Radio Municipal de Tui

Día a Día

News GL ↓ 6562 episodi

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...

Visita il sito del podcast e sostieni chi lo crea: www.ivoox.com

Autore

Radio Municipal de Tui

Categoria

News

Sito del podcast

www.ivoox.com

Ultimo episodio

10 nov 2026

Dove ascoltare?

I podcast nell'app Replaio Radio In arrivo

I podcast stanno per arrivare nell'app. Installala ora e scopri per primo un modo tutto nuovo di vivere i podcast

Scaricala su Google Play Installala gratis Android quasi 10 mln di download · valutazione 4,7+ iOS in arrivo

Episodi

Ent. Laureano Alonso, tradutor | Tradución de "Adivinación a través do sono", de Francisco Sánchez 10.11.2026

“Adivinación a través do sono” é a cuarta obra do médico e filósofo tudense Francisco Sánchez que Laureano Alonso traduce do latín ao galego. É a primeira tradución deste texto que se realiza en España. O libro, editado polo Concello de Tui e que inclúe tamén unha tradución dun tratado de Aristóteles, será presentado o próximo luns, ás 20 h, na Sala Municipal no Edificio Francisco Sánchez.

Espazo comercio | La Gran Manzana Lounge Bar 10.11.2026

Cada martes La Gran Manzana Lounge Bar organiza unha noite de xogos coa actividade "Adiviña a canción". A partir das 21 h as súas portas estarán abertas para que grupos de entre 3 e 8 persoas desfruten dunha noite divertida e chea de música. Así nolo contaron hoxe Yaiza Vila e David Palhares no Espazo comercio que semanalmente abrimos en colaboración con ACITUI.

Ent. Manuel Rivas, experto en ciberseguridade | Prepárate para un Nadal Ciberseguro 10.11.2026

Como evitar unha estafa en internet, que debemos ter en conta á hora de realizar unha compra en liña, ou que debemos ter en conta nos dispositivos conectados a internet, son algunha das cuestións que se abordarán este xoves no obradoiro "Prepárate para un Nadal Ciberseguro" que de 17 a 18.30 h terá lugar na aula CEMIT de Tui. Será impartido polo experto Manuel Rivas. Con el falamos deste obradoiro...

Ent. Loli Estévez, de As rutas de Suso | II Papanoelada moteira en Tui 09.11.2026

O domingo 13 de decembro Tui acollerá a segunda edición da Papanoelada moteira que o ano pasado encheu as rúas da cidade e das súas parroquias de maxia, alegría e motor. Será a partir das 16 h e non é necesario inscribirse previamente. Ao remate haberá chocolatada. A cita será solidaria en favor de SOS Tomiño Baixo Miño, coma hoxe contou na nosa sintonía Loli Estévez, de As rutas de Suso.

Raíces e vangarda | Rape ao estilo Etxebarri 09.11.2026

Hoxe na sección Raíces e vangarda o chef Judicael Romero deu unha receita de rape ao estilo do Asador Etxebarri, o restaurante vasco que a pasada semana foi escollido como Mellor Restaurante do Mundo.

Ent. Luz Ruibal, de SETA | 130 aniversario 09.11.2026

SETA cumpre 130 anos de historia en Tui. Un camiño de compromiso, responsabilidade e convicción de ser un servizo público e necesario. Hoxe conversamos con Luz Ruibal sobre os inicios da empresa, sobre curiosidades destes 130 anos, o presente e a celebración deste aniversario.

Ent. Sandra González, alcaldesa de Tomiño; e Liliya Pobornikova, comisaria de exposición | Mostra Antúnez Pousa 06.11.2026

Obras inéditas, en mármore ou granito, maquetas en resina ou un autorretrato son algúns dos elementos que poderemos descubrir na exposición que a partir de hoxe se abre na Casa da Cultura de Tomiño, en homenaxe ao artista tomiñés José Antúnez Pousa. A apertura da exposición será ás 20:00 horas e poderá visitarse até o mes de decembro. Así nolo contaban hoxe Sandra González, alcaldesa de Tomiño; e...

Ent. José Fernández, da Asociación Amigos das Motos Antigas | XXI Mercadillo e exposición de motos antigas 06.11.2026

Este sábado e domingo celébrase no pavillón polideportivo de Goián o XXI Mercadillo e exposición de motos antigas. Poderase visitar mañá de 10 h a 14 h e de 16 h a 20 h e o domingo de 9.30 h a 14.30 h. Nel poderase atopar unha exposición de motos antigas, mercar motos e recambios e tamén pezas para coches clásicos. Deunos hoxe todos os detalles José Fernández, da Asociación Amigos das Motos Antiga...

