Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Visita il sito del podcast e sostieni chi lo crea: www.ivoox.com
Autore
Radio Municipal de Tui
Categoria
Sito del podcast
Ultimo episodio
9 ott 2026
Dove ascoltare?
I podcast nell'app Replaio Radio In arrivoI podcast stanno per arrivare nell'app. Installala ora e scopri per primo un modo tutto nuovo di vivere i podcast
Episodi
Ent. Sandra González, alcaldesa de Tomiño - Gala Vilas en Flor, e outros temas 24.11.2023 9:48
O auditorio de Goián acolle este mediodía a Gala de entrega de premios de Vilas en Flor. Falamos deste evento coa alcaldesa de Tomiño, Sandra González. Tamén do recoñecemento coma ábores senlleiras de Galicia do conxunto de sobreira de Goián, entre outros asuntos.
Ent. Manuel Lorenzo, exgarda forestal do Parque Natural do Monte Aloia 24.11.2023 14:58
Hai unhas semanas xubilábase Manuel Lorenzo, o garda forestal do Parque Natural do Monte Aloia tras 38 anos no posto. El viviu en primeira persoa a transformación que monte foi sufrindo nestas décadas. Con el falamos dos cambios, das vivencias e do Aloia. Tamén nos acompañou telefonicamente Gonzalo Puerto, que durante moito anos foi director de Conservación do parque tudense.
Ent. Ana Núñez, concelleira de Igualdade - Campaña Non máis violencia por ser muller 24.11.2023 16:33
Hoxe no programa Día a Día acompañounos a concelleira de Igualdade de Tui, Ana Núñez, para falar do 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, e da campaña Non máis violencia por ser muller.
Ent. Eloy Carrera, David González, José Montes,Ángeles Vicente e Pilar Álvarez - Concerto Solidario de Santa Icía 23.11.2023 13:25
A Banda de Música Popular de Tui celebra este sábado, ás 20 h, no Teatro Municipal de Tui, o seu concerto de Santa Icía. O repertorio será de bandas sonoras e a entrada alimentos non perecedoiros para SOS Tomiño Baixo Miño. Deste evento falamos con Eloy Carrera, director, e David González, presidente. da Banda de Música Popular de Tui e con Jose Monte, Ángele Vicente e Pilar Álvarez de SOS Tomiño...
Ent. Diego das Dores e Aitor Martínez do Remo Tui - V Regata Eurocidade 23.11.2023 6:36
Este domingo celébrase no río Miño a V Regata de Remo Eurocidade organizada polo Club Remo Tui. Disputarase na modalidade de skiff. Reunirá a máis de 110 deportistas tanto galegos coma portugueses nun circuíto de 400 metros entre a vella Ponte Internacional e as gradas da rúa Olímpicos Tudense, o que posibilita que o espectador poida ver integramente a proba. As finais disputaranse a partir das 15...
Ent. Aurora Marco, escritora - Libro sobre Carmiña Sierra 22.11.2023 6:04
Hoxe mércores, ás 19 h na Sala Félix Rodríguez a escritora e investigadora Aurora Marco que presentará o seu último libro titulado “Carmiña Sierra. A primeira muller no Seminario de Estudios Galegos” dentro do ciclo de “Sobredo, 101 anos despois”. Con Aurora Marco falamos no programa Día a Día.
Ent. Guillermo Carbajo de Redrum Teatro - Hamelin 21.11.2023 5:49
Inspirado no conto clásico Juan Mayorga escribiu un novo Hamelin que el 20006 lle valeu o Premio Max. A obra é levada a escena por Redrum Teatro baixo a dirección de Alex Sampaio. Este venres ás 21.30 h estarán no Teatro Municipal de Tui. En escena estarán Laura Míguez, César Goldi, Machi Salgado, Fran Lareu, Rubén Porto, Mónica García e Guillermo Carbajo. Con este último falabamos hoxe no program...
Ent. Marta Quintana, Violeta Brizuela e Elan Domínguez do CRA Mestra Clara Torres - VI Certame As Imaxes do Patrimonio 21.11.2023 6:44
Violeta Brizuela e Elan Domínguez do CRA Mestra Clara Torres de Tui recibiron o pasado venres os seus premios do VI Certame As Imaxes do Patrimonio convocado por Ponte nas Ondas. Violeta Brizuela Martínez cunha fotografía de 1969 na que aparece a súa tía avoa xunto a outras alumnas dun curso onde confeccionaron unha alfombra co escudo de Tui obtivo o segundo premio na categoría de Podcast. Mentres...
