que se ven ameazadas nos seus países de orixe. Trátase de 'Galicia Abriga'. Tamén falamos do grupo de axuda entre familias que perderon a un ser querido, vítima do suicidio: 'Galicia Vive'. Coa nosa experta Isabel Neira falaremo...

Convivir 06-02-2024 06.02.2024

Coñecemos os beneficios que pode traer a terapia con animais da man de Mónica Guerrero, educadora social que ten axudado xa a nenos e adultos con este tipo de tratamentos. Falamos tamén con Berta García, investigadora da Universidade de Santiago de Compostela que vén de concluír nun estudo que o 60% da poboación descoñece as medidas para reducir a presenza de gas radón. Dende Cruz Roja cóntannos t...

Convivir 01-02-2024 01.02.2024

Imos ata Ferrol, onde podemos atopar unha mostra interactiva coa cal poder experimentar o ritmo menos frenético que adoita darse na vida da aldea galega. Coñecemos tamén as reivindicacións dos pacientes de cancro e as súas necesidades sociolaborais. Ademais, falaremos dun evento moi importante que vai ter lugar en Ourense: a Olímpíada Informática Galega. Como cada xoves visítanos o doutor Prieto,...

Convivir 31-01-2024 31.01.2024

Lucía Doval é a autora de 'Lo que no te enseñan en el instituto', obra na que esta psicóloga de 27 anos fala desta complexa etapa académica e vital. Centrámonos tamén no labor dunha investigadora galega contra o cancro de colon, o máis diagnosticado e o segundo que produce máis mortes. Ademais, mergullarémonos no Termalismo Social de Ourense, que prentede combater a soidade non desexada...

Convivir 30-01-2024 30.01.2024

A Rede Galega contra a Pobreza vén de presentar un documento cunha serie de medidas que consideran deberían ser prioritarias para o goberno que xurda das eleccións do 18-F. Imos coñecer tamén a persectiva dun arquitecto especializado en bioclimática sobre os aspectos que debemos ter en conta á hora de mercar unha vivenda e que repercuta favorablemente na nosa saúde. Descubriremos ademais a solidar...

Convivir 29-01-2024 29.01.2024

Imos comprobar como están mudando as despedidas dun ser querido a través do Grupo Sefurja de Lugo. Tamén coñeceremos unha escola de fútbol inclusiva situada en Carballo e a carreira solidaria que organiza o Colexio Possumus de Vigo co obxectivo de recadar fondos para un colexio de Kenia. Coa nosa experta Isabel Neira aprenderemos a analizar os últimos datos do paro.

Convivir 25-01-2024 25.01.2024

Facemos parada en Bergondo para falar do encontro de referencia entre profesionais da atención temperá en Galicia que tivo lugar nesta localidade. Tamén faremos balance da actividade de 'Hogar de corazones', o servizo gratuíto que axuda ás familias que teñen un fillo hospitalizado lonxe do domicilio. Por último, o doutor Prieto vainos contar como funciona o noso cerebro ante a publicidad...

Convivir 24-01-2024 24.01.2024

Con dous neuólogos galegos que forman parte da Sociedade Española de Neuroloxía abordaremos os avances e desafíos da organización no coñecemento do cerebro. Falaremos tamén do decálogo de trato correcto elaborado polas persoas con parálise cerebral. Con Al-Anón abordaremos as consecuencias do alcoholismo sobre os familiares e iremos ata Oleiros por mor do nacemento da Escola Galega de Benestar.

Convivir 22-01-2024 22.01.2024

Poñemos o foco nos divorcios para saber se están aumentando ou diminuíndo nos últimos anos e como se resolven a maior parte deles. Viaxaremos ata A Coruña para coñecer como viviron os nenos e nenas dalgúns coles a fin de semana que pasaron en Barcelona por mor do proxecto europeo IMCITIZEN. Ademais, coa nosa colaboradora Isabel Neira falamos de innovación dende o punto de vista económico.

Convivir 18-01-2024 18.01.2024

Coñecemos a historia de Clauda Tecglen, psicóloga con discapacidade que leva moitos anos axudando a estas persoas a través da Escuela Convives co obxectivo de que a socidade acepte que a discapacidade é un factor de risco para a saúde mental. Tamén facemos balance coa Cruz Roja do Centro de Operacións, o servizo de axuda que teñen dispoñible as 24 horas do día. Celebramos na Coruña os 25 anos que...

Convivir 16-01-2024 16.01.2024

O ruído é un dos problemas que padecen as grandes cidades. Para facerlle fronte xurdiu a Federación Galega contra a Contaminación Acústica, cuxos obxectivos coñecemos no programa. Tamén descubrimos un novo dispositivo de videovixilancia para a asistencia de persoas maiores que están ideando no concello da Pontanova. A nosa colaboradora Laura Castro traerá varias noticias curiosas que nos deixa ult...

Convivir 15-01-2024 15.01.2024

Neste espazo de Convivir coñecemos a historia de Prudencio Macías, unha persoa diagnosticada de esclerose múltiple que está percorrendo España en moto adaptada para dar visibilidade a esta enfermidade. Ademais, os máis pequenos da casa son os protagonistas dunha campaña que busca protexer a infancia para facerlle fronte os diferentes tipos de violencia que poden sufrir os menores. Eles mesmos son...

Convivir 11-01-2024 11.01.2024

Neste podcast de Convivir coñecemos 'Stella Maris', unha entidade dependente da igrexa católica e que fomenta a axuda entre a xente do mar e a que queda en terra, as súas familias. Están presentes en moitos puntos do planeta, un deles é Vigo. Ademais, a Asociación Dereito a Morrer Dignamente conmemora o falecemento de Ramón Sampedro e tamén lembramos a existencia do servizo 'Cruz Ro...

Słuchaj podcastu Todos os podcast | Convivir w Replaio

Radio i podcasty w jednej aplikacji - za darmo, bez zakładania konta. Zainstaluj już dziś i nie przegap premiery

Pobierz z Google Play

Replaio nie jest wydawcą podcastów; nazwy audycji, okładki i audio należą do ich autorów i są rozpowszechniane przez publiczne kanały RSS