Descifrando a Historia

Descifrando a Historia

History GL ↓ 103 episodes

Análise da Historia de GaliciaInstagram e TikTok: @descifrandohistoria iVoox e SpotifyPor David Gesteira

Author

Descifrando a Historia

Category

History

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jun 19, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Ruth Matilda Anderson, tradutora das marxes con Alba Saavedra 19.06.2026

Todos vimos fotografías de Ruth Matilda Anderson da Galicia de comezos do s. XX, pero poucos saben da historia que se agocha detrás dela.

A Galicia moderna, con Lourenzo Fdez Prieto 10.05.2026

A Galicia de finais do XIX e comezos do XX foi unha terra moderna. Con avances tecnolóxicos e sociais que dalgunha forma se truncaron en 1936 e que a nós chegou apenas un recordo. O historiador Lourenzo Fdez Prieto publicou un libro hai unhas semanas no que fala arredor de todos eses temas que deben ser recordados.

Unha Escocia en clave galega, con Manuel Gago 10.04.2026

Sabemos que Bretaña ou Irlanda teñen moitas cousas en común con Galicia, pero... e Escocia? Falamos con Manuel Gago que leva anos estudando os paralelismos entre ambas terras na súa historia, xeografía, idiosincrasia, relacións persoais, etc.

E de novo o dilema dos celtas e Galicia, con Martín Fdez Calo 01.02.2026

Os celtas e Galicia, quizais a cuestión histórica e historiográfica máis polémica e fermosa que temos. Moitos historiadores e historiadoras dan argumentos a favor, outros en contra. Hoxe quero falar cun especialista neste tema, Martín Fdez Calo.

Romasanta, un asasino en serie ou un home lobo? 16.11.2025

Manuel Blanco Romasanta naceu en Esgos (Ourense) e probablemente naceu como muller. Con 15 anos xa aparece como home. Asasinou a mínimo trece persoas entre 1845 e 1852. Cando o detiveron dixo que foi porque se transformaba en home lobo. Real ou unha estratexia? O certo é que lle serviu para conmutar a pena de morte por cadea perpetua. Escoita este marabilloso programa con Manuel Rial.

Pódese vivir da historia? Conversa con Mercedes Vázquez, empresa DeHistoria 15.04.2025

Vivir da historia é moi difícil. Ou iso din algúns. Hoxe falamos con Mercedes Vázquez Bertomeu, que xunto con outras socias, teñen unha emrpesa que se dedica a historia, nin máis nin menos.

Unha panorámica do galego no Bierzo con Sara Rodríguez 15.03.2025

Fálase galego no Bierzo? Pódese estudar a nosa lingua na comarca veciña? A estas preguntas responde Sara Rodríguez experta no galego do Bierzo e estudosa do mesmo. Para escoitar e aprender.

A implicación popular na Revolución de 1846 con César Caramês 15.02.2025

Pensamos que sabemos todo da Revolución de 1846 pero se escoitamos a Cesár Caramês e as súas últimas explicacións decatarémonos que hai cousas que non se explicaron ben. Con intención? Acompáñanos neste trepidante podcast.

Falemos das comarcas galegas, con Borxa Neira 16.01.2025

As comarcas galegas foron unha división territorial de finais do s. XX. Na actualidade hai debate sobre se funcionaron e cumpriron co seu papel e diso queremos falar co especialista Borxa Neira, que ten traballos ao redor deste tema. Compartide!

A educación no pasado de Galicia, con Narciso de Gabriel 15.12.2024

A educación pública é un "luxo" dos últimos anos, porén os nosos antepasados xa querían aprender a ler e a escribir un mínimo pa desenvolverse no mundo. Hoxe falamos con Narciso de Gabriel, para que nos fale das escolas de ferrado. Marabilla de programa. Compartide!

Alonso Ríos, a historia dun galeguista, con Natalia Jorge 15.11.2024

Neste episodio de Descifrando a Historia falamos coa historiadora Natalia Jorge Pereira ao redor dunha figura moi importante para o galeguismo: Alonso Ríos.

Chegamos tarde? Conversa con Carlos Callón 15.10.2024

Aínda que xa é algo falado e sabido por moitos, o galego xa non é a lingua máis falada en Galicia. Hoxe facemos un repaso polos castigos que sufriu ao longo da historia a nosa lingua.

Os segredos das medidas tradicionais de Galicia, con Rubén Castro 15.09.2024

Nesta 5 tempada de Descifrando a Historia falamos con Rubén Castro sobre as medidas tradicionais de Galicia: ferrados, fanegas e demais. Que teñen de especial?

