Radio Municipal de Tui

Día a Día

News GL ↓ 6508 episodi

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...

Visita il sito del podcast e sostieni chi lo crea: www.ivoox.com

Autore

Radio Municipal de Tui

Categoria

News

Sito del podcast

www.ivoox.com

Ultimo episodio

14 ott 2026

Dove ascoltare?

I podcast nell'app Replaio Radio In arrivo

I podcast stanno per arrivare nell'app. Installala ora e scopri per primo un modo tutto nuovo di vivere i podcast

Scaricala su Google Play Installala gratis Android quasi 10 mln di download · valutazione 4,8 iOS in arrivo

Episodi

Ent. Leandro Nogueira, Nam Arquitectos, Jorge Enríquez e Adrián Pinaque, estudo Arqxé - Premios Gran de Area 2022 14.12.2022

Dous proxectos executados en Tui están entre os 16 galardoados na edición deste 2022 dos premios Gran de Area do Colexio de Arquitectos de Galicia. Presentáronse un total de 63 candidaturas. Hoxe falamos con tres dos catro arquitectos galardoados: Leandro Nogueira, que conforma Nam arquitectos con Ángel Manuel Matilla, e con Jorge Enríquez e Adrián Pinaque, do estudo Arqxé.

Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Concesión de fondos para reforma do Mercado Municipal 13.12.2022

Tui recibirá 1 millón 300 mil euros para a reforma e modernización do Mercado Municipal e a súa contorna. O alcalde, Enrique Cabaleiro, quixo destacar na nosa sintonía a importancia deste proxecto para o sector comercial da cidade.

Ent. Ciano Valcárcel, San Xerome da Guarda - Fogares Sanxe 12.12.2022

A Asociación San Xerome Emiliani da Guarda leva anos traballando pola mellora das condicións de vida de persoas con algunha discapacidade e tamén das súas familias. Hoxe falamos sobre o seu novo proxecto, Fogares Sanxe, que ten por obxectivo facilitar ás persoas con discapacidade e ás súas familias unha solución residencial que non sexa unha residencia. Ciano Valcárcel, o xerente do centro, explic...

Ent. Eva Pazo, presidenta ANPA CEIP Pazos de Reis - Rastrillo solidario. 09.12.2022

Hoxe comeza o Rastrillo Solidario a favor de Asanog, a Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia, no claustro do Seminario Menor de Tui. Hoxe estará aberto de 17 h a 21 h e tanto mañá sábado coma o domingo estará aberto de 11 h a 14 h e de 17 h a 21h. Está organizado por todas as ANPAS de Tui. Hoxe falamos con Eva Pazo, presidenta da ANPA do CEIP Pazos de Reis, quen adiantaba as sorpresas...

Ent. Generoso Cadilla - Belén benéfico na Guarda. 09.12.2022

Nestas datas de Nadal son numerosos os beléns curiosos e chamativos que hai na comarca. Hoxe falamos dun deles que se atopa precisamente na Guarda, e que ten a particularidade de ser solidario. 20 metros cadrados de belén son os que Generoso Cadilla elabora coidadosamente cada ano dende hai máis de 15.

Ent. José Martínez Tato de Anda Tui - IX Camiñada Solidaria 09.12.2022

O domingo 18 de decembro celebrarase a IX Camiñada Solidaria organizada polo club Andatui en favor de SOS Tomiño Baixo Miño. Sairá ás 10 h da capela de san Xiao, no monte Aloia para percorrer a muralla ciclópea. Para participar é preciso aportar un ou varios quilos de alimentos non perecedoiros. A visita será guiada e comentada polo historiador tudense Rafael Sánchez Bargiela e o arqueólogo tudens...

Ent. Eloy Carrera, director da Banda de Música Popular de Tui, e Manuel Madarnás, trompetista - Actividades da Banda 07.12.2022

A Banda de Música Popular de Tui está a organizar diversas actividades para estas datas de Nadal, entre as que destacan un campamento para os nenos e nenas de Tui e un curso de trompeta o próximo mes de xaneiro. Sobre estas iniciativas falamos hoxe con Eloy Carrera, director da banda, e co trompetista Manuel Madarnás.

