Descifrando a Historia

Descifrando a Historia

History GL ↓ 103 episodes

Análise da Historia de GaliciaInstagram e TikTok: @descifrandohistoria iVoox e SpotifyPor David Gesteira

Author

Descifrando a Historia

Category

History

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jun 19, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Como se organizaba territorialmente Galicia na Idade Media? Con Mariña Bermúdez 03.01.2023

Neste primeiro episodio de 2023 falamos con Mariña Bermúdez para saber como se organizaba e dividía territorialmente Galicia na Idade Media. Moi interesante coñecer e recoñecer o que era a nosa terra neses tempos. Dalle ao gústame e comparte!

Como se chamaba o reino medieval e moito máis con J. M. Andrade Cernadas 15.12.2022

Neste episodio de Descifrando a Historia falamos co profesor da USC Andrade Cernadas, para falar sobre o reino medieval de Galicia. Como se chamaba? Houbo esquecemento e ocultación? Que opina da historiografía que nega a existencia dun reino en terras galegas? Se queres coñecer as respostas a esas preguntas escoita este tan interesante programa.

Coñecendo a Ramón Otero Pedrayo, con Patricia Arias (Fundación Otero Pedrayo) 01.12.2022

Neste episodio falamos coa secretaria da Fundación Otero Pedraio, Patricia Arias, para coñecer un pouco máis a Otero Pedraio, un dos homes máis influíntes de Galicia do século XX. Detalles da súa biografía, pensamento, etc. neste podcast. Moi bonito e interesante!

#DebateDescifrando3: Que facer cos lugares de memoria do franquismo? 15.11.2022

Neste terceiro debate falamos con Aldara Cidrás e David Sabucedo para debatir sobre que facer cos lugares de memoria que nos deixou o franquismo: tanto de persoas que loitaron a prol da República como os que loitaron pola instauración do franquismo. Ademais, tamén debatimos sobre porque a día de hoxe sigue habendo medo, a pequena escala, pero medo.

Porque caiu a Galiza? Conversa con J.M. Barbosa 01.11.2022

Neste 51 episodio de Descifrando a Historia falamos co historiador J. M. Barbosa arredor da temática que trata no seu último libro publicado con Através Editora. Non volo perdades!

#DebateDescifrando2: Mitos históricos e historiográficos de Galicia, con Raquel Fdez e David Sabucedo 15.10.2022

Se queres escoitar a nosa visión e opinión sobre os diversos mitos históricos e historiográficos de Galicia este é o teu podcast. Coa colaboración de David Sabucedo e Raquel Fdez, analizamos e falamos do suposto matriarcado en Galicia, de Roi Xordo, celtismo, emigración, etc. Un podcast sobre a historia de Galicia contada dun xeito diferente, séguenos e apoiános para facernos crecer!

Violencia na Galicia contemporánea, con Miguel Cabo, Leira-Castiñeira e Enrique Carballo 01.10.2022

Queres saber como era a violencia na Galicia contemporánea? Como se manifestaban os galegos e galegas ante as situacións límite ou simplemente como de violentos eran entre eles mesmos. Pra iso, acompañanme Francisco Leira-Castiñeira, Miguel Cabo e Enrique Carballo, para comprender dun mellor toda esta temática tan interesante e a veces tan pouco desenvolta.

#DebateDescifrando1 con Aldara Cidrás e Miguel García-Fdez 15.09.2022

Este 48 programa e 15 de setembro iniciamos unha nova andaína e experiencia no mundo do debate e facémolo con Aldara Cidrás de Histagra e Miguel García-Fdez do IEGPS. Abordamos temas como o "victimismo" dos historiadores e historiadoras, a perspectiva de xénero na historiografía galega e o futuro interese das novas xeracións pola nosa historia. Escoitar e disfrutar!

