Radio Municipal de Tui

Día a Día

News GL ↓ 6508 episodi

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...

Visita il sito del podcast e sostieni chi lo crea: www.ivoox.com

Autore

Radio Municipal de Tui

Categoria

News

Sito del podcast

www.ivoox.com

Ultimo episodio

14 ott 2026

Dove ascoltare?

I podcast nell'app Replaio Radio In arrivo

I podcast stanno per arrivare nell'app. Installala ora e scopri per primo un modo tutto nuovo di vivere i podcast

Scaricala su Google Play Installala gratis Android quasi 10 mln di download · valutazione 4,8 iOS in arrivo

Episodi

Ent. José Ángel Fernández do PP - Felicitación 2023 30.12.2022

Esta mañá compartimos uns minutos con José Ángel Fernández voceiro do PP na corporación municipal de Tui. Deixounos o seu balance deste ano, os desexos e a felicitación 2023.

Ent. Christian Villaverde, xornalista - proxecto “O val de Tebra: os fíos da historia” 28.12.2022

O Centro Social Fuscalho na Guarda acollerá mañá ás oito da tarde a presentación do proxecto “O val de Tebra: os fíos da historia” do xornalista Christian Villaverde. O acto está organizado pola Asociación Xuliva.

Ent. José Manuel Martínez, José Manuel Solleiro, Vicente Álvarez e Eloy Carrera - Concerto de Fin de ano de Tui 27.12.2022

Innovación, ilusión, unión ...son parte dos elementos que estarán este venres, ás 20.30 h no concerto de Fin de Ano no Teatro Municipal. Así nolo contaron esta mañá os representantes da catro agrupacións que van participar - as corais do Centro Sociocomunitario, Ponte das Febres e San Telmo e a Banda de Música Popular de Tui - no programa Día a Día. A cita musical comezará ás 20.30 h e as entradas...

Ent. Rafael Estévez, concelleiro de Deportes, e Laura González, do Club de Atletismo Tui - I San Silvestre 26.12.2022

Este mércores día 28 remata o periodo de inscricións para participar na primeira San Silvestre de Tui, “Correr e Andar”, que se celebrará este sábado día 31. Hoxe pasaron pola nosa sintonía Rafael Estévez, o concelleiro de Deportes, e Laura González Solla, en representación do Club de Atletismo de Tui.

Ent. Verónica Tourón, alcaldesa de Salceda de Caselas - Felicitación Nadal 2022 23.12.2022

A alcaldesa de Salceda de Caselas, Verónica Tourón, acompañounos esta mañá para facer balanzo deste ano e deixarnos a súa felicitación para estas festas.

Ent. Antonio Lomba, alcalde da Guarda - Felicitación Nadal 2022 23.12.2022

O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, deixounos hoxe tamén a súa felicitación para este Nadal, e fixo balance deste ano que está a piques de rematar.

Ent. Ánxela Fernández, alcaldesa de O Rosal - Felicitación Nadal 2022 23.12.2022

Hoxe puidemos falar coa alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández, sobre o acadado este ano 2022, facendo balance de obxectivos. Amais, quixo desexar aos rosaleiros e rosaleiras unhas felices festas.

Ent. Sandra González, alcaldesa de Tomiño - Felicitación Nadal 2022 23.12.2022

Esta mañá falamos con Sandra González, alcaldesa de Tomiño, para facer balance deste ano 2022, e desexar aos e ás tomiñesas os seus desexos para este Nadal.

Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Felicitación Nadal 2022 23.12.2022

Esta mañá falamos con Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui, para facer balance deste ano 2022. Tamén nos deixou a súa felicitación de Nadal para os veciños e veciñas tudenses.

Ent. Aloia Martínez, directora de Mistura Vocal; e Eva e Juancho García, directores técnicos - Concerto Maxicamente 22.12.2022

Mañá hai unha nova cita musical no Teatro Municipal de Tui: será o concerto de Nadal da Eurocidade “Maxicamente”, que ofrecerán o coro Mistura Vocal, Vocalis Contrasta e o cuarteto de jazz Kasual Quartet. Hoxe falamos coa directora de Mistura Vocal, Aloia Martínez, e cos directores técnicos e artísticos do espectáculo, Eva e Juancho García.

Ent. Muhad, refuxiado marroquí; Luís Rolán, de Veigas do Miño; e Vanesa Rodríguez, de Diversidades Acolle 22.12.2022

Muhad é un rapaz marroquí que chegou a Tui en outubro de 2021 buscando asilo. A súa é unha historia de superación que culmina coa consecución dun emprego en Veigas do Miño. Hoxe falamos con el, con Luís Rolán, xerente de Veigas do Miño, e Vanesa Rodríguez, traballadora social de Diversidades Acolle.

Ent. Ciano Valcárcel, xerente da Asociación San Xerome Emiliani - 2 millóns de euros da Xunta para Fogares SanXe 21.12.2022

O proxecto Fogares SanXe da Asociación San Xerome Emiliani da Guarda vai recibir 2 millóns de euros Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia. Este proxecto permitirá construir 30 fogares inclusivos no antigo colexio das Carmelitas na Guarda, onde 60 persoas con discapacidade poderán desenvolver a súa vida de forma independente sen ter que vivir nunha residencia. Hoxe falamos...

Ent. Xacobe Morais, coordinador da Quinta Futsal, e Santiago Rodríguez, adestrador - Xornadas de formación 21.12.2022

Falamos de deporte e tamén de formación, porque a Quinta de Tui organiza dúas xornadas de formación para adestradores e xogadoras, este venres 23 e o vindeiro xoves día 29. Hoxe pasaron pola nosa sintonía Xacobe Morais, coordinador da Quinta Futsal, e Santiago Rodríguez, adestrador, para explicar todos os detalles destas xornadas.

