Descifrando a Historia
Descifrando a Historia
Análise da Historia de GaliciaInstagram e TikTok: @descifrandohistoria iVoox e SpotifyPor David Gesteira
Author
Descifrando a Historia
Category
Podcast website
Latest episode
Jun 19, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Arte e Historia en Galicia: divulgación, as mulleres e a xuventude 18.12.2021 1:14:00
Neste 28 episodio de Descifrando a Historia falamos cas fundadoras de Espazo Brétema e Mulleres Galegas, para falar sobre a situación da nosa historia e da nosa arte, sobre todo desde unha perspectiva da xuventude. Facemos un repaso sobre o difícil e complexo que é divulgar, a muller no mundo da historia e da arte e as oportunidades laborais e futuro que temos a xuventude neste sector.
As fronteiras históricas de Galicia e a súa evolución con J. M. Barbosa 03.12.2021 48:00
Neste 27 programa de Descifrando a Historia falamos con J. M. Barbosa arredor do seu libro escrito na norma internacional "A evoluçao histórica dos límites da Galiza". Tratamos moitas cuestións e reflexionamos arredor de acontecementos históricos dos que temos ideas preconcibidas. É un moi bo programa para escoitar nestes meses de inverno.
As mulleres nas Irmandades da Fala (1916-1936) e a muller galega na investigación con Aurora Marco 14.11.2021 57:00
Neste 26 programa de Descifrando a Historia falamos e conversamos con Aurora Marco, autora de "Irmandiñas" para facer unha análise das mulleres das Irmandades da Fala na política do seu tempo, historias de mulleres moi interesantes e tamén como está tratada a muller galega na investigación actual. Un programa para aprender moito.
Divulgación, historia de Galicia e microhistoria con Manuel Gago 07.11.2021 1:26:00
Neste 25 programa de Descifrando a Historia subimos o directo que se fixo con Manuel Gago o 6 de novembro. A conversa foi moi fructífera, falamos de divulgación, de historia local, de historia de Galicia, e contou curiosidades moi interesantes como que aínda pervive no imaxinario colectivo a presenza de romanos e os seus campamentos entre a poboación galega actual. Tamén como querían construír, os...
Conversa co profesor Bastos: Galicia e a necesidade dunha "lenda branca" (e moito máis) 15.10.2021 46:30
No programa de hoxe de Descifrando a Historia, número 24, falamos co profesor de Ciencias Políticas na USC, Miguel Anxo Bastos Boubeta. Foron moitos os temas, Galicia, a lenda branca, a lenda negra, acontecementos históricos gloriosos de Galicia, como se constrúe o nacionalimo galego e cuestións máis persoais.
Conversa con Antón Losada (programa especial) 01.10.2021 32:53
Hoxe cúmprese un ano desde que Descifrando a Historia botou a andar. Neste ano aprendimos moitas cousas e só quedan palabras de agradecemento para todas aquelas persoas que pasaron algunha vez po aquí escoitar algún programa. Isto é só o comezo dunha larga traxectoria para darlle visibilidade a unha Historia de Galicia oculta e vilipendiada a propósito para apagar a chama que nos une. Un pobo humi...
Arredor de Nós, conversa con Pilar García Negro sobre a Galicia histórica e actual 17.09.2021 1:07:37
Neste programa de Descifrando a Historia falamos con Pilar García Negro arredor de nós, de Galicia, das mulleres galegas, de Rosalía de Castro, de Castelao e do futuro do noso idioma. Esperamos que o disfruten tanto como cando se fixo.
O conflito lingüístico en Galicia, con Francisco Rodríguez 03.09.2021 46:31
Neste 21 episodio de Descifrando a Historia falamos con Francisco Rodríguez, experto no galego e na situación que vive hox een día o noso idioma, e como chegamos a esta situación límite. Facemos un percorrido tanto actual como histórico e tamén se atreve a augurar un futuro incerto para a lingua materna.
