fr

Radio Municipal de Tui

Día a Día

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...

N'hésitez pas à visiter le site du podcast et à soutenir son créateur : www.ivoox.com

Auteur

Radio Municipal de Tui

Catégorie

News

Site du podcast

www.ivoox.com

Dernier épisode

27 nov. 2026

Où écouter ?

Les podcasts dans l'appli Replaio Radio Bientôt disponible

Les podcasts arrivent très bientôt dans l'appli. Installe-la dès maintenant et découvre en avant-première une toute nouvelle façon de vivre les podcasts

Télécharger sur Google Play Installe-la gratuitement Android 10 M+ de téléchargements · note de 4,7+ iOS bientôt

Épisodes

Ent. Marien Breis, directora | Denigrantes Comediantes con "O que calamos" 27.11.2026

Hoxe dentro da programación do 25N temos cita teatral. Así ás 19 h, no Espazo Sociocultural da r/ Camilo José Cela, Denigrantes Comediantes representará “O que calamos”. A obra está dirixida por Marien Breis, con quen falamos desta representación.

Ent. Ana Carpintero e Fran García | Colección Airbag dos calcetíns de Somos Océano 27.11.2026

Cúmprense 30 anos da película Airbag, e por este motivo Somos Océano vén de lanzar unha colección especial de calcetíns dedicados ao filme. Novamente o mundo do cine protagoniza os calcetíns da firma tudense. Así nolo contaron Ana Carpintero e Fran García.

Ent. Justi Peixoto, de Sra Emilia Agencia de Comunicación | X Urban Trail Night Eurocidade 26.11.2026

A Eurocidade Tui-Valença recibe este sábado 28 a 1.030 persoas que van participar na X Urban Trail Night Eurocidade. Sairá ás 19.30 h ES dende Valença e chegará ao Paseo da Corredoira, en Tui. Dende as murallas de Valença, pasando pola ponte vella internacional, o conxunto histórico de Tui, e moitos puntos máis pasará esta proba. Por este motivo, a ponte vella internacional estará cortada ao tráfi...

Ent. Rogelio Vieites, de Sinos de Bronce | Toque de campás manual na Catedral de Tui e outras igrexas 26.11.2026

As campás da Catedral de Tui soarán de xeito manual o próximo martes 1 de decembro. Non serán as únicas. A igrexa de San Francisco e de San Telmo, de Tui, e tamén igrexas de Valença uniranse cos seus propios repiques nesa xornada para conmemorar o 801 aniversario da consagración do templo catedralicio tudense. Rogelio Vieites, da Asociación Sinos de Bronce, é un dos organizadores. Hoxe deu detalle...

Ent. Fernando. Suárez, pte. Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia | Black Friday 25.11.2026

Conversamos con Fernándo Suárez, presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia sobre a campaña do Black Friday e Cyber Monday e da gran cantidade de compras en liña que se agardan estas semanas. O presidente do CPEIG deu recomendacións para evitar posibles estafas na rede.

Ent. Alberto Cunha, do grupo Los Kalahari | Concerto en La Burbuja 24.11.2026

A banda Los Kalahari actúa este sábado 28 ás 23 h en La Burbuja, en Tui. Trátase dun grupo legado de Siniestro Total, con dous exintegrantes da banda orixinal. Hoxe Alberto Cunha, un dos membros de Los Kalahari, deu conta de como naceu este grupo e por que quixeron continuar co legado de Siniestro Total, interpretando os seus clásicos.

Espazo Comercio | ElectroTui Expert 24.11.2026

No tempo do Espazo Comercio, que realizamos en colaboración con ACITUI, conversamos con Mónica Rodríguez de ElectroTui Expert, que deu conta das campañas do Black Friday e Nadal.

Raíces e vangarda | Carne ao caldeiro 23.11.2026

Hoxe cociñamos carne ao caldeiro, unha receita do chef Judicael Romero, na sección de gastronomía Raíces e vangarda.

Ent. Anabel Solla, de AMEI Tui | Responsabilidade compartida e Contos coeducativos 23.11.2026

A Asociación de Mulleres en Igualdade de Tui, AMEI TUI, pecha o proxecto “Responsabilidade Compartida”, desenvolvido ao longo de 2026 para promover un reparto máis equilibrado das tarefas domésticas e dos coidados e fomentar modelos de masculinidades igualitarias. Ademais, vén de finalizar tamén unha nova edición dos Contos Coeducativos, co apoio do Plan Social ENCE 2026. Anabel Solla, de AMEI Tui...

