Radio Municipal de Tui

Día a Día

News GL ↓ 6503 episodi

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...

Visita il sito del podcast e sostieni chi lo crea: www.ivoox.com

Autore

Radio Municipal de Tui

Categoria

News

Sito del podcast

www.ivoox.com

Ultimo episodio

9 ott 2026

Dove ascoltare?

I podcast nell'app Replaio Radio In arrivo

I podcast stanno per arrivare nell'app. Installala ora e scopri per primo un modo tutto nuovo di vivere i podcast

Scaricala su Google Play Installala gratis Android quasi 10 mln di download · valutazione 4,8 iOS in arrivo

Episodi

Ent. Nuria Garabal, Marta Álvarez e Ainara, Vega, David, e Ricardo do CEIP nº1 | IV Congreso EDUCODS 03.06.2024

Mañá comeza o IV Congreso Educativo EDUCODS no que este ano van participar 19 centros escolares e 1.500 alumnos. No Paseo da Corredoira cada mañá montarán os postos no que amosarán o traballo realizado ao longo do curso en diferentes ámbitos. Tamén polas tardes haberá actividades. Coñecimos os obxectivos e o programa con Nuria Garabal, directora, e Marta Álvarez, xefa de estudos do CEIP nº1, e con...

Ent. Aser Estévez do Team Oiense - II Volta Ciclista ao Baixo Miño 31.05.2024

Este domingo ás 10 h sairá do Monte Santa Trega na Guarda a II Volta Ciclista ao Baixo Miño, que tras realizar un percorrido de 128 quilómetros polo Baixo Miño, Haberá sprints especiais en Tui e no Rosal, e metas voantes na Guarda, Oia e Tomiño., tres pasos de montaña, no Alto de San Antoniño en Tui, en Torroña en Oia, e no Trega, na Guarda. 100 corredores de 9 equipos galegos van participar na pr...

Ent. Andrea González, directora IKFEM |IKFEM 2024 31.05.2024

"Somos Ponte" é o lema do festival IKFEM que se vai celebrar na Eurocidade Tui-Valença do 17 ao 21 xullo. Coa súa directora Andrea González, coñecemos a maridaxe que ofrecerán entre a música e os músicos das dúas beiras do Miño. Salvador Sobral e Marcos Mezquida abrirán os concertos do festival. Destaca a creación da Orquetra da Eurorrexión, e proxectos especiais coma o Caixason.

Ent. grupo Pink Porris 31.05.2024

O grupo PinkPorris celebrará a próxima fin de semana o primeiro aniversario do seu primeiro concerto. Hoxe con Marco Oya, Jessica Ramilo, Brais Ramilo, Xosé Ledo Pazo e Nacho Lafuente, coñecemos como naceu o grupo, de onde ven o nome e nos contaron que fan "Granito rock" como puidemos comprobar nos dous temas que interpretaron en directo en Día a Día. Tamén forman parte do grupo Roberto e Fonso qu...

Ent. Rubén López, director CMUS Tui - Xornadas portas abertas escola de musica e concerto fin de curso 30.05.2024

A próxima semana, do martes 4 ao venres 7, a Escola de Música Municipal de Tui celebra unhas Xornadas de Portas Abertas. Van dirixida a nenos e nenas de 5 a 7 anos. Por outra parte mañá venres ás 20 h terá lugar no Teatro Municipal de Tui o concerto de fin de curso do Conservatorio de Música de Tui e da Escola de Música. Falamos destas dúas actividades co director do Conservatorio e da Escola de M...

Ent. Rafael Pérez, Mila González, José Manuel Solleiro, Noa Vaz e Sara Montes | Recuncho de música 30.05.2024

Este domingo, 2 de xuño, ás 19 h comezará na praza da Inmaculada Recunchos de Música, unha guía musicalizada polo conxunto histórico de Tui que este ano se centra na emigración galega. Participarán o Coro Infantil de Pazos de Reis, a Escola da Coral Ponte das Febres, o Mariachi Noche de Ronda de Redondela, e a Coral Ponte das Febres que organiza o evento. Coñecemos o percorrido que van realizar e...

Ent. Paula Piñeiro e Sonia García, logopedas do SAT do Baixo Miño - III Xornadas Educativas 30.05.2024

"Os sinais de alarma no neurodesenvolvemento infantil" é o tema que abordarán hoxe, ás 19 h no salón de actos do Seminario Menor, Paula Piñeiro e Sonia García, logopedas do Servizo de Ateción Temperá do Baixo Miño, nas III Xornadas Educativas organizadas polas ANPA's de Tui.

