Radio Municipal de Tui

Día a Día

News GL ↓ 6503 episodi

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...

Visita il sito del podcast e sostieni chi lo crea: www.ivoox.com

Autore

Radio Municipal de Tui

Categoria

News

Sito del podcast

www.ivoox.com

Ultimo episodio

9 ott 2026

Dove ascoltare?

I podcast nell'app Replaio Radio In arrivo

I podcast stanno per arrivare nell'app. Installala ora e scopri per primo un modo tutto nuovo di vivere i podcast

Scaricala su Google Play Installala gratis Android quasi 10 mln di download · valutazione 4,8 iOS in arrivo

Episodi

Ent. Eloy Carrera e Chus Vega - Curso flauta e taller “Queres superar os teus nervios antes dunha actuación” 26.12.2023

A Banda de Música Popular de Tui organiza dúas actividades formativas esta semana para músicos e músicas. A primeira será mañá mércores, xoves e venres cun curso de flauta a cargo de Luís Soto da Filarmonía de Galicia. As prazas están xa completas. Amais o sábado o psicólogo Chus Vega impartirá un taller titulado “Queres superar os teus nervios antes dunha actuación”.

Ent. corais San Telmo, Centro Social e Ponte das Febres e Banda de Música Popular de Tui - Concerto de Nadal 22.12.2023

Hoxe celébrase o tradicional Concerto de Nadal a cargo das corais tudenses San Telmo, do Centro Social e Ponte das Febres da Banda de Música Popular de Tui. Esta no coma novidade incorpórase o coro infantil do CEIP de Pazos de Reis. A cita será ás 20.30 h no Teatro Municipal, As entradas están á venda en tui.gal. Falamos deste evento con Rafael Dopeso e Mila González da Coral Ponte das Febres, Car...

Ent. Eloy Carrera e David González - Concerto de Nadal 22.12.2023

O Centro Cultural de Guillarei acolle mañá sábado 23 de decembro, ás 20 h, o concerto de Nadal da Banda de Música Popular de Tui. Un evento especial porque no mesmo van presentar á Banda Xuvenil de Tui. Do mesmo falamos con Eloy Carrera, director da Banda, e con David González, presidente da agrupación.

Ent. Rubén López, director do CMUS Tui e Manuel Madarnás, trompetista - Concerto Solidario de Nadal 19.12.2023

Mañá mércores, ás 19 h o alumnado do Conservatorio e da Escola de Música de Tui ofrecerán o Concerto Soliario de Nadal no Teatro Municipal. Neste evento o trompetista Manuel Madarnás, exalumno do Conservatorio, presentará algúns temas do seu novo traballo La MMarca Vol II. Falamos deste concerto con Rubén López, director do CMUS Tui e con Manuel Madarnás. A entrada será un quilo de alimentos para...

Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Valoración pleno novembro 19.12.2023

Co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, completamos hoxe a rolda de conversas cos represenantes dos grupos políticos da corporación municipal para valorar o pleno ordinario do mes de novembro.

Ent. José Carpinteira, presidente da Cámara de Valença - Concerto de Nadal da Eurocidade 15.12.2023

O presidente da Cámara de Valença, José Carpinteira, destacaba que o concerto de Nadal da Eurocidade é un evento importante que vai reforzar a unión entre a poboación valenciana e tudense, as dúas culturas e as dúas cidades. Será mañá sábado ás 21.30 h no Teatro Municipal de Tui a cargo de Mistura Vocal, Kasual Quartet, Vocalis Contrasta e o coro da Academia de Música da Fortaleza de Valença.

Ent. Verónica Gómez de Río Miño en Barco - Barco de Chocolate 15.12.2023

Esta fin de semana comezan no rio Miño as viaxes do Barco de Nadal con Chocolate, unha iniciativa da empresa Río Miño en Barco. O paseo estara acompañado de panxoliñas e chocolate quente coma explicaba Verónica Gomez. Débese facer reserva previa 662 312 520.

