Radio Municipal de Tui

Día a Día

News GL ↓ 6533 episodi

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...

Visita il sito del podcast e sostieni chi lo crea: www.ivoox.com

Autore

Radio Municipal de Tui

Categoria

News

Sito del podcast

www.ivoox.com

Ultimo episodio

26 ott 2026

Dove ascoltare?

I podcast nell'app Replaio Radio In arrivo

I podcast stanno per arrivare nell'app. Installala ora e scopri per primo un modo tutto nuovo di vivere i podcast

Scaricala su Google Play Installala gratis Android quasi 10 mln di download · valutazione 4,8 iOS in arrivo

Episodi

Ent. Teresa Prieto e Ricardo Martínez da Coral San Telmo - Concerto de Nadal de Corais 27.12.2021

O Teatro Municipal de Tui acolleu o xoves 23 o concerto de Nadal a cargo das corais San Telmo, Ponte das Febres e do Centro Sociocomunitario. Falamos con Teresa Prieto e Ricardo Martínez da Coral San Telmo.

Ent. Rafael Estévez, concelleiro de Deportes - 1ª San Silvestre de Tui 27.12.2021

Este venres, 31 de decembro, celébrase a 1ª San Silvestre de Tui. A inscrición está aberta até este mércores ás 23.59 h no enlace dispoñible en www.tui.gal. Deunos todos os detalles o concelleiro de Deportes de Tui, Rafael Estévez.

Alejandro Pardo, despacho recepctor - Sorteo Lotería de Nadal 27.12.2021

No despacho receptor situado na Avenida de Portugal vendeuse algún décimo do 4º premio do Sorteo de Nadal o 42.833 . Falamos con Alejandro Pardo deste despacho receptor.

Antonio Lomba, alcalde de A Guarda - Valoración manifestación Sanidade - Valoración manifestación Sanidade 27.12.2021

O alcalde da Guarda, Antonio Lomba valorou na nosa sintonía a manifestación en defensa da Sanidade Pública que o martes 21 tivo lugar na Guarda.

Ent. José Martinez Tato - Reunión para constituír unha Plataforma en Defensa da Sanidade Pública en Tui 21.12.2021

Tui terá tamén unha Plataforma en Defensa da Sanidade Pública. Onte deuse o primeiro paso na reunión convocada na Sala Félix Rodríguez, e en xaneiro, tras as festas, terá lugar xa a constitución formal deste colectivo. José Martínez Tato foi un promotoresa da reunión celebrada onte, aínda que pola súa condición de concelleiro non estará na directiva da plataforma, amosaba a súa satisfacción pola r...

Ent. Ismael Diz, concelleiro e Carmen González , traballadora social - Programa Coidándome 20.12.2021

Coidándome é o título do programa psicoeducativo para coidadores familiares de persoas maiores dependentes organizado polo Concello en colaboración con AFAGA. Do mesmo faláronnos Ismael Diz, concelleiro de Servizos Sociais e Carmen González , traballadora social do Concello de Tui.

Ent. Noelia Solleiro - Un conto de Nadal. 100 anos de verbena galega 17.12.2021

A tudense Noelia Solleiro é unha das artistas convidadas esta tarde en "Un conto de Nadal. 100 anos de verbena galega". Ela mesma definía o espectáculo coma "coidado e bonito".

Ent. Lito Garrido da Orquestra Panorama - Un conto de Nadal. 100 anos de verbena galega 17.12.2021

Lito Garrido da Orquestra Panorama é un dos artistas convidados esta tarde no espectáculo "Un conto de Nadal. 100 anos de verbena galega". Con el falamos esta mañá deste evento que hoxe se estrea en Tui.

Ent. Marisa Giráldez e Javier Argüelles do Bádminton Tui - Torneo de Nadal de Bádminton 17.12.2021

O pavillón do IES San Paio acolle este domingo de 10 a 21 h o VI Torneo de Nadal de Bádminton no que participarán os e as deportistas do Badminton Tui e do Bádminton Tomiño. Así nolo contaron hoxe Marisa Giráldez e Javier Argüelles.

Ent. Ana Mª Núñez, concelleira de Igualdade - Xornada Igualdade e Comunicación 17.12.2021

Mañá ás 10 h comeza na aula da UNED a xornada técnica Igualdade e Comunicación que contará con dúas ponencias e un debate. Está organizada pola concellería de Igualdade do Concello de Tui falamos coa súa responsable, Ana Mª Núñez.

Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Reunión Red Juderías e Miño Navegable 16.12.2021

O cambio de presidencia ao fronte da Red de Juderías e asinar un convenio con Paradores foron dous dos principais asuntos tratados onte na Asemblea Xeral da Red de Juderías de España, na que participou o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro. O rexedor tudense fixo balanzo dese encontro, e tamén avanzou o obxectivo da presentación que mañá terá lugar en SAlvaterra do proxecto Miño Destino Navegable.

Ent. Sonsoles Vicente, concelleira Cultura - Programación de Nadal 16.12.2021

A música ten protagonismo especial este Nadal na programación elaborada polo Concello de Tui. A concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente daba conta do programa previsto e anunciaba novidades no mesmo.

Ent. A Fada do Aloia - Actividades de Nadal 16.12.2021

A Fada do Aloia preparou actividades especiais para este Nadal, coma é o caso da ruta que vai realizar esta fin de semana na que contará aos participantes un conto de Nadal. Amais realizará un obradoiro de adornos de Nadal e hai un buzón viaxeiro por Tui para depositar as cartas de Papa Noel e os Reis Magos.

