Radio Municipal de Tui

Día a Día

News GL ↓ 6533 episodi

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...

Visita il sito del podcast e sostieni chi lo crea: www.ivoox.com

Autore

Radio Municipal de Tui

Categoria

News

Sito del podcast

www.ivoox.com

Ultimo episodio

26 ott 2026

Dove ascoltare?

I podcast nell'app Replaio Radio In arrivo

I podcast stanno per arrivare nell'app. Installala ora e scopri per primo un modo tutto nuovo di vivere i podcast

Scaricala su Google Play Installala gratis Android quasi 10 mln di download · valutazione 4,8 iOS in arrivo

Episodi

Ent. Tonhito de Poi - Novo traballo "In-Dios" 10.01.2022

O pasado venres, 7 de xaneiro, Tonhito de Poi, presentaba no programa Día a Día o seu novo traballo discográfico "In-dios".

Ent. Saúl Vaz, piloto de karts - Compite en X30 junior 10.01.2022

O venres, 7 de xaneiro, acompañounos no programa Día a Día o xove piloto tudense de karts, Saúl Vaz. Está a competir na categoría X30 junior. Contounos que sinte aos seus 12 anos cando corre en karts e como está a ser a competición.

Ent. Antonio Lomba, alcalde da Guarda e Sandra González, alcaldesa de Tomiño - Situación atención sanitaria 10.01.2022

Con Antonio Lomba, alcalde da Guarda e con Sandra González, alcaldesa de Tomiño abordamos o venres, 7 de xaneiro, a situación na que quedan os centros de saúde destes municipios, tras a decisión do SERGAS de recudir consultas 14 municipios da área sanitaria de Vigo, entre eles 4 do Baixo Miño.

Ent. Carmen Mosquera, pediatra no CS da Guarda - Situación da sanidade 10.01.2022

O venres 7 de xaneiro falamos da situación nos centros de saúde da comarca coa pediatra do ambulatorio da Guarda, Carmen Mosquera.

Esteban González, voceiro do PP Tomiño - Orzamentos 2022 04.01.2022

O Partido Popular de Tomiño votou en contra dos orzamentos de 2022 aprobados a semana pasada en pleno polo equipo de goberno. O voceiro popular, Esteban González Miranda, explicou o porque do seu voto en contra.

Ent. Carlos Pérez Fonterosa, filatélico -Novo sello de Tui 04.01.2022

Tui conta cun novo selo. Falamos do mesmo co filatélico tudense Carlos Pérez Fonterosa.

Ent. Jose Vaz Carpinteira, presidente da Cámara de Valença - Orzamentos 2022 04.01.2022

Valença terá neste 2022 un orzamento de 19,9 millóns de euros, tras a súa aprobación hai uns días. Hoxe falamos das liñas mestras das contas valencianas e dos proxectos para este ano co seu presidente, José Vaz Carpinteira,

Ent. Sonsoles Vicente, concelleira Cultura - Recepción dos Reis Magos 2022 04.01.2022

Os Reis Magos recibirán mañá aos nenos e nenas no Teatro Municipal de Tui dende ás 10.30 h até ás 20.30 h. Onte esgotáronse practicamente todas as quendas dispoñibles e ás 20 h abriranse, en www.tui.gal, novas quendas para un centenar de cativos. Dábanos todos os detalles a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente.

Ent. Laureano Alonso, concelleiro de En Marea - Fin de ano 31.12.2021

Esta mañá tamén nos deixou o seu balance de 2021 e desexos para 2022 o voceiro de En Marea, Laureano Alonso.

Ent. Jose Manuel Palacín de C21 - Fin de Ano 2021 31.12.2021

Neste derradeiro día do ano tamén nos acompañou Jose Manuel Palacín voceiro de C21

Ent. Carmen Núñez, voceira do BNG - Fin de Ano 2021 31.12.2021

Carmen Núñez, voceira do BNG, deixounos o seu balance de 2021 e os seus desexos para 2022.

Ent. José Ángel Fernández, voceiro do PP - Fin de Ano 2021 31.12.2021

Coma cada 31 de decembro facemos balance do ano que está a piques de rematar. Este é o balance que realizaba José Ángel Fernández, voceiro do PP, quen tamén deixaba os seus desexos para 2022.