Ent. Antonio Rodríguez, José Quinteiro e Ruth Villar - Gran Recollida de alimentos 21.11.2023 14:22
Este venres 24 e sábado 25 terá lugar a Gran Recollida de Alimentos que promove o Banco de Alimentos de Vigo e que na comarca conta coa colaboración de SOS Tomiño Baixo Miño. Iago Aspas é o padriño deste 2023. En Tui estarán no GADIS e nos tres Froiz, en Tomiño no Froiz e no Día, na Guarda no Froiz e no Eroski, e no Rosal no Froiz. Pódese axudar tanto aportando alimentos coma sendo voluntario nest...
Ánxela Fernández, alcaldesa do Rosal - Gromo Lexionela 20.11.2023 4:48
No Rosal, a alcaldesa, Ánxela Fernández, esta mañá na nosa sintonía explicaba que dende a Consellería de Sanidade lles confirmaron o sábado un caso de lexionela que afecta a unha persoa veciña do seu municipio. Insistía a alcaldesa do Rosal na mensaxe de tranquilidade ante esta situación.
Ent. Roberto Carrrero, alcalde da Guarda - Gromo de lexionela 20.11.2023 3:39
Na Guarda rexistrouse un gromo de lexionela que afecta a nove persoas das que 6 seguen hospitalizados, e onte apareceron 2 casos novos, que están a ser investigados. Tamén hai unha persoa veciña do Rosal afectada. O alcalde da Guarda, Roberto Carrero, así o confirmou hoxe na nosa sintonía, onde lanzou unha mensaxe de tranquilidade. Polo momento descoñécese a orixe do gromo.
Ent. Andrea Bayer de Baobab Teatro - Representación de "Ás para Álex" 17.11.2023 6:23
Irene Piñeiro e Davide Gonzalez subiran esta tarde ao escenario do Teatro Municipal de Tui para con distintas técnicas achegarnos á historia de Alex. Andrea Bayer é a guionista de "Ás para Alex" e codirectora xunto a Óscar Ferreira. Hoxe falamos con ela deste espectáculo que Baobab Teatro presenta ás 19.30 h en Tui. As entradas están á venda en tui.gal.
Ent. Ignacio Vilar de Vía Láctea - Ciclo José Gil 16.11.2023 6:44
Esta mañá falamos con Ignacio Vilar do ciclo “José Gil. Pontevedra, provincia de cine, na orixe do cinema” que hoxe está en Tui. A actividade pola mañá está dirixida a escolares. Pola tarde, a partir das 18 h, o público en xeral poderá visitar a exposición do cinemobil na rúa Ourense, e a partir das 20 h asistir ás proxeccións no Teatro Municipal.
Ent. Laureano Alonso, profesor de Latín e Grego - Tradución ao galego de “Quod nihil scitur” 16.11.2023 11:50
Hoxe ás 18 h na Sala de Exposicións Municipal de Tui presentarase a tradución ao galego da obra “Quod nihil scitur” de Francisco Sánchez, realizada polo profesor de latín e grego do IES San Paio, Laureano Alonso. O libro conta con ilustracións de Andrés Lamas e prólogo de Rafael Sánchez Bargiela. Esta mañá falamos con Laureano Alonso deste traballo.
Ent. José Díez - VIII Concurso Pinta Tui 15.11.2023 5:50
Este domingo, 19 de novembro, celébrase o VIII Concurso Pinta Tui con participación aberta a todos os interesados. Haberá tres categorías: adultos, xuvenil e infantil, con técnica libre. A partir das 9.30 h selaranse os soportes na Oficina de Turismo, e as persoas participantes terán até ás 18 h para realizar as súas obras. Haberá importantes premios. Así nolo contou hoxe José Díez, organizador do...
Ent. Carmen Salinero, Antonio Montes, José Carlos Montes e Fernando da Costa - “A camelia a flor das galegas/os" 15.11.2023 18:39
“A camelia a flor das galegas e dos galegos” é a exposición itinerante organizada pola Sociedad Española da Camelia que este venres, ás 12 h, será inaugurada no Paseo da Corredoira. Hoxe falamos con Carmen Salinero, presidenta da SEC e con Antonio Montes, José Carlos Montes e Fernando da Costa, de ATUCA desta mostra e da camelia.
