AGalegaAudio
Todos os podcast | Convivir
Sociedade, inclusión e igualdade.
Koniecznie odwiedź stronę podcastu i wesprzyj twórcę: agalegaaudio.gal
Gdzie słuchać?
Podcasty w aplikacji Replaio Radio Już wkrótcePodcasty trafią do aplikacji już wkrótce. Zainstaluj teraz i jako pierwszy zobacz nowe podejście do podcastów
Odcinki
Convivir 15-04-2024 15.04.2024 1:01:55
Coñecemo-lo labor da Fundación Tierra de Hombres, que co seu proxeto "Viaxe cara á vida" trae a Galicia nenos e nenas de paises subdesenvolvidos para ofrecerlles o tratamento médico que non poden obter no seu lugar de orixe. Descubrimos como se transformaron os xardíns históricos de Castrelos, en Vigo, nunha área accesible que pode ser percorrida por persoas cegas de xeito autónomo. E co...
Convivir 11-04-2024 11.04.2024 1:01:57
No día Mundial do Parkinson imos saber algo máis desta enfermidade neurodexenerativa que padecen en Galicia máis de dez mil persoas. Para iso contamos con Manuel de Santos que, ademáis de ter esta doenza, é membro da xunta directiva de AODEMPER, a Asociación Ourensá de Esclerose Múltiple, Párkinson e Enfermidades Raras. Ollamos o gran mural feito con pintura ecolóxica en Vigo polo alumnado do Cent...
Convivir 10-04-2024 10.04.2024 1:01:57
Saberemos como a asociación viguesa DOA utiliza pisos protexios nos seus programas de rehabilitación de enfermos mentais. Xosé Lois Liñares exlícanos en que consiste a iniciativa de Afundación "Fálame da emigración", na que persoas maiores que tiveron que traballar noutros paises lle trasladan a súa experiencia a alumnos de secundaria e bacharelato. Coñecemos a que se dedica a Fundación...
Convivir 09-04-2024 09.04.2024 1:01:55
Debullamos coa directora de formación da Fundación ANAR, Belén Reguera, o estudo "Agresión sexual en niñas y adolescentes según su testimonio. Evolución en España (2019-2023)". Coñecemos, en conversa con Pablo Aguilar, a nova terapia que está experimentando un equipo da Universidade de Santiago para combate-lo tumor cerebral máis letal e de peor prognóstico: o glioblastoma. O director de...
Convivir 08-04-2024 08.04.2024 1:01:57
O Día Internacional do Pobo Xitano tenta acabar co descoñecemento da cultura desta etnia e poñer sobre a mesa que é un colectivo que segue a estar discriminado. Fernando Montoya, integrante da Fundación Secretariado Xitano en Vigo, descríbenos a situación da etnia en Galicia e infórmanos dos esforzos que se realizan para a súa mellor integración social e laboral. O ciruxán Antonio Satorras fálanos...
Convivir 04-04-2024 04.04.2024 1:01:55
Falamos con Gusi Dobarro sobre "Lémbrame.gal", un proxeto dirixido a recoller historias e tradicións dos nosos maiores. Damos conta dunha iniciativa impulsada pola Asociación Española contra o Cancro de Pontevedra para incentiva-lo exercicio físico entre os pacientes oncolóxicos, un obradoiro de marcha nórdica. O sexólogo Luis Prieto explícanos se existe relación entre a primavera e o de...
Convivir 03-04-2024 03.04.2024 1:01:57
A Cruz Vermella imparte cursos en diversas localidades de Galicia para formar avós que se teñen que encargar da coidar dos seus netos menores de idade. A coordenadora deste programa, Cristina Miranda, explícanos en que consisten. Inés Flores, presidenta da Asociación Raiola, cóntanos cal é o contido das “mochilas sensoriais” que a rede provincial de museos de Lugo pon a disposición das persoas con...
Convivir 02-04-2024 02.04.2024 1:01:57
Repasamos coa presidenta da Federación Autismo Galicia, Mercedes Fernández Angulo, as reivindicacións das persoas que padecen este trastorno. Presentamos o Dicionario inclusivo sobre o VIH editado polo Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur. Facémonos eco do chamamento que as familias con rapaces xordos lle fan ao goberno galego para que colabore na organización dun campamento de verán p...
