Radio Municipal de Tui

Día a Día

News GL ↓ 6537 episodi

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...

Visita il sito del podcast e sostieni chi lo crea: www.ivoox.com

Autore

Radio Municipal de Tui

Categoria

News

Sito del podcast

www.ivoox.com

Ultimo episodio

28 ott 2026

Dove ascoltare?

I podcast nell'app Replaio Radio In arrivo

I podcast stanno per arrivare nell'app. Installala ora e scopri per primo un modo tutto nuovo di vivere i podcast

Scaricala su Google Play Installala gratis Android quasi 10 mln di download · valutazione 4,8 iOS in arrivo

Episodi

Ent. Laura Llauder - Sesión de danzaterapia na Abadía Axeito 05.11.2021

Esta fin de semana terá lugar na Adadía do Pelouro Axeito unha sesión de danzaterapia. Laura Llauder, bailarina, coreógrafa e danzaterapeuta, explicaba en qué vai consistir esta sesión que non ten límite de idade, e non é preciso experiencia previa. Será o domingo de 18 a 20h.

Ent. Feliciano Valcárcel, do San Xerome - Cooperativa Fogares Sanxe 05.11.2021

Xornada importante hoxe para o San Xerome coa constitucion da Cooperativa FOGARES SANXE, S. Coop. Galega da que forma parte un grupo de 38 persoas con diversidade intelectual e as súas familias. Falabamos esta mañá con Ciano Valcárcel, do San Xerome, deste importante paso.

Ent. Santiago Cortegoso, autor e director de "O charco de Ulises"- Inicio da xira en Tui 04.11.2021

Dende o Mediterráneo ao Atlántico viaxe Ulises en “O Barco de Ulises” do CDG. Unha obra que fala de emigración e da morriña pola terra. En Tui comeza mañá a xira desta montaxe que percorrerá vinte localidades galegas e portuguesas. Da obra falábanos esta mañá Santiago Cortegoso, autor do texto, e director da obra xunto a Marián Bañobre.

Ent. Manuel Pereira da CMVMC de Areas - Curso de Cogomelos 04.11.2021

Cubertas as 20 prazas no curso de cogomelos que organiza a Comunidade de montes de Areas este sábado. Así o explicaba Manuel Pereira, presidente da Comunidade de Montes. Trátase da 10ª edición deste curso que levan a cabo.

Ent. Serafín Martínez, organización - Trail do Aloia 2021 03.11.2021

O Parque Natural do Monte Aloia acollerá esta fin de semana o Trail do Aloia. Será o sábado pola tarde co Aloia Kids Trail que se incorpora este ano coma novidade, e o domingo á mañá co Trail na categoría absoluta. Serafín Martínez é o organizador da proba.

Ent. José Luís Diéz - VI Pinta Tui 03.11.2021

Este domingo celébrase o VI Concurso Pinta Tui con tres categoría de até 11 anos, de 12 a 17 anos, e maiores de 18 anos. José Luís Diéz, organizado do evento, explicaba os obxectivos e características deste certame. Os participantes deberán selar o soporte de 9 a 10 h na Oficina de turismo e terán até ás 18 h para realizar a súa obra.

Ent. Amancio Prada - En concerto en Tui con Camiño do Meu Contento 02.11.2021

Amancio Prada ofrecerá ás 20.30 h desta tarde o penúltimo concerto da súa xira "Camiño do meu contento" no Teatro Municipal de Tui. Con el falamos esta mañá deste concerto, pero tamén da súa ampla carreira musical. As entradas están á venda en www.tui.gal.

Ent,. Rubén López, director do Conservatorio - Prazas vacantes en instrumentos na Escola de Música 02.11.2021

Últimos de días de matrícula na Escola de Música Municipal de Tui para alumnado dende os 7 anos en clarinete, gaita, frauta travesa, percusión, trompeta e trombón. As persoas interesadas poden contactar en horario de tarde, de 15.30 h a 20 h co 986 60 44 04 ou co 687 22 99 57.

Ent. Sonsoles Vicente, Ana Núñez e Juan Carlos Boo - I Feira da Cabaza 29.10.2021

O pavillón do IES San Paio acolle este sábado e domingo a I Feira da Cabaza. O evento, previsto inicialmente no Paseo da Corredoira, cambiou de emprazamento debido á choiva. As concelleiras Sonsoles Vicente e Ana Mª Núñez, xunto a Juan Carlos Boo, detallaron hoxe todo o programa previsto. "A caverna do terror" terá lugar no cárcere vello.

Ent. Alberto Vilas - Premio Martín Codax 2021 Música Clásica e Contemporánea 29.10.2021

Con "Naialma" o compositor e pianista Alberto Vilas vén de gañar o Premio Martín Codax 2021 na categoría de Música Clásica e Contemporánea. Un galardón que emocionou ao compositor para un traballo que el mesmo definía hoxe na nosa sintonía coma "moi especial".

Ent. José Martínez Tato de AndaTui - Visitas guiadas co gallo da Feira da Cabaza en Tui centro 29.10.2021

Este domingo terá lugar a derradeira visita a pozos e regadíos que se celebran ao longo do mes con motivo da I Feira da Cabaza. José Martínez Tato, do club AndaTui, avanzaba qué se poderá ver neste percorrido que sairá ás 10 h do pavillón San Paio

Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Dous anos do mandato municipal 27.10.2021

Co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, completamos hoxe a rolda de conversas para valorar os dous anos transcorridos do actual mandato municipal.

