AGalegaAudio
Todos os podcast | Galicia en goles
As retransmisións dos partidos do Celta, do Deportivo e do Racing de Ferrol nas competicións da LFP, Lugo, Celta Fortuna, Ourense CF e Arenteiro na Primeira Federación son a base do programa, xunto ao seguimento aos cinco equipos galegos da Segunda Federación: Pontevedra, Compostela, Coruxo, Fabril Deportivo e Bergantiños. Ademais está presente en todos os campos da Terceira e da cobertura ao Deportivo, na competición da Primeira feminina. O Galicia en Goles tamén segue con atención aos outros representantes que participan nas categorías elite do deporte español: Breogán e Básquet Coruña na AC...
Husk å besøke podkastens nettsted og støtte skaperen: agalegaaudio.gal
Forfatter
AGalegaAudio
Kategori
Podkastens nettsted
Siste episode
30. sep 2026
Hvor kan du lytte?
Podkaster i appen Replaio Radio Kommer snartPodkaster kommer snart til appen. Installer nå, og bli den første som ser en helt ny tilnærming til podkaster
Episoder
Galicia en goles mediodía 11-01-2026 11.01.2026 1:56:58
A matinal do domingo non trouxo boas novas para o filial céltico, que caeu en Barreiro por un gol a dous ante o Barakaldo. Tampouco puido gañar o Deportivo Abanca, que empatou en Riazor a un gol co Tenerife. No polideportivo o Coruña venceu a domiclio ao Alacant, o mesmo que fixo o Liceo en Maçanet.
Galicia en goles domingo 11-01-2026 11.01.2026 8:44:57
Na 2ª RFEF a UD Ourense gañou no Couto, o Bergantiños empatou nas Eiroas e a Sarriana caeu en Villaviciosa. Ao remate da axenda galega o Galicia en Goles centrou a súa atención na final da Supercopa de España que se desputou en Arabia e na que venceu o Barcelona ao Real Madrid.
Galicia en goles sábado 10-01-2026 10.01.2026 9:44:44
O sábado do Galicia en Goles foi intenso en canto ao futbolístico e tamén no polideportivo. Se o Deportivo era quen de rabuñar un empate en Las Palmas., os moitos partidos da RFEF deixaron resultados para tódolos gustos. Mentres o Pontevedra segue coa sua xeira triunfal, con 5 vitorias consecutivas, goleando en Avilés, o Rácing de Ferrol segue deixando puntos, desta vez con derrota na Malata ante...
Galicia en goles venres 09-01-2026 09.01.2026 3:30:52
Este venres Roberto Carlos Carballo conversou cos representantes do fútbol galego na Supercopa de España que se desputa en Arabia. Asimesmo fixo un repaso por tódolos acontecementos deportivos da fin de semana dos conxuntos da nosa terra.
Galicia en goles mediodía 28-12-2025 28.12.2025 2:56:51
Mañá dominical onde o baloncesto foi o principal protagonista. Na 1ª FEB o COB caeu en Oviedo nun final pechado mentres que na festa da Malata, o Baxi Ferrol impuxo a condición de local para derrotar no derbi ao Ensino de Lugo. Asimesmo houbo tempo para estar en Maceda, nos campionatos galegos de ciclocross.
Galicia en goles domingo 28-12-2025 28.12.2025 3:59:54
O derbi da Primeira FEB foi o prato principal do menú deportivo deste domingo no Galicia en Goles. Dende a previa ata as declaracións post partido, o Sar foi o epicentro dun encontro que colmou as expectativas. Puntos, rebotes e moita emoción ata o final foron a tónica dun derbi que caeu do lado obradoirista.
Galicia en Goles sábado mediodía 27-12-2025 27.12.2025 39:47
O Galicia en Goles edición informativa desprazouse ata Betanzos para dar conta dun adestremento solidario organizado por Óscar Gilsanz en colaboración coa Cruz Vermella. Asimesmo, analizaron a previa do Joventut - Breogán e do derbi da máxima categoría do fútbol sala español que enfrontará a Noia e Parrulo.
Galicia en goles sábado 27-12-2025 27.12.2025 3:59:55
Nesta edición reducida do Galicia en Goles comenzaron vivindo a emoción do derbi de fútsal entre Noia e Parrulo, con vitoria clara do conxunto do Barbanza. Logo xa toda a atención estivo posta no encontro do Breogán ante o Joventut, con derrota lucense máis axustada do que dixo o marcador. Tempo houbo tamén para falar do torneo de fútbol base de Vigo e dos C. Galegos de natación absolutos, desputa...
