AGalegaAudio
Todos os podcast | Galicia en goles
As retransmisións dos partidos do Celta, do Deportivo e do Racing de Ferrol nas competicións da LFP, Lugo, Celta Fortuna, Ourense CF e Arenteiro na Primeira Federación son a base do programa, xunto ao seguimento aos cinco equipos galegos da Segunda Federación: Pontevedra, Compostela, Coruxo, Fabril Deportivo e Bergantiños. Ademais está presente en todos os campos da Terceira e da cobertura ao Deportivo, na competición da Primeira feminina. O Galicia en Goles tamén segue con atención aos outros representantes que participan nas categorías elite do deporte español: Breogán e Básquet Coruña na AC...
Husk å besøke podkastens nettsted og støtte skaperen: agalegaaudio.gal
Forfatter
AGalegaAudio
Kategori
Podkastens nettsted
Siste episode
30. sep 2026
Hvor kan du lytte?
Podkaster i appen Replaio Radio Kommer snartPodkaster kommer snart til appen. Installer nå, og bli den første som ser en helt ny tilnærming til podkaster
Episoder
Galicia en goles domingo 30-11-2025 30.11.2025 8:45
Xa son oito os partidos que leva disputados o Celta coma local e non conseguiu ningunha vitoria. Este domingo foi o Espanyol o verdugo dos celestes, cun tanto na recta final do partido. A boa nova chegou co filial, que venceu a domicilio ao Avilés por un gol a dous e xa é segundo do seu grupo da 1ª RFEF. Mentres na 2ª RFEF o Bergantiños caeu na casa e a Sarriana e o Fabril empataron no derbi da Ri...
Galicia en goles sábado 29-11-2025 29.11.2025 9:44:51
O Deportivo da Coruña venceu con solvencia en Albacete e segue líder da Segunda división nun sábado no que a gran maioría dos equipos galegos tiveron cita. Dende a tolemia no Couto con vitoria do Ourense CF, pasando polo empate do Pontevedra en Pasarón, as derrotas de CD Lugo e Arenteiro e rematando coa tensa igualada do Rácing de Ferrol na Malata ante o Mérida.
Galicia en goles venres 28-11-2025 28.11.2025 3:31
Este venres o Galicia en Goles foi máis variado que nunca. Con conexións en Ferrol e A Coruña para estar no acendido de luces navideñas a cargo de Carreras e Bebeto respectivamente, nunhas charlas de protocolo deportivo, na festa Recalvi de Vigo, previas de boxeo e de moitos eventos máis que terán llugar esta fin de semana en Galicia e máis alá dos Ancarese o Courel.
Galicia en goles mediodía 23-11-2025 23.11.2025 1:56:46
O Celta Fortuna derrotou á Ponferradina por dous a cero no único partido da 1ª RFEF. Na xornada de baloncesto, houbo pleno de vitorias galegas co triunfo do COB en Burgos, e o Obradoiro a Palma. A mala nova foi a derrota do Ensino en Lugo ante Jairis.
Galicia en goles domingo 23-11-2025 23.11.2025 8:59:43
Riazor viviu a vitoria do Deportivo ante o Ceuta por dous goles a un en horario do xantar. Os tres puntos permítenlle ao Deportivo seguir invicto na casa e manter o liderato da segunda división. Na 1ª RFEF o Rácing caeu en Barakaldo mentres que na 2ª RFEF a UD Ourense venceu ao Bergantiños e o Coruxo goleou ao Sámano. No polideportivo houbo unha de cal e outra de area. O Parrulo venceu 3 a 5 en Tu...
Galicia en goles sábado 22-11-2025 22.11.2025 10:14:51
Intenso Galicia en Goles do sábado, que comezou coa quinta vitoria a domicilio do Celta, entre Liga e Europa. Desta vez foi en mendizorroza, cun solitario tanto de penalti de Aspas. A xornada pechouse da mellor maneira posible, coa malleira do Breogán no Pazo ante o Burgos. Entremedias, dous derbis galegos na 1ª RFEF. Por unha banda o Lugo derrotou un a cero ao Pontevedra e o Ourense CF asaltou Es...