Convivir 01-04-2024 01.04.2024 1:01:57
Falamos co avogado Miguel Vieito, autor dunha guia para orientar ás persoas discapacitadas sobre o labirinto de normas que os afectan. A sicóloga Úrsula Perona explícanos que son os "nenos de alta demanda" e como debemos tratalos. Tareixa Ledo preséntanos o obradoiro que impartirá para mellora-la relación das fillas coas súas nais. E ademáis, a profesora Isabel Neira cóntanos en que cons...
Convivir 28-03-2024 28.03.2024 1:01:57
Imos ata Vigo para coñecer a asociación Xaruma, que traballa na formación e integración de persoas con problemas de saúde mental. En Boiro a asociación Amicos atende tamén ás persoas con algún tipo de discapacidade. Coñecemos a preocupación das farmacias pola falla que está habendo de bolsas de ouriño, tan imprescindibles no día a día das persoas na vida dos pacientes ostomizados. Ademais, o douto...
Convivir 27-03-2024 27.03.2024 1:01:57
Imos ser partícipes de como unha residencia de maiores e unha escola infantil unen a diferentes xeracións na Coruña unha vez ao mes polo programa "Recuérdame". Tamén nos adiantamos ao Día Mundial Contra o Cancro de Colon para advertir sobre a prevención e a participacións nos cribados. Ademais, achegámonos ata As Pontes para saber como está a funcionar o programa "Espazo en familia&...
Convivir 26-03-2024 26.03.2024 1:01:57
Marta del Villar, psicóloga especialista do sono na Clínica SonoGalicia, na Coruña falounos do sono. Historia de superación: con Helena de Alfonso (do grupo Barahúnda), que ten unha discapacidade visual. Colaboración Al-Anón con Paloma. Guía FEGADACE. Miguel Vieito, avogado, autor da guía e responsable do Servizo de Asesoría Xurídica de FEGADACE.
Convivir 21-03-2024 21.03.2024 1:01:55
Luis Miguel Diaz impulsa unha campaña nas redes sociais para fomenta-la doazón de médula osea. A súa dona agarda un transplante no Hospital de Montecelo. Falamos coa neuróloga Marta Rubio sobre os hábitos de sono da mocidade. A directora de Trabajos.com, Nekane Cendoya, cóntanos como se presenta a demanda de emprego en Galicia nesta Semana Santa e danos consellos para buscar un posto de traballo....
Convivir 20-03-2024 20.03.2024 1:01:57
Abordamo-lo debate sobre a abolición da prostitución falando coa avogada Ana García Costas, da Asociación Faraxa. Celebramos o 30 aniversario da Asociación Teima Down de Ferol coa súa presidenta, Patricia Serantes. Presentamo-la segunda edición da Gala solidaria en beneficio das persoas afectadas por ELA que organiza na Coruña a Asociación Agaela. No Día Mundial da Saúde Bucodental o presidente do...
Convivir 19-03-2024 19.03.2024 1:01:57
Falamos co director da asociación "Dale una Vuelta" das medidas que cómpre implantar para protexe-los menores dos perigos do ámbito dixital: acoso, pornografía, adicción... A presidenta da Fundación Andrea, Charo Barca, explícanos a terapia con cans que o CHUS lles vai ofrecer aos nenos hospitalizados. Da man da xerente da Fundación San Rafael, Dolores Estrada, coñeceremos a campaña &quo...
Convivir 18-03-2024 18.03.2024 1:01:57
A coordenadora pedagóxica da Escola Nenea de Lugo explícanos como se educa aos meniños en conexión coa natureza dende a igualdade de xénero. O grupo de investigación da Universidade da Coruña Neocom acaba de recibir un premio por un proxeto que utiliza campos magnéticos para combater crises epilépticas. O seu coordenador, Casto Rivadulla, danos as claves deste traballo. Coñecemo-la familia de Arca...