Natalia Lago A fada do Aloia - Ruta "Conto de Nadal" 15.12.2023

A Fada do Aloia realizará este domingo a Ruta "Conto do Nadal" polo Monte Aloia. Haberá dúas quendas ás 12 h e ás 16 h. Deunos todos os detalles Natalia Lago. É preciso inscrición previa no 619 96 90 90.

Ent. Carolina Figueroa do CPA Ribex - Festival de Nadal 15.12.2023

Máis de 200 patinadores e patinadoras participarán este domingo, a partir das 17.30 h no Festival de Nadal do Club de Patinaxe Artística Ribex, no pavillón municipal Gustavo Rodríguez. Falamos do mesmo con Carolina Figueroa.

Ent. Nico Montes, voceiro do PP - Rolda pleno novembro 15.12.2023

Hoxe proseguimos a rolda de conversas para valorar o pleno ordinario de novembro da corporación municipal. Esta mañá no programa Día a Día acompañounos o voceiro do Partido Popular, Nico Montes.

Ent. Juan González, Cristina Pazo e Ismael González - Festa Solidaria Humor e Jazz 15.12.2023

Mañá celébrase a festa solidaria Humor e Jazz organizada por Protección Civil de Tui en favor das asociacións Un Máis e Síndrome de Delección 1p36. Actuará o monologuista Víctor Grande, o trompetista Manuel Madarnás e o grupo Old Bridge. Da mesma falamos con Juan González, Cristina Pazo e Ismael González, membros de Protección Civil de Tui.

Ent. David Carreira de Leira Rock - concerto no Mercado de Nadal de Tui 15.12.2023

O grupo Leira Rock ofrecerá mañá sábado ás 21 h un concerto no Mercado de Nadal de Tui no Paseo da Corredoira. Hoxe falamos co seu cantante, David Carreira.

Ent. Carmen Gonzalez, Marta Fernández e Pilar Álvarez - A Árbore dos Desexos 14.12.2023

Facer realidade os soños de 80 nenos e nenas das familias ás que axuda SOS Tomiño Baixo Miño é o obxectivo da #Árboredosdesexos situada na praza da Inmaculada, a carón do posto dos Scout Alhoia Tui. É unha iniciativa EMedia.gal, SOS Tomiño Baixo Miño, Concello de Tui e Viveiros Nilo, coa colaboración de Flores Rita, Scouts Alhoia, Mensatui e Distribuciones Priegue Falamos do mesmo con Carmen Gonzá...

Ent. Sonsoles Vicente, Aloia Martínez e Ivone Ribeiro - Concerto Nadal de Cristal 14.12.2023

O Teatro Municipal de Tui encherase este sábado da maxia do Nadal a través do espectáculo musical “Nadal de Cristal”. Mistura Vocal, Kasual Quartet, Vocalis Contrasta e o coro da Academia de Música da Fortaleza de Valença serán as catro agrupacións que brindarán o concerto de Nadal da Eurocidade Tui-Valença. Falamos do mesmo con Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura, Aloia Martínez, directora d...

Ent. Aldara Palmeiro de ASANOG - Posto no Mercado de Nadal en colaboración coas ANPAS de Tui 14.12.2023

No Mercado de Nadal de Tui hai un posto de ASANOG, Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia, en colaboración coas Asociacións de Pais e Nais de Tui. Deste xeito buscan recadar cartos para ASANOG coa venda de distintos produtos solidarios, manualidades e calzado grazas á doazón feita por unha zapatería. Así nolo contou Aldara Palmeiro.

Nandi de Santiago, da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Tomiño - Concentración hoxe ás 11 h 14.12.2023

Ás 11 h a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Tomiño convoca unha concentración diante do Centro de Saúde para protestar pola situación no mesmo. Denuncian dende a Plataforma a situación na que se atopa o ambulatorio tomiñés onde dende outubro dos 8 médicos so había 3, pero na xornada de hoxe haberá un so facultativo.

Ent. Sandra González, alcaldesa de Tomiño - Orzamentos 2024 13.12.2023

Tomiño levará a pleno a próxima semana os orzamentos para 2024 por importe de 9 millóns de euros, un 5% máis que os deste ano. Hoxe falamos destas contas para o próximo ano con Sandra González, alcaldesa de Tomiño.