O nacemento do provincialismo e a importancia do s. XIX para Galicia, con Xurxo Martínez 01.09.2022

Neste episodio de Descifrando a Historia, falamos con Xurxo Martínez para que nos explicase o nacemento do provincialismo e a figura de Antolín Faraldo. Tamén rozamos outros temas como o Rexurdimento, que características debemos ter para ser unha naciión e demais. Se queredes saber e comprender a importancia do século dezanove para Galicia e o seu devir, este é o voso episodio

Disidencia sexual na Galiza Contemporánea con Daniela Ferrández 15.08.2022

Neste episodio de Descifrando a Historia falamos con Daniela Ferrández arredor do que hoxe sería o colectivo LGTB desde fai 150 anos. Persecucións, burla nos medios, máis tamén apoio social e mutuo cando máis o necesitaba a xente en tempos difíciles como foi a ditadura franquista. Merece a pena escoitar todo o que di porque fai unha panorámica moi boa desde unha perspectiva pouco empregada pola co...

A importancia de falar da nosa historia para existir con Carlos Callón 01.08.2022

Neste 44 episodio de Descifrando a Historia falamos con Carlos Callón, historiador e experto en sociolingüistica ademais de autor do "Libro Negro da lingua Galega". Falamos de moitos temas, e todos moi interesantes para entender un pouco máis Galiza, a nosa terra.

As cantigas e a lírica galego-portuguesa con Mariña Arbor Aldea 15.07.2022

Neste episodio 42 de Descifrando a Historia, falamos con Mariña Arbor Aldea sobre as cantigas en galego-portugués e a creación da lírica en terras galegas na Idade Media. Explica porque nacen, onde, como e dun xeito sinxelo e ameno que nos axuda a comprender este marabilloso feito histórico.

Guerra Civil, Franquismo e Transición con Emilio Grandío 01.07.2022

Neste episodio número 41 de Descifrando a Historia falamos co profesor de contemporánea na facultade de historia da USC, Emilio Grandío. Os temas que tratamos son a guerra civil, o franquismo e a Transición, onde deixa claro, que non todo foi como o relato que se nos vendeu no seu momento. Narra como Franco foi mudando as súas políticas e cómo deixou todo atado e ben atado

Historias e Historia do Café Derby con Fernando Franjo 15.06.2022

Sabías que o Café Derby foi un café moi peculiar? Alí asistiron moitas caras coñecidas da nosa cultura e incluso do propio estranxeiro. Como motivo do seu peche definitivo, aquí, neste podcast, rendémoslle unha pequena homenaxe para que dalgunha forma quede constancia da importancia que tivo na historia e en Compostela. Escoitádeo porque non ten perda este episodio número 40 de Descifrando a Histo...

Un acercamento á Galicia da Idade Moderna con Ofelia Rey Castelao 01.06.2022

A Idade Moderna en Galicia para moitos é pouco interesante e descoñecida. Pero isto rematou, porque aquí falamos coa catedrática de Historia Moderna da USC e danos unhas boas pinceladas de como era esa Galicia dos séculos XV, XVI, XVII e XVIII. Desde a súa economía, pasando pola emigración, ata a posición que ocupaba Galicia para os Borbóns e os Austria.

Especial Letras Galegas 2022: Florencio Delgado Gurriarán, con Miro Villar e Ricardo Gurriarán 17.05.2022

Este 2022 a dedicación das Letras Galegas son para Florencio Delgado Gurriarán, nado en Valdeorras en 1903. Para iso, falamos co seu sobriño e biógrafo Ricardo Guarriarán e con Miro Villar, profundo coñecedor da obra do poeta valdeorrés. Se queredes coñecer máis en profundidade esta figura escoitai este podcast que seguro vos a de axudar.

O idioma galego baixo o franquismo, con Henrique Monteagudo 01.05.2022

Neste 37 programa de Descifrando a Historia falamos e debatimos con Henrique Monteagudo sobre a represión que sufriu o galego e a súa convivencia co castelán na ditadura franquista. Desde leis ata sinalar socialmente a quen falaba galego eran os recursos que empregaron os franquistas para despoxar de identidade ao pobo galego e facelo sentir inferior. As consecuencias duran ata hoxe en día, e podé...

