Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
No dejes de visitar la web del podcast y apoyar a su creador: www.ivoox.com
Autor
Radio Municipal de Tui
Categoría
Web del podcast
Último episodio
27 de nov. de 2026
¿Dónde escuchar?
Podcasts en la app Replaio Radio Muy prontoLos podcasts llegarán muy pronto a la app. Instálala ahora y sé el primero en descubrir una forma totalmente nueva de vivir los podcasts
Episodios
Espazo Comercio | Sorteo campaña 30 aniversario 20.10.2026 6:59
Este xoves ACITUI celebra o sorteo da súa campaña especial do 30 aniversario. Será nun acto aberto á cidadanía no Mercado de San Antonio dende as 10 h. Serán 30 vales gañadores de 30 euros cada un. Deunos hoxe os detalles Pepe Míguez, presidente de ACITUI, no Espazo Comercio.
Ent. Rafael Estévez, Óscar Silva e André Fernandes | 2 Leguas da Eurocidade 20.10.2026 10:13
Este domingo 25 de outubro celébrase a cuarta edición de 2 Leguas, a proba de 10 quilómetros que transcorrerá entre Tui e Valença, por lugares coma a vella Ponte Internacional, a fortaleza de Valença ou o conxunto histórico tudense. Haberá outras probas coma a mini-Legua de 500 metros para participantes de 7 a 11 anos, e a “Leguaziña” de 1,5 kms para os que teñan entre 12 e 17 anos, amais de unha...
Ent. Pablo Fernández, delegado territorial da Xunta en Pontevedra - CEIP de Pazos de Reis e orzamentos 2027 20.10.2026 10:03
A Xunta de Galicia licitará en novembro o proxecto de execución da reforma do CEIP de Pazos de Reis e nos orzamentos de 2027 reserva unha partida dentro do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica para a execución deste proxecto. Así o afirmou na nosa sintonía o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Pablo Fernández. Tamén se referiu ás actuacións previstas nos orzamentos da Xunta de 2027 no Bai...
Raíces e vangarda | Arroz de bogavante 19.10.2026 12:20
Hoxe na sección Raíces e vangarda o chef Judicael Romero deu trucos e consellos para conseguir un arroz de bogavante de restaurante. Falamos con el tamén sobre o Campionato de Tapas de Galicia que mañá martes se celebra en Ourense, e no que vai participar xunto a David Rull.
Ent. Eloy Carrera, director da Banda de Música Popular de Tui | Concerto Santa Icía 2026 19.10.2026 5:04
A Banda de Música Popular de Tui celebrará o seu Concerto de Santa Icía homenaxeando a Nino Bravo e con Serafín Zubiri como artista convidado. Será o sábado 21 de novembro ás 19 h no Teatro Municipal de Tui. Eloy Carrera, director da Banda de Música Popular de Tui, deu hoxe información sobre a venda de entradas, que xa vai a moi bo ritmo.
Ent. Carmen García, coordinadora de Atención ao Paciente e Usuario da AECC | Día de Loita contra o Cancro de Mama 19.10.2026 9:21
Hoxe 19 de outubro conmemórase o Día Internacional de Loita contra o Cancro de Mama. Con este motivo entrevistamos a Carmen García, coordinadora de Atención ao Paciente e Usuario da Asociación Española Contra o Cancro. Con ela conversamos sobre a importancia da detección precoz, unha atención humana e integral e cifras de supervivencia.
Ent. Conchi Regueiro, escritora e membro da organización da TuidCon | Hoxe comeza a TuidCon Hispacon 16.10.2026 13:18
Hoxe venres ás 16 h inaugúrase a Tuidcon HispaCon, a convención da literatura fantástica que se vai celebrar en Tui até este domingo. Será en tres espazos: a Sala Municipal de Exposicións no edificio Francisco Sánchez, o Espazo Sociocultural, e o edificio da Praza da Inmaculada. Conferencias, mesas redondas, unha feira editorial, xogos de rol, cosplay... forman parte do programa previsto coma hoxe...
Ent. Rodrigo Almeida e Noel Claro, de Xuventude de Vilameán | XXXV Festa do Carballo 15.10.2026 4:02
Castañas, múica, xogos populares, inchables e verbena será o que este sábado 17 se vivirá na Festa do Carballo que organiza Xuventude de Vilameán. Este magosto “ao grande”, como definen os seus organizadores, cumpre este ano 35 edicións cunha programación especial durante toda a xornada. Así nolo contaron na nosa sintonía Rodrigo Almeida e Noel Claro, membros da organización.