Ent. Rubén López, director do Conservatorio de Música de Tui - Concerto de Nadal 21.12.2022

O Teatro Municipal de Tui acolle hoxe ás 20 h o primeiro dos tres concertos previstos dentro da programación Tui, o Camiño do Nadal. O alumnado do Conservatorio Elemental, Profesional e da Escola de Música de Tui será o encargado deste primeiro evento musical, no que música e solidariedade irán da man. Rubén López, o director do Conservatorio de Música de Tui, explicaba hoxe na nosa sintonía que a...

Ent. Mónica Crisóstomo, Ideas Peregrinas, e Ana Carpinteiro e Fran García, Somos Océano - Calcetíns peregrinos 20.12.2022

Hoxe falamos de sinerxias entre empresas tudenses, porque Somos Océano e Ideas Peregrinas lanzaron un deseño de calcetíns peregrinos que xa están á venda en Ideas Peregrinas. Hoxe falamos con Mónica Crisóstomo, deste esteblecemento, e con Ana Carpinteiro e Fran García, de Somos Océano.

Ent. Iván Carral, xerente Avatel - Recibimento de Papá Noel 20.12.2022

Este venres, a tenda de Avatel na rúa Compostela de Tui acollerá a Papá Noel para que se poidan achegar todos os nenos e nenas a facer as súas peticións e levarse unha fotografía de recordo grazas a Xesús Fotógrafo.

Ent. Cristina Correa, alcaldesa de Oia - Incidencia debido ao temporal de vento e choiva 20.12.2022

A intensa choiva e o vento rexistrados nas últimas horas deixaron indundacións e arrastres en estradas no concello de Oia. Así o explicaba a súa alcaldesa, Cristina Correa, quen facía un chamamento a circulación con precaución tanto na estrada de Oia a Baiona, coma até Burgueira.

Club de Emprego - Balance do Servizo Municipal de Orientación 19.12.2022

Hoxe no tempo do Club de Emprego fixemos balance da actividade desenvolvida ao longo do ano polo Servizo Municipal de Orientación coa concelleira de Formación e Emprego, Ana Núñez, e coa técnica Alexandra Lago. Tamén avanzaron os proxectos para 2023.

Sección Anarela - A identidade da miña voz 19.12.2022

"A Identidade da miña voz" foi o tema que abordamos hoxe no tempo quincenal do centro Anarela coas súas logopedas Sara Paramos e Nerea Álvarez. Con elas coñecemos que é a voz, como podemos cambiala, e en que consisten as sesións logopédicas para facelo.

Ent. Antonio Lomba, alcalde da Guarda - 1 millón de euros para o Plan de Sustentabilidade Turística en Destino 19.12.2022

O Concello da Guarda recibirá un millón de euros para o seu plan de Sustentabilidade Turística en Destino 2022, financiado integramente con fondos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, explicaba polo miúdo en que consiste esta subvención e as actuacións que conlevará para o municipio.

Ent. Mané Villa, presidente da Asociación Antonio Fernández - Libro Antonio, o pintor 16.12.2022

Con motivo do 50 aniversario da morte de Antonio Fernández a asociación que leva o seu nome en Goián editou un libro titulado “Antonio, o pintor” con textos de Sara Quintana e ilustracións de Polo Correo do Vento. Debido á pandemia a súa publicación retratouse até este ano, e agora está xa nas librarías. Falounos do libro Mané Villa, presidente da Asociación Antonio Fernández de Goián.

Ent. Carolina Figueroa do CPA Ribex - Exhibición de Nadal 16.12.2022

O domingo ás 18 h o Club de Patinaxe Artística Ribex organiza a súa exhibición de Nadal no pavillón Gustavo Rodríguez, na que contarán tamén coa visita de Papa Noel. Deunos todos os detalles Carolina Figueroa.

Ent. Sandra González, alcaldesa de Tomiño - Axudas europeas 16.12.2022

O Concello de Tomiño recibirá axudas europeas para o seu proxecto A Tenda, unha axuda do POCTEP e tamén axudas da Rede Ágora para a redacción e execución de seis novos proxectos de recuperación de espazos públicos e creación de sendas peonís e ciclables no municipio. Sobre estas subvencións falamos coa súa alcaldesa, Sandra González.

Ent. Inmaculada Rodríguez, coordinadora de Protección Internacional en Diversidades - Exposición dez anos 16.12.2022

Diversidades Acolle inaugura unha exposicion no Edificio Francisco Sánchez coa que celebra 10 anos traballando en Galicia pola inclusión, especialmente das persoas migrantes. Dende hai 3 anos a entidade conta cun centro de acollida aqui en Tui, e hoxe falamos coa coordinadora de Protección Internacional en Diversidades, Inmaculada Rodríguez.

Ent. Mari Carmen Álvarez, xerente da tenda El Armario de Tita 15.12.2022

Actualmente, co auxe de diversas aplicacións móbiles, estase a vivir unha crecente tendencia de compra e venda de roupa de segunda man. En Tui existe, dende hai dez anos, a tenda El Armario de Tita, rexentado por Mari Carmen Álvarez.

Ascolta il podcast Día a Día su Replaio

Radio e podcast in un'unica app - gratis e senza registrazione. Installala oggi e non perderti il lancio

Scaricala su Google Play

Replaio non è un editore di podcast; i nomi dei programmi, le copertine e l'audio appartengono ai rispettivi autori e vengono distribuiti tramite feed RSS pubblici