Galicia en goles mediodía 21-12-2025 21.12.2025 1:56:58
Quedou unha boa mañá de domingo coa quinta vitoria do Breogán por 100 a 99 ante Bilbao. No fútbol tamén chegaron boas novas co triunfo do Arenteiro ante Osasuna B e do Fabril remontando ante o Ávila. Tempo houbo tamén para contar a xornada da 3ª RFEF e a eliminación de Copa do Deportivo Abanca
Galicia en goles domingo 21-12-2025 21.12.2025 8:44:57
A tarde do domingo comezou coa gran vitoria do Pontevedra en Barakaldo, o triunfo pola mínima do Lugo no derbi ante Ourense CF e o empate do Coruxo en Santander. Logo a mala nova chegou en Avilés, coa derrota do Rácing de Ferrol no tempo de desconto. Asimesmo, no derbi da 2ª RFEF do Couto, a UD Ourense venceu por un tanto a cero Á SD Sarriana.
Galicia en goles sábado 20-12-2025 20.12.2025 10:14:45
O Galicia en Goles comezou prematuramente este sábado coa disputa dos dous partidos do fútbol prosesional con equipos galegos implicados á hora do xantar. O Celta empatou a cero en Oviedo e o Deportivo encadeou o terceiro traspés consecutivo, caendo en Andorra. A mellor nova chegou no fútbol da RFEF, cos triunfos de Celta Fortuna e Bergantiños, e no balonmán, co triplete de Cangas, a domicilio, Po...
Galicia en goles venres 19-12-2025 19.12.2025 3:30:47
Na edición deste venres o Galicia en Goles analizou a fin de semana deportiva galega, cos compromisos a domicilio de Celta e Deportivo, a despedida do 2025 do fútbol da federación e pos suposto con todo o polideportivo que se celebra na nosa terra.
Galicia en goles mediodía 14-12-2025 14.12.2025 1:56:55
Boa mañá, en xeral, para os equipos galegos neste domingo. O Celta Fortuna remontou en Lezama en inferioridade e segue en postos de playoff. Non lle foron tan ben as cousas ao UD Ourense que caeu en Segovia. Mentres, no polideportivo, as mellores novas chegaron en Riazor co triunfo do Liceo e no Pazo coa vitoria do Ensino. Pola contra o Baxi Ferrol caeu en Alcantarilla.
Galicia en goles domingo 14-12-2025 14.12.2025
O Celta por fin gañou en Balaídos esta temporada, derrotando ao Athletic por 2 a 0. Na 1ª RFEF o Rácing e Pontevedra afianzan posto de playoff tras gañar a Unionistas e Arenas respectivamente. E na 2ª RFEF, vitorias de Coruxo e Bergantiños en Asturias e empate da Sarriana na Ribela.
Galicia en goles sábado 13-12-2025 13.12.2025 9:44:49
Non foi, en xeral, un bo sábado para o deporte galego. O Deportivo sufriu a segunda derrota consecutiva, a segunda na casa, ante a Real Sociedad B por un claro cero a tres. Antes, no Pazo de Lugo, o Breogán caía ante o Tenerife. No fútbol da Federación o Arenteiro venceu en Ponferrada, o Lugo empatou a cero en Tajonar e o Ourense CF deixou escapar dous puntos do Couto. A mellor nova do día chegou...
Galicia en goles venres 12-12-2025 12.12.2025
Este venres Roberto Carlos Carballo e todo o seu equipo do Galicia en Goles contaron cómo lle foi ao Cangas na Liga Asobal en Irún e avanzaron os acontecementos deportivos máis salientables da nosa terra.
Galicia en goles mediodía 30-11-2025 30.11.2025 1:56:53
A mañá do domingo tivo a gran nova da goleada do Coruxo no Anexo ante Valladolid Promesas por cero a tres. Mentres Galicia empatou a dous ante Castela e León na fase das rexións UEFA desputada en Palencia. No baloncesto houbo xornada da Liga Feminina co Baxi visitando Gran Canaria e o Ensino Xirona.
Lignende podkaster
Replaio er ikke podkastutgiver; programnavn, omslag og lyd tilhører opphavspersonene og distribueres via offentlige RSS-feeder.