Ent. Juan González e José Quinteiro, presidentes de Protección Civil e SOS Tomiño Baixo Miño - Concerto solidario. 07.12.2022

Este sábado día 10 terá lugar un concerto solidario organizado pola Agrupación de Protección Civil de Tui en favor da Asociación SOS Tomiño Baixo Miño. Comezará ás 18:00 h no Teatro Municipal de Tui, e contará coas actuacións da Agrupación Musical de Goián, da Banda de Música Popular de Tui e dos artistas tomiñeses Iker Faure e Noemí Fernández. A entrada será a entrega dun quilo de comida.

Ent. Ana Núñez, concelleira de Comercio, Igualdade e Emprego -Mercado e campamentos de Nadal 05.12.2022

Dende hoxe ás cinco da tarde estará aberto o Mercado de Nadal de Tui até o 5 de xaneiro no Paseo da Corredoira. Haberá postos de artesanía, gastronomía, produtos de agasallo e decoración. É só unha das citas do Nadal en Tui xunto a música, gastronomía, luces e campamentos para os máis pequenos. Así nolo contou Ana Núñez, concelleira de Comercio, na nosa sintonía.

Ent. José Manuel Palacín de C21 - Elixido Novo presidente de Converxencia 21 05.12.2022

Converxencia 21 confirma que se presentará ás eleccións municipais en Tui o próximo ano, aínda que oficialmente non está designado o candidato. Así o confirmou o novo presidente da formación liberal, José Manuel Palacín, quen tamén avanzou a súa intención de optar a ser candidato, aínda que a decisión será do partido. Así o sinalaba esta mañá na nosa sintonía.

Ent. Alumnado do CEIP nº1 - Mercadillo de Nadal 05.12.2022

O alumnado de 6º de Primaria do CEIP nº1 abriu unha pequena tenda no Paseo da Corredoira, detrás do Palco da Musica onde vende produtos vinculados ao Nadal elaborados por eles mesmos e as súas familias. Dende o pasado venres e até este proximo domingo dia 11 terán á venda as súas creacións. O obxectivo é recadar cartos para a excursion de fin de curso a Madrid pero tamén doaran parte do obtido. As...

Ent. Asociación Musical Sendeiro - Certame Música do Nadal e de Sempre en Pexegueiro 02.12.2022

Este domingo ás 17h, a Asociación Musical Sendeiro organiza no centro cultural de Pexegueiro o certame Música do Nadal e de Sempre. Participarán a asociación Rondalla do Mosteiro, a Coral Ponte das Febres e o grupo de gaitas O Mosteiro e Asociación Sendeiro.

Ent. Rafael Estévez, concelleiro de Deporte - X Gala do Deporte de Tui 02.12.2022

Esta tarde, ás 20.30h no Teatro Municipal de Tui, terá lugar a X Gala do Deporte tudense. Esta mañá falamos co concelleiro de Deportes, Rafael Estévez, que detallaba en que consistirá o acto, balance destes dez anos e algunha sorpresa preparada.

Ent. Violeta de Santiago, voceira PSdG-PSOE en Tomiño - Pleno ordinario 02.12.2022

Falamos con Violeta de Santiago, voceira PSdG-PSOE en Tomiño, sobre a decisión do seu grupo de abandonar onte o Pleno ordinario ante o califican de "prepotencia institucional".

Ent. Sandra González, alcaldesa de Tomiño - Pleno aprobación orzamentos 02.12.2022

Onte Tomiño celebrou pleno ordinario para aprobar os orzamentos que rexerán o próximo exercicio do 2023. Falamos coa alcaldesa tomiñesa, Sandra González, para coñecer polo miúdo os acordos desa sesión plenaria e a súa valoración destes presupostos.

Ent. Conchi Martínez Aguilera, Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Tui - Concentración hoxe ás 20 h 30.11.2022

Hoxe mércores as Plataformas en Defensa da Sanidade Pública mobilízanse en toda Galicia en Defensa da atención Primaria. Aquí en Tui a concentración será ás 20 h diante do Centro de Saúde. Conchi Martínez Aguilera, voceira da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Tui, exlicaba os obxectivos desta concentración, na que tamén recollerán sinaturas en apoio da Iniciativa Lexislativa Popular na...