Ent. Dani Dopazo, director do espectáculo - Un conto de Nadal. 100 anos de verbena galega 15.12.2021

O Paseo da Corredoira acolle este venres, ás 19.30 h, o espectáculo "Un conto de Nadal" que se vai estrear en Tui. Serán 2 horas de música coa orquestra La Oca Banda e artistas convidados e agrupacións locais. Do mesmo falounos hoxe Dani Dopazo, director do espectáculo.

Ent. Rubén López, director do CMUS Tui - Concerto de Nadal 15.12.2021

Mañá xoves, 16 de decembro, ás 20 h o Teatro Municipal de Tui acollerá o Concerto de Nadal do Conservatorio Profesional de Música de Tui e da Escola de Música, dentro da programación de Nadal do Concello de Tui. Deste evento falounos o director do CMUS Tui, Rubén López. A entrada é gratuíta e pode reservarse en www.tui.gal.

Ent. Pilar Álvarez de SOS Tomiño Baixo Miño - Sorteo cesta decembro 2021 14.12.2021

Esta mañá no programa Día a Día realizamos o sorteo dun lote de Nadal de produtos galegos de Maruxiños VK en beneficio de SOS Tomiño - Baixo Miño. Pilar Álvarez de SOS Tomiño Baixo Miño achegouse aos nosos estudos para facer o sorteo. O agraciado foi o número 19 que corresponde a Jesús Carrera.

Ent. José Martínez Tato - Creación Plataforma en Defensa da Sanidade en Tui. 14.12.2021

O luns 20 ás 20.30 h na Sala Félix Rodríguez está convocada unha reunión para formar unha Plataforma en Defensa da Sanidade Pública en Tui. Desta convocatoria falounos hoxe José Martínez Tato, que participa na convocatoria pero que non estará ao fronte da plataforma.

Sección Educación - Luns, 13 de decembro de 2021 13.12.2021

No tempo que cada semana dedicamos á Educación hoxe falamos con Teresa Domínguez o novo bacharelato.

Ent. Abel Vila, presidente EmpreTui - Campaña de Nadal Turróns con Premio 10.12.2021

EmpreTui pon en marcha a partir do próximo luns unha campaña de Nadal na que os turróns artesáns veñen con premio. Este doce de Nadal elaborado pola Panadería Tudense vén con descontos, agasallos, descontos... nos establecementos participantes. Así nolo contou hoxe Abel Vila, presidente de EmpreTui.

Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - COVID, VIOXEN, Cárcere Vello, .... 10.12.2021

Co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, abordamos esta mañá distintos temas da actualidade local dende a incidencia da covid na cidade, á adhesión ao sistema VIOXEN, á confirmación da axuda para converter o cárcere vello en centro de acollida de visitantes ou os próximos proxectos a executar.

Ent. Manuel Moreira da CIG Saúde e Violeta de Santiago da P. en Defensa da Sanidade Pública de Tomiño - Concentracións 09.12.2021

A situación da atención primaria na comarca ten levado a que nas últimas xornada se teñan convocado distintas concentración reclamando as melloras da atención primaria. Este mediodía a convocatoria tivo lugar diante do Centro de Saúde da Guarda. Manuel Moreira, responsable da CIG no Baixo Miño, explicaba o porqué desta convocatoria. O martes á mañá tivo lugar unha concentración en Tomiño convocada...

Ent. Aloia Martínez, directora de Mistura vocal - Concerto A Historia da Luz 09.12.2021

"A Historia da Luz" é o título do concerto que este sábado, ás 20 h, Mistura Vocal vai ofrecer no Teatro Municipal de Tui dentro da programación "Tui, o Camiño do Nadal". O coro está dirixido pola tudense Aloia Martínez, quen hoxe nos falou deste evento musical. As entradas poden reservarse de balde en www.tui.gal.

Ent. Teresa Lozano de Towanda Rebels - Talleres Formativo en Prevención das Violencias Sexuais 03.12.2021

Alumnado do IES San Paio e do IES Francisco Sánchez está a participar esta semana nun Taller Formativo en Prevención das Violencias Sexuais a cargo de Zúa Méndez e Teresa Lozano, creadoras de Towanda Rebels. Con esta última falamos esta mañá.

Ent. Paz González, Luisa Alonso e Pilar Álvarez do Voluntariado da Caridade - Rastrillo Solidario 03.12.2021

O Voluntariado da Caridade realizará un rastrillo solidario esta fin de semana no colexio da Milagrosa, e ao tempo tamén estarán presentes no Mercado de Nadal no Paseo da Corredoira. Paz González, Luisa Alonso e Pilar Álvarez, explicáronnos que poderemos atopar. O obxectivo é reunir fondor para soster a Unidade de Hixiene e o Ropeiro que teñen en marcha.

Ent. Juan González e José Quinteiro - Festival Solidario a favor de Sos Tomiño-Baixo Miño 03.12.2021

O Teatro Municipal de Tui acolle mañá sábado ás 18 h un Festival Solidario a favor de SOS Tomiño Baixo Miño organizado por Protección Civil de Tui. Actuarán o grupo folclórico Xuntanz a de Randufe e as bandas de gaitas de Guillarei e Paramos. Do mesmo falamos con Juan González e José Quinteiro - Festival Solidario a favor de Sos Tomiño-Baixo Miño

Ascolta il podcast Día a Día su Replaio

Radio e podcast in un'unica app - gratis e senza registrazione. Installala oggi e non perderti il lancio

Scaricala su Google Play

Replaio non è un editore di podcast; i nomi dei programmi, le copertine e l'audio appartengono ai rispettivi autori e vengono distribuiti tramite feed RSS pubblici