GCiencia Podcasts
Raíñas de Galicia
Raíñas de Galicia é unha serie producida por GCiencia co obxectivo de rescatar a memoria das mulleres medievais galegas.
Koniecznie odwiedź stronę podcastu i wesprzyj twórcę: www.spreaker.com
Autor
GCiencia Podcasts
Kategoria
Strona podcastu
Ostatni odcinek
4 lis 2025
Gdzie słuchać?
Podcasty w aplikacji Replaio Radio Już wkrótcePodcasty trafią do aplikacji już wkrótce. Zainstaluj teraz i jako pierwszy zobacz nowe podejście do podcastów
Odcinki
Xoana Vázquez das Seixas, un duelo polo poder 04.11.2025 16:57
Xoana Vázquez das Seixas litigou coa poderosa Isabel de Castro, tomou a iniciativa de anular o seu matrimonio e deixou unha interesante pegada cultural. Falamos dela co historiador Miguel García-Fernández do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (IEGPS) e da Universidade de Santiago (USC).
Ilduara Eiriz, a grande aristócrata 31.10.2025 17:44
lduara Eiriz deixou unha profunda pegada na historia de Galicia. Fundou o mosteiro de San Salvador de Celanova. Iso si, era masculino e ela só puido entrar despois de morta. Contámoscho da man do catedrático de Historia Medieval da Universidade de Santiago de Compostela (USC) José Miguel Andrade Cernadas.
Beatriz de Castro: clausura ou liberdade 28.10.2025 18:21
Beatriz de Castro decidiu o seu destino. Escapou do convento despois de que a obrigaran a facerse monxa e asumiu as rendas da súa malograda herdanza familiar. Falamos sobre a nova protagonista de Raíñas de Galicia co historiador Miguel García-Fernández, investigador no Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (IEGPS) e da Universidade de Santiago (USC).
Maior Pérez e o seu instinto empresarial 24.10.2025 18:23
Maior Pérez impulsou a construción duns baños públicos en Pontevedra no século XIV, probablemente inspirados nos baños árabes de cidades como Toledo. Foi unha pioneira e é a protagonista do capítulo 12 de Raíñas de Galicia, a serie para rescatar a memoria das galegas do medievo. Colabora neste episodio o doutor en Historia da Arte e xestor cultural Suso Vila.
Dulce e Sancha, señoras da Coruña 21.10.2025 20:32
As infantas Dulce e Sancha eran fillas de Afonso VIII, o último rei de Galicia e de León, e de Teresa de Portugal. Estaban destinadas ao trono, pero unha serie de intrigas e de movementos inesperados impediron a súa coroación. Contámoscho no undécimo episodio de Raíñas de Galicia da man das historiadoras Diana Pelaz Flores e Carla Trincado, as dúas da Universidade de Santiago.
Violante de Aragón, da perfección ao esquecemento 17.10.2025 19:42
Violante de Aragón foi unha raíña modélica ata que se rebelou contra o seu marido, o rei Afonso X O Sabio. A partir de aí caeu nun profundo esquecemento que chega ata os nosos días, sen que se saiba onde morreu ou onde está enterrada. É a protagonista do décimo episodio de Raíñas de Galicia. Nel colaboran as historiadoras Rosa Rodríguez Porto, Diana Pelaz Flores e Carla Trincado, todas da Univers...
Sancha de Lobeira, vitoria contra o arcebispo 14.10.2025 19:35
Sancha de Lobeira foi unha nobre que viviu entre os séculos XV e XVI e enfrontouse ao arcebispo de Santiago, o señor máis poderoso do seu tempo, nos tribunais. E gañou! Analizamos a súa figura no noveno episodio de Raíñas de Galicia, a serie para rescatar a memoria das galegas do medievo. Contamos coas voces dos historiadores Miguel García-Fernández e Rodrigo Pousa.