Ent. Carmen Núñez, voceira do BNG - Rolda pleno novembro 13.12.2023

Con Carmen Núñez, voceira do BNG, continuamos hoxe a rolda de conversaso cos grupos presentes na corporación municipal de Tui para valorar o pleno do mes de novembro.

Ent. José Manuel Palacín de C21 - Rolda Pleno Novembro 11.12.2023

Co voceiro de C21, José Manuel Palacín, abrimos hoxe a rolda de conversas cos representantes dos grupos políticos sobre o pleno ordinario do mes de novembro.

Ent. José M. Solleiro, Rafael Pérez Rego, Lucía Benade, Sabela González e Noa Fontán - Presentación Rondalla O Mosteiro 07.12.2023

A Rondalla O Mosteiro de Pexegueiro presentarase oficialmente este domingo ás 17.30 h no Centro Cultural O Mosteiro de Pexegueiro. No acto participará tamén o Coro Infantil do CEIP de Pazos de Reis e da Coral Polifónica Ponte das Febres Hoxe falamos deste acto con José Manuel Solleiro da Rondalla o Mosteiro, Rafael Pérez Rego, director do Coro Infantil do CEIP de Pazos de Reis e da Coral Ponte das...

Ent. Carmen Cerviño e María Luisa Alonso da Asociación de San Vicente de Paúl,- Rastrillo solidario 05.12.2023

Ao longo do ano son diversas as iniciativas solidarias que se realizan, e que desenvolven un importante labor. Unha delas é o rastrillo solidario da Asociación de San Vicente de Paúl, que continúa nestas datas. Amais de abrir os sábados no Colexio da Milagrosa, fronte á Catedral, tamén o fará mañá venres 8 de decembro de 17 a 20 h.

Ent. Jorge Enríquez e Adrián Pinaque, arquitectos - Premio Gran de Area polo proxecto "A Casa dos Profesores" 01.12.2023

O arquitectos Jorge Enríquez e Adrián Pinaque, do estudo Arqxé, foron galardoados co Premio Gran de Area polo Colexio de Arquitectos de Galicia polo seu proxecto “Casa dos profesores” executado no barrio da Torre en Paramos. Falamos con eles do premio e do proxecto.

Ent. Ana Núñez, Sonsoles Vicente e Rafael Estévez - Comezo da programación Tui, Camiño de Nadal. 01.12.2023

Hoxe comeza a programación Tui, o Camiño do Nadal no Concello de Tui. A apertura do Mercado de Nadal, o acendido das luces, as actuación de Barafunda e Arrancaxestas marco o inicio dos eventos festivos. Falamos cos mesmos coa concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, coa concelleira de Comercio, Ana Núñez, e co concelleiro de Deportes, Rafael Estévez.

Ent. María José Martínez Fandiño, Joaquín , Sara da Silva de Vontade - Día Internacional da Discapacidade 01.12.2023

Este domingo, 3 de decembro, é o Día da Discapacidade. Dende Vontade están levando a cabo unha campaña de concienciación a través das redes sociais e cartelería da que hoxe nos falaron María José Martínez Fandiño, Joaquín e Sara da Silva.

Ent. Xavier Groba e Alberto Romer do Grupo Espeleolóxido Maúxo - Libro Tesouro espeleolóxico galego” 28.11.2023

Todas as covas naturais ou artificias de Galicia ou da antiga Gallaecia que estaban documentadas até 1970 veñen recollidas ao longo das máis de 500 páxinas do libro “Tesouro espeleolóxico galego” do Grupo Espeleolóxido Maúxo. Esta obra, cun texto introdutorio da poeta Alba Cid, será presentada o próximo martes, 5 de decembro, ás 20 h no edificio Francisco Sánchez. Así o explicaba hoxe na nosa sint...

Ascolta il podcast Día a Día su Replaio

Radio e podcast in un'unica app - gratis e senza registrazione. Installala oggi e non perderti il lancio

Scaricala su Google Play

Replaio non è un editore di podcast; i nomi dei programmi, le copertine e l'audio appartengono ai rispettivi autori e vengono distribuiti tramite feed RSS pubblici