Novas cuestións sobre o reino suevo, con Martín Fernández Calo 15.07.2024

Este é o último episodio da cuarta tempada de Descifrando a Historia, nel conversamos con Martín Fernández Calo sobre o reino suevo e algunha cuestión que outra sobre a importancia dun reino que durou case douscentos anos.

O Couto Misto: orixes, historia e evolución con Serxio María 01.07.2024

Neste 89 programa de Descifrando a Historia falamos con Serxio María, orixinario de Calvos de Randín, sobre a historia do seu Couto Misto. Lendas e realidades mistúranse neste trepidante podcast.

Alejandro Viana e Amado Garra, dúas figuras con firmes compromisos con Roberto Mera 15.06.2024

Neste episodio de Descifrando a Historia falamos con Roberto Mera sobre dúas figuras galegas con firmes compromisos democráticos. Alejandro Viana e Amado Garra, é hora de coñecer as súas historias.

Que nos din as fortificacións na raia galego-portuguesa? Conversa con Rebeca Blanco-Rotea 02.06.2024

As fortificacións entre Galicia e Portugal non sempre estiveron aí. Comezaron na Idade Media e Idade Moderna. Mais que nos din?

A cara e a cruz de Basilio Álvarez, con Miguel Cabo 15.05.2024

Basilio Álvarez foi un líder galego na loita a favor dos dereitos do campesiñado na época do agrarismo. Mais este cura e xornalista, tivo a súa cara e asúa cruz. Acompañanos neste breve podcast para coñecelo un pouco máis!

Cen anos das escolas de ensino galego, con Santiago Quiroga e Emilio Xosé Ínsua 01.05.2024

Este ano cúmprense cen anos das Escolas de Ensino Galego que deron o seu primeiro paso con galeguistas históricos como Ánxel Casal e María Miramontes. Hoxe, as escolas Semente son os herdeiros desa experiencia. Se queres coñecer a súa historia, os seus primeiros pasos, as outras escolas de linguas minorizadas ou minoritarias como as de País Vasco ou Irlanda, escoitade este fermoso podcast. Compart...

Unha familia nobre para comprender o mundo medieval: os Soutomaior con Suso Vila 15.04.2024

Neste episodio de Descifrando a Historia falamos co historiador Suso Vila ao redor dunha das familias nobres máis importantes do mundo medieval; os Soutomaior. Nobres da sona de Pedro Álvarez de Soutomaior, pertenceron a esta familia. Tamén descubriremos como se relacionaban os nobres cos monarcas nesta época e a construcción de todo un mundo nobiliar.

O pensamento político de Ramón Piñeiro con Serxio María 01.04.2024

Neste novo episodio de Descifrando a Historia falamos con Serxio María dun dos pensadores máis destacados do galeguismo: Ramón Piñeiro. Os temas tratados foron moi variados, desde o seu compromiso con Galicia ata a súa ideoloxía. Que pensaría Ramón Piñeiro do Estatuto actual? Comparte e dálle ao gústame, só así será posible que se continúen facendo este tipo de podcast!

Das peregrinacións e usos políticos do apóstolo Santiago, con J. M. Andrade Cernadas 15.03.2024

Neste episodio de Descifrando a Historia falamos co historiador Andrade Cernadas arredor dos mitos, lendas e demais cuestións que rodean ao apóstolo Santiago e a orixe das peregrinacións e o seu culto. Comparte e dalle ao "gústame" para seguir facendo este tipo de contido!

A historia dun pintor galego de éxito: Joaquín Vaamonde 01.03.2024

Neste 80 episodio de Descifrando a Historia falamos co historiador Perfecto Ramos Rodríguez para coñecer unha figura moi pouco coñecida entre todos nós: Joaquín Vaamonde Cornide, un afamado pintor que chegou a ter moito éxito mais que unha enfermidade o levou por diante cando apenas contaba con 30 anos.

Unha das moitas peculiaridades de Santiago, con Aldara Cidrás 15.02.2024

Santiago de Compostela, a capital galega, é unha cidade que rezuma historia por todas as esquinas. Unha das últimas peculiaridades da cidade foi estudada pola historiadora Aldara Cidrás: os rótulos dos locais son únicos. De que nos pode falar? Que di de nós? Dálle ao gústame e comparte se queres que este podcast se siga realizando, depende de ti!

Un percorrido polas orixes do noso escudo, con Heitor Picallo 01.02.2024

Neste episodio de Descifrando a Historia falamos con Heitor Pocallo, especialista en heráldica, para que nos narrase as orixes e evolucións do noso escudo ao longo da historia. Altamente recomendable! Comparte e dálle ao gústame para que se sigan facendo este tipo de podcast!

Listen to the Descifrando a Historia podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.