AGalegaAudio
Todos os podcast | Galicia en goles
As retransmisións dos partidos do Celta, do Deportivo e do Racing de Ferrol nas competicións da LFP, Lugo, Celta Fortuna, Ourense CF e Arenteiro na Primeira Federación son a base do programa, xunto ao seguimento aos cinco equipos galegos da Segunda Federación: Pontevedra, Compostela, Coruxo, Fabril Deportivo e Bergantiños. Ademais está presente en todos os campos da Terceira e da cobertura ao Deportivo, na competición da Primeira feminina. O Galicia en Goles tamén segue con atención aos outros representantes que participan nas categorías elite do deporte español: Breogán e Básquet Coruña na AC...
Husk å besøke podkastens nettsted og støtte skaperen: agalegaaudio.gal
Forfatter
AGalegaAudio
Kategori
Podkastens nettsted
Siste episode
30. sep 2026
Hvor kan du lytte?
Podkaster i appen Replaio Radio Kommer snartPodkaster kommer snart til appen. Installer nå, og bli den første som ser en helt ny tilnærming til podkaster
Episoder
Galicia en goles venres 24-10-2025 24.10.2025 3:30:57
Roberto Carlos Carballo analiza no Galicia en Goles deste venres toda a xornada deportiva galega da fin de semana, centrada nos compromisos de Celta e Deportivo, nas citas do fútbol da 1ª e 2ª RFEF e por suposto en todo o polideportivo.
Galicia en goles mediodía 19-10-2025 19.10.2025 1:56:57
A xornada matinal do Galicia en Goles estivo centrada no encontro que o Deportivo Abanca foi quen de empatar ante o Atlético de Madrid na primeira división feminina. Peor sorte correu o Ourense CF, que caeu por un a tres ante o Castilla. Na 3ª RFEF houbo tres encontros, con vitorias de Céltiga, Viveiro e Rácing Vilalbés
Galicia en goles domingo 19-10-2025 19.10.2025 8:45:59
Un gol da Real Sociedade no tempo de desconto impediulle ao Celta sumar o seu primeiro triunfo da temporada. O conxunto olívico xogou con dez durante toda a primeira metade pola expulsión de Starfelt e segue sen gañar neste curso. Tampouco obtivo un bo resultado o Deportivo, que perdeu por segundo partido consecutivo a pesar de adiantarse no marcador no Sardinero. O Rácing de Santander empatou ás...
Galicia en goles sábado 18-10-2025 18.10.2025 9:45:58
Non quedou un mal sábado para o deporte galego. As mellores novas chegaron no polideportivo, cos triunfos de Breogán en Zaragoza, o primeiro do curso, e a sorpresiva vitoria do Cangas en Torrelavega. No fútbol da federación, o Rácing mallou no Arenas, o Pontevedra salvou un punto en Pasarón ante o Osasuna Promesas, e no derbi do Anxo Carro, que gañou CD Lugo ante o Fortuna.
Galicia en goles venres 17-10-2025 17.10.2025 3:30:58
No Galicia en Goles deste venres contaron o pleno de triunfos do Leyma Básquet Coruña na 1ª FEB. Os coruñeses venceron 91 a 75 ante o Palmer. Asimesmo Roberto Carlos Carballo e o resto do equipo de deportes da Radio Galega analizaron a previa da fin de semana deportiva galega.
Galicia en goles mediodía 12-10-2025 12.10.2025 1:57:00
Houbo unha de cal e outra de area para os equipos galegos da 1ª RFEF nesta mañá de domingo. O Rácing de Ferrol remontou en Tajonar para acabar vencendo ao Osasuna B por un gol a dous. Pola contra o Pontevedra caeu no Alfredo Di Stefano pola mínima. No único partido da 3ª RFEF, o Cambados estreou o casilleiro de triunfos derrotando en Burgáns ao Viveiro
Galicia en goles domingo 12-10-2025 12.10.2025 9:45:58
A pesar da derrota os coruñeses seguen en postos de ascenso directo, segundos empatados a puntos co Rácing de Santander, o seu vindeiro rival. No derbi galego da 2ª RFEF o Bergantiños asaltou ao Coruxo no Vao e na Liga ACB o Breogán sufriu a segunda derrota da temporada logo de perder no Pazo por 90 a 113 ante Valencia.
Galicia en goles sábado 11-10-2025 11.10.2025 9:45:57
Barreiro rexistrou un empate a cero goles no derbi entre Fortuna e Ourense CF, mesmo resultado que colleitou o Lugo en Getxo. Na 2ª RFEF o Fabril segue invicto, a UD Ourense empatou en Cantabria e a Sarriana caeu en Salamanca. No fútbol feminino o Abanca empatou en Riazor e segue sen despegar. O polideportivo foi o que deparou a maior ledicia coa dobre vitoria galega, in extremis de Parrulo e Noia...
Galicia en goles venres 10-10-2025 10.10.2025 3:30:23
O Galicia en Goles contou a primeira vitoria do Obradoiro na 1ª FEB, na cancha de Guipúscoa, con prórroga incluída. Asimesmo houbo tempo para escoitar as voces máis importantes da previa deportiva desta fin de semana.