Cinema, Galicia, Historia... e demais, con Margarita Ledo Andión 15.04.2022

Neste 36 episodio de Descifrando a Historia falamos con Maragrita Ledo Andión. Mantivemos unha bonita conversa arredor do cine galego, da súa historia, da súa proxección, do seu presente, e demais cuestións que dan unha perspectiva diferente a moitos aspectos que nos preocupan e nos interesan a moitos de nós. Merece a pena escoitar a Margarita Ledo Andión sempre, e esta vez non ía ser menos.

A Galicia Medieval a debate con Anselmo López Carreira 01.04.2022

Neste 35 programa de Descifrando a Historia falamos e debatemos con Anselmo López Carreira, experto na historia de Galicia e sobre todo no medievo galego. Falamos de moitas cousas, de Portugal, dos fitos máis importantes do Reino de Galicia na Idade Media, da manipulación das fontes e moito máis.

Sabemos todo de Castelao? Con Miguel Anxo Seixas Seoane 14.03.2022

Neste programa 34 de Descifrando a Historia, falamos arredor de Castelao, unha das figuras galegas máis importantes da nosa historia. Sabemos todo del? A pesar de que cremos que si, despois de escoitar a Miguel Anxo xa non teño a mesma opinión, e Castelao, segue sendo unha figura descoñecida para moitas galegas e galegos. Ínstovos a que escoitedes este programa porque non vos vai deixar indiferent...

Os cambios e a modernidade nas mulleres galegas de inicios do XX, con Raquel C. Pico 01.03.2022

Neste 33 programa de Descifrando a Historia falamos con Raquel C. Pico sobre a súa investigación que levou a cabo grazas aos xornais de inicios do século XX: os cambios e a modernidade nas mulleres galegas de comezos do pasado século. Todo un descubrimento, que pedían, que dicían, como pensaban, etc. Ademais, despois de escoitar o podcast, recoméndovos o libro que publicou sobre este tema, porque...

A Revolta Irmandiña, o Rei García e demais cuestións medievais con Carlos Barros 15.02.2022

Neste 32 episodio de Descifrando a Historia falamos co historiador Carlos Barros, sobre varias cuestións da historia medieval que merecen ser relidas e repasadas para comprender mellor o destino dunha Galicia medieval e contemporánea, porque o presente é consecuencia inevitábel do pasado. A revolta irmandiña, o rei García, o culto a Santiago na Idade Media, etc. Todo neste episodio magnífico.

A vida cotiá en Galicia nos séculos XIX e XX: familia, casa, traballo, ocio... con Xavier Castro 02.02.2022

Este episodio número 31 pode que sexa un dos máis especiais dos realizados ata agora. Por varios motivos. O primeiro é que nesta nova etapa vannos acompañar como colaboradores do podcast PuntoGal e a empresa de deseño galego OZOCOgz que cren no que aquí facemos con toda a ilusión. O segundo motivo é porque a vida cotiá de Galicia lembroume ao vivido con meus avós cando eu era pequeno. E non só eu,...

Conversa con Luca Chao, a Lei de Memoria Histórica, o auxe da extrema dereita, o Estatuto e máis 14.01.2022

Neste 30 programa de Descifrando a Historia, falamos coa politóloga Luca Chao, a cal está facendo a súa tese sobre a Lei de Memoria Histórica, por iso nos veu falar sobre este tema. Ademais, a conversa tamén derivou polo nacionalismo ou identidade galega do Partido Popular, polo auxe da extrema dereita e polo Estatuto de Galicia. Programa interesante cunha muller interesante.

Conversa con Ramón Villares: a emigración, referentes históricos de Galicia, o fenómeno xacobeo e moito máis 01.01.2022

Comezamos o 2022. E xa van 29 programas de Descifrando a Historia. Neste podcast falamos con Ramón Villares, Catedrático de Historia Contemporánea na USC. Os temas foron moi variados e interesantes, xa que desde unha perspectiva diferente fálanos dos diversos temas históricos de Galicia. Este episodio é o primeiro do ano e non hai mellor maneira de facelo.

Listen to the Descifrando a Historia podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.