Ent. Ana Rodríguez, do CIM de Mos; e Javier Martínez, experto en intelixencia artificial | Xornadas 25N 20.11.2026

O próximo luns 23 e o martes 24 celébranse en Tui as xornadas "A violencia que se esconde tras a pantalla. Violencias machistas na era dixital" co gallo do 25N, Día Internacional para a Eliminación da Violencia Contra a Muller. As xornadas comezarán, ambos días, ás 18 h na Sala Félix Rodríguez e o acceso é libre. Ana Rodríguez, xurídica do Centro de Información á Muller, destacou hoxe na nosa sint...

Ent. Rogelio Cabado, cantautor | Xornada "800 razóns para estar unidos" 20.11.2026

A Catedral de Tui acollerá mañá sábado ás 17 h un concerto de Rogelio Cabado dentro dos actos conmemorativos do 800 aniversario da consagración do templo catedralicio. Previamente, ás 12 h, no Seminario Menor o cantautor participará nun encontro de formación co lema "800 razones para estar unidos". Rogelio Cabado destacou hoxe na nosa sintonía que o obxectivo desta xornada é unir ás persoas a trav...

Ent. Menchu, Sío e Sendo | 50 anos do edificio Roma 20.11.2026

O edificio Roma de Tui construíuse no ano 1975 na avenida da Concordia. Este mes de novembro a súa comunidade de veciños quixo celebrar os 50 anos de historia cun xantar compartido, tamén coa veciñanza de edificios da contorna. Hoxe conversamos con Menchu, Sío e Sendo, tres dos organizadores, sobre a historia do edificio e a súa relación coma comunidade.

Ent. Baltasar Garzón, xurista e presidente da Comisión da Verdade | Xornadas de memoria histórica de Tomiño 20.11.2026

O xurista Baltasar Garzón dará comezo hoxe venres ás Xornadas de memoria histórica que organiza o Concello de Tomiño en homenaxe a Francisco Rodríguez, Otero, Paquiño de Figueiró. Será cunha conferencia aberta ás 19 h no auditorio de Goián. Conversamos hoxe con Baltasar Garzón, presidente da Comisión da Verdade, sobre o que é a memoria democrática e sobre a importancia de desenvolver iniciativas l...

Ent. Natalia Lago | Ruta do outono da Fada do Aloia 19.11.2026

Este domingo ás 16 h a Fada do Aloia celebra a ruta do outono. Unha proposta para descubrir as cores, curiosidades e flora desta época do ano no Parque Natural. Vai dirixida a nenos e nenas a partir de 3 anos, e o prezo é de 8€ para as crianzas e 10€ para persoas adultas. A cuota inclúe agasallos para os nenos e nenas e os seguros, segundo indicaba hoxe Natalia Lago na nosa sintonía.

Ent. Marisa Giráldez e Miguel da Rocha, do Club Bádminton Tui | Torneo recreativo e cambio na presidencia 19.11.2026

Este sábado celébrase no pavillón do IES San Paio o torneo recreativo que un ano máis organiza o Club Bádminton Tui. Serán preto de 80 os nenos e nenas que participan a partir das 10 h neste torneo. Miguel da Rocha, presidente do club tudense, deu hoxe os detalles desta actividade. Conversamos hoxe tamén con Marisa Giráldez, quen vén de deixar a presidencia do Bádminton Tui. Con ela falamos sobre...

Ent. Ana Núñez, concelleira de Igualdade de Tui | 25 N 19.11.2026

O Concello de Tui vén de lanzar "Sé parte da solución", a súa campaña polo 25N, o Día Internacional para a Eliminación da Violencia Contra a Muller. A programación inclúe sete xornadas de actividades e comeza o próximo luns 23 coa primeira das dúas xornadas formativas "A violencia que se esconde tras a pantalla". Ana Núñez é a concelleira de Igualdade de Tui, e hoxe deu conta na nosa sintonía do p...

Ent. Xonqui, músico 18.11.2026

Xonqui é músico, de Salvaterra de Miño, e vén de lanzar o seu primeiro EP con cinco cancións que hoxe presentou na nosa sintonía. Unha delas, Eco de las estrellas, recibiu o Premio á Mellor Composición en Canción Indie nos Premios Talento Latino 2026.

Ent. Bárbara González, responsable de comunicación e marketing de Plaintec | II Fase Cero 18.11.2026

O Teatro Municipal de Tui acollerá este venres ás 20 h a segunda edición de Fase Cero, un evento de divulgación organizado pola empresa tudense Plaintec. Un conxunto de persoas expertas compartirán as súas experiencias, coñecemento e reflexións arredor da construción baixo o lema “Cada vez que o mundo cambia, alguén ten que aprender a construílo”. As ponencias estarán dispoñibles nas próximas sema...

Ent. Julio Llamazares, escritor | Visita a Tui no programa de actividades do 800 aniversario da consagración da Catedral 18.11.2026

O escritor Julio Llamazares, Premio Nacional de Narrativa 2026, estará mañá xoves en Tui dentro do programa de actividades conmemorativas do 800 aniversario da consagración da catedral de Tui. Ás 19 h, na Capela das Reliquias, participará nunha tertulia sobre o seu libro "Las rosas de piedra" no que o segundo capítulo está dedicado ao templo tudense. Xa ás 20.30 h participará no Espazo Sociocultur...

Espazo comercio | Nattex Tui 17.11.2026

Nattex Tui é unha tenda dedicada ao descanso. Hoxe coñecemos os produtos que podemos atopar neste establecemento da rúa Martínez Padín, en Tui, e tamén as ofertas activas na campaña promocional do Black Friday. Facémolo no Espazo comercio, en colaboración con ACITUI, con Loli Pazos, directora e xerente de Nattex Tui.

Ent. Ana Paula Xavier e Sonsoles Vicente | I Encontro Senior Tranfronteirizo Tui-Valença 17.11.2026

Este xoves 19 terá lugar o I Encontro Senior Tranfronteirizo Tui-Valença que reunirá a un centenar de persoas maiores de 60 anos dos dous municipios. O obxectivo desta xornada de convivencia é abordar a situación actual deste colectivo poboacional e darlle voz. Así, está programado un conxunto de actividades que se van celebrar na Escola Superior de Ciencias Empresariais de Valença. As persoas mai...

Ent. Iria Márquez, intérprete de lingua de signos e profesora | Clases no Centro Anarela 16.11.2026

O Centro Anarela, en Tui, ofrece diferentes cursos para aprender lingua de signos española. A súa profesora, Iria Márquez, deu conta na nosa sintonía das diferentes modalidades que ofrecen e da importancia que ten adaptar a cultura ou o ocio á LSE.

Ent. Juan González e Cristina Pazo, de Protección Civil de Tui | Venda de rifas en favor da AECC 16.11.2026

A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Tui ten en marcha un ano máis unha iniciativa solidaria. Nesta ocasión o obxectivo é recadar fondos para a Asociación Española contra o Cancro, e comezaron xa a vender rifas para o sorteo de 500 € ao número que coincida co primeiro premio da Lotería Nacional do 4 de febreiro. Así nolo contaron hoxe Juan González e Cristina Pazo, de Protección Civi...

Raíces e vangarda | Arroz con leite cremoso con cítricos e crocante de caramelo 16.11.2026

Hoxe no programa Raíces e vangarda cociñamos arroz con leite cremoso con cítricos e crocante de caramelo, receita do chef Judicael Romero. Deu tamén consellos e trucos para mellorar a hixiene na cociña e limpeza dos alimentos.

Ent. Eloy Carrera, director da Banda M. Popular de Tui| Concerto de Santa Icía Recordado a Nino Bravo con Serafín Zubiri 13.11.2026

A Banda de Música Popular de Tui ten preparado un concerto moi especial para celebrar a festividade da súa patroa, Santa Icía, xa que será unha homenaxe a Nino Bravo no que contarán coa participación de Serafín Zubiri. Será o sábado 21 ás 19 h no Teatro Municipal de Tui. As entradas están á venda de forma anticipada ao prezo de 10€ e no despacho de billetes terán un prezo de 15€. Falamos deste con...

Écoute le podcast Día a Día sur Replaio

La radio et les podcasts dans une seule appli - gratuite, sans inscription. Installe-la dès aujourd'hui et ne rate pas le lancement

Télécharger sur Google Play

Replaio n'est pas éditeur de podcasts ; les noms des émissions, les visuels et l'audio appartiennent à leurs auteurs et sont diffusés via des flux RSS publics