Radio Municipal de Tui

Día a Día

News GL ↓ 6535 episodi

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...

Visita il sito del podcast e sostieni chi lo crea: www.ivoox.com

Autore

Radio Municipal de Tui

Categoria

News

Sito del podcast

www.ivoox.com

Ultimo episodio

27 ott 2026

Dove ascoltare?

I podcast nell'app Replaio Radio In arrivo

I podcast stanno per arrivare nell'app. Installala ora e scopri per primo un modo tutto nuovo di vivere i podcast

Scaricala su Google Play Installala gratis Android quasi 10 mln di download · valutazione 4,8 iOS in arrivo

Episodi

Ent. Rafael Fernández, xerente de Fibralar - Expansión 23.11.2021

Hoxe coñecemos os plans de expansión da empresa Fibralar, operador de telecomunicacións galego que naceu en 2018 no Baixo Miño. Rafael Fernández, o seu xerente, contounos o momento que vive a empresa e os plans de crecemento.

Ent. Santiago Pose, do Centro de Saúde de Tui - Situación COVID e centro de saúde 23.11.2021

Tui rexistra hoxe 14 casos de covid diagnosticados no últimos 14 días. Da incidencia do coronavirus na cidade falabamos hoxe co coordinador do Centro de Saúde de Tui, Santiago Pose. Tamén abordamos a situación do propio centro onde faltan 5 dos 11 facultativos.

Ent. Bea González e Ramiro García - Proxecto Erasmus + Libro de receitas: hábitos de vida saudables e felices 22.11.2021

O CEIP nº2 de Tui estivo traballando ao longo dos últimos tres cursos nun proxecto Erasmus + con centros de Irlanda do Norte, Italia, Irlanda, Portugal e Alacante. Froito do mesmo veñen de editar un libro de recitas: Hábitos de vida saudables e felices.

Ent. Justi Peixoto, organizador - V Urban Trail Night 22.11.2021

Máis de 300 inscritos hai para a V Urban Trail Night que se vai celebrar este sábado, na Eurocidade Tui-Valença. Será 14 quilómetros que partirán da Avenida Miguel Dantas en Valença, e chegará aos Paseo da Corredoira. O obxectivo da organización é chegar até os 400 participantes coma explicaba Justi Peixoto de Sra. Emilia Agencia de Comunicación, organizadora da proba xunto a NOKO 360.

Ent. Ana Núñez, concelleira de Igualdade - Actos 25N 22.11.2021

Prevención da violencia de xénero e formación en igualdade son dous dos eixos nos que xira a programación elaborada dende a concelleira de Igualdade do Concello de Tui con motivo do 25N. Así nolo contou hoxe a concelleira de Igualdade, Ana Núnez

Ent. Olaia Maneiro de Tanxugueiras - Concerto no Teatro Municipal de Tui 18.11.2021

500 persoas asistirán mañá no Teatro Municipal de Tui ao concerto de Tanxugueira, para o que xa non quedan entradas. Será un dos últimos directos da xira "Contrapunto". Olaia Maneiro forma Tanxugueiras xunto a Aida Tarrío e Sabela Maneiro . Canda elas no escenario estará tamén Isaac Palacín.

Ent. Iván Martínez, Ruth Villar e José Quinteiro - Gran Recollida de Alimentos 18.11.2021

Iván Martínez, presidente e Ruth Villar, responsable de comunicación do Banco de Alimentos de Vigo, e José Quinteiro de SOS Tomiño Baixo Miño presentaron hoxe na nosa sintonía a Gran Recollida de Alimentos que mañá venres se pon en marcha.

Ent. Nuria Gómez, profesora de danza - Evento solidario para axudar ao neno Martín Prazo 17.11.2021

Este sábado, 20 de novembro, ás 17h o pavillón da Carballa, en Tomiño acolle un evento solidario para axudar ao neno Martín Prazo. A entrada terá un prezo de 5€. Nuria Gómez, profesora de danza, é unha das organizadoras deste evento solidario. #juntospormartin

Ent. Ánxela Fernández, alcaldesa do Rosal - Aprobación orzamentos de 2022 17.11.2021

O Rosal é un primeiros concellos da provincia en aprobar os orzamentos para 2022. Ascenden a 4,8 millóns de euros. A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández, explica hoxe as principais liñas destas contas.

Ent. Martín Outomuro do Xeodestino - Xornada de traballo en rede 16.11.2021

A xornada de traballo en rede para dar a coñecer entre sí as empresas do sector turístico e do sector primario do Xeodestino Ría de Vigo - Baixo Miño, cumpriu as expectativas. Así nolo contou hoxe Martín Outomuro do Xeodestino.

Ent. Laureano Alonso, concelleiro de En Marea - Ordenanza do lixo 16.11.2021

O concelleiro de En Marea, Laureano Alonso, quixo dar o seu parecer hoxe sobre a nota de prensa publicada o pasado sábado polo goberno municipal sobre a ordenanza do lixo, e o traballo para a súa modificación.

Ent. Diego Vila, piloto de Rally - Rally de Ribeira 15.11.2021

O piloto tudense, Diego Vila, foi terceiro esta fin de semana no Rally de Ribeira, e primeiro na súa categoría. Comentábanos coma foi a competición.