Dona Teresa, primeira raíña de Portugal 10.10.2025 20:18
Dona Teresa foi nai de Afonso Enriques, o primeiro rei de Portugal. Mais foi ela quen teceu alianzas e ideou a estratexia para converter o condado portucalense nun reino. Porén, a historiografía posterior silenciou a súa memoria. Falamos sobre a súa figura coas investigadoras Diana Pelaz Flores e Carla Trincado da Universidade de Santiago e con Suso Vila, doutor en Historia da Arte e xestor cultur...
María Pimentel de Castro, unha voz contra o maltrato 07.10.2025 16:42
María Pimentel de Castro denunciou o seu marido ante os Reis Católicos. El encerrouna nun castelo e exerceu violencia, tanto física como psicolóxica, contra ela. Analizamos a súa historia no sétimo episodio de Raíñas de Galicia. Contamos coa colaboración de Miguel García-Fernández, investigador do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (IEGPS) e da Universidade de Santiago.
Xoana de Castro, raíña para a eternidade 03.10.2025 19:41
Xoana de Castro casou en 1354 con Pedro I, rei de Castela, pero o matrimonio foi moi efémero. Pese a escasa duración, ela reclamou o seu título de raíña ata a fin dos seus días, talvez como forma de loitar contra o repudio e garantir a súa propia seguridade. Analizamos a fascinante historia de Xoana de Castro da man de Diana Pelaz, da Universidade de Santiago, e de Miguel García-Fernández, do Ins...
Teresa de Távora, moito máis que a "muller de" 30.09.2025 19:03
Teresa de Távora foi unha nobre do século XV con grande influencia nas coroas de Castela e Portugal. Aplicou a xustiza señorial, actuou como mediadora de todos os homes da familia Soutomaior e tivo un vínculo estreito con Isabel A Católica. É a quinta protagonista do pódcast Raíñas de Galicia, que busca rescatar a memoria das galegas do medievo. Para este episodio contamos con Miguel García Fernán...
As irmás Traba e o primeiro trobadorismo 26.09.2025 18:48
Urraca, Teresa, María e Sancha Fernández de Traba foron catro irmás pertencentes á nobreza máis elevada da segunda metade do século XII. Sabías que estiveron implicadas dunha ou doutra maneira no nacemento da lírica galego-portuguesa? Falamos cos investigadores Miguel García-Fernández, do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (IEGPS) e da Universidade de Santiago (USC), e con José António S...
Inés de Quiroga, a abadesa que rompeu as regras 23.09.2025 19:55
Inés de Quiroga foi abadesa do mosteiro bieito feminino de Sobrado de Trives a comezos do século XVI. É dicir, xustamente durante a implantación dunha reforma impulsaba polos Reis Católicos que esixía unha maior rigorosidade das normas monásticas. Pero ela opúxose con firmeza. Este é o terceiro episodio da serie Raíñas de Galicia. Contamos co investigador Miguel García-Fernández, do Instituto de...
Dona Urraca, a primeira raíña de Europa 19.09.2025 20:05
Coñeces a dona Urraca? Subiu ao trono a comezos do século XII e foi a primeira muller en conseguilo en Europa! A súa historia é apaixonante, e por iso lle dedicamos o segundo capítulo da serie Raíñas de Galicia, que busca rescatar a memoria das mulleres medievais galegas. Neste episodio contaremos coas historiadoras Diana Pelaz e Carla Trincado, as dúas da Universidade de Santiago, para descubrir...
Teresa de Zúñiga, poder e traizón 16.09.2025 16:48
Teresa de Zúñiga foi unha poderosa condesa do século XV. Foi brutalmente asasinada polos seus vasalos en 1470 en Ribadavia. Malia que o episodio da súa morte é o máis coñecido, a súa vida foi fascinante. Xestionou un inxente patrimonio nunha situación de relativa equidade co seu home, secuestrou un nobre, adoptou o fillo ilexítimo do seu marido... Contámosche a súa historia no primeiro episodio de...
Podobne podcasty
Replaio nie jest wydawcą podcastów; nazwy audycji, okładki i audio należą do ich autorów i są rozpowszechniane przez publiczne kanały RSS