GCiencia Podcasts

Raíñas de Galicia

History GL ↓ 15 episodes

Raíñas de Galicia é unha serie producida por GCiencia co obxectivo de rescatar a memoria das mulleres medievais galegas. 

Author

GCiencia Podcasts

Category

History

Podcast website

www.spreaker.com

Latest episode

Nov 4, 2025

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Xoana Vázquez das Seixas, un duelo polo poder 04.11.2025

Xoana Vázquez das Seixas litigou coa poderosa Isabel de Castro, tomou a iniciativa de anular o seu matrimonio e deixou unha interesante pegada cultural. Falamos dela co historiador Miguel García-Fernández do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (IEGPS) e da Universidade de Santiago (USC).

Ilduara Eiriz, a grande aristócrata 31.10.2025

lduara Eiriz deixou unha profunda pegada na historia de Galicia. Fundou o mosteiro de San Salvador de Celanova. Iso si, era masculino e ela só puido entrar despois de morta. Contámoscho da man do catedrático de Historia Medieval da Universidade de Santiago de Compostela (USC) José Miguel Andrade Cernadas.

Beatriz de Castro: clausura ou liberdade 28.10.2025

Beatriz de Castro decidiu o seu destino. Escapou do convento despois de que a obrigaran a facerse monxa e asumiu as rendas da súa malograda herdanza familiar. Falamos sobre a nova protagonista de Raíñas de Galicia co historiador Miguel García-Fernández, investigador no Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (IEGPS) e da Universidade de Santiago (USC).

Maior Pérez e o seu instinto empresarial 24.10.2025

Maior Pérez impulsou a construción duns baños públicos en Pontevedra no século XIV, probablemente inspirados nos baños árabes de cidades como Toledo. Foi unha pioneira e é a protagonista do capítulo 12 de Raíñas de Galicia, a serie para rescatar a memoria das galegas do medievo. Colabora neste episodio o doutor en Historia da Arte e xestor cultural Suso Vila.

Dulce e Sancha, señoras da Coruña 21.10.2025

As infantas Dulce e Sancha eran fillas de Afonso VIII, o último rei de Galicia e de León, e de Teresa de Portugal. Estaban destinadas ao trono, pero unha serie de intrigas e de movementos inesperados impediron a súa coroación. Contámoscho no undécimo episodio de Raíñas de Galicia da man das historiadoras Diana Pelaz Flores e Carla Trincado, as dúas da Universidade de Santiago.

Violante de Aragón, da perfección ao esquecemento 17.10.2025

Violante de Aragón foi unha raíña modélica ata que se rebelou contra o seu marido, o rei Afonso X O Sabio. A partir de aí caeu nun profundo esquecemento que chega ata os nosos días, sen que se saiba onde morreu ou onde está enterrada.  É a protagonista do décimo episodio de Raíñas de Galicia. Nel colaboran as historiadoras Rosa Rodríguez Porto, Diana Pelaz Flores e Carla Trincado, todas da Univers...

Sancha de Lobeira, vitoria contra o arcebispo 14.10.2025

Sancha de Lobeira foi unha nobre que viviu entre os séculos XV e XVI e enfrontouse ao arcebispo de Santiago, o señor máis poderoso do seu tempo, nos tribunais. E gañou! Analizamos a súa figura no noveno episodio de Raíñas de Galicia, a serie para rescatar a memoria das galegas do medievo. Contamos coas voces dos historiadores Miguel García-Fernández e Rodrigo Pousa.

Dona Teresa, primeira raíña de Portugal 10.10.2025

Dona Teresa foi nai de Afonso Enriques, o primeiro rei de Portugal. Mais foi ela quen teceu alianzas e ideou a estratexia para converter o condado portucalense nun reino. Porén, a historiografía posterior silenciou a súa memoria. Falamos sobre a súa figura coas investigadoras Diana Pelaz Flores e Carla Trincado da Universidade de Santiago e con Suso Vila, doutor en Historia da Arte e xestor cultur...

María Pimentel de Castro, unha voz contra o maltrato 07.10.2025

María Pimentel de Castro denunciou o seu marido ante os Reis Católicos. El encerrouna nun castelo e exerceu violencia, tanto física como psicolóxica, contra ela.  Analizamos a súa historia no sétimo episodio de Raíñas de Galicia. Contamos coa colaboración de Miguel García-Fernández, investigador do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (IEGPS) e da Universidade de Santiago.

Xoana de Castro, raíña para a eternidade 03.10.2025

Xoana de Castro casou en 1354 con Pedro I, rei de Castela, pero o matrimonio foi moi efémero. Pese a escasa duración, ela reclamou o seu título de raíña ata a fin dos seus días, talvez como forma de loitar contra o repudio e garantir a súa propia seguridade.  Analizamos a fascinante historia de Xoana de Castro da man de Diana Pelaz, da Universidade de Santiago, e de Miguel García-Fernández, do Ins...

Teresa de Távora, moito máis que a "muller de" 30.09.2025

Teresa de Távora foi unha nobre do século XV con grande influencia nas coroas de Castela e Portugal. Aplicou a xustiza señorial, actuou como mediadora de todos os homes da familia Soutomaior e tivo un vínculo estreito con Isabel A Católica. É a quinta protagonista do pódcast Raíñas de Galicia, que busca rescatar a memoria das galegas do medievo. Para este episodio contamos con Miguel García Fernán...

As irmás Traba e o primeiro trobadorismo 26.09.2025

Urraca, Teresa, María e Sancha Fernández de Traba foron catro irmás pertencentes á nobreza máis elevada da segunda metade do século XII. Sabías que estiveron implicadas dunha ou doutra maneira no nacemento da lírica galego-portuguesa? Falamos cos investigadores Miguel García-Fernández, do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (IEGPS) e da Universidade de Santiago (USC), e con José António S...

Inés de Quiroga, a abadesa que rompeu as regras 23.09.2025

Inés de Quiroga foi abadesa do mosteiro bieito feminino de Sobrado de Trives a comezos do século XVI. É dicir, xustamente durante a implantación dunha reforma impulsaba polos Reis Católicos que esixía unha maior rigorosidade das normas monásticas. Pero ela opúxose con firmeza.  Este é o terceiro episodio da serie Raíñas de Galicia. Contamos co investigador Miguel García-Fernández, do Instituto de...

Dona Urraca, a primeira raíña de Europa 19.09.2025

Coñeces a dona Urraca? Subiu ao trono a comezos do século XII e foi a primeira muller en conseguilo en Europa! A súa historia é apaixonante, e por iso lle dedicamos o segundo capítulo da serie Raíñas de Galicia, que busca rescatar a memoria das mulleres medievais galegas. Neste episodio contaremos coas historiadoras Diana Pelaz e Carla Trincado, as dúas da Universidade de Santiago, para descubrir...

Teresa de Zúñiga, poder e traizón 16.09.2025

Teresa de Zúñiga foi unha poderosa condesa do século XV. Foi brutalmente asasinada polos seus vasalos en 1470 en Ribadavia. Malia que o episodio da súa morte é o máis coñecido, a súa vida foi fascinante. Xestionou un inxente patrimonio nunha situación de relativa equidade co seu home, secuestrou un nobre, adoptou o fillo ilexítimo do seu marido... Contámosche a súa historia no primeiro episodio de...

Listen to the Raíñas de Galicia podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.