Ent. Javier Añoveros, presidente Instituto de Estudos Tudenses - Revista Castelum Tyde 2021 15.11.2021

O Instituto de Estudos Tudenses vén de publicar o número 7 da revista Castelum Tyde, na que recolle un total de 15 artigos de investigación ao longo de 400 páxinas. Desta publicación falamos hoxe co presidente do IET, Javier Añoveros.

Ent. Paula Quintas de Traspediante - Nina Ninette 12.11.2021

A compañía Traspediante coas bailarinas Marta Alonso Tejada e Paula Quintas e a actriz Carlota Mosquera chega hoxe ao Teatro Municipal de Tui con Nina Ninetter. Un conto iniciático de danza contemporáneo para público familiar. Así nolo contaba Paula Quintas, produtora e bailarina do espectáculo.

Ent. Paula Álvarez do Cruceiro do Monte - Taxa do Lixo hoteis 12.11.2021

Os hoteis de Tui reclaman ao concello unha solución inmediata para evitar en 2022 ter que volver a pagar máis de 8 mil euros pola taxa do lixo. Así o explicaba hoxe Paula Álvarez, do Hotel Cruceiro do Monte.

Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Tui proxecto piloto Plan de Acción Local da Axenda Urbana 12.11.2021

O Concello de Tui recibirá unha axuda de 100 mil euros do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana para a elaboración de proxectos pilotos de Plans de Accións Local da Axenda Urbana Española. Tui é un dos 4 concellos da provincia que foron seleccionados. O alcalde cualificaba esta resolución de "excelente noticia".

Ent. Conchi Millán e Nandi de Santiago da Plataforma pola Defensa da Sanidade de Tomiño - Reinvindiacións e situación 11.11.2021

Hoxe coñecemos as demandas e accións que leva a cabo a Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Tomiño con Conchi Millán e Nandi de Santiago.

Ent. Moisés Rodríguez, deputado autonómico - Investimento da Xunta 11.11.2021

Co tudense Moisés Rodríguez, deputado autonómico, repasamos hoxe os investimentos que a Xunta está a realizar na comarca, como o acceso ao Parque Empresarial, ao proxecto dun novo centro educativo para Pazos de Reis.

Ent. Xulio Vicente da CIG - Folga indefinida de IKF España na Guarda 11.11.2021

Máis de 60 días levan en folga os traballadores de IKF España da Guarda, a antiga fábrica das Cachadas. Con Xulio Vicente da CIG coñecemos os motivos deste paro dos traballadores.

Ent. Suso Vila, historiador - Conferencia 450 anos da batalla de Lepanto 09.11.2021

O historiador tudense, Suso Vila, pecha hoxe o ciclo de conferencias sobre o 450 aniversario da Batalla de Lepanto falando de “Os corsarios turco-berberiscos nas costas galegas e o seu eco remoto no retablo de Nosa Señora do Rosario de San Domingos de Tui”. Con el falamos esta mañá na nosa sintonía.

Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Reacpon, reunións coa veciñanza, FairWay 09.11.2021

A humanización das rúas Antero Rubín e Coengo Valiño será financiada polo programa REACPON da Deputación de Pontevedra. O alcalde, Enrique Cabaleiro, explicaba hoxe en que vai consistir a obra. Tamén daba conta das reunións coa veciñanza que comezaron onte. Hoxe está presente en Santiago en Fair Way a Feira do Camiño de Santiago.

Ent. Eloy Carrera, director da Banda de Música Popular de Tui - Concerto 140 aniversario 08.11.2021

A Banda de Música Popular de Tui celebra o seu 140 aniversario o sábado 27 de novembro, ás 20 h, no Teatro Municipal de Tui. Será un evento moi especial no que interpretarán temas de pop rock de ACDC, Mecano, Europe... como explicaba hoxe o seu director Eloy Carrera. As entradas poden reservarse en enterticket.es

Sección Club de Emprego - Luns, 8 de novembro de 2021 08.11.2021

Hoxe no Club de Emprego acompañounos Juana Parada, xerente de ORPAGU, con que falamos da planta que está a construír no Parque Empresarial de Areas, das datas previstas para a súa posta en marcha e das necesidades de persoal. Canda ela estiveron a concelleira de Emprego e Formación, Ana Mª Núñez, e a técnica de Orientación, Alejandra Lago.

Ent. Laura Llauder - Sesión de danzaterapia na Abadía Axeito 05.11.2021

Esta fin de semana terá lugar na Adadía do Pelouro Axeito unha sesión de danzaterapia. Laura Llauder, bailarina, coreógrafa e danzaterapeuta, explicaba en qué vai consistir esta sesión que non ten límite de idade, e non é preciso experiencia previa. Será o domingo de 18 a 20h.

Ent. Feliciano Valcárcel, do San Xerome - Cooperativa Fogares Sanxe 05.11.2021

Xornada importante hoxe para o San Xerome coa constitucion da Cooperativa FOGARES SANXE, S. Coop. Galega da que forma parte un grupo de 38 persoas con diversidade intelectual e as súas familias. Falabamos esta mañá con Ciano Valcárcel, do San Xerome, deste importante paso.

Ascolta il podcast Día a Día su Replaio

Radio e podcast in un'unica app - gratis e senza registrazione. Installala oggi e non perderti il lancio

Scaricala su Google Play

Replaio non è un editore di podcast; i nomi dei programmi, le copertine e l'audio appartengono ai rispettivi autori e vengono distribuiti tramite feed RSS pubblici