Ent. Tania Fernández, padexeira do Club Kaiak Tudense | Campioa do Mundo de Maratón de Piragüismo 06.11.2026

A padexeira do Club Kaiak Tudense, Tania Fernández, foi campioa do mundo en K2 sénior con Tania Álvarez no Mundial de Maratón de Pragüismo en Arxentina. Hoxe narrou na nosa sintonía como foi esa regata, e contaba que a experiencia foi moi positiva nun país que se volcou coa celebración deste Mundial.

Ent. Ángeles Leirós, xerente de Aceesca; Luz e Sandra, familias | Mobilización pola residencia de Aceesca 05.11.2026

Aceesca fai un chamamento á mobilización social e apoio de cara a unha manifestación que celebrarán o venres 20 de novembro en Santiago de Compostela. Rodearán o edificio de San Caetano, sede da Xunta de Galicia, mediante unha cadea humana. Piden solución para a residencia de Aceesca, "Miña casa, miña comunidade". Hoxe coñecemos o estado desta residencia e a situación actual que viven as familias...

Ent. Majo González, de Xuntanza; e Marita Giráldez, do grupo Chirlomirlo | XIII Mostra de Teatro Miguel Troncoso 05.11.2026

Este sábado comeza en Randufe a XIII Mostra Teatral Miguel Troncoso, organizada pola Asociación Cultural e Deportiva Xuntanza. Nesta primeira fin de semana presentaranse dúas obras. “Tres porquiños”, do grupo de teatro de Randufe, Chirlomirlo; e “Os vellos non deben de namorarse”, da aula de teatro do Concello do Rosal. Xa o sábado 14 ás 20 h o grupo Fonte da tella, da Casa do Pobo de Val Sobral,...

Ent. Miguel Borines, actor-manipulador de monicreques | Tanxarina presenta en Tui "A Biblioteca Galáctica" 05.11.2026

Mañá venres ás 19 h volve a Tui Tanxarina Títeres con “A Biblioteca Galáctica”. Este espectáculo de monicreques recibiu o premio María Casares 2026 na categoría de Mellor Espectáculo de Monicreques, obxectos e formas animadas. As entradas están á venda en tui.gal aos prezos de 4€ e 3€. Miguel Borines é un dos actores-manipuladores de monicreques que actuarán mañá en Tui, e hoxe deu detalles deste...

Ent. Melchor Fernández, da Facultade de Económicas da USC | Coloquio internacional sobre o Camiño Portugués 04.11.2026

O Comité Internacional de Expertos do Camiño de Santiago, co apoio de Turismo de Galicia e do Concello de Tui, organiza o coloquio "O Camiño Portugués: Presente, Pasado e Futuro unha singular ruta xacobea” que mañá xoves e o venres vai ter lugar en Tui. O Espazo Sociocultural acollerá estas dúas xornadas nas que expertos e expertas abordarán temáticas como o Camiño de Santiago, o Camiño Portugués...

Ent. Lito Pereira, presidente da Comunidade de Montes de Areas | Prazas completas no Curso de Cogomelos 04.11.2026

Éxito absoluto do Curso de Cogomelos que un ano máis organiza a Comunidade de Montes de Areas. As 25 prazas dispoñibles están xa completas. Celébrase este sábado 7 ás 9.30 h. Hoxe Lito Pereira, presidente da Comunidade de Montes de Areas, daba conta de que percibe un gran interese por aprender a recolectar estes fungos. Amais, apuntaba á gran cantidade de cogomelos que hai no monte a pesar das est...

Ent. Lis Montes e José Quintana, do Tyde F.C. | Gala centenario 04.11.2026

Este sábado 7 ás 20 h o Teatro Municipal de Tui acolle a Gala do Centenario do Tyde F.C. Unha cita festiva que forma parte da programación conmemorativa dos 100 anos do club. Haberá entradas dispoñibles para público en xeral esa tarde no despacho de billetes. Na gala estrearase amais o Himno do Centenario, tal e coma hoxe apuntaron Lis Montes e José Quintana, do comité organizador. Amais, avanzaro...

Ent. Manu Garrido, padexeiro tudense | Mundial de Maratón de Piragüismo 03.11.2026

O padexeiro tudense Manu Garrido foi subcampión do mundo en C2 con Jaime Duro no Mundial de Maratón de Piragüismo en Arxentina. Ademais, foi quinto en C1. Co deportista conversamos hoxe sobre estes resultados, a súa experiencia nesta primeira vez competindo en Latinoamérica e sobre o final desta temporada.