Ent. Alumnado de IES de Italia - Intercambio co IES Indalecio Pérez Tizón 29.11.2022

O IES Indalecio Pérez Tizon realiza un ano mais un intercambio cun instituto italiano. Esta semana preciasmente están en Tui , e no programa a Dia a Dia contáronnos coma esta a ser experiencia.

Ent. Victoriano Ordóñez e José Besada - Concentración de coches clásicos en Tui 25.11.2022

O Paseo da Corredoira acollerá este domingo unha concentración de coches clásicos que estarán aparcados no céntrico paseo entre ás 11 h e ás 17 h. Victoriano Ordóñez e José Besada, dous dos organizadores explicaba hoxe que participarán, entre outros, Mercedes, SEAT 1400, Gordinis, Citroen Palas, Triumph, o Citroen 11 ligero,... entre outros. Hai 90 persoas inscritas.

Moisés Rodríguez, deputado - Mártires de Sobredo e Ponte nas Ondas. 25.11.2022

O Parlamento de Galicia ten aprobado nas últimas xornadas dúas declaracións institucionais, unha sobre os Mártires de Sobredo e outra de apoio á asociación sociopedagóxica Ponte Nas Ondas. Falamos destas iniciativas co deputado tudense Moisés Rodríguez.

Anabel Solla, presidenta de AMEI - APP Galegas con Recursos 25.11.2022

Galegas con recursos é o nome da APP realizada por AMEI Tui, Mulleres en Igualdade de Tui, e na que recollen todos os recursos existentes en Galicia a dispor das mulleres. Hoxe a presidenta de AMEI, Anabel Solla, explicounos coma foi este traballo e tamén coma é o funcionamento da aplicación dispoñible xa na Play Store.

Ent. ANPAS Maristas e CEIP Pazos de Reis, e Marcos Fernández, vicepresidente de ASANOG - Rastrillo solidario. 24.11.2022

Os vindeiros 9, 10 e 11 de decembro as ANPAS de Tui organizan un rastrillo solidario, que na súa terceira edición contará coa colaboración das 13 ANPAS do concello de Tui. Hoxe estiveron na nosa sintonía Eva Rodríguez, da ANPA do colexio Maristas Santa María; Eva Pazo, do CEIP de Pazos de Reis; e Marcos Fernández, vicepresidente de ASANOG.

Ent. Justi Peixoto, organizador e comunicación da VI Urban Trail Night Eurocidade 24.11.2022

Este sábado ás 20.30h arranca a sexta edición da Urban Trail Night Eurocidade Tui-Valença. Hoxe falamos con Justi Peixoto, un dos organizadores, para falar deses últimos detalles dunha proba que terá dous percorridos de 8 e 16 quilómetros.

Ent. Manuel Domínguez, xerente de Granxatrans - Desbordamento río Louro 23.11.2022

Hoxe falamos con Manuel Domínguez, o xerente da empresa Granxatrans, quen explicou que son cinco as empresas ás que hoxe non puideron acceder polas inundacións. Apuntaba ademais que existen moitos factores que, cada ano, provocan estes desbordamentos.

Ent. Candido Pazó, director de teatro - 'Cigarreiras' no Teatro Municipal de Tui 23.11.2022

'Cigarreiras' pechará este venres ás 21.30h o ciclo de outono no Teatro Municipal de Tui. Esta mañá falamos co seu director, Cándido Pazó, que destacaba o argumento, baseado nunha obra de Emilia Pardo Bazán, e o revolucionario da súa mensaxe.

Ent. Alberto González, chef tudense - Estrela Michelín 2023 para o restaurante Silabario 23.11.2022

O tudense Alberto González, á fronte do restaurante Silabario en Vigo, manterá a súa Estrela Michelín para o 2023. Xa lle fóra concedida neste ano e deste xeito o chef é recoñecido polo seu traballo e a súa aposta polo producto de proximidade.

Ascolta il podcast Día a Día su Replaio

Radio e podcast in un'unica app - gratis e senza registrazione. Installala oggi e non perderti il lancio

Scaricala su Google Play

Replaio non è un editore di podcast; i nomi dei programmi, le copertine e l'audio appartengono ai rispettivi autori e vengono distribuiti tramite feed RSS pubblici