Galicia en goles venres 21-11-2025 21.11.2025 3:30:55
Este venres Roberto Carlos Carballo analizou gran parte da xornada deportiva dos equipos galegos, achegouse ao novidoso mundial feminino de fútsal e, por suposto, estivo con Unicef na Semana coa Infancia.
Galicia en goles mediodía 16-11-2025 16.11.2025 1:56:55
Este domingo o Galicia en Goles edición mañá estivo no Paco Paz de Ourense, no peche dos Campionatos Nacionais Special Olympics. Tamén na cita da selección española sub 17 en Vilalonga, onde atendeu á Radio Galega o presidente da RFEF Rafael Louzán. Pola súa banda o Parrulo venceu ao Córdoba e o Liceo en Noia.
Galicia en goles domingo 16-11-2025 16.11.2025 8:45
O domingo estivo centrado no Nuevo Arcángel e na vitoria do Deportivo ante o Córdoba que coloca aos coruñeses colíder, con mellor diferencia de goles que o resto dos seus rivais. No resto do fútbol o Rácing de Ferrol e Ourense CF venceron na casa e o Arenteiro caeu a domicilio. A outra gran nova chegou no baloncesto coa vitoria do Breogán en Murcia.
Galicia en goles sábado 15-11-2025 15.11.2025 9:45:49
Sen fútbol de primeira división polo compromiso da selección española de fútbol, que goleou a Xeorxia por catro goles a cero, o sábado tivo moito protagonismo o fútbol da federación, cos empate de Pontevedra e Lugo e a derrota do Fortuna. Mellores novas chegaron na 2ª RFEF coas vitorias de Fabril e Ourense CF e o empate do Bergantiños. No polideportivo o máis destacado foi a vitoria do Obradoiro e...
Galicia en goles venres 14-11-2025 14.11.2025 3:30:55
O Anxo Carro de Lugo asistiu este venres a un festín do combinado nacional sub 21, que se enfrontou á feble San Marino e rematou barrendo do campo por un contundente sete a cero. Máis duro foi o compromiso do Deportivo Abanca. As pupilas de Fran Alonso gañaron ao Levante por 1 a 0 e rachan unha xeira negativa de resultados. Mentres o Básquet Coruña segue invicto na 1ª FEB tras derrotar ao Melilla.
Galicia en goles mediodía 09-11-2025 09.11.2025 1:56:55
Na mañá do domingo 9 de novembro o derbi provincial da 2ª RFEF que enfrontou a Fabril e Bergantiños rematou en táboas, sen goles. Na 3ª RFEF tamén empataron na zona alta Vilalbés e Compostela. A mellor nova chegou no polideportivo, coa dura vitoria do Liceo ante o Reus. A peor nova chegou na Liga F, coa goleada colleitada polo Deportivo Abanca ante o Barcelona.
Galicia en goles domingo 09-11-2025 09.11.2025 9:44:38
No Galicia en Goles deste domingo o prato forte fíxose agardar. No último encontro da xornada, Balaídos acolleu un trepidante partido entre o Celta e o Barcelona, que rematou con vitoria culé por dous goles a catro. O gran protagonista do encontro foi Robert Lewandoski, autor de tres goles dos catro anotados polo equipo catalán. No fútbol da federación o Lugo empatou en Guadalajara, a Sarriana fix...
Galicia en goles sábado 08-11-2025 08.11.2025 9:45:45
O Deportivo sumou a segunda vitoria consecutiva tras golear á Cultural, aproveitando os erros propios do conxunto cazurro. Na 1ª RFEF o Fortuna remontou un cero a tres para gañar ao Talavera, no derbi do Espiñedo o Rácing venceu ao Arenteiro e o Pontevedra puntuou na visita a Unionistas. Outro equipo galego desta división, o Ourense CF desputou con éxito a final da Copa Federación con tres goles d...