Ent. Ismael Felgueiras e Vilo López, de Amigos da Festa de Rebordáns | III Terrordáns 15.10.2026 4:28
Até mañá venres está aberto o prazo de inscrición para a andaina nocturna Terrordáns, que organiza a comisión Amigos da Festa de Rebordáns. Será este sábado 17 ás 21.30 h dende o torreiro de festas, e a inscrición inclúe chocolate con rosca e queimada ao remate. O prezo é de 6€, e gratuíta para menores de 12 anos. Ademais, o próximo 7 de novembro volven os bingos semanais. Así nolo contaron hoxe I...
Ent. Yoli Lorenzo, actriz | Espectáculo Dedín, dedín, dedal 15.10.2026 5:40
Mañá venres ás 19 h a cita no Teatro Municipal de Tui será co público familiar. Malasombra Producións presentará "Dedín, dedín, dedal", un espectáculo musical para rir e bailar. As entradas están á venda en tui.gal aos prezos de 4€ e 3€. Yoli Lorenzo, quen xunto a Brais Iriarte dá vida a esta función, animou hoxe ás familias a achegarse ao teatro.
Ent. Julieta Alacino, de Alalá Cooperativa Galega | IX Xornadas de Educación Ecosocial 14.10.2026 8:48
Esta fin de semana celébranse as IX Xornadas de Educación Ecosocial, organizadas por Alalá Cooperativa Galega en colaboración con FUHEM. Serán dous días, o sábado 17 e o domingo 18, con actividades en Tomiño e no Monte Aloia. Van dirixidas aos centros educativos da comarca, e a participación é gratuíta, tal e coma hoxe explicou Julieta Alacino, de Alalá Cooperativa Galega.
Ent. Fátima García Doval, pedagoga | Exposición "O sentido de Alicia" 14.10.2026 9:39
Hoxe mércores ás 19.30 h a Biblioteca Municipal de Tui acolle a inauguración da exposición "O sentido de Alicia", cunha escolma de 90 elementos da colección de Fátima García Doval sobre o libro de Lewis Carrol "Alicia no país das marabillas". Esta mostra poderá visitarse dende hoxe até o 10 de xaneiro de 2027. Fátima García, pedagoga, contounos hoxe algunhas curiosidades das pezas que poderemos vi...
Ent. Lola Robles, escritora | TuidCon HispaCon 2026 14.10.2026 12:10
A escritora Lola Robles estará presente na TuidCon HispaCon 2026 esta fin de semana en Tui. Ofrecerá a charla "A nosa propia Historia" e moderará o encontro entre Rosa Montero e Mafalda Santos, ambas actividades o sábado 17 no Espazo Sociocultural. Hoxe conversamos con Lola Robles sobre esta convención e os seus libros.
Ent. Pedro García Bilbao, sociólogo e escritor | TuidCon HispaCon 2026 13.10.2026 12:43
Esta fin de semana celébrase en Tui a TuidCon HispaCon 2026, con máis de 40 actividades. Unha delas será a Aznarcon, que hoxe coñecemos cun dos seus impulsores, o sociólogo e escritor Pedro García Bilbao.
Espazo Comercio | Martes 13 de outubro Ferretui 13.10.2026 3:31
No tempo do Espazo Comercio que cada martes abrimos en colaboración con ACITUI, hoxe recibimos a Eduardo Dacuña de Ferretui. Nesta céntrica ferretería tudense contan con maquinaria, ferramentas e produtos para distintos labores que chegan co outono como é a poda ou a invernaxe das piscinas, entre outros.
Ent. Xurxo Faral, director de Noitebras Teatro | Casting musical Xesucristo Superstar 09.10.2026 7:16
O grupo de teatro amador Noitebras busca voces masculinas e femininas para o seu primeiro musical. Con Xesucristo Superstar iniciaranse neste xénero, e necesitan persoas que queiran participar del. Así nolo contou hoxe Xurxo Faral, director e actor de Noitebras Teatro.
Ent. Inma López, escritora | Presentación libro "Despois de san Castelao" editorial Moléculas 09.10.2026 9:26
A escritora Inma López presenta o próximo xoves 15 en Tui o seu novo libro "Despois da san Castelao", publicado coa recén creada editorial Moléculas. O acto, ao abeiro do Mes da Biblioteca, será no Espazo Sociocultural ás 20 h, no que tamén se presentará a editorial tudense. Coñecemos detalles hoxe coa escritora.
