Descifrando a Historia

Descifrando a Historia

History GL ↓ 103 episodes

Análise da Historia de GaliciaInstagram e TikTok: @descifrandohistoria iVoox e SpotifyPor David Gesteira

Author

Descifrando a Historia

Category

History

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jun 19, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Historia do conflito lingüístico a finais do s. XX, con José João Rodrigues 15.01.2024

A finais do s. XX e xa en democracia había dúas posibilidades para o galego: a norma isolacionista e a norma reintegracionista. Finalmente optouse pola isolacionista e hoxe queremos explicar o porque, os seus protagonistas e demais cuestións que nos fan preguntar, porque falamos e escribimos así o galego?

Os sorprendentes achados no Castro de Soutolobre-Lourido, con Francisco Hervés 01.01.2024

Fai uns meses descubríronse unha serie de cousas moi importantes no Castro de Soutolobre-Lourido, tanto, que engaden á investigación histórica novos interrogantes. Por iso, desde Descifrando a Historia quixemos saber máis sobre o mesmo e a súa contorna, e para iso contactamos co director da escavación, o cal nos aportou máis luz e datos da importancia deste castro.

Da orixe da lingua galega nos albores da Idade Media, con Souto Cabo 15.12.2023

Neste episodio de Descifrando a Historia falamos co filólogo Souto Cabo para coñecer as orixes do noso idioma. Cando se comezou a falar en galego? E a escribir? Todo iso e máis neste trepidante episodio no que desciframos as orixes de algo moi noso. Comparte e dálle ao gústame, está na túa man que o proxecto continúe!

A primeira muller do Seminario de Estudos Galegos: Carmiña Sierra, con Aurora Marco 01.12.2023

Neste 75 episodio de Descifrando a Historia falamos con Aurora Marco de Carmiña Sierra, a primeira muller socia do Seminario de Estudos Galegos. Cunha vida moi comprometida con Galicia e a liberdade, merece a pena escoitar o que foi a vida desta muller nada en Pontecesures e exiliada en Venezuela para que o franquismo non a perseguise. Se che gustou dálle a gústame e comparte, só así é unha forma...

O recoñecemento do Reino medieval de Galicia, con Francisco Rodríguez 15.11.2023

As dúbidas con respecto a existencia do Reino de Galicia na Idade Media asáltannos constantemente. É por iso que buscamos respostas antes especialistas no tema. Fai meses foi o historiador Andrade Cernadas e hoxe tócalle a Francisco Rodríguez. Ambos recoñecen a súa existencia pero hai diferenzas en canto aos aspectos concretos dese reino. Atentos e desfrutade. Dádelle ao gústame e compartide coas...

A morte no Reino de Galicia: cultos, ritos e celebracións con Xosé Manuel Sánchez 01.11.2023

Neste 73 episodio de Descifrando a Historia falamos sobre o tratamento da morte por parte dos galegos no Reino medieval de Galicia. Facemos un repaso moi interesante desde o século V ata o XV. Se che gustou dalle ao "gústame" e comparte para poder continuar con este traballo!

Cando vivir deixa de ser ilegal: o contrabando na raia con Natalia Jorge 16.10.2023

Neste episodio 72 de Descifrando a Historia falamos coa historiadora Natalia Jorge Pereira para saber máis do contrabando na raia entre Portugal e Galicia. Un tema moi interesante do cal temos bastante información pero que nos queda por saber moitas cousas. Se che gustou dalle ao gústame e comparte só así nos farás crecer e que se sigan facendo podcast da nosa historia

O conflito medieval entre Santiago e Roma con Henrique Egea 01.10.2023

Roma intentou minguar o poder da sé compostelá porque lle preocupaba que seguise crecendo... ou iso afirma o noso invitado de hoxe o profesor Henrique Egea. Falamos de todo o que envolveu este tema e as consecuencias irreversibles que tivo na nosa terra, Galicia. Dálle ao gústame e comparte para facernos crecer!

As mulleres na Galicia medieval: campesiñas, nobres... con Miguel García-Fdez 15.09.2023

Neste 70 episodio de Descifrando a Historia realizamos unha panorámica histórica da muller na Galicia Medieval. Para tal fin acompañounos Miguel García-Fernández, o cal é todo un especialista. Foi un programa formidable. Se che gustou dalle ao gústame e comparte, só así nos farás crecer!

Un protagonista inesperado nos Séculos Escuros, con Perfecto Ramos 01.09.2023

No s. XVII, un inquisidor de Crecente, coñecido como Gregorio Lobariñas intentou publicar unha historia de Galicia en galego. Coñecido como As Galegadas, foi a Madrid ata dúas veces para que lle desen o visto e prace. Por cuestións do destino non a puido publicar pero deixounos constancia de que, as elites cultas de Galicia, empregaban o galego máis que para uso oral. Pode ser o inicio a reformula...

Delitos, violencia e poder na Galicia durante o franquismo con Tamara López 16.08.2023

Neste 68 episodio de Descifrando a Historia falamos coa historiadora Tamara López sobre a delincuencia no franquismo, os castigos, a violencia exercida polo estado, a violencia de xénero, o tema dos abortos e moito máis. Se che gustou dalle ao gústame e comparte!

Juana de Vega, o legado dunha muller polifacética 01.08.2023

Juana de Vega deixou un legado que merece a pena coñecer. De ideas progresistas cunha estancia na corte real, e exiliada xunto co seu marido debido a temas políticos. Forma parte desa Coruña das mulleres do século XIX que fai falla reivindicar. Se che gustou comparte! Fainos crecer!

Historia e historias das cidades galegas, con Manuel Gago e Rubén Ventureira 15.07.2023

Neste episodio de Descifrando a Historia falamos con Manuel Gago e Rubén Ventureira sobre as cidades galegas co motivo da exposición Cidades no Tempo da cal forman parte. Se che gusta comparte e subscríbete! Fainos crecer!