Ent. Sonsoles Vicente, concelleira Cultura e Eloy Carrera, director B.M. Popular de Tui - Concerto de Fin de Ano 29.12.2021

Mañá xoves ás 21.30 h terá lugar no Teatro Municipal de Tui o concerto de Fin de Ano a cargo da Banda de Música Popular de Tui. Do mesmo falamos coa concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, e co director desta agrupación, Eloy Carrera.

Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Situación covid, cita previa e suspensión San Silvestre 29.12.2021

Co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, falamos hoxe da actual situación con respecto á covid en Tui, da cita previa para a atención nos departamentos municipais e da suspensión da 1ª San Silvestre.

Ent. Sandra González, alcaldesa de Tomiño - Orzamentos 2022 e pasamento do mestre Manuel Garcés 27.12.2021

Tomiño leva hoxe a pleno os orzamentos municipais para 2022 por importe de 8,1 millóns de euros. Dos mesmo falamos coa alcaldesa, Sandra González, nunha xornada na que a vila despide ao mestre Manuel Garcés, falecido onte. A súa foi unha vida dedicada á educación, o CRA de Tomiño leva o seu nome. O lembraba tamén hoxe Sandra González.

Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Modificación PXOM San Bartolomeu e Medalla de Ouro CRA Mestra Clara Torres 27.12.2021

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, valorou hoxe a finalización do trámite ambiental da modificación puntual do PXOM de Tui para promover a reforma urbanística da zona de San Bartolomeu. Tamén se referiu á entrega da medalla de ouro do concello ao CRA Mestra Clara Torres este mediodía.

Ent. Cristina Correa, alcaldesa de Oia- Felicitación Nadal 2021 27.12.2021

No programa Día a Día especial Nadal tamén nos acompañou deixándonos os seus desexos para estas festas a alcaldesa de Oia, Cristina Correa.

Ent. Verónica Tourón, alcaldesa de Salceda - Felicitación Nadal 2021 27.12.2021

No programa especial Nadal de Día Día Verónica Tourón, alcaldesa de Salceda deixounos a súa Felicitación de Nadal 2021.

Ent. Sandra Estévez, escritora - Nova novela "La Predicadora" 27.12.2021

Hoxe sae á venda a nova novela da escritora porriñesa Sandra Estévez "La Predicadora" editada por Avant. Con ela falamos desta obra e outros títulos da súa autoría.

Ent. Ánxela Fernández, alcaldesa do Rosal - Felicitación Nadal 27.12.2021

Ánxela Fernández, alcaldesa do Rosal deixounos a súa felicitación Nadal no programa especial de Nadal de Día a Día.

Ent. Sandra González, alcaldesa de Tomiño - Felicitación Nadal 2022 27.12.2021

No programa especial Nadal do programa Día a Día a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, deixounos a súa felicitación para este Nadal.

Ent. Antonio Lomba, Alcalde da Guarda - Felicitación Nadal 2021 27.12.2021

O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, deixounos no especial Nadal do programa Día a Día, a súa felicitación para estas festas.

Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Felicitación Nadal 2021 27.12.2021

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, participou no programa Especial Nadal o 24 de decembro, onde deixou a súa felicitación para estas datas pero fixo tamén balanzo deste ano e falou de proxectos para 2022.

Ent. A Fada do Aloia - Felicitación de Nadal 27.12.2021

A Fada do Aloia achegouse até os nosos estudos para felicitar o Nadal e contarnos tamén as actividades que está a desenvolver este Nadal.

Ent. Juan Carlos Blanco e Elena Rodríguez - Sorteo da cesta de Nadal de ACITUI 27.12.2021

O xoves 23 de decembro ACITUI realizou no programa Día a Día o sorteo da súa cesta de Nadal entre ás 1.400 papeletas participantes. Para iso acompañáronnos Juan Carlos Blanco, presidente, e Elena Rodríguez, técnica de ACITUI.

Ascolta il podcast Día a Día su Replaio

Radio e podcast in un'unica app - gratis e senza registrazione. Installala oggi e non perderti il lancio

Scaricala su Google Play

Replaio non è un editore di podcast; i nomi dei programmi, le copertine e l'audio appartengono ai rispettivi autori e vengono distribuiti tramite feed RSS pubblici