Galicia en goles domingo 05-10-2025 05.10.2025 9:45:56
Inclúe o partido en Balaídos co empate do Celta e un gol de Iago Aspas, que segue conseguindo récords, desta volta igualar os 533 partidos coa camisola celeste, á par do histórico Manolete
Galicia en goles venres 03-10-2025 03.10.2025 3:30:58
Basquet Coruña - Lleida. Previa das xornadas dos equipos galegos. Xota - Noia. Roberto Carlos Carballo, Alfonso Pardo, Miguel Álvarez, Fer Romero.
Galicia en Goles Celta na Europa League 02-10-2025 02.10.2025 3:59:58
Celta - PAOK con Roberto Carlos Carballo, Víctor López, Moncho Carnero, Valtierra, Mister Asubío. Protagonistas do encontro.
Galicia en goles mediodía 28-09-2025 28.09.2025 1:57:00
Na matinal do domingo o Galicia en Goles contou o triunfo do Fabril sobre a bucina en Santander. Gañou o equipo de Manuel Pablo por 2 a 3 ao Raio Cantabria. Na terceira galega o Rácing Vilalbés gañou na casa, o mesmo que fixo o Lugo B. No polideportivo o Breogán gañou ante Burgos no torneo Lugo é Básket, no último amigable de pretemporada do equipo celeste.
Galicia en goles domingo 28-09-2025 28.09.2025 8:45:58
O Celta sumou a segunda derrota da temporada no Mtnez Valero de Elx, tras caer ante o conxunto local por dous goles a un. O equipo dirixido por Claudio Giráldez segue sen gañar dende o arrinque de curso e está situado na zona baixa da clasificación. No fútbol da federación este domingo tivo o empate do Coruxo no Vao, a derrota da UD Ourense en Salamanca e toda a xornada da 3ª RFEF galega.
Galicia en goles sábado 27-09-2025 27.09.2025 9:45:44
O Galicia en Goles deste sábado comezou forte co derbi madrileño pero, sobre todo, cos dous derbis simultáneos na 1ª RFEF. No Couto, nun partido rudo e duro, o Pontevedra derrotou ao Ourense CF mentres que en Barreiro o Celta Fortuna dobregou ao Arenteiro. A continuación Ipurúa viviu un choque entre Eibar e Deportivo que rematou en empate cun gol armeiro a falta de dous minutos para o final. No po...
Galicia en goles venres 26-09-2025 26.09.2025 3:30:58
Este venres o fútbol galego tivo dobre cita na 1ª RFEF. O Lugo caeu en Talavera por un solitario tanto a cero mentres que o Rácing de Ferrol non pasou do empate a cero ante o Guadalajara. No balonmán o Guardés rabuñou un empate ante o Bera Bera. Tamén escoitaron a Rafael Louzán sobre o posible veto da UEFA a Israel ou o Mundial de 2030.
Galicia en Goles especial Stuttgart-Celta 25-09-2025 25.09.2025 3:59:55
Derrota pola mínima no regreso do Celta a Europa oito anos despois.
Galicia en goles sábado 20-09-2025 20.09.2025 9:45:58
O sábado no Galicia en Goles estivo centrado no fútbol da Federación e nas diferentes citas de baloncesto na nosa comunidade. na 1ª RFEF o Arenteiro sufriu para rabuñar un empate na casa ante o Zamora, mentres que o Pontevedra caeu pola mínima en Lezama. Mellores novas trouxo o Coruxo de Astorga, onde gañou cero a dous. No baloncesto o UNI Ferrol venceu na final da Copa Galicia celebrada en Narón...
Galicia en Goles especial Deportivo-Huesca 19-09-2025 19.09.2025 3:55:56
Deportivo - Huesca. Copa Galicia Baloncesto Feminina. Breogán - Madrid. Obradoiro - Oliveirense.
Galicia en goles domingo 14-09-2025 14.09.2025 10:56:58
O Galicia en Goles deste domingo foi unha maratón que ocupou case doce horas de programación. Nelas contouse o empate a un do Celta ante o Xirona en Balaídos, o cuarto consecutivo do conxunto dirixido por Claudio Giráldez, que non sabe aínda o que é gañar esta temporada. No fútbol da federación as boas novas chegaron da man do Rácing de Ferrol, que derrotou á Ponferradina, e do Arenteiro, que gaño...
Galicia en goles sábado 13-09-2025 13.09.2025 9:45:59
Non quedou un mal sábado nun Galicia en Goles que arrincaba coa malleira do Deportivo na súa visita ao Mirándes e continuaba con outra vitoria galega a domicilio, a do Celta Fortuna en Mérida. O resto da xornada galega na 3ª RFEF e toda a cobertura do polideportivo completaron a oferta informativa sabatina.
Lignende podkaster
Replaio er ikke podkastutgiver; programnavn, omslag og lyd tilhører opphavspersonene og distribueres via offentlige RSS-feeder.