Un documento único: o Parroquial Suevo, con José Carlos Sánchez Pardo 01.07.2023

Neste 65 episodio do podcast falamos con José Carlos Sánchez Pardo, arqueólogo e historiador, ao redor dun documento único que temos en Galicia: o Parroquial Suevo. Este documento aporta moita luz á hora de estudar unha das etapas máis importantes da nosa historia: o Reino Suevo. Realmente apaixonante. Neste breve panorámica vas saber o básico que se debe ser deste tema. Se che gustou, comparte!

Meigas e bruxas na historia de Galicia: unha panorámica con Rodrigo Pousa 15.06.2023

Neste episodio de Descifrando a Historia falamos con Rodrigo Pousa, estudoso e coñecedor das bruxas e meigas en Galicia. Son diferentes conceptos? Cando nacen? Só condenaban as mulleres ou tamén os homes? Todas esas respostas e máis neste fantástico episodio! Sigue a Descifrando a Historia nas súas redes sociais e comparte se che gustou!

O clientelismo político na Galicia do s. XIX 01.06.2023

Caciquismo ou clientelismo? Neste programa 63 de Descifrando a Historia falamos co historiador Xosé Ramón Veiga para saber como era o clientelismo político na Galicia do s. XIX. Favores, corrupción, votos, sufraxio... todos estes temas neste magnífico podcast.

A figura de Fernández del Riego e outras cuestións transversais 17.05.2023

Hoxe é día 17 de maio de 2023 e é un evento especial para a cultura e lingua galega porque celebramos o noso día. Este ano a figura homenaxeada é Francisco Fernández del Riego, un dos creadores deste día ala polo ano 1963. En Descifrando a Historia falamos con Ramón Nicolás e Malores Villanueva para que nos desen as claves desta figura e deste día tan especial para tod@s nós. Comparte e dálle ao g...

A toponimia galega: orixe, historia e demais cuestións con Ana Boullón 01.05.2023

Neste episodio número 61 de Descifrando a Historia falamos coa académica e filóloga Ana Boullón para que nos contase cousas sobre a nosa toponimia. Desde as súas prinicpais características, como diferencialas, ata a súa historia e demais. Programa moi interesante para falar dunhas das nosas peculiaridades que máis nos distingue como territorio.

Os xudeos no sur de Galicia: expulsión, Inquisición e demais con Suso Vila 15.04.2023

A comunidade xudea estivo presente na Galicia medieval e moderna. Para saber máis sobre ela falamos co historiador Suso Vila, o cal nos fixo unha panorámica bastante completa dos feitos históricos máis importantes. Desde a súa convivencia cos cristiáns ata a súa expulsión, a Inquisición, o papel do país veciño Portugal, etc. Dalle ao gústame comparte! Segue a Descifrando a Historia nas súas redes...

Non se entendería Galicia sen a emigración a América, conversa con Raul Soutelo Vázquez 01.04.2023

Neste programa número 59, falamos da emigración a América: perfil social do emigrante, causas, consecuencias, Galicia como rexión europea que máis emigrantes aportou, etc. Se queres saber as respostas e moito máis, escoita podcast que che vai dar a panorámica necesaria a algo que marcou profundamente o destino da nosa terra. Sigue a Descifrando a Historia en todas as súas redes sociais e dalle ao...

Arqueoloxía de xénero e o estudo da sociedade galega 15.03.2023

Neste episodio nº 58 de Descifrando a Historia falamos con Celtia Rodríguez arredor da arqueoloxía e máis concretamente a arqueoloxía de xénero: que é, como está o tema en Galicia, etc. Dalle ao gústame para apoiar o podcast e sigue a Descifrando a Historia no Twitter e no Instagram!

A Galicia folclorizada do franquismo, con Beatriz Busto Miramontes 01.03.2023

Neste episodio falamos con Beatriz Busto Miramontes sobre a imaxe de Galicia no franquismo, como se comezou a falar dunha Galicia, fermosa, meiga, mítica, dócil e idealizada. A propaganda do réxime provocou que moitos deses estereotipos chegasen ata nós a día de hoxe. Se che gustou dalle ao gústame e comparte!

O xurdimento dos castelos en Galicia, con Carlos Lixó 15.02.2023

Neste podcast número 56 falamos co historiador Carlos Lixó sobre a orixe e xurdimento dos castelos en Galicia, se foi unha dinámica europea, cales eran as súas funcións principais, cando se abandonan, dos castelos da fronteira con Portugal, etc. Sigue a Descifrando a Historia en Twitter e Instagram!

Cando nace a galaicofobia? E moito máis... con Alexandre Peres Vigo 01.02.2023

Neste episodio de Descifrando a Historia falamos con Alexandre Peres Vigo para que nos explicara e nos falara de cando xorde a galaicofobia ou galegofobia. Como se foron creando eses estereotipos que evolucionaron co paso da historia pero que ata día de hoxe chegan anós. Terá explicación política? Quizais económica? Escoita o podcast e coñeceras de primeira man como foi evolucionando este fenómeno...

O agrarismo, unha das claves das melloras do campesiñado galego, con Miguel Cabo 17.01.2023

O agrarismo foi un movemento social protagonizado polo campesiñado galego a finais do século XIX e principios do XX para buscar unha mellora nas condicións técnicas, de propiedade, etc. das súas terras e a súa relación con respecto a elas. Para analizar o agrarismo contamos co profesor Miguel Cabo, unha das persoas que máis estudou este tema e que expón neste podcast de xeito moi claro. Dalle ao g...

Listen to the Descifrando a Historia podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.