Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Visita il sito del podcast e sostieni chi lo crea: www.ivoox.com
Autore
Radio Municipal de Tui
Categoria
Sito del podcast
Ultimo episodio
9 ott 2026
Dove ascoltare?
I podcast nell'app Replaio Radio In arrivoI podcast stanno per arrivare nell'app. Installala ora e scopri per primo un modo tutto nuovo di vivere i podcast
Episodi
Ent. Laura Alonso, optometrista | III Xornadas de Educativas 23.05.2024 7:07
Laura Alonso, optometrista, falará de "A relación entre a visión e a atención en escolares" hoxe ás 19 h no salón de actos do Seminario Menor dentro das III Xornadas Educativas organizadas polas ANPA's de Tui.
Ent. Rossana Fosatti, terapeuta emocional |Taller de Autoestima 22.05.2024 10:44
A terapeuta emocional Rossana Fosatti está a impartir no Centro Sociocomunitario de Tui un taller de autoestima, que consta de distinas sesións. Hoxe contounos en qué consiste e cales serán as próximas datas.
Ent. Ruben López, director Conservatorio - Matrícula Probas de Acceso 1º Grao Elemental.mp3 21.05.2024 5:36
Este venres remata o prazo de matrícula nas probas de acceso a 1º de grao Elemental no Conservatorio Profesional de Música de Tui. O director do centro, Rubén López, deunos todos os detalles, destas probas dirixidas a nenos e nenas 8 a 14 anos.
Ent. Eloy Carrera e Miguel Prado da Banda de Música Popular de Tui | Concurso Cartel Festival de Bandas de Música 21.05.2024 6:44
A Banda de Música Popular de Tui convoca un concurso para elixir o cartel anunciador do XIX Festival de Bandas de Música de Tui. Esta será unha das novidades deste clásico evento como explicaba o director da banda, Eloy Carrera. Miguel Prado engadía que o deseño será libre, coa premisa que teñen que aparecer os datos do festival.
Ent. Gface - Actuación no Estadio Benito Villamarín 20.05.2024 5:04
GFace actuou esta fin de semana no Benito Villamarín no partido Betis - Real Sociedad. Hoxe contounos como foi a experiencia.
Ent. Natalia Lago, educadora ambiental | Día dos Polinizadores 20.05.2024 7:41
Natalia Lago, educadora ambiental, destacaba hoxe a importancia dos polinizadores. Hoxe, 20 de maio, celébrase o Día dos Polinizadores.
Ent. Pablo Romero, Noemí Guisande e Javier Argüelles | Cine Club Tui 20.05.2024 14:46
Este sábado, ás 11 h, na Sala Félix Rodríguez, terá lugar unha reunión informativa sobre o Cine Club Tui. Os seus promotores Pablo Romero, Noemí Guisande e Javier Argüelles déronnos conta dos obxectivos cos que nace, e tamén do interese que está a espertar.
Ent. Teresa Lillo de Psicologüiños | III Xornadas de Educativas das ANPA’s de Tui 16.05.2024 6:12
“Estratexias para crear unha relación de confianza e seguridade dende a infancia ata a adolescencia” é o título da conferencia que hoxe ás 19 h no salón de actos do Seminario Menor abre as III Xornadas Educativas organizadas polas ANPA’s de Tui. Correrá a cargo de Teresa Lillo, psicóloga clínca, neuropsicóloga e logopeda de Psicologuiños con quen falamos hoxe.
Descubrindo o Noso Patrimonio | Xoves, 16 de maio de 2024 16.05.2024 16:54
Hoxe abrimos un novo tempo de “Descubrindo o noso patrimonio” con Cristian Lago. Fixemos balance das dúas andainas polo río Furnia da Fin de Semana, e logo achegounos a unha mostra noso patrimonio inmaterial o “Entremés Famoso sobre a pesca no río Miño”.
Ent. Jorge González e Germán Soutelo do Tenis Tui | Campionato de España e Escola de Verán 16.05.2024 7:15
Os equipos cadete feminino e masculino do Club Tenis Tui clasificáronse para o Campionato de España,e esta fin de semana xogarán ante o O Coruña, o equipo absoluto buscará o ascenso o domingo a 2ª División Galega, e unha das tenistas xogará o sábado a final de 2ª División en Santiago . Hoxe falamos destes logros deportivos co seu presidente Jorge González e co secretario Germán Soutelo. Tamén nos...
Ent. Lino Martínez da Peña Cabalar Val do Louro | XXI Romaría do Cabalo 16.05.2024 10:41
Mañá venres, este sábado e domingo celébrase a XXI Romaría do Cabalo en Ribadelouro, con Lino Martínez da Peña Cabalar Val do Louro, coñecemos o programa a celebrar no que destaca a exhibición doma de Carlos Jacobo Sotelo, e o espectáculo Caval Show que chega dende Francia.
Ent. Pilar Ramos, presidenta da Agrupación Musical de Goián | Premio Martín Codax 16.05.2024 6:50
A Agrupación Musical de Goián recibiu onte o premio Martín Codax na Categoría de Bandas de Música Populares polo seu proxecto Chavellos Sinfónico. Esta mañá falamos coa súa presidenta Pilar Ramos.
Ent. Nico Montes, voceiro do PP | Rescisión do contrato de construción do aparcamento subterráneo 16.05.2024 11:59
Hoxe foi a quenda de Nico Montes, voceiro do PP, na rolda que estamos manter cos grupos políticos da corporación tudense sobre a rescisión do contrato de construción do aparcamento subterráneo, que foi a pleno a pasada semana.
Ent. Pilar Álvarez, José Montes, David Domínguez, José Manuel Quintana e Juan Paramos | Campus de fútbol do Tyde 2024 15.05.2024 16:22
Do 1 ao 5 e do 8 ao 12 de xullo vaise celebrar o VII Campus Solidario organizado polo Tyde. Coñecemos todos os detalles con David Domínguez, presidente, José Manuel Quintana, director da Escola de Fútbol, e Juan Paramos, coordinador de fútbol base do Tyde, e con Pilar Álvarez e José Montes de SOS Tomiño Baixo miño, que recibirá os alimentos non perecedoiros que doarán as e os participantes.
Ent. Carmen Núñez, voceira do BNG| Rescisión do contrato de construción do aparcamento subterráneo 15.05.2024 9:03
Hoxe abordamos con Carmen Núñez, a voceira do BNG a rescisión do contrato de construción do aparcamento subterráneo, tras o pleno celebrado a pasada semana.
Ent. José Palacín de C21 | Rescisión do contrato de construción do aparcamento subterráneo 14.05.2024 13:59
Hoxe falamos con José Palacín de C21 da rescisión do contrato da construción do aparcamento subterráneo en #Tui, que foi aprobado a pasada en pleno.
Ent. Javier Arguelles | III Xornadas Educativas das ANPAS de Tui 14.05.2024 8:16
As ANPAS de Tui organizan as III Xornadas Educativas que se van celebrar no salón de actos do Seminario Menor os xoves 16, 23 e 30 deste mes. A primeira conferencia será “Estratexias para crear unha relación de confianza e seguridade dende a infancia ata a adolescencia” a cargo de Teresa Lillo, psicóloga clínica, neuropsicóloga e logopeda de Psicologuiños. Javier Argüelles, membro da organización,...
Entrevista a Nuria Pahino Dasilva - Obradoiro de teatro popular no Liceo Casino 10.05.2024 5:03
O venres, 31 de maio, o sábado 1 e o domingo 2 de xuño o Liceo Casino de Tui acollerá un obradoiro de teatro popular a cargo de Nuria Pahino. Hoxe coñecemos con Nuria Pahino o programa previsto nesta actividade.
Ent. Charlie López, do Spartan - Fight Night 10.05.2024 7:59
Mañá sábado, 11 de maio, ás 19.30 h terá lugar no Pavillón Municipal de O Porriño a Fight Night, a velada de boxeo organizada por CKM Combat e Spartan Team de Tomiño.
Ent. Helena Pousa da Comisión pola recuperaciónda memoria histórica - Charla sobre o último alcalde republicano de Tui 09.05.2024 4:54
“Revisión da biografía do derradeiro alcalde republicano de Tui e da súa dona” é o título da charla coloquio que terá lugar hoxe ás 20.30 h no salón de plenos do Concello de tui organizada pola Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Baixo Miño, o Condado e A Louriña. O acto será presentado por Víctor Bugarín e Helena Pousa e intervirán Victoriano da Goreña e Begoña Vicente, neta de Gui...
Ent. Sandra González, alcaldesa de Tomiño | Praga de moscas 09.05.2024 14:11
Hoxe abordamos coa alcaldesa de Tomiño, Sandra González, a praga de moscas que sofren algunhas parroquias do municipio.
Ent. Juan Escalona de Foco - Proxecto Foro Novo do Baixo Miño 07.05.2024 9:56
‘Que necesitamos as persoas mozas para imaxinar un plan de vida nas nosas vilas?’ este é o punto de partida do proxecto Foro Novo do Baixo Miño. Unha iniciativa dirixida á mocidade de entre 18 e 25 anos que coordina a asociación FOCO e na que colaboran os concellos de Tui, Tomiño, A Guarda, O Rosal e Oia, e coa Xunta de Galicia a través do Espazo Xove de Tui. Juan Escalona, responsable do proxecto...
Ent. Beli Martínez, productora | Play Doc 2024 03.05.2024 6:17
Esta mañá tamén estivo no especial Play Doc a productora Beli Martínez, quen destabca a variedade da produción cinematográfica galega con algúns temas recurrentes coma a memoria e a emigración.
Ent. Bruno López, presidente da FGB | Final 4 Cadete esta fin de semana en Tui 03.05.2024 4:43
O pavillón Gustavo Rodríguez acolle a Final 4 Cadete de balonmán. Mañá sábado xogaranse as semifinais femininas: ás 10.30 h Deportivo Balonmán Chapela – Asmubal Meaño, ás 12.30 h A.D. Carballal - Club de Balonmán Porriño, e pola tarde as masculinas: ás 18.00 h Club Balonmán Lalín – Club Balonmán Culleredo, e ás 20.00 h Club Balonmán Tui e o Balonmán Cangas. O domingo ás 16.30 h xogarase a final fe...
Ana Ojea, profesora Cultura Audiovisual IES Politécnico de Vigo - Play Doc 03.05.2024 2:31
Á primeira sesión de hoxe asistiu alumnado de distintos institutos da zona. Entre eles estivo o alumnado de 1º de Bacharelato de Cultura Audiovisual do Politécnico de Vigo. Falamos coa profesora Ana Ojea.
Podcast simili
Replaio non è un editore di podcast; i nomi dei programmi, le copertine e l'audio appartengono ai rispettivi autori e vengono distribuiti tramite feed RSS pubblici