Convivir 14-03-2024 14.03.2024 1:01:57
No Día Mundial do Ril falamos sobre as necesidades dos enfermos renais crónicos co coordenador da Fundación Alcer en Galicia, Alfredo Saborido. As Xornadas sobre Diversidade Funcional que organiza Andaina teñen entre os seus convidados a César Bona, un dos mellores profesores do mundo. Acudimos á consulta do doutor Prieto para que nos fale de "sexo insólito".
Convivir 13-03-2024 13.03.2024 1:01:58
A psiquiatra Iria Veiga sinala as carencias da sanidade pública galega no eido da atención a enfermos mentais. Coñecemos a actividade da asociación Vida Digna conversando co seu alma mater, Ricardo Misa. Santiago García Rey danos as claves para educar con amor e empatía. Ademáis, asomámonos á iniciativa do Instituto Concepción Arenal de Ferrol, que reta ao seu alumnado a convivir dez dias en galeg...
Convivir 12-03-2024 12.03.2024 1:01:57
Mentres continua o xenocidio en Gaza, na Coruña organízase "Cultura contra a barbarie", unha gala solidaria co pobo palestino. Coñecemos como funciona o equipo periférico de reconstrución de accidentes de tráfico que acaba de comezar a operar en Galicia. O doutor Fernando López, cóntanos que é o glaucoma, o deterioro do nervo óptico. Falamos con Laura Castro do uso de voces xeradas por I...
Convivir 11-03-2024 11.03.2024 1:01:55
O doutor José Ferreras explícanos as consecuencias da perda de dentes e as diferentes alternativas que existen para solucionar este problema. Un estudo da Sociedade Española de Neuroloxía alerta de que as persoas con menos recursos e estudos máis baixos teñen máis probabilidades de desenvolver algún tipo de demencia. Coñecemos o que é a "sisifencia", a síndrome do estrés e malestar no tr...
Convivir 07-03-2024 07.03.2024 1:01:57
No programa de hoxe falamos da prevención do suicidio co coordinador de Saúde Mental do SERGAS, Alexandre García Caballero. Coñecemos a ONG "Mamás en acción" da man da súa presidenta, Majo Gimeno. O noso sexólogo de cabeceira, Luis Prieto, cóntanos todo o que debemos saber dos xemidos durante o acto sexual.
Convivir 06-03-2024 06.03.2024 1:01:55
No programa de hoxe abordamos o problema da convivencia nos centros de ensino con persoas de orientación sexual diferente. Un estudo da Investigadora Estrella Ramil desvela que en colexios e institutos os alumnos enfróntanse a moitos casos de LGTBIfobia. A fundadora da empresa MyAlma, Mercedes Escoda, axúdanos a botar abaixo algúns tabús relacionados coa menstruación. Ademáis, na véspera do Día da...
Convivir 05-03-2024 05.03.2024 1:01:57
Deibe Simo fálanos da importancia de compartir tempo en familia. Un estudo da Fundación Eroski alerta sobre o excsivo consumo de bebidas enerxéticas entre os mozos. A profesora de ciencia da computación e intelixencia artificial na Universidade da Coruña, Laura Castro, ilústranos sobre a fenda de xénero dixital. Coñecemos a Enrique Navas, "Tite", padexeiro do club Breogan do Grove que co...
Convivir 04-03-2024 04.03.2024 1:01:57
Falamos do virus do papiloma humano, da súa incidencia e dos avances para previlo. Un estudo da UDC analiza a hostilidade nas redes sociais contra os políticos. Na nosa "clase de economía" a profesora Isabel Neira cóntanos como funciona o sistema público de pensións.
Convivir 29-02-2024 29.02.2024 1:01:55
Dia Mundial das Enfermidades Raras; poñemos cara a algunhas desas doenzas. O sexólogo Luis Prieto explica como inflúen os espellos nas relacións íntimas. Falamos do climaterio e da menopausia.
Podobne podcasty
Replaio nie jest wydawcą podcastów; nazwy audycji, okładki i audio należą do ich autorów i są rozpowszechniane przez publiczne kanały RSS