Ent. Ana Rodríguez, xerente Balneario de Caldelas - Exposición fotografías antigas de Tui 26.10.2021

76 fotografías dunha colección de máis de 500 expóñense estes días na Sala Municipal de Exposicións en Tui. Proceden dos fondos do Balneario de Caldelas, e retratan as xentes, as tradicións, as rúas de Caldelas e Tui de hai máis de 100 anos. Ana Rodríguez, xerente do Balneario, contounos a historia desta arquivo fotográfico.

Ent. José Ángel Fernández, voceiro do PP - 2 anos de mandato municipal 26.10.2021

José Ángel Fernández, voceiro do Partido Popular, estivo hoxe na rolda de conversas que estamos a manter cos voceiros dos grupos políticos presentes na corporación para valorar os dous anos transcorridos xa do actual mandato municipal.

Ent. Paula Fernández, psicóloga - TDAH Máis aló do diagnóstico 26.10.2021

"TDAH Máis aló do diagnóstico" é o título da conferencia que a psicóloga Paula Fernández, ofrecerá hoxe ás 20 h no Liceo Casino de Tui. Con ela falamos esta mañá.

Ent. Maica e Antonio da Asociación de Alcohólicos Anónimos - Martes, 26 de outubro de 2021 26.10.2021

Maica e Antonio acompañáronnos hoxe no programa Día a Día no tempo que cada quince días dedicamos á Asociación de Alcohólicos Anónimos. As persoas interesadas en contactar con eles pode facelo no 622 90 24 34, e na Sala Félix na Área Panorámica os martes de 10 a 11.30 h e os xoves de 20 a 21.30 h. Convidaban a aquelas persoas que poidan ter un problema co alcohol a dar o paso e contactar con eles.

Ent. Rockin' Gina and the Sentinels - Presentación novo traballo discográfico 2021 22.10.2021

Rockin' Gina and the Sentinels estiveron hoxe en directo no programa Día a Día presentando o seu novo traballo discográfico "Swampy Water".

Ent. José Martínez Tato de AndaTui - Visitas guiadas co gallo da Feira da Cabaza 23 e 24 de outubro 22.10.2021

Unha rocha onde se mallaba antigamente o trigo é unha das peculiaridades que mañá se verán na visita ás pozas e regadíos que sairá ás 17 h da casa cultural de Baldráns. O domingo ás 10 h sairá a ruta do centro cultural de Areas onde os participantes poderán ver o pazo das Marabillas.

Ent. Elena Paz de Golfiños - En concerto no Teatro Municipal de Tui 22.10.2021

Golfiños presenta hoxe no Teatro Municipal de Tui o seu novo traballo discográfico "O soño dos Golfiños", música para cantar, bailer, rir, soñar, viaxar. ... Falamos con Elena Paz que forma Golfiños xunto a Jesús Moares Lameiro, e Javier Ricardo Álvarez Fernández.

Ent. Miguel Abreu do Club de Baile Deportivo Pasos-Bailegalicia - VII Trofeo Eurocidade Tui-Valença de Baile Deportivo 22.10.2021

50 parellas e 160 bailaríns en grupos participan este domingo, dende ás 11.30 h n no VII Trofeo Eurocidade Tui-Valença de Baile Deportivo. Será no Pavillón Deportivo Municipal “Gustavo Rodríguez”. A entrada terá un prezo de 7€, 5€ para maiores de 65 anos e menores de 12 anos.

Ent. Carmen Núñez, voceira BNG - Metade do mandato municipal 22.10.2021

Hoxe foi a quenda da voceira do BNG na corporación municipal, Carmen Núñez, para facer balance dos dous anos transcorridos do actual mandato municipal.

Ent. Miguel Ángel Rodríguez e José Luis Ríos - 2º premio do VII Concurso de Proxectos Empresariales Semente Ribeira Sacr 21.10.2021

Os tudenses Miguel Ángel Rodríguez e José Luis Ríos gañaron o 2º premio do VII Concurso de Proxectos Empresariales Semente Ribeira Sacra, con Circular Forest. Hoxe contáronnos en qué consiste esta iniciativa coa que propoñen transformar a biomasa residual dos bosques en cogomelos de alto valor comercial.

Ent. José Manuel Palacín, voceiro de C21 - Balance 2 anos de mandato municipal 21.10.2021

José Manuel Palacín. voceiro de C21 acompañounos no día de hoxe dentro da rolda que estamos a realizar para facer balance dos dos anos transcorridos do actual mandato municipal.

Ent. Laureano Alonso, concelleiro de En Marea - Metade do mandato municipal 20.10.2021

Co concelleiro de En Marea, Laureano Alonso, abrimos hoxe unha rolda de conversas cos voceiros dos grupos políticos presentes na corporación municipal para valorar a metade do mandato municipal que se cumpriu en xuño.

Espazo Xove - Martes 19/10/2020 19.10.2021

Tras a presentación do pasado xoves este venres iniciativa a súa actividade a CAI con Laura Villaverde no Espazo Xove de Tui. Por outra o xoves 28 comezará o curso de banda deseñada con Coral Martínez. En ambos quedan prazas vacantes. Contounolo esta mañá a directora deste centro xuvenil que tamén falou do carné xove e do programa Outono Xove.

Ascolta il podcast Día a Día su Replaio

Radio e podcast in un'unica app - gratis e senza registrazione. Installala oggi e non perderti il lancio

Scaricala su Google Play

Replaio non è un editore di podcast; i nomi dei programmi, le copertine e l'audio appartengono ai rispettivi autori e vengono distribuiti tramite feed RSS pubblici