Ent. Ángel García, do restaurante O'Bartolo | Cata de La Loba, en Emoción dos viños 03.11.2026

Prazas esgotadas para a cata de La Loba que o restaurante O Bartolo acolle este xoves ao abeiro do encontro Emoción dos viños, como cita paralela. Un total de 30 persoas participarán nesta actividade, tal e coma hoxe explicou Ángel García, de O'Bartolo. Esta fin de semana terá lugar no edificio da Praza da Inmaculada de Tui Emoción dos viños, no que 30 produtores e produtoras de pequenas elaboraci...

Ent. Noemí Guisande, do Cineclub Tui | Donnie Darko, programación novembro e segundo aniversario do cineclub 03.11.2026

Hoxe martes o Cineclub Tui proxecta “Donnie Darko” no Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela. Será en dobre sesión, ás 18.30 h e ás 20.45 h. Esta película é un cruce case perfecto entre o Samaín e Alicia no País das Marabillas, que conta cunha exposición bibliográfica en curso na Biblioteca Municipal de Tui. Con este filme ábrese a súa programación de novembro, nun mes especial para o cinecl...

Espazo comercio | 13 aniversario de Dequip Tui 03.11.2026

Dequip Tui cumpre 13 anos e hoxe conversamos con Mari Lamas sobre este aniversario e a súa historia. Valorou no Espazo Comercio, en colaboración con ACITUI, os bos momentos vividos e agradeceu aos clientes e clientas a súa confianza.

Ent. Alda, músico e produtor; e Bry M, cantante | DN7 Events 02.11.2026

Hoxe coñecemos a música e a historia de Alda, músico e produtor; e Bry M, cantante, ambos de DN7 Events.

Raíces e vangarda | Samaín e bolos de vento 02.11.2026

Hoxe na sección Raíces e vangarda o chef Judicael Romero falou de gastronomía de Samaín, e deu a receita de bolos de vento recheos de marmelada de castañas.

Ent. José Manuel Díez, de Artes Creativas Efectos | XI Pinta Tui 02.11.2026

Até o sábado está aberto o prazo de inscrición para participar no concurso de pintura Pinta Tui, que se celebra este domingo día 8. Pode facerse de xeito presencial na Oficina Municipal de Turismo, ou a través dos correos turismo@tui.gal, efectostui@hotmail.com ou acitui@acitui.es. José Manuel Díez, de Artes Creativas Efectos, explicou hoxe os premios do concurso e os requisitos.

Ent. Conchi Martínez, da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Tui | Manifestación e situación actual en Tui 30.10.2026

SOS Sanidade Pública convoca unha manifestación para o próximo mércores, 4 de novembro, ás 19 h dende a praza de España en Vigo, co lema “Máis sanidade pública para a Área Sanitaria de Vigo”. Dende o Baixo Miño sairán autobuses para acudir á manifestación. Con Conchi Martínez, da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Tui, coñecemos detalles desta manifestación e tamén a situación actual no...

Ent. Marina Carvalho, de Celtas do Minho | Trilho do susto 30.10.2026

Mañá sábado ás 21 h ES sae dende o Mosteiro de Sanfins, en Valença, o Trilho do susto. Unha andaina nocturna de 7 quilómetros que forma parte do calendario de caminhadas da Eurocidade Tui-Valença. O Trilho do susto ten un prezo de 6€, que inclúe un petisco para as persoas asistentes, e é necesario inscribirse previamente no teléfono 00351 93 444 07 70. Así nolo contou hoxe Marina Carvalho, de Celt...

Ent. Luis Fernández e Cibrán Álvarez, do Club Xadrez Tui | I Torneo de Xadrez Baixo Miño 29.10.2026

Esta fin de semana celébrase en Tui o I Torneo de Xadrez Baixo Miño, que organiza o Club Xadrez Tui. Serán dúas xornadas con seis partidas lentas no Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela. Preto de 40 persoas participarán neste torneo na categoría sub 2400, valedoiro para Elo FIDE. Luis Fernández e Cibrán Álvarez, de Xadrez Tui, déronnos hoxe os detalles do torneo.

Ascolta il podcast Día a Día su Replaio

Radio e podcast in un'unica app - gratis e senza registrazione. Installala oggi e non perderti il lancio

Scaricala su Google Play

Replaio non è un editore di podcast; i nomi dei programmi, le copertine e l'audio appartengono ai rispettivi autori e vengono distribuiti tramite feed RSS pubblici