Radio Municipal de Tui

Día a Día

News GL ↓ 6505 episodi

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...

Visita il sito del podcast e sostieni chi lo crea: www.ivoox.com

Autore

Radio Municipal de Tui

Categoria

News

Sito del podcast

www.ivoox.com

Ultimo episodio

13 ott 2026

Dove ascoltare?

I podcast nell'app Replaio Radio In arrivo

I podcast stanno per arrivare nell'app. Installala ora e scopri per primo un modo tutto nuovo di vivere i podcast

Scaricala su Google Play Installala gratis Android quasi 10 mln di download · valutazione 4,8 iOS in arrivo

Episodi

Ent. Rosa María Vila, artista tudense - Presentación libro 'Historias en pedra, Tui e as súas parroquias' 01.02.2023

‘Historias de pedra, Tui e as súas parroquias’ é o título do libro de Rosa María Vila, artista tudense que recolle nas súas páxinas máis de 20 debuxos de Tui e das parroquias. Este venres día 3, ás 19 h, o edificio Francisco Sánchez acollerá a presentación deste libro, á venda nas librerias tudenses. Hoxe mantivemos unha entrevista con Rosa María Vila na que destacou que esta idea naceu na pandemi...

Ent. Alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro - Constitución REDCOT, visita Secretaria de Estado de Comercio e novo CCPA. 31.01.2023

Hoxe mantivemos unha entrevista co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, sobre a sinatura do Acordo de Constitución da Rede España-Portugal de Cooperación Transfronteiriza, para o que viaxará mañá a Lisboa; sobre a visita da Secretaria de Estado de Comercio no día de onte a Tui; e sobre o proceso de licitación da construcción do novo Centro de Cooperación Policial e Aduaneiro.

Ent. Aurora Camacho e Rosi Camacho, de Usados Camacho, en Valença - Roupa de segunda man e solidariedade. 30.01.2023

Usados Camacho é unha tenda de roupa e enseres de segunda man que está en Valença, na avenida Sá Carneiro. Aurora e Rosi Camacho explicaron hoxe como funciona o seu establecemento, con roupa donada por particulares e asociacións, e con prezos simbólicos dende 50 cts a 2 euros. Tamén desempeñan un labor solidario donando o que se precise. Os teléfonos de contacto son 654 61 92 63 ou co portugués, 0...

Ent. Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura - Programación teatral. 27.01.2023

Seis espectáculos conforman a programación teatral dos meses de febreiro e marzo no Teatro Municipal de Tui. Haberá tres obras de teatro, dúas para público adulto e unha para público infantil, celebrarase o undécimo aniversario da Eurocidade Tui-Valença cun concerto, a maxia chegará con perspectiva de igualdade e proxectarase o filme ‘Canta 2’. Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura, explicounos...

Concerto solidario en favor de Cáritas en Ribadelouro 27.01.2023

Este domingo terá lugar na igrexa de Santa Comba de Ribadelouro un concerto solidario en favor de Cáritas. Acturán a Coral Ponte das Febres, o Coro Infantil CEIP de Pazos de Reis e a Coral Polifónica San Roque de Vigo. A entrada será un quilo de alimentos non perecedoiros.

Coñecemos o novo proxecto cinematográfico da Asoc. Cultural Enfoques: Ventura 27.01.2023

Até este domingo está a ter lugar en Tui unha residencia cinematográfica dun novo proxecto da Asociación Cultural Enfoques chamado Ventura. Trátase dunha plataforma de traballo para que directores e productores presenten as súas propostas a profesionais do sector audiovisual.

Ent. Antonio Lomba, alcalde da Guarda - Inauguración pavillón A Sangriña. 26.01.2023

Unha entrada máis luminosa, aseos accesibles, un plan de evacuación e protección contra incendios ou o aumento dun 48% de aforo, son algunhas das melloras que se levaron a cabo no pavillón da Sangriña na Guarda. Este sábado terá lugar a inauguración, e hoxe falamos co alcalde guardés, Antonio Lomba, sobre estas obras de renovación, que tiveron un investimento de 1.870.000 €.

Ent. Uxío Benítez, director AECT Rio Minho - Proxecto 'Construir rexións transfronteirizas máis resilientes' 24.01.2023

O AECT Rio Minho é unhas das cinco rexións seleccionadas pola Dirección Xeral de Política Rexional e Urbana da Comisión Europea e pola Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económicos (OCDE), para participar no lanzamento do proxecto ‘Construír rexións transfronteirizas máis resilientes’. Hoxa valoramos esta participación co seu director, Uxío Benítez.

Ent. Eva Pazo, ANPA CEIP Pazos de Reis; Auri Fernández, ANPA do Colexio Maristas; e Jenny Rodríguez, ASANOG - Rastrillo 20.01.2023

Falamos agora de solidariedade, e facemos un balance do rastrillo solidario realizado o mes pasado polas ANPAS de todos os centros educativos de Tui no claustro do Seminario menor. Falamos con Eva Pazo, a presidenta da ANPA do CEIP de Pazos de Reis; Auri Fernández, da ANPA do Colexio Maristas Santa María; e con Jenny Rodríguez, de ASANOG.

Ent. Diego García Fontán, preparador físico e escritor do libro 'Cómo ser mejor deportista 16.01.2023

O tomiñés Diego García Fontán é preparador físico e actualmente traballa no CD Guadalajara da 2ªRFEF. Charlamos con el co seu recente libro, 'Cómo ser mejor deportista', e tamén da importancia da preparación física no deporte de élite.