Ent. Carlos Fer, artista | Presentación catálogo de Relicario 09.10.2026 7:28
Hoxe venres ás 18 h preséntase na Capela das Reliquias da Catedral de Tui o catálogo de Relicario, a intervención artística do tudense Carlos Fer que se pode visitar no templo catedralicio até o 30 de novembro. Conversamos hoxe co artista sobre este catálogo, a súa tese doutoral e próximos proxectos.
Ent. Ana Núñez, concelleira de Tui; e Eva Gil, de Galicia Suroeste | Programación Espazos Efémeros 09.10.2026 12:23
A creatividade e o produto local serán os protagonistas de Espazos Efémeros, que dende hoxe venres e até o luns se vai celebrar no edificio da praza da Inmaculada de Tui. Dezaoito postos de venda, obradoiros demostrativos e música será o que haberá nestes Espazos, con entrada libre. Así nolo contaron hoxe Ana Núñez, concelleira Comercio e Turismo; e Eva Gil, de Galicia Suroeste
Ent. Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura, Ensino e Mocidade | Concerto inicio do curso e CEIP de Pazos de Reis 09.10.2026 5:53
O Teatro Municipal de Tui acollerá mañá ás 20 h o concerto inaugural do curso académico 2026/27 da man da Big Band do Conservatorio. Deste evento daba conta na nosa sintonía a concelleira de Cultura, Ensino e Mocidade, Sonsoles Vicente. Por outra parte a concelleira amosou o apoio do Concello de Tui á reivinvicación da ANPA e a comunidade educativa do CEIP de Pazos de Reis que solicita unha reform...
Ent. Rubén López, director do CMUS; e Jacobo González, director da Big Band | Concerto inaugural do curso académico 08.10.2026 9:59
Este sábado ás 20 h a Big Band do Conservatorio de Música de Tui ofrece no Teatro Municipal o concerto inaugural do curso académico 26/27. Actuarán 20 artistas con idades entre os 12 e 20 anos e ofrecerán un repertorio variado de clásicos dos anos 80. A entrada é libre até completar o aforo. Así nolo contaron hoxe Rubén López, director do CMUS; e Jacobo González, director da Big Band.
Ent. Artur Trillo, director | Talía Teatro con Un deus salvaxe 08.10.2026 5:49
"Un deus salvaxe" é o título da obra teatral que Talia Teatro presenta mañá venres, ás 21 h no Teatro Municipal de Tui. Sobre o escenario estarán María Ordoñez, Dani Trillo, Marta Lado e Toño Casais, baixo a dirección de Artur Trillo. Precisamente con el coñecemos o argumento da obra e as características desta montaxe teatral. As entradas están á venda en tui.gal aos prezos de 10€ e 7,5€, até dez...
Ent. Conchi Regueiro, escritora tudense | TuidCon HispaCon 2026 07.10.2026 8:54
A música porá o broche final á TuidCon HispaCon 2026 o próximo domingo 18 no Teatro Municipal de Tui. A Banda de Música Popular de Tui ofrecerá un concerto ás 13 h con bandas sonoras de películas fantásticas. Conchi Regueiro, escritora tudense e membro da organización, detallou hoxe na nosa sintonía a programación completa do domingo.
Ent. David das Tebras, escritor | Xogos de rol e TuidCon HispaCon 2026 07.10.2026 11:39
Cinco serán os xogos de rol que na TuidCon HispaCon 2026 se van celebrar en Tui a próxima semana. O edificio da Praza da Inmaculada acollerá estas cinco partidas durante os tres días da convención, do 16 ao 18 de outubro. As prazas para participar nestes xogos son limitadas. A inscrición pode realizarse de xeito gratuíto no correo rol_tuidcon@proton.me. David das Tebras, escritor, explicou na nosa...
Espazo Comercio | DiSom Tui 06.10.2026 10:25
No seu 40 aniversario, DiSom Tui inicia unha evolución e transformación. Dende mediados deste mes será MS Medical Sport, un centro que integra exercicio, prevención, fisioterapia, osteopatía, nutrición, podoloxía, psicoloxía e outras áreas do benestar. Hoxe coñecemos esta transformación no Espazo Comercio, en colaboración con ACITUI, con Eduardo Méndez Sanjurjo, director, xerente e propietario do...
Podcasts similares
Replaio no es editor de podcasts; los nombres de los programas, las portadas y el audio pertenecen a sus autores y se distribuyen a través de canales RSS públicos