Galicia en goles venres 07-11-2025 07.11.2025 3:30:52
No Galicia en Goles do venres a xornada comezou da mellor maneira posible co gran triunfo en Santa Coloma do Parrulo. No baloncesto feminino tamén contaron grandes novas con dous triunfos a domicilio. O Ensino segue na zona alta tras vencer en Gran Canaria e o Uni Ferrol derrotou en La Seu ao Cadi. A peor nova chegou no balonmán, coa dura derrota do Cangas en Alacant.,
Galicia en goles mediodía 02-11-2025 02.11.2025 1:41:57
A edición matinal do Galicia en Goles estivo contando toda a previa do Levante-Celta que comezaba ás 14horas. Tamén narraron en directo a vitoria do Ensino ante o Perfumerías Avenida, o comezo do derby entre Porriño e Guardés e os 3 partidos da 3ª RFEF.
Galicia en goles domingo 02-11-2025 02.11.2025 10:14:50
O Galicia en Goles deste domingo desfrutou dunha dobre vitoria galega no fútbol profesional. O Celta encadeou o segundo triunfo da temporada, de maneira consecutiva, derrotando ao Levante no Ciutat por un a dous. De novo un gol no desconto do equipo olívico permitiulle levar os tres puntos e dar un chimpo na clasificación. Pola súa banda o Deportivo rachou unha xeira de cinco partidos sen gañar, d...
Galicia en goles sábado 01-11-2025 01.11.2025 9:45:55
O sábado deportivo galego tivo case pleno de vitorias no baloncesto, coa malleira do Breogán ante Granada e na 1ª FEB os triunfos de Obradoiro e COB. A única mala nova deuna o Uni Ferrol, caendo na Malata ante Estepona. No fútbol o Pontevedra goleaou ao Zamora, o Celta F empatou en Pamplona e o Rácing de Ferrol caeu ante o Tenerife no encontro chave da 1ª RFEF. Na seguinte categoría no derbi do Co...
Galicia en goles venres 31-10-2025 31.10.2025 3:30:48
O Galicia en Goles deste venres estivo centrado no Anxo Carro, co empate do Lugo ante o Barakaldo, e no Coliseum da Coruña, onde o Leyma Básquet Coruña derrotou con contundencia ao Fuenlabrada para manterse no máis alto da clasificación. Asimesmo Roberto Carlos Carballo repasou e analizou toda a xornada deportiva galega da fin de semana.
Galicia en goles mediodía 26-10-2025 26.10.2025 1:56:59
Escapando do Clásico, a metade dos encontros da 3ª RFEF decidiron fixar o seu horario na matinal do domingo. Coincidiron co segundo derbi galego da 1ª RFEF, desputada no Espiñedo con empate a cero entre Arenteiro e Pontevedra. No polideportivo o Obradoiro venceu ao Estudiantes e o Uni Ferrol caeu en Zaragoza.
Galicia en goles domingo 26-10-2025 26.10.2025 9:45:58
Neste último, o conxunto branco dobregou os cataláns no Bernabeu. Mentres, en Pamplona, o Celta sumaba, por fin e tras dez xornadas, a súa primeira vitoria da temporada. E fíxoo remontando por dúas veces para rematar gañando por dous a tres ao Osasuna. Pola súa banda o Deportivo salvou un punto in extremis ante o Valladolid en Riazor grazas a un penalti anotado por Yeremay no desconto. O empate a...
Galicia en goles sábado 25-10-2025 25.10.2025 9:45:57
Moitas citas futbolísticas neste último sábado de novembro con ata dous derbis. Un deles, na 1ª RFEF en Balaídos, coa vitoria en inferioridade do Celta F. ante o Rácing de Ferrol. Mentres en Cáceres o Ourense CF rabuñou un empate., Pola súa banda o outro equipo da cidade das Burgas, o UD Ourense, asaltou o Vao no outro derbi rexional, desta vez da 2ª RFEF. Aqui o Fabril sufriu a primeira derrota d...
Lignende podkaster
Replaio er ikke podkastutgiver; programnavn, omslag og lyd tilhører opphavspersonene og distribueres via offentlige RSS-feeder.