Ent. Miguel Cabo - Presentación do “Ese vento que vai sobor da terra. A vida desmedida de Basilio Álvarez” 15.11.2023 11:33
“Ese vento que vai sobor da terra. A vida desmedida de Basilio Álvarez” é o título do libro que Miguel Cabo Villaverde presentará ás 19.30 h na Sala Félix Rodríguez no Ciclo “Sobredo 101, anos despois”. Hoxe falamos con Miguel Cabo da súa obra do propio Basilio Álvarez.
Ent. Luís Martínez, director Vox Stellae - Concerto Francisco Sánchez 14.11.2023 6:45
Luís Martínez é o director do coro Vox Stellae que hoxe martes, ás 20 h, no Teatro Municipal de Tui ofrecerá un concerto no que trazará musicalmente un percorrido pola traxectoria vital de Francisco Sánchez. Con este evento pecharase a Xornada Francisco Sánchez no IV Centenario da súa morte. A entrada é libre. Con Luís Martínz falamos esta mañá en Día a Día.
Ent. Suso Vila, historiador - “A ascendencia xudía de Francisco Sánchez, o Tui da época ....” 14.11.2023 6:13
“A ascendencia xudía de Francisco Sánchez, o Tui da época e as relacións con Portugal” é o título do relatorio que ofrecerá o historiador tudense Suso Vila ás 16.45 h na Sala Félix Rodríguez dentro da Xornada Francisco Sánchez no IV Centenario da súa morte. Desta conferencia falamos hoxe no programa Día a Día.
Ent. Rafael Sánchez Bargiela, historiador - Relatorio “A biografía de Francisco Sánchez” 14.11.2023 10:19
O relatorio “A biografía de Francisco Sánchez” por Rafael Sánchez Bargiela abre ás 16.15 h a “Xornada Francisco Sánchez no IV Centenario da súa morte” na Sala Félix Rodríguez. No programa Día a Día falamos con Rafael Sánchez Bargiela da súa intervención e da importancia de Francisco Sánchez.
Sección Educación - Martes, 14 de novembro de 2023 14.11.2023 9:58
O uso de dispositivos móbiles e a educación por competencias centraron hoxe o tempo que os martes dedicamos á educación no programa Día a Día con Teresa Domínguez.
Ent. Vicki Méndez e José Álvarez da Asociación A Insua - San Martiño e II Concurso de Decoración de Nadal 09.11.2023 8:39
En Caldelas celebrarán esta fin de semana o San Martiño con actividades dende mañá venres até o domingo con carpa. Vicki Méndez e José Álvarez da Asociación A Insua déronnos todos os detalles. Tamén nos falaron do II Concurso de Decoración de Nadal que convoca.
Ent. Sonia Mirón, escritora - Presentación da súa novela "No son mariposas, son elefantes" 09.11.2023 16:15
"No son mariposas, son elefantes" é a cuarta novela xuvenil de Sonia Mirón. Esta mañá no programa Día a Día falamos con esta desta obra, e explicaba que as catro novelas que ten publicado até o momento abordan temas moi realistas que abordan problemas e plantexan solucións que se dan nas familias. Mañá presentará a novela ás 19 h na libraría Espazo Lector Nobel.
Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui . Obras Corredoira/González Besada, praza de Abastos, Camilo José Cela... 09.11.2023 6:46
O convenio asinado coa Deputación para o financiamento das obras en Augusto González Besada e na Corredoira, as obras no edificio municipal e na rúa Camilo José ou na praza de Abastos, foron algúns dos asuntos que abordamos esta mañá co alcalde de Tui,Enrique Cabaleiro.
Ent. Francisco Álvarez Koki, escritor - Presentación Hijos de laluz y de la ira e Louvor de Abril 08.11.2023 9:41
Este venres, ás 20 h na casa cultural da Comunidade de Montes de Camposancos, na Guarda, o escritor Francisco Álvarez “ Koki” presentará os seus dous últimos traballos “Hijos de La luz y de la Ira” e “Louvor de abril”. Hoxe falounos da súa obra no programa D'a a Día.
Podcast simili
Replaio non è un editore di podcast; i nomi dei programmi, le copertine e l'audio appartengono ai rispettivi autori e vengono distribuiti tramite feed RSS pubblici