Ent. Xosé López, mestre do IES Indalecio Pérez Tizón, e Paco Veiga, AGXP - "Xogos tradicionais para tempos de recollida" 13.01.2023

Hoxe ás 19.30 h presentarase na Biblioteca Municipal de Tui o libro “Xogos tradicionais galegos para tempos de recollida”, que foi elaborado durante a pandemia polo Observatorio do Patrimonio Lúdico Galego. Hoxe falamos con Xosé López, mestre do IES Indalecio Pérez Tizón, e Paco Veiga, da Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional.

Ent. Ricardo Rodríguez, adestrador de balonmán na Selección Galega cadete feminina - Prata no CESA 2023 13.01.2023

Ricardo Rodríguez é tudense e adestrador no BM Caselas. A pasada semana colgouse a prata no Campionato de España de Seleccións Autonómicas como parte do staff técnico da Selección Galega cadete feminina. Hoxe pasou pola nosa sintonía para relatarnos esa experiencia.

Ent. Rebeca Blanco, historiadora, docente e investigadora - Identificación dunha nova fortaleza do século XVII 12.01.2023

Unha nova fortaleza do século XVII foi identificada en Tomiño, precisamente en Taborda. Unha fortificación que acredita a importancia do Baixo Miño na guerra con Portugal. Hoxe falamos con Rebeca Blanco, investigadora que onte participou na presentación desta identificación.

Ent. Saba González, coordinadora de Butterfly Monitory Screen Galicia - Seguemento de bolboretas no Monte Aloia 12.01.2023

O Monte Aloia será un dos espazos naturais onde se vai desenvolver unha rede de seguemento de bolboretas impulsada pola Xunta de Galicia, e levado a cabo por voluntarios e voluntarias. Saba González, a coordinadora de Butterfly Monitory Screen Galicia, explica os detalles desta actividade.

Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Situación da Policía Local 12.01.2023

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, explicou esta mañá no programa Día a Día a situación na que está a policía local de Tui. A baixa de tres axentes e do inspector xefe provocou que o corpo quedase en servizos mínimos. En breve agardan incorporar cinco novos policías logo de completar a súa formación na Academia Galega de Seguridade.

Ent. Jesús Castiñeira, Escola de Hostelería Baixo Miño - Cursos e formacións. 11.01.2023

A Escola de Hostelería Baixo Miño ofrece formacións gratuítas que van dirixidas tanto para persoas desempregadas, como para autónomos e empregadas. Hoxe falamos con Jesús Castiñeira, da propia Escola, para explicar que cursos teñen activos.

Ent. Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura - Cabalgata de Reis e balance das actividades de Nadal 04.01.2023

Tui e Valença retomarán mañá a súa Cabalgata Internacional dos Reis Magos cun percorrido polas dúas cidades con recepción aos máis pequenos no Paseo da Corredoira. Hoxe puidemos falar con Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura, sobre este evento que pechará a programación de Nadal.

Ent. Antonio Lomba, alcalde da Guarda - Avaliación de desperfectos pola tormenta. 04.01.2023

A Guarda recibiu o luns a visita de Maica Larriba, a subdelegada do Goberno, e de Miguel García, o Xefe provincial de Costas da Xunta de Galicia, para valorar os danos provocados polas choivas da pasada fin de semana. Hoxe valoramos este encontro co alcalde, Antonio Lomba.

Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui, e José Manuel Carpinteira, presidente da Cámara de Valença 03.01.2023

Hoxe fixemos balance das incidencias que deixo a tormenta da pasada fin de semana con Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui, e José Manuel Carpinteira, presidente da Cámara de Valença.

Ent. Laureano Alonso de En Marea - Felicitación 2023 30.12.2022

Dende En Marea o seu voceiro na corporación municipal de Tui, Laureano Alonso, fixo hoxe balance deste 2022, e nos deixou os seus desexos e felicitación para 2023.

Ent. José Manuel Palacín de C21 - Felicitación 2023 30.12.2022

José Manuel Palacín voceiro de C21 na corporación municipal deixounos hoxe a súa felicitación para 2023, deunos conta dos seus desexos para o novo ano e tamén fixo balanzo deste 2022.

Ent. Carmen Núñez do BNG - Felicitación 2023 30.12.2022

Carmen Núñez, voceira do BNG, acompañounos tamén esta mañá para facer balance deste 2022 e dar conta dos retos para o próximo ano. Tamén nos deixou a súa felicitación.

Ent. José Ángel Fernández do PP - Felicitación 2023 30.12.2022

Esta mañá compartimos uns minutos con José Ángel Fernández voceiro do PP na corporación municipal de Tui. Deixounos o seu balance deste ano, os desexos e a felicitación 2023.

Ent. Christian Villaverde, xornalista - proxecto “O val de Tebra: os fíos da historia” 28.12.2022

O Centro Social Fuscalho na Guarda acollerá mañá ás oito da tarde a presentación do proxecto “O val de Tebra: os fíos da historia” do xornalista Christian Villaverde. O acto está organizado pola Asociación Xuliva.

Ent. José Manuel Martínez, José Manuel Solleiro, Vicente Álvarez e Eloy Carrera - Concerto de Fin de ano de Tui 27.12.2022

Innovación, ilusión, unión ...son parte dos elementos que estarán este venres, ás 20.30 h no concerto de Fin de Ano no Teatro Municipal. Así nolo contaron esta mañá os representantes da catro agrupacións que van participar - as corais do Centro Sociocomunitario, Ponte das Febres e San Telmo e a Banda de Música Popular de Tui - no programa Día a Día. A cita musical comezará ás 20.30 h e as entradas...

Ascolta il podcast Día a Día su Replaio

Radio e podcast in un'unica app - gratis e senza registrazione. Installala oggi e non perderti il lancio

Scaricala su Google Play

Replaio non è un editore di podcast; i nomi dei programmi, le copertine e l'audio appartengono ai rispettivi autori e vengono distribuiti tramite feed RSS pubblici