A evolución histórica do galeguismo (XIX-XX) 15.08.2021 16:34
Neste 20 episodio de Descifrando a Historia falamos arredor do galeguismo e a súa evolución histórica do século XIX ao XX. Cando naceu o feito diferencial de Galicia como rexión? Cando se pasa de provincialismo a rexionalismo? Que papel xogaron as Irmandades da Fala neste ámbito? As resposta en Descifrando a Historia.
Celtas, castrexos e romanos: que hai de certo? 02.08.2021 51:20
Neste 19 episodio de Descifrando a Historia falamos da presenza dos celtas, castrexos e romanos en Galicia. Grazas a Francisco Javier González rompemos unha serie de mitos que hai en torno a este tema. Os celtas estiveron aquí presentes? Que papel desempeñou Roma na formación de Galicia? E os castrexos, que son? Todo isto e moito máis aquí, en Descifrando a Historia
Conversa con García Mañá: Existiu unha fronteira entre Galicia e Portugal? 16.07.2021 40:10
E con este xa van 18 programas de Descifrando a Historia. Nel tratamos cuestións referentes á fronteira entre Galicia e Portugal ao longo da Historia desde a conformación do páis luso como reino ata practicamente a actualidade. Se ben é obvio que as diferenzas lingüísticas e culturais son poucas entre ambas rexións soprenderavos aínda máis o que aquí se vai contar.
Conversa con Xulio Ríos: a metamorfose do PCCh e de China nos 100 últimos anos 02.07.2021 57:00
Neste programa abordamos un tema que non é sobre a Historia de Galicia, pero é dunha importancia global que merece ser analizada. Para iso contamos con Xulio Ríos, o cal publicou un libro sobre a metamorfose do PCCh ao longo dos 100 anos que leva no poder, e como consecuencia, como cambiou China. Como está China tratada polos medios? É China capitalista? Cal será o seu papel no futuro? Todo iso e...
Os Ancares: pasado presente e futuro 15.06.2021 1:08:34
Neste 16 programa de Descifrando a Historia chegamos á comarca lucense dos Ancares, para desmitificar todos os estereotipos que existen a día de hoxe sobre ela coma un lugar afastado, idílico e bucólico. Para tal fin, falamos con Lucía Rodríguez, Eva Doroxo e Toño Ñúñez, que buscan dinamizar a zona ancarense e crear futuro para que non se vaian. Abordáronse temas como a fala, o patrimonio, etc.
O feminismo de Emilia Pardo Bazán, con Marilar Aleixandre 01.06.2021 1:16:29
Neste 15 programa de Descifrando a Hsitoria está como invitada Marilar Aleixandre, escritora e membra da Real Academia Galega, para falar da figura de Emilia Pardo Bazán e o seu feminismo, cen anos despois da súa morte. É realmente interesante como temos un concepto diferente da escriotra que introduxo o naturalismo en España.
A recuperación do patrimonio galego e a "Tamagania" con Bruno Rúa 18.05.2021 1:17:15
Neste 14 episodio de Descifrando a Historia, falamos con Bruno Rúa, que se dedica a recuperar o patrimonio material e inmaterial da comarca de Monterrei-Verín, a cal el lle chama Tamagania. Facemos un repaso de como naceu este proxecto, que curiosidades se atopou co paso do tempo, como lendas lle axudaron a atopar petroglifos, e moitas máis historias para reivindicar o patrimonio rural galego.
O contrabando na raia entre Galicia e Portugal 01.05.2021 37:40
Neste 12+1 episodio de Descifrando a Historia tratamos o contrabando na época de Salazar e Franco, como fixeron transporte ilícito de alimentos para sobrevivir. Grazas aos amigos "Os Contrabandistas" de Radio Metropolitana Porto pola colaboración. Twitter: @DescifrandoH Instagram: descifrandohistoria Spotify e Podgalego.
Represión da lingua e da cultura galega durante o franquismo 19.04.2021 19:21
Neste 12 episodio de Descifrando a Historia tratamos a represión da lingua e da cultura galega a partir dun artigo de Matías Rodríguez Da Torre da Universidade de Santiago de Compostela e de Xosé Manuel Baamonde Silva da Universidade de Vigo. Desde a igrexa, a escola, os medios de comunicación e o Estado franquista intentouse reprimir, eliminar e impoñer o uso do castelán desde o seu uso na admini...
Reflexións arredor da "Xeración Nós" e moito máis con Camilo Valdehorras 01.04.2021 54:14
Neste programa de Descifrando a Historia, podemos escoitar unha conversa con Camilo Valdehorras, filólogo e escritor galego, autor "Do mellor de Nós", unha troloxía editada por Hercules Edciones, onde fala do Boletín Nós, entre outras moitas cousas. Esta conversa é perfecta para aprender e desmontar moitos mitos. Simplemente sentarse e escoitar.
O acceso aos arquivos e o dereito á información 28.03.2021 11:00
Neste décimo programa de Descifrando a Historia, facemos un percorrido curto e breve, pero conciso, acerca do acceso aos arquivos e o dereito a información. Falamos da Constitución de 1978 e outras leis complementarias que existen a día de hoxe no estado español e tamén da Lei de Segredos de 1968. Moi interesante.
Moncho Reboiras, líder sindical (con Alberte Mera) 19.03.2021 32:00
Neste noveno programa de Descifrando a Historia falamos da figura de Moncho Reboiras, un militante da UPG e líder sindical, que loitaba polos dereitos dos traballadores e contra a opresión franquista. Contamos con Alberte Mera, director do filme "Reboiras. Acción e corazón", para que nos fale acerca del e de todo o que o rodea.
A polémica da cruz de Celanova 01.03.2021 22:47
Neste oitavo programa de Descifrando a Historia traemos unha conversa co Comité de Memoria Histórico da comarca de Celanova. Contan a historia da cruz, por que a queren retirar, que pretenden facer despois, con que apoios contan, e cando será posible que se leve a cabo tal procedemento. Recordemos que a cruz de Celanova leva sendo un motivo de polémica desde hai unhas semanas, saíndo nas noticias...
Virxinia Pereira, con Montse Fajardo 17.02.2021 31:43
Neste programa de Descifrando a Historia, falamos con Montse Fajardo arredor da figura de Virxinia Pereira, a que foi muller de Castelao. Como di Montse, ela non quería que a desvinculasen da figura de Castelao, pero fixo máis ca iso. Recomendamos a lectura do libro Unha vida incerta, e escoitar falar aquí a súa autora pode axudarvos a acabar de convencervos. Todo voso
Os suevos en Gallaecia 01.02.2021 20:44
Neste sexto programa de Descifrando a Historia, falamos sobre a presenza dos suevos destacando o máis relevante da súas accións na península. O pacto cos romanos, os conflitos cos visigodos, etc. ata chegar a ser unha simple provincia visigoda no 585 ata o 711, aínda que sempre contou coas súas peculiaridades, recoñecidas dentro do reino visigodo.
Ouro negro. A febre do wolfram galego durante a II GM 14.01.2021 12:39
Neste curto episodio de Descifrando a Historia, falamos dun aspecto histórico en concreto como foi o wolfram galego na Segunda Guerra Mundial. É interesante como Franco soubo negociar con el, como Hitler o quería a case calquera prezo, e como os aliados cando descubriron as propiedades deste material tamén se lanzaron a por el.
Josip Broz Tito: Iugoslavia, Stalin, os aliados e máis reflexións acerca desta figura descoñecida 21.12.2020 31:08
Neste cuarto programa de Descifrando a Historia, falamos con Pablo Martínez Sánchez, para coñecer unha das figuras máis destacadas de Iugoslavia, o cal foi un funambulista na política europea que lle tocou vivir en plena Guerra Fría. A súa vida e a súa historia determinou o seu carácter, sendo gobernante do país durante moitos anos e en palabras do propio invitado "el mesmo non se esperaba durar t...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.