Descubrindo o noso patrimonio | Xoves, 30 de maio de 2024 30.05.2024

No barrio do Cruceiro, en Randufe, está a Cruz da Defunta. Deste elemento patrimonial falounos hoxe Cristian Lago, no tempo de "Descubrindo o noso patrimonio". Explicou coma as cruces son elementos moi habituais na nosa paisaxe cultural por diferentes motivos.

Ent. Ana Núñez, Marita Alonso e Aline Romero | Orgullo e Punto 30.05.2024

Este sábado a Alameda de San Domingos acolle o evento Orgullo e Punto, unha xornada coa que se conmemora o Día Internacional de Tecer en Público e o Mes do Orgullo, A actividade de tecer será o eixo central da xornada, pero tamén haberá contacontos, maxia, gastronomía, música… Así nolo contaron Ana Núñez, concelleira de Igualdade, e Aline Romero e Marita Alonso de TejeTui.

Ent. Suso Montero | Xubilación tras tres décadas na Oficina de Emprego de Tui 30.05.2024

Suso Montero, xubílase hoxe xoves, ao cumprir 70 anos, tras máis de tres décadas na Oficina de Emprego de Tui previamente estivo tamén en Vigo, sumando 51 anos na administración pública. Con el falamos da evolución do seu traballo ao longo destes 51 anos, dos cambios, das anécdotas e tamén da nova etapa que agora abre. Canda el estivo José Ángel Fernández, director da Oficina de Emprego.

Ent. Jose Carlos Esteves |Música no Quintal ao Por o Sol 30.05.2024

Este sábado, ás 21.30 h ES celébrase en Verdoejo, Valença, o festival Música no Quintal ao Por o Sol. Contarán coa actuación de Mr. Gallini e Geodudes. A entrada terá un prezod e 5€. Deunos todos os detalles dende a organización Jose Carlos Esteves.

Ent. Sandra González, alcaldesa de Tomiño | Viaxe a Italia, premio Día da Cooperación e obras... 30.05.2024

Hoxe falamos coa alcaldesa de Tomiño, Sandra González, de distintos temas da actualidade municipal, pero tamén, como presidenta do GDR 14 Eu Rural, da viaxe a Italia realizada a semana pasada. Abordamos o premio Día da Cooperación outorgado á Eurocidade Tomiño-Cerveira, as obras nos soportais de Goián, na Costa en Estás, e o cambio de luminarias.. Tamén se referiu a Feira de Cultivos que se celebr...

Ent. Tania Otero de ACITUI | Asemblea ordinaria este xoves 29.05.2024

ACITUI, a Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui, celebra mañá xoves, ás 20.30 h en primeira convocatoria, e ás 21 h en segunda, na Sala Félix Rodríguez, asemblea ordinaria. Tania Otero, de ACITUI, explicou o obxectivo desta asemblea.

Ent. Javier Niño, do CB Tui | Temporada e Basket Summer Camp 29.05.2024

O CB Tui volve realizar este verán o seu Basket Summer Camp. Hoxe Javier Niño deunos todos os detalles desta actividade que se vai realizar do 24 ao 29 de xuño . Tamén fixo balance da temporada que está a piques de rematar e adiantou que a próxima fin de semana, do 8 e 9 de xuño, xogarán en Tui a fase final senior masculino de ascenso a 1ª nacional.

Ent. Andrés Díaz, comandante Naval do Miño | Reunión da CPIRM 29.05.2024

Con Andrés Díaz, comandante Naval do Miño, coñecemos hoxe os acordos tomados onte na Comisión Permanente Internacional do río Miño reunida no Concello de Tui. O control de xabalís nas illas Boega e Lenta foi un dos acordos en materia de caza, mentres en pesca definíronse os periodos de pesca da próxima temporada, reducíndose en quince días, e por vez primeira diferenciouse en zonas xeográficas. As...

Ent. Claudia Montes de Altitude | Campamento de Verán 28.05.2024

Hoxe coñecemos o Campamento de Verán 2024 que a empresa Altitude Ocio e Educación Ambiental vai realizar do 24 de xuño ao 6 de setembro para nenos e nenas de 6 a 12 anos. Claudia Montes deunos todos os detalles, e tamén nos presentou as actividades que realizan.

Ent. Xacobe Morais de A Quinta de Tui FS | Campus de Verán, temporada e album de cromos 28.05.2024

Hoxe coñecemos os detalles do Campus de Verán que organiza A Quinta de Tui FS, para o que xa quedan poucas prazas. Amais fixemos balance da tempora na que contaron con 18 equipos e falamos do album de Cromos da Quinta que editaron.

Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui | Valoración Viaxe a Italia e da senteza do TSXG sobre a Pousa do Bispo 27.05.2024

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro valorou hoxe a sentenza do TSXG sobre a urbanización da Pousa do Bispo. Tamén fixo balance da viaxe a Italia realizada a semana pasada xunto co Xeodestino Ría de vigo e Baixo Miño. Amais abordamos a rescisión do contrato de construción do aparcamento subterráneo.

Ent. Dj Rokiño - Concurso actuación na festa de fin de curso nun cole de Galicia 27.05.2024

Dj Rokiño vén de lanzar un concurso no que sortea unha actuación súa na festa de fin de curso de calquera centro educativo. Para participar os centros ou as ANPA's deben inscribirse en djrokino.com/ até o 31 deste mes. O 5 de xuño coñecerase o colexio gañador da actuación. Amais Dj Rokiño falounos da súa carreira musical e ga gravación en Tui do programa Sala G coa TVG.

Ent. Diego Luís Martínez e André Morais | I Encontro Ibérico de Axentes Forestais e de Protección Civil 27.05.2024

A Eurocidade Tui-Valença acolle hoxe e mañá o I Encontro Ibérico de Axentes Forestais e de Protección Civil. Falamos dos obxectivos e da actividade prevista con Diego Luís Martínez e André Morais, membros da organización. Mañá martes, no recinto feiral de Tui, haberá unha exposición de medios d e loita contra os incendios forestais de ambos países.

Ent. Carolina Figueroa do CPA Ribex - Campionato Galego de 2º Grupos Show 24.05.2024

Preto de 360 patinadores e patinadoras de toda Galicia participarán mañá sábado no pavillón Gustavo Rodríguez en Tui no Campionato Galego de 2º Grupos Show. Trátase dunha modalidade moi vistosa. Pola mañá serán os adestramentos e a partir das 16 h a competición. A entrada ten un prezo de 6€. Con este campionato recadar cartos para sufragar parte da viaxe do Grupo Show do Ribex ao Campionato do Mun...

Ent. Tino Baz - Concerto de Cantares do Brueiro 24.05.2024

O Auditorio de Goián acolle este domingo, ás 19 h, o concerto "Se cantan, es ti quen cantas" de Cantares do Brueiro, un grupo que cumpre agora dez anos. Hoxe Tino Baz, o seu director, falouse desta década de percorrido, e do concerto deste domingo.

Ent. Claudia, Gael, Fabio e Amar do CEIP nº1 e Eva de Naldo Costas- Exposición "Coñecer para transformar" 24.05.2024

"Coñecer para transformar" é o título da exposición que mañá de 19 a 21 h se poderá visitar en Naldo Costas. Foi realizada polo alumnado do CEIP nº1 dentro do seu proxecto sobre o mundo da cosmética saudable. Para visitar a mostra farase un donativo de 1€ destinado á ONG CEMMA. Hoxe déronnos todos os detalles Claudia, Gael, Fabio e Amar, do CEIP nº1 e Eva Martínez de Naldo Costas.

Ent. Fito Pereira do Motoclub Randufe | VIII Supercross Cidade de Tui 23.05.2024

O Complexo Off Road de Tui acolle este sábado pola tarde o VIII Supercross Cidade de Tui que organiza o Motoclub Randufe, un club que celebrar o seu vinte aniversario. Trátase dunha disciplina moi espectacular e vistosa. Haberá 7 categorías dende o 50cc até a Pro nas que participarán pilotos de moi alto nivel. Contounolo Fito Pereira do Motoclub Randufe

Ent. Pilar Pazo da Asociación do Traxe Tradicional | II Encontro de Folclore da Raia 23.05.2024

A praza de San Fernando acolle este sábado o II Encontro de Folclore da Raia. Ás 12 h terán unha visita guiada por José Ramón Fernández, e a partir das 19 h actuarán Sabrina Durazo, solista especialista en música medieval, o grupo folclórico de Ganfei e os grupo da Asociación do Traxe Tradicional de Tui. Pilar Pazo deunos hoxe todos os detalles.

Ascolta il podcast Día a Día su Replaio

Radio e podcast in un'unica app - gratis e senza registrazione. Installala oggi e non perderti il lancio

Scaricala su Google Play

Replaio non è un editore di podcast; i nomi dei programmi, le copertine e l'audio appartengono ai rispettivi autori e vengono